by Katangueiro (con Pacotrón vacacioneando...)
Seica a nova troupe xestora do Concello da Coruña, encabezada por Don Car4los o Benefactor, anda dándolle voltas á isea de pechar, liquidar, eliminar o tranvía turístico da cidade, coñecido popularmente como "tren chu-chú". Non é que sexa eu un dos defensores deste invento posto en marcha polo alcalde meapilas aló por 1997 como a principal ocorrencia daquel mandato. Tampouco é que sexa eu moi defensor das políticas xestoras do público que nos oferta a banda popular, nin coruñesa, nin galega nin española. É por isto que a miña crítica a esta posible decisión teña máis que ver co modelo de transporte público que queremos para unha cidade como a nosa. Europea, creo lembrar.
Cando a posta en marcha do trenciño moitos criticáramos que, de quererse un transporte de carácter meramente turístico, resultaba moitísimo máis rendible comprar ou facerse cuns deses falsos trens a rodas neumáticas tan típicos en cidades de histórica e numerosa presencia turistil. Así, non só podería circuncribirse ao Paseo Marítimo, se non que podería servir para dar a coñecer rúas tan embremáticas da nosa cidade como San Andrés, Campo da Leña, Praza de María Pita, Real, Franxa, Mariña, e un longo etc...Pero o que se fixo ao final supuxo un novo dispendio marca da casa aos que xa estábamos acostumados máis que acostumados e que nos tiñan máis que fartos.
En todo caso, para algúns de nós, xa postos e xa corrido o gasto, podería servir como embrión dun futuro metro lixeiro, do que tanto se fala e co que xa contan noutras cidades europeas. Todo iso, as graves perdas desde o pasado ata o presente, así como as espectativas de ver circular pola Coruña un tranvía de verdade, como os de Valencia ou Lisboa, parello ao uso do carril bici esvaécese entre tanta crise e tanta mediocridade xestora. Volven os bugas!!!!...e volven para quedarse...
Vén isto ao caso de que estes adalides da modernización das políticas locais pensan suprimir, de cara ao último trimestre do ano, o carril bus existente e que atravesa Federico Tapia e San Andrés, en aras de recuperar non sei cantos postos de traballo que, din, se perderon coa súa posta en marcha. Vaia vaia, kruskuaia!!!
Ou como diría o outro: ulos, ulos?????
Únese á desaparición desta medida que facilita a mobilidade do transporte público, independentemente da densidade do tráfico privado, a creación de zonas de carga e descarga para que as/os cidadáns poidan aparcar un ratiño e facer unhas compriñas no centro. Así, poderemos coller o buga desde Katanga, para un rato na dita zona, chonear a mazo por entra as diferentes ofertas comerciais, comprar uns gallumbetes ou unhas braguiñas chulas e para casa!!!! E así pensan combater o poderío extremo dos Centros Comerciais!!!! Chachi que si.
Hai a quen non lle entra na cachola que as zonas comerciais emerxentes dos centros e barrios das cidades europeas (Europa again...) baséanse, precisamente, en quitar os coches daí, peonalizar o máximo posible e potenciar o transporte público. Aí está o tema, e nojn vos seguir dando máis pistas, que igual me se emocionan...E ata aquí podo seguir lendo. Que cada pao aguante do seu velorio. Se pensan os señores e señoras comerciantes que permitindo un uso laxo do coche polo centro conseguirán recuperar a clientes que xa o son de Marineda, Espacio Coruña, Carrefour ou o que lle boten, van listos. Que quiten os bolardos, que así podemos subir o buga á beirarrúa!!!! Pola miña banda, que lles dean...a tod@s...
CURUÑESITO: Egh que yo, con este carro, tengo también migh necesidadegh...de aparcamiento....
CURUÑESITO: Egh que yo, con este carro, tengo también migh necesidadegh...de aparcamiento....
Como di o refrán: "Non hai peor cego que o que non quere ver". Os modelos de transporte estilo "levo o meu buga ata para baleirar o meu colon" son pretérito imperfecto. Moi pretéritos. Obsoletos, atrévome a dicir. Viaxando con asiduidade a Xixón, Santander ou Gasteiz, cidades pequenas como a nosa, teño máis que comprobados o beneficiosos que son os modelos que difiren co coruñés no día a día e na calidade de vida da poboación. Tendo en conta, ademais, que vivimos nunha península coa maior densidade de poboación de todo o Estado, paréceme unha burla descarada a situación actual e o estado dos "accesos" á cidade. Teño unha compañeira que vén traballar ó CHUAC desde Lugo que non se cansa de repetir: "O día que pase (e esperemos que non pase) unha gorda nesta cidade, aquí non se salva 'nindios'". Poñamos por caso a refinería. Xa non está Sir Francis para guiarnos coas súas sabias palabras, como cando foi o do Mar Exeo: "Tranquilos todos, qu'el humo va pa' Ferrol" coa veciñanza de Monte Alto e Adormideiras expectante. Agora temos outro Gran Timonel que por aí lle anda.
ResponderEliminarDo tema do tranvía, paso de opinar, que teño outro brote ulceroso e non me presta.
En canto ó estado actual do pequeno comercio coruñés de determinadas rúas sigo opinando o mesmo: Eu, que NUNCA puxen o pé nin no Dolce Vita, nin no Espacio Coruña ou Marineda City, seguirei baixando ó centro a pinrel ou en bus e seguirei facendo cidade. Teño amigos/as que tiveron que chapar o negocio nos dous últimos anos(e non estaban no centro precisamente) porque non lles compensaba: dificuldades diarias do autónomo, alugueres desorbitados, crise de consumo xeneralizada e recesión. Outros/as, encantad@s coa beleza do seu propio embigo, sinalan unha única causa: O maléfico carril bus. Moito máis simple, así non hai que comerse o tarro nin asumir responsabilidades propias. Pois nada, alegría, que o seguinte capítulo da súa biografía titularase: "Máis dura será a caída".
Un último exemplo moi gráfico narrado pola miña tía Lola (83 anos, unha mente lúcida e privilexiada e toda unha personalidade): "22 minutos en taxi cronometrados desde a rúa Tornos ata a praza de Pontevedra. Desde a praza de Pontevedra á rúa San Xoán, polo carril bus, 7 minutos. Non se queren dar por enterados".
Bos datos eses da tía Lola...Como ela hai moitas máis persoas que o saben...Igual a medida liquidatoria busca o guiño ao gremio dos taxistas!!!!
ResponderEliminarE saúdos, katanguista mentireiro, que non estou de vacas, que estou currelando un pouco....
Coido que é un grave erro asumir o custo de retirar o tranvía e todos eses postes colorados que suxetaban a liña electrica. Gústame este blog, sempre buscando o mellor para a cidade sen cobrar nada por consellos tan bós como este. Estou seguro que o único que lle quitará retirar o tranvia é votos. E qué vai facer co tranvía, vendelo a unha ferranchina???
ResponderEliminarPolo de agora só vai destruir cidade, haberá que esperar ás propostas que creen cidade, se é que as hai.
Como dixo William James: "Non hai maior mentira que a verdade mal entendida". O voto de castigo das selectas minorías e das maiorías enfurecidas trae esta clase de resultados. E a tía Lola (que é a miña aboa e está encantada con esta mención blogueira) di que vai sacar o carné de conducir. Primiña, vai tomando exemplo. Esquece o teu enfado, compra un buga de moita cilindrada e vai queimar o asfalto. Moitos bicos, rula.
ResponderEliminarE vai aprendendo esta letraza:
ResponderEliminarMotores rugen al cielo,
gasolina sangre y fuego,
la musica rompe el hielo,
dale potencia pa tu carro haze
Motores rugen al cielo,
gasolina sangre y fuego,
la musica rompe el hielo,
ei yo ei yo competición