Páginas

NOC saca "negroscurocasiclaro": unha qualité case, pero case, katangueira

by Katangueiro, a partir dun extenso correo que nos envían os Amigos Popeiros

¿Resulta acaso unha lousa tan pesada vivir nunha cidade europea de tamaño medio, como é o caso da nosa marineda e katanguista extensión urbana e humana, que resulte pouco menos que imposible triunfar en calquera das artes plásticas e/ou drásticas que nos propoñamos si no y sólo si no nos trasladamos a vivir a Madriz, rompeolas de todas as katangas, e operamos desde alí? É isto posible?

Os nosos Amigos Popeiros cren que non, aínda que as probas e a experiencia digan, máis ben, o contrario. Eu, como xa vos vou rancio, non podo menos que lembrar a Radio Océano, un grupo de moitísimas máis excelencias que moitos e moitas que pululan por aí agochados, á espreita do seguinte asalto, detrás das liñas defensivas dos corenta abominables!!!

O certo é que salvo Xoel Deluxe, que tivo de marchar á capital estatal katangueira, e algunha aparición de Pablo Bicho, outro que tal, non sabemos de grupos locais que puidesen ter obtido a recompensa, cando menos, de que se lles escoitase e dese unha oportunidade. Triste sino o do pop en Katanga!!!!!!

Pero eis que os Amigos Popeiros insisten en que escoitemos e valoremos (nota de Katangueiro: sería mellor "valoricemos") o ambicioso traballo destes tipos tan próximos a Katanga...polo menos así o está o seu local de ensaio: ao sur do Río Lobo ou Ronda de Nelle, nas beiriñas máis septemtrionais do Río Bravo ou Ronda de Outeiro. Amigos de Katanga, pois.

Estes rapaces, que se chaman NOC, veñen de poñer á venda o seu primeiro cd titulado "Negroscurocasiclaro". Os Amigos Popeiros recoméndano (nota de Pacotrón; e eu tamén). Podedes coñecer algo máis de todo este enredo musical AQUÍ MESMIÑO.

Sigo sendo apenas un excéptico para este tipo de apostas (nota de Katangueiro: non sei por qué Pacotrón ten que meter notas nas miñas entradas), e máis se proceden dos nosos espirituosos  Amigos Popeiros, pero non estaría nada mal, e xa lle iría sendo hora, que por unha vez o grupo máis escoitado -esperamos que fóra dos corenta indesexables, of course-, estea formado por unha peña galega de aquí, e non por subprodutos niñato-madrileñoides ou caribeño-perralleiros de quita, sobre todo de quita, e pon!!!! (nota de Pacotrón: ou de Pin e Pon, que tamén).


KATANGUEIRA AUSTRONÁUTICA: Agora mesmo vou largar polo sumidoiro das letrinas este p. cedé do p. Bisbalete e a súa p. canción do p. mundial e vou poñer NOC. Así, cun par....


KATANGUEIRA DESPELOTADA: Uf...por fin...qué paz....Este Katangueiro e os seus gustos musicais tan mamarracheiros e ranciotes!!!!!! Mira que traer para as vacacións a discografía completa de TODOS os triunfitos, os máis patéticos tamén!!!!! Dáballe así, e así e así.......!!!!

Uf,en fin...vaia liada me monta a Katangueira desta vez.....Aburete yogurete!!!! (nota de Pacotrón: é que a culpa é túa, neno, por prea e borde) (nota de Katangueiro: quita daí pero xa, rata de sumidoiro!!!).

11 comentarios:

  1. Periodista reservista8 de septiembre de 2010, 14:32

    El mundo de la música es casi más complicado que el de la literatura. Que tengan toda la suerte que puedan, pero que no olviden que la suerte se busca, se trabaja y, por fin, se merece.

    ResponderEliminar
  2. Buf, qué tarde podo pasarme por aquí... Sinto o retraso pero teño unhas semanas de tolemia.
    Tiña algunha referencia de NOC por amistades pero nunca os escoitara. O pouco que oín promete. Espero que teñan moita sorte e, sobre todo, que non desfalezan. Isto é unha carreira de fondo e un universo moi competitivo.
    Se cadra algún día vemos como as nosas bandas (e as doutras comunidades) alcancen resonancia sen ter que marchar. O centralismo di moi pouco do Estado. Se non estás na capital, non existes.
    Noutros países agromaron movementos musicais deslumbrantes lonxe das capitais (o que aquí se lle chama "provincias"). Haberá que lembrar o que pasou por Seattle ou Manchester? Non temos que ir moi lonxe: por estas terras houbo algo que se deu en chamar "a movida viguesa", creo. A min colleume bastante noviña pero si lembro ós meus curmáns máis vellos.
    Todo sexa por poñer no seu lugar o talento da nosa xente (que o hai, e moito) e que non nos uniformicen a todos coa maldita radiofórmula, que non deixa de ser outro xeito de ditadura. Hai unha vida moito máis interesante e enriquecedora fóra dos cánones habituais. Digámoslle non a tanto cliché.
    En canto a Operación Triunfo, buf... A miña opinión é negativa; xa o nome do "concurso" está viciado. Unha tomadura de pelo coma calquera outra, o equivalente a comida rápida (ou comida-lixo) no aspecto musical. Non hai máis que ver o brutal enriquecemento da productora e a "proxección artística" de calquera concursante. Anda pola Coruña unha ex-concursante que saiu bastante queimada e, afastada dese ambiente empobrecedor e sectario, leva unha carreira moi digna e un proceso creativo moi interesante.
    E agora marcho que teño que marchar! Boa madrugada.

    ResponderEliminar
  3. Katangueiros, hay que ser atrevidos. Impulsad algún festival alternativo, con posibilidad de contactar y reunir artistas con estudios, distribuidoras y casas discográficas. ¿¿¿¿Por qué no en Katanga????

    ResponderEliminar
  4. Ui...Chariño....ben se ve que non coñeces as festas katangueiras que organiza a parroquia de San Francisco Javier. Indi indi total!!!! Ten de todo: rapazas bailando en tanguita en pleno mes de decembro, cantantes "sabrosones" vomitando comentarios homófobos e machistoides, procesión desde a igrexa ata a rúa da festa, no máis puro estilo Fellini en Amarcord, sesión vermouth sen bochinche, de catro a seis orquestas a todo trapo, chova, neve ou granice, dianas, alboradas e comisión de festas pedichona e moitísimas frikadas máis!!!!! Iso si que é un "festival", e non o FIB!!!!!

    ResponderEliminar
  5. Graciñas pola promo. Mañá comeza a xira:

    http://negroscurocasiclaro.blogspot.com/2010/09/el-grupo-corunes-noc-arranca-su-gira.html

    ResponderEliminar
  6. O de ir á capital ten que ver co feito de que os cazatalentos non teñen por costume sair da capital. Pero con talento, pódese triunfar en calquer sitio. O malo non é que a capital estea en madrid, o malo é que o talento non abunda, por eso quedamos abraiados cando o vemos. E se hai talento (que o hai moitas veces), que che colla traballando. Talento + traballo=triunfo ubicuo. Pero viaxar axuda ó talento a aparecer. Non é malo viaxar, mesmo non é malo sair de Katanga. A mover, a mover, a mover la colita... Gústame o grupo, pero entendo pouco de música, tan pouco que as veces escoito os cuarenta. Cuarenta, cuarenta y uno, cuarenta y dos.

    ResponderEliminar
  7. home Paco..trón deberías ser un poco más considerado y respetuoso con las nobles gentes de Katanga y con sus fiestas (aunque no sean de tu agrado),al fin y al cabo te han estado dando de comer,pero claro ya se ve que los puros aires de Mª Pita nublan la vista y aturden el sentido

    ResponderEliminar
  8. Hola anónimo, non vexo a maneira de ser mais considerado e respetuoso que Pacotrón. ¿Acaso non describe a realidade? Describir a realidade nunca pode ser calificado como desconsideración. Non querer que se describa ou alterar a descricion, é censura. Coido, Anónimo, que te encanta censurar. Con estas opinións que tes non me explico como poideche escribir La Celestina o El Lazarillo de Tormes. Mais felicítoche polos dous libros. Certo é que era un castellano moito mellor co que escribes agora.

    ResponderEliminar
  9. Anónimo non é tan anónimo como querería. Pero que che fixemos, meu???? Ten razón Yosoyaquel. "Describir a realidade nunca pode ser calificado como desconsideración". Que boa (e útil) frase, si señor. Aprende, Katanguista!!!!!

    ResponderEliminar
  10. yosoyaquel,me encanta que emitas juicios de valor,y digas sin conocerme de nada que me encanta censurar,no se donde ves tu esas cosas en mi comentário,lo que si veo es que a vosotros ilustres licenciad@s no os gustan que haya gente que discrepe de vuestras opiniones,describir vuestra realidad no quiere decir que esa sea la verdadera realidad que se describe y yo lo siento pero sigo sin estar de acuerdo con el comentário de Pacotron y sigo opinando lo que opino

    ResponderEliminar
  11. "O xuízo é o valor de avaliación do correcto ou mal sobre algo, baseado nun conxunto ou sistema de valores.
    Os xuízos de valor son afirmacións subxectivas que poden ser comparados aos axiomas na matemática e xeometría. Por exemplo, a xeometría euclidiana se basea nun conxunto de axiomas diferentes doutras formas de xeometría non euclidiana, de xeito que certos postulados da xeometría pode ser falsa noutra xeometría. Estes principios son, en moitos aspectos análoga a xuízos de valor que declare algo que é verdade dentro dun sistema de valores, pero falsa noutro. E, conceptualmente, relacionados ao axioma antropolóxico de 'relativismo cultural'(é dicir, o significado cultural só hai nun contexto), o termo 'relativismo moral'. Tamén ser consideradas como as teorías e pensamentos sobre a súa veracidade da práctica".
    http://es.wikipedia.org/wiki/Juicio_de_valor

    Que cadaquén obteña, se puider, as súas propias conclusións. Lóxica pura e dura.
    Aquí ten manifestado moita xente a súa ope ninguén foi censurado. Si houbo amonestacións, como debe ser, porque o anonimato préstase a manobras moi escuras. Saca o peor de nós.
    Aludir á titulación académica de alguén é un prexuízo: "Opinión concibida con anterioridade á experiencia"(http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp). A realidade d@s "ilustres licenciad@s" é a da maioría: contratos de cinco minutos e precariedade, nin máis nin menos. A intolerancia (como o egoísmo ou a insolidariedade), tristemente, é transversal, non exclusiva dun único sector, nun país no que cremos que berrando máis alto có veciño levamos a razón.

    ResponderEliminar