Páginas

Baixo a praia está o formigón

Texto e fotos by Pacotrón

(Esta entrada é continuación de HOLIDAYS IN THE SUN)

Se para achegarse a un lugar debes percorrer unha autovía que, en ocasións, colga tan directamente sobre o mar que a unha beira contemplas o Mediterráneo e á outra un faro, non poderás estrañarte de que os chiringuitos de praia estean instalados NA PROPIA PRAIA. Isto ocorre na Costa del Sol, máis concretamente na provincia de Málaga. No Concello de Marbella a rede de sumidoiros atravesa as súas numerosas praias formadas por area escura e seixos africanos a partes iguais. "Eh que lah alcantarillah estaban anteh", dirá un lugareño se preguntades. O Katangueiro pregunta moito pero, ás veces, é mellor non saber.

Baixo a praia, entón, está o formigón. E baixo o formigón? Pois a praia, que vai estar!

Queremos praia, queremos paseo marítimo e queremos piso con vistas, pero todo non pode ser. Polo menos, sen pagar un alto prezo. É Puerto Banús un porto deportivo privado onde multitude de novos ricos, e varios aspirantes a selo, pasean os seus complexos deleitándose coa contemplación de embarcacións de recreo que ben semellan trasatlánticos a escala 1:43. Dá vergoña allea. Nas súas praias máis próximas, cando sube a marea, poden verse sumidoiros no medio do mar. Qué difícil é esconder a merda!!!!!


Os Gil, Roca,   Cachuli and company deixaron profundas cicatrices nesta parte da costa malagueña. Hoteis que nunca se remataron por falta de axuste á licencia, párkings de tres pisos inutilizables por carecer de toda legalidade, obras de restauración paradas a medio facer por trapallada urbanística...ata hai rúas como as rúas estreitas da Agra con edificios de dez alturas a ambos os dous lados!!!! Como en Katanga...levanta pisos e anda!!! Pero, sendo xustos, tamén chama poderosamente a atención o coidadiño que está o casco histórico de Marbella. "Un vazurero anteh de Gil", cóntannos. Mira que lle dixen ao Katangueiro que non era bo preguntar...sempre.




Tamén destaca esa zona polo bo gusto en canto á decoración floral e vexetal que descubrimos aquí, alá e acolá. Pública ou privada, a iniciativa natural e colorista non ten parangón polas nosas latitudes galaicas. Durante o día emborracha o aroma do xazmín, vencido sen condicións pola Dama de Noite ao caer a escuridade. Abraia a combinación de palmeiras nos Paseos e eucaliptos dentro das praias pensados para aqueles que procuran algo de sombra nos días en que os termómetros NUNCA NUNCA baixan de 27 graos. Se te curras ben a foto, parece un paraíso.


Moi perto de Marbella están as vilas de Ronda, camiño de Sevilla, e Mijas. Son estas dúas vilas tan cariñosamente consevadas que non atopo comparanza entre as nosas. Digamos que están máis e mellor conservadas que a aldea dos Ancares máis e mellor conservada que coñezades. Sitúanse en partes altas dos montes septentrionais, a non moitos kilómetros da Costa. Non veredes alí edificio algún que rache coa horizontalidade do seu urbanismo. E cantas flores!!!!!

Existen diferentes formas de enfrontar o fenómeno do turismo. Mesmo con fórmulas exitosas que non supoñan a destrución do patrimonio. Podemos velo en partes do Alentejo e Algarve. Tamén pervive, de certo modo, en determinados lugares da Costa do Sol. A súa antiga liña mariña estaba protagonizada polas continuadas prais, as pequenas dunas próximas e o monocultivo da cana de azucre. Salpimentadas, pequenas casiñas brancas advertían da presenza de actividade mariñeira. Foron os primeiros chiringuitos.

KATANGUEIRO: Baixo a praia estará o formigón, káustico amigo Pacotrón, pero sobre a area está o chiringuito...que non todo vai ser malo!!!!! Niñooo, una Campofrío, plis!!!!!

EPÍLOGO

Recomendáronnos visitar a igrexa da Nossa Senhora das Salas, en Sines. É unha capela algo morisca ou bizantina que ten unha relación con Vasco da Gama, o navegante. O que non poderíamos imaxinar é que o máis interesante se atopaba fronte a fronte do adro da capeliña. Un vello edificio, agora en desuso, expoñía a súa máxima anarquista pero, facédeme caso nesta ocasión, totalmente real. Aquí vos agasallo a foto:


E aquí o temilla musical relacionado:



Abur, yogur....

5 comentarios:

  1. Sigo eu por aquí, insomne, para variar, lembrando algunha imaxe fermosa, desas que dan folgos nos días grises e interminables. Un dos meus destinos este verán foi unha ruta por varias vilas da costa gaditana, tendo a oportunidade de coñecer unha fermosa praia chamada El Palmar, en Vejer de la Frontera (unha das últimas praias virxes no litoral gaditano, ameazada por un proxecto urbanístico). En canto teña a certeza direivos o número de sinaturas que se leva recollido contra o macroproxecto hostaleiro que se pretende executar: dous apartahoteis con máis de seiscentas habitacións, mil trescentas prazas e un campo de golf (iso que non falte). Ole, ole y ole er civimoh y la democrasia. Y eh que hoy lo tiempo adelantan que eh una barbaridá. Porque tenemoh un arte que no se pué aguantá y hasemo lo que no sale de allá... Non non diferenciamos tanto, no fondo.
    Eu alá sempre me sentín como na casa. Será que teño amigos e amigas que me fan sentir en familia. Por Cádiz e Huelva sinto debilidade. A Cádiz fun hai cousa de oito anos a facer un curso moi longo e non só fixemos amistades entre os compañeiros, senón cos profes. Ata hoxe!
    Agora vou durmir para soñar que monto a miña comuna anarquista. Gostei moito desa frase: "A lei é sempre escrita pelas maiorias que malfazem".
    Pero antes escoitarei esta marabilla de Dinah Washington:

    http://www.youtube.com/watch?v=xTcOP2CZmpM

    ResponderEliminar
  2. É realmente meritoria a lucidez que pode amosar a Msarkadina mesmo en horas indignas para a condición humana. Efectivamente, as provincias de Huelva e Cádiz resisten, aínda e sempre, á especulación como poden e/ou saben. Por canto tempo máis???

    Graciñas pola música.

    ResponderEliminar
  3. Faltaba a banda sonora: o Holidays dos Sex Pistols. Referencia imprescindible.

    ResponderEliminar
  4. Hola, Katangueiros. Hasta el momento se calcula que se han recogido unas 33000 firmas contra este proyecto, lo cual tiene su mérito, porque se quería urbanizar hasta las macetas. Se trata de un proyecto único de turismo sostenible: siete kilómetros de arenal virgen. Por no haber no hay depuradora ni servicio de recogida de basuras. Imaginaos también la cantidad de especularores que hay al ataque. Pan para hoy y hambre para mañana. En un pueblo de 12800 habitantes en el que 2500 están desempleados si se te ocurre plantear una alternativa te tacharán de "perroflauta". En fin... Que se pasen por Caños de Meca o por Sancti Petri (Chiclana). Una lástima. Digo yo que puede haber un término medio entre el perroflautismo bohemio y tanto hormigón, ¿no?.

    ResponderEliminar
  5. Hai que agradecerlle a Gádor a súa precisión e os datos que nos ofrece. Ela coñece moi ben toda esta zona e está moi triste coa desfeita que se fixo en Chiclana. Podería contarvos disparates tales como que a gran maioría dos negocios de El Palmar son ilegais ou que se paga a contribución urbana a trescentos euros o metro cadrado. Hai contribucións de oito mil ou dez mil euros anuais. E demasiada picaresca. En zonas como en Caños de Meca os traballadores dos complexos non son os naturais da zona, senón foráneos, persoas con preparación máis específica. A persoas como Gádor, que teñen unha visión de futuro máis ampla (é dicir, cren que hai máis futuro que o formigón e o chiringuito) e tiveron que marchar para gañarse a vida, téñenos acusado de pensar que viven nunha película de Disney e crer que os animais falan coma nós. Isto é literal, dito en tono acusatorio nunha conversa. A palabra "ecologista" esgrimida como insulto!
    Outro detalle que esquecín mencionar: o Hotel Algarrobico, na praia de Carboneras (no parque natural de Cabo de Gata-Nijar, Almería). Un crime ecolóxico en toda regla que contou coa complicidade dunha ex ministra socialista, Cristina Narbona e, durante moito tempo, coa pasividade de Greenpeace. Esta aberración deu comenzo no ano 2003 e agora mesmo trátase dun edificio sen rematar que non pode ser derrubado por sentencia xudicial. Isto só pode suceder en Celtiberia.

    ResponderEliminar