by Pacotrón
Hai para quen o patriotismo xira arredor dun balón. Se entra, son patriota. Se non entra, son idiota.
Son amante do fútbol desde pequeno. Tamén sempre abxurei daqueles que pretenderon sustituír as nosas/vosas miserias polo esférico narcótico.
En moitos edificios, Katanga incluída, lucen bandeirolas de España compradas nos comercios rexentados por cidadáns do Imperio do Sol. Bandeiras do Imperio onde nunca se puña o sol. A selección española vence á crise e provoca millóns en beneficios....para China. Made in.
Na víspera, miles e miles de cidadáns e cidadás cataláns enchen Barcelona de bandeiras de Catalunya para reivindicar o seu feito nacional. En España a bandeira catalana dá menos alerxia que a galega ou vasca. A base está no vermello e no amarelo. Sangue e ouro.
Eu creo que Galicia/Galiza é unha nación, pero tamén creo ( sei ) que o concepto nacional do século XIX non ten xa sentido hoxe, nin para Cataluña, nin para Galicia/Galiza, nin para Euskadi nin moito menos para España. Quen ten a soberanía?. Eu non.
"Un patriota, un idiota", cantaba La Polla Records en 1986, cando o mundial de México celebrado despois das enormes perdas humanas provocadas polo terremoto máis brutal daqueles anos.
Un idiota sempre se aferra máis fácilmente ao patriotismo. É coma un refuxio para as nosas propias miserias. Todos coñecemos a inmensa FORTALEZA que produce a pertenza a unha ilusión colectiva. Preguntade en Alemaña.
Onde está a chave do nacionalismo actual e futuro?. É a economía, estúpidos.
CHICO DE GAFAS: Boas....eu só viña a ver se podían emprestarme uns eurazos para un pisiño coquetísimo que vin en Katanga......
BANQUEIRO: Por supuesto.....no hay problema...pase...pase.........
Abur, yogur!!!!
Nun mundo con fronteiras cada vez máis diluidas e borrosas e máis "globalizado" hai quen sinte necesario reivindicar a súa identidade ou o seu amor ó lugar no que vive. Nada que obxectar. O que me asombra é que se agarde a un acontecemento deportivo para exaltar o sentimento e o orgullo patriótico de tal maneira. Como se o resto do ano non houbese outros motivos para unirse ou moverse.
ResponderEliminarLembro a palidez da cara do meu pai o que estaba a acontecer no estadio de Heysel o 29 de Maio de 1985, no partido entre o Liverpool e a Juventus. Obrigáranos a salir da habitación, apagou a televisión e dixo para si, pensativo: "Isto xa nin é un xogo nin é un deporte nin é nada. Quén está gañando con isto?". E eu pregúntome: Quén gaña con esta efémera inxección de ilusión colectiva? Xa nos gustaría que isto servise para que a solidariedade, a xenerosidade, o civismo ou o respecto imperasen no noso día a día. Espíritu de equipo, chámanlle.
E, si, "follow the money". O todopoderoso BBVA está por enredar ós seus asalariados eventuais en leoninas hipotecas con financións hipotecarias ó 110%:
http://noticias.lainformacion.com/
economia-negocios-y-finanzas/
bbva-ofrece-casas-a-sus-
empleados-financiando-
el-110-y-al-euribor-menos-el-0-25_GjMrNshq5LOy4wPbvxdla5/
Ademais de caraduras, amnésicos.
Mentres tanto, hoxe tamén cúmprense, tristemente, quince anos da masacre de Srebrenica. O 11 de xullo de 1995 mataron a 8000 persoas de etnia bosnia nun recuncho ex-iugoslavo mentres medio mundo presuntamente civilizado miraba para outro lado. Como o que acontenceu en Rwanda. Nkosi sikelele Africa, aínda que só sexa polo que levan pasado.
http://www.elmundo.es/elmundo/2010/07/10/
internacional/1278781889.html
Non é patriotismo barato nen caro. Non é patriotismo. Simplemente gañou o equipo de futbol que moitos querían que gañase. Cando gañou o Depor a Liga a festa non foi de coruñesismo, era unha festa de futbol, ben fermosa por certo. Haberá quen tentará aproveitar a festa como un feito patriótico. Pero era sólo unha festa, por fin gañamos o Mundial. Era só un partido de futbol.
ResponderEliminar