by Pacotrón
Nestes días non se fala doutra cousa máis que de se as abondosas bandeiras rojigualdas que se ven estes días en cidades, vilas e descampados representan un País ou representan, nada máis, un equipo de fútbol. Para uns, claramente un País unido, grande e libre. Para outros, un equipo que vén suplir as carencias trofeísticas do antano poderoso Real Madrid. Para outros, un equipo para un País. Pero bueno...tamén se fala da rotonda de Ikea e do parking do Parrote (abarrote no). Por fin temos na Coruña unha cidade moderna que debate sobre mobilidade!!!!! Qué europeos que estamos!!!!!
Sobre este debate -o futboleiro- as nosas galerías comerciais katangueiras da Rúa Barcelona adoptaron unha solución que pode que resolva, dunha vez por todas este intríngulis cromático. A rojigualda non é máis que unha moda, un xeito informe de cubrir as nosas vergoñas cun colorista vestiario máis visible que a térmica de Meirama en día soleado. Eis a proba nesta foto superior que é, precisamente, SUPERIOR. Advertide o atrevemento de incluír un disidente "oranje" detrás destes conxuntos pensados tanto para o neno como para a nena. Nena española, of course!!!!
España en igualdade, polo menos en patriótica igualdade.........Como dicía aquela tonadilla:
Moda punk en Galerías.....muy punk!!!!!
TORITO: Para todox lox expañolex de bien, exa niña bien pudiera reprexentar a Expaña....
PULPIÑO PAUL: Otro ao que se lle subiu Don Mariano á cabeza......
Procuro ser optimista e penso que todo iso representa unha moda futboleira. Non así para o noso "amigo" Xerardo Crespo. Sen desperdicio:
ResponderEliminarhttp://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/07/19/0003_8618778.htm
Dende logo, dánlle a calquera un espazo de opinión.
Uf.....Trave, non digas Xerardo, que se nos morre dun patatús!!!!! Don Gerardo, Gerar para os amiguetes do campamento da OJE.
ResponderEliminarAgora...este Pacotrón estáchevos moi antifutboleiro!!! Claro, como el non é Guti!!!!!
ResponderEliminarEi, calma no fondo sur!!!!
ResponderEliminarA min gústame o fútbol como o que máis, o que pasa é que o verán (o "estío", Katangueiro dixit) é tempo propicio para contar estupideces. Ademais, o katanguista renacuajo do demo anda de vagoneta ou xa non lle vai o pelote oiu quedou pampo de tanto ir de prais coa Katangueira.....E todo para tentar parecerse a Guti!!!!! A ver se curras algo, lambón!!!!
Deberían aprender os publicistas que perpetraron a campaña promocional de Ikea da creatividade do pequeno comercio! Modernidade? Non sei, a min dame que entramos de cabeza (e de corpo enteiro) na posmodernidade. A xente toleou e están a levantar campamentos para ver quen compra máis e mellor. É un fenómeno paralelo ó dos/das pensionistas que compiten por entrar antes na consulta do médico ou en colarse na cola da pescadería. A mensaxe subliminal debe ser "Compre como se non houbera un mañá". Compadezo ás persoas que teñan que circular mañá pola Grela.
ResponderEliminarUnha auséntase uns días (saúdos de Hakim e Nazima) e comproba que, como dicía Julito Iglesias (insigne futbolista e cantante,que tanto lle gustaría ó patriota don Gerardo) , "la vida sigue igual". Teño amigos que celebraron con alegría o trunfo da selección. Para eles o fútbol é simplemente un xogo. A semana pasada, ademais, tiven a fortuna de que me fixeran lembrar o libro de Nick Hornby (o autor de "Alta fidelidad") "Fiebre en las gradas" ("Fever pitch"). Unha boa guía para entender a un seareiro fiel. O entusiasmo do autor pode resultar contaxioso.
http://elhombreadaptable.es/2009/12/
fiebre-en-las-gradas-nick-hornby/
Afortunada eu que tamén me perdín o debate sobre o estado (agonizante) da nación. Estará a xente tan atenta? Ou preferirá que lle sigan botando simbólicamente drogha no colacao? Para qué imos falar da privatización das caixas de aforros ou da reforma da Lei de Costas. Jo, tía, es que es superdeprimente... Menos mal que temos ós currantes do Metro de Madrid!!
Falando de cousas punk, isto é algo que anda circulando polo ciberespazo: Un CTV ácrata que
se declara apátrida, quere impoñer o esperanto como lingua universal e clama polo amor fraterno. Non ten desperdicio. Meu pobre, roubáronlle o L e síntese perdido... Individuos como este e Don Gerardo o Asoballado danme motivos para dicirme "eu non debería estar aquí".
http://ivanpuentes.com/wp-content/uploads/2007/04/Radiovoz%20Coru%C3%B1%C3%A9s.mp3
Pero esta foto é dun escaparate dunha tenda na Coru?? En serio?? Iso non mo podo perder agora volvín á cidade de vacacións. Isto do patriotismo mal entendido asociado ó deporte é unha moda oportunista máis ao meu entender. Quen de verdade guste do fútbol vaino facer gañe ou perda o seu equipo ou a súa selección. Se falades de fútbol non nos faledes de Guti ou de Cristiano Ronaldo.
ResponderEliminarMarchei da Coruña en 1999 por cuestións laborais e ségueme a sorprender o inmobilismo dalgúns sectores sociais. É un tema que nunca deixamos de abordar a amiga Msarkadina e mais eu; ás veces con ironía e outras con tristeza. O que máis patético nos parece é ese espíritu coruñesista tan rancio e autárquico coma o do paisano do corte de radio, a influencia do vazquismo. Ou seremos nós, resentidas fillas de clase obreira que queremos "arrinconar a los patriotas". Quén arrincona a alguén que escribe nun tono, digamos, tan pouco suave?? Se vai a Milano copia a idea da Destra Nazionale (as "patrullas cidadás"), que saíron á rúa o verán pasado. Directamente fascistas. Houbo algún episodio de abusos brutal.
Home....a dúbida do da foto ofende!!!! Claro que é un escaparate da Rúa Barcelona. O curioso é que cando parei diante, totalmente petrificado, cámara de fotos de móbil en man, e saquei un par delas...a xente miraba para min coma se estivese tolo ou algo....O escaparate non chamaba a atención, polo visto. Nada máis normal que vestir de "banderita".....
ResponderEliminarPor certo...a voz do ácrata resúltame coñecida. En serio. Por momentos case ata o visualizo. É curioso o exemplo do sinal de "xelo". En España, coa cantidade de turistas que pasan e que veñen de Alemaña, Reino Unido, Ucraina, Rusia, Estados Unidos, Xapón, China.....pon "hielo"!!!!! Seguro que se esnafran ás primeiras nevaradas!!!!! Menos mal que a palabra vén acompañada, como en Galicia, do sinal internacional do xelo.....
ResponderEliminar"A mí me encanta oir el gallego en la aldea, a los campesinos, con ese tono tan bonito que tienen, que es como un terciopelo para el oído". Sen comentarios. Por un momento crin que estaba escoitando unha reliquia do pasado. Ben, parece que hai xente á que o cerebro lle quedou fosilizado na década de 1950. Galicia, región meiga.
ResponderEliminarnnnnn
ResponderEliminarDéixovos un enlace a un video que relaciona moi ben a situación que vivimos e o éxtase futbolero:
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=vBKJ1wlzTQU&feature=player_embedded
Almorzador!!! Canto tempo. Graciñas por pasarte de novo por aquí.
ResponderEliminar