Páginas

Estío e fastío......

by Katangueiro

É Katanga, nestas primeirizas mañás de verán, unha sorte de buque pirata, transporte fantasmagórico de corpos e almas á deriva. Este galeón, que leva por proa Monte Alto e a Torre, conta cunha popa capitana, instalada sobre a Agra toda, desde onde encamiñar o noso multitudinario devalar.

Sobrancea, e de qué maneira, a arboladura do buque recortada á nosa vista polos raios do sol mañaneiro, do sol menciñeiro e fotofóbico. Esbirro algo apenado e continúo o camiño. Máis perto que lonxe se ubica a antiga Clunia, para onde me dirixo.

Resulta estraña esta orografía propia de asentamentos antigos para os que habitamos o cumio dos montes por medo á desgraza, á dor e á morte. Qué tranquilas debían ser aquelas xentes cando podían vivir completamente á interperie sobre a cuberta do buque sen máis teito que o ceo estrelado, sen máis agocho que a névoa madrugueira, sen máis defensa que a pel curtida polo salitre e polo sol de Katanga!!!

De qué materia estarán feitos estes navegantes???


Máis cara ao interior as paisaxes son ben diferentes. Combínanse aquí os sombríos e cobizosos regatos cos secos prados estivais, de douradas cores e preguiceiros tons. O camiño endurécese tamén, pois tal é o esforzo que precisamos facer os humanos para atravesar o Monte do Destino, iniciado o ascenso desde a Clunia romana e superado o accidente xeográfico pola súa aba máis agarimosa. Estío poderoso, estío duradeiro, que nos permite albiscar a Ría na súa plenitude entanto nos afastamos dela á procura dos abrigados vales.

Inmobilizo a vista aparvado no devir das frías augas desde a montaña nacente ao mar ponente. Ben puideran ser os movementos ondulantes e forzados desas algas o último que os meus ollos contemplasen e así, máis que tranquilo, deixaría este mundo e esta vida!!!


Fastío tamén que acompaña ao estío. Fartura de balón e tontería. Fartura de noites soleadas e parrillas ardentes.

Por qué será que os campos, os que a nosa mirada acerta a enxergar, semellan non ter dono nin dona, semellan estar dispoñibles para o noso gozo ou pena, semellan ácratas e libertinos, mentras todos e cada un dos espazos urbanos que coexisten neste buque de misteriosa deriva mídense co extremo milimetrismo propio máis ben de colonizadores sen cultura que de seres que o habitasen cariñosamente???

Inicio o lixeiro descenso polo camiño do leste e paro ante unha praza valada e mais baleira. Están tolos estes marinedos!!!!!!! Maldito verán......


IDEAL GALLEGO: 



Aburete, yogurete.....





10 comentarios:

  1. Preguntiña.....A segunda foto non ten que ver con Solaris de Tarkovsky? Plaxio, plaxio!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Préstase o verán para estes paseos introspectivos e case oníricos, como a atmosfera de "Solaris", a película de Andrei Tarkovsky,que primeiro foi novela de Stanislaw Lem. Fermosa, abafante, claustrofóbica, tal é como son as cousas e os lugares que máis amamos demasiadas veces. Cando leo novas como as do enlace, sinto que a miña fe na especie humana morrerá definitivamente. Non entendo as motivacións, non entendo absolutamente nada (se cadra, necesito máis información). Non sei quen ten a razón pero meu desagrado é instintivo e visceral. E faise maior cando, lendo a prensa, atopo novas como esta:

    http://www.laopinioncoruna.es/coruna/
    2010/07/06/nueva-asociacion-viono-acusa-colectivo-correo-ayuntamiento/399749.html

    "Bonet, tras haber anunciado el pasado fin de semana la gestación del proyecto, desveló ayer el programa de acciones que emprenderá el nuevo grupo de vecinos, tales como LA DEMANDA DE ESPACIOS RELIGIOSOS, LA EXIGENCIA DE MAYOR PRESENCIA POLICIAL EN EL BARRIO DEBIDO A LA RUTA DE LA DROGA, o la mejora en las líneas de transporte que conectan estos barrios con el centro de la ciudad".

    Rostros xa coñecidos, reivindicacións similares, ecos sinistros. A ningún destes importantes señoróns téñoos visto nun autobús urbano, eu usuraria activísima do transporte público. Fatigoso e irritante. Que falen xa dunha vez dos seus verdadeiros intereses e se deixen de lerias
    Leo no sexto capítulo de "Solaris": "Só buscamos ó ser humano. Non necesitamos outros mundos. Necesitamos espellos. Non temos nada que ver con outros mundos". Eu sigo a dubidalo seriamente.

    ResponderEliminar
  3. Eliminei o anterior comentario porque era unha repetición do anterior. Síntoo moito, este ordenador está máis agotado ca min e o calor estalle a fundir o seu precario funcionamento.

    ResponderEliminar
  4. Teño que recoñecer que Solaris é unha das pelis que vin máis veces. Sempre sinto unha tremenda tristeza cando comeza coa escena do protagonista despedíndose da súa natureza máis próxima mentras soa unha versión electrónica dun tema de Bach....

    ResponderEliminar
  5. Por certo, semella que hoxe hai problemas para o tema dos comentarios....quen sabe. Eu tenteino e non apareceu ás primeiras de cambio, pero si logo duns minutos......

    ResponderEliminar
  6. http://i509.photobucket.com/albums/s339/ziegfeldfollies/tinamodottimi3.jpg6 de julio de 2010, 14:06

    Por aquí estou aínda trasteando. O problema foi ó intentar publicar coa conta de Blogger, así que tiven que botar man do URL. A ver se solucionan o problema.

    ResponderEliminar
  7. Buf, qué merecumbé! Aí están todas as intentonas previas. A darlle a "delete" como unha tola!

    ResponderEliminar
  8. "Fontenla propón reforma pensións, suprimir concellos pequenos, e copago sanitario"

    Continúa o serial "Sei o que fixestes o último verán"

    ResponderEliminar
  9. Triste sino o noso, Anónimo. E a paisanaxe a velas vir coa selección....que igual gaña e nos saca da crise....de valores!!!!!!!

    ResponderEliminar
  10. Bufffff...vaia liada se montou cos comentarios repetidos. Xa está amañado. Eliminei todas as repeticións, e tentado quedei de borrar de paso tamén os comentarios de Pacotrón. Qué babosín é. Acusarme de plaxio a estas alturas!!!!!

    ResponderEliminar