Páginas

Quique Tello...katangueiro!!!

Compartir
by Katangueiro


Un, que xa vai peiteando canas, non pode esquecer aqueles anos en que o nacionalismo galego no seu conxunto de variables -que as había e moitas- camiñaba polo abismo que supón estar excluído polos cidadáns da representatividade eleita en María Pita.

O feo asunto da capitalidade, aproveitado con gran demagoxia por quen logo sería Alcalde quase-eterno da Coruña e hoxe embaixador vaticano, deixara a Katanga toda orfa da súa tradición galeguista e nacionalista. Isto supuxo que a cidade marineda, berce das Irmandades da fala e da Real Academia Galega, pasase a ser unha sorte de sucursal madrileñoide de chulaperío e gomina ao que só lle faltou a guinda do trunfo flamenquista que nunca se deu. A tanto non se chegou na casa de Cántigas da Terra.

Un, na súa veterana ignorancia, lembra moi cercanos os anos de
Paco de mi vida. Era a comezos dos noventa. Paco, arrasa que te arrasa. Quique Tello conduciu daquela ao BNG desde o deserto tártaro ata a entrada no Palacio Municipal con dous representantes. Ano 1995. Non me podo esquecer. Tocoume ser Presi de mesa, e eu sen un chú!!!!!....cómo o celebrara daquela. O de cobrar, digo.

No 1999 pasou a duplicar votos e case concelleiros. De dous a tres. Co Prestige polo medio, dicían, pasou de tres a seis-case-sete. Vázquez abrazouse a Palau aquela noite porque lle faltaba o alento. De
Paco Arrasa por onde pasa a manterse pola mínima grazas á Lei D´Hont. A mesma que tanto criticara o alcalde opusino porque -seica dicía el- favorecía aos pequenos.... ....Si. Aos homes pequenos. Digo tamén.

Xa sen Prestige repetiu tirada, deixando ao nacionalismo galego por riba do listón do 20% e con case trinta mil votos. De mil a trinta mil. Fóra as nosas preferencias políticas, quen tal fai é recordado polos seus como un símbolo, case como unha tradición. Tanto ten o Partido ou as circustancias. É de recoñecer.

Hoxe anunciou que xa non se volverá presentar. Seguro que Vázquez -
quero ser santa, quero ser beata- brindará con Champagne...ou con Lambrusco, que lle é máis propio. Perra vida, amigo, dirá. Unha retirada a tempo é unha vitoria, responderá Quique. Seguro.

En Katanga deixa moitos amigos, xa o sabe el. Eses amigos pedíronme que escribise algo, pero tamén me pediron que vos diga que están moi felices por el. Porque terá máis tempo para adicarse aos seus, que son moitos, e que a política é así, que che deixa sen familia e sen amigos con tanta facilidade, con tamaña e extrema rapidez, que se non paras a tempo, se non freas, acabas perdéndoo todo a cambio de non se sabe moi ben qué.

Pero aínda agardamos moito do seu departamento. Especialmente no que toca ao emprego, que faltísima fai, e ao noso extenso barrio: Katanga en particular, Agra en xeral. Anúnciase a apertura inminente dun local da súa Concellaría no corazón deste barrio humilde. Alí estaremos.

Moi respectuoso o Alcalde Losada, como debe ser. Moi carroñeiro o señor Negreira, como era de temer. Veremos qué nos depara a todos o futuro. Perfeito ou imperfeito.



Unha homenaxe:





O factor humano: Coincidimos con el na Rúa Barcelona no medio dunha campaña electoral.

23 comentarios:

  1. Que lle vaia ben. Non o cheguei a coñecer, xa que eu vagabundeo por Galicia adiante, pero semellaba un político especial. Sorte!

    ResponderEliminar
  2. E cando se retiren Losada e Negreira vas escribir así por eles, katanguista?

    ResponderEliminar
  3. Desde logo non se merecía ese linchamento por parte dun sector do partido que agora quere recoller os froitos do seu traballo durante os últimos 20 anos. Eu tamén fun testigo de cómo subiron os votos na Coruña e o prestixio do BNG nesta cidade, e as alegrías que nos deu a moitos e moitas. Ben se merece unha boa festa de despedida en Katanga! Se na facedes no verán, que estarei de paso por ahí, eu apúntome.

    ResponderEliminar
  4. Bradomiño, ciértamente un político especial.

    Tan especial como las ratas, que abandonan el barco antes de que se vaya a pique pero sólo cuando ven que se va a pique.

    ResponderEliminar
  5. Crónica feliz na zozobra em popa e proa do barco nacional-popular. Umha aperta irmandinha

    ResponderEliminar
  6. Un paso a tempo e unha decisión meditada, supoño, vistos e oídos certos acontecementos nos últimos meses en certos ambientes. Hai quen brindará ata con viño de cartón pola súa marcha. Seguro que o aspirante a Valedor e o alcaldable Negreira, que simplemente non poden concebir que haxa persoas que non os voten, votaran ou votasen. Deduzo que o alcalde Losada debe adoptar unha conducta neutral, xa que é o seu socio de goberno. Aínda. Porque xa hai que fala como se non lle quedara un ano no seu actual traballo. Como tamén hai quen fala como se nada tivese pasado nestes últimos vintecinco anos e os logros actuais fosen obtidos por xeneración espontánea. Esperemos que estes doce meses poida seguir traballando en paz. Tímidamente, doulle os meus parabéns polo labor feito (por suposto, non concordo con todo) e por saber dicir a tempo "rien ne va plus". Vaise perder, afortunadamente para el, o bonito "flin" Holocausto Caníbal que algúns e algunhas están a interpretar con auténtica devoción. Malo será que co medidor de pureza, con esas ansias de renovación de arriba abaixo (hai palabras con resoancias a purgas estalinistas) non consigan facer deste un gran país e convertirnos a tod@s, queirámolo ou non. Malo será. Teño entendido que Carlos Negreira vailles montar un club de fans.
    Impagable o video! Pois si que conta o factor humano, aínda que moit@s non o queiran entender.

    ResponderEliminar
  7. Pacotrón: estás imposible. Tómate un tripi de kellows....Facerlle un panexírico a Losada e Negreira é como felicitar a un xogador concreto porque o Madrid ou o Barça gañen a liga...se total, ían gañar igual. O meritorio é que o Dépor a gañe...ou vaia á UEFA.....
    Jesús: estás imposible.....Tómate un tripi tamén.
    Outeiro: graciñas, neno
    Carolina: cánto tempo sen saber de ti...a ver se nos vemos en verán, logo!!!!!
    Msarkadina: Holocausto Caníbal pode ser unha boa metáfora para moitas cousas.....

    ResponderEliminar
  8. Blogs de Katangueiro, es que hay ciertos personajes de la política, concrétamente de la local éste es uno de ellos, que tildarlos de personajes es ser muy generoso con ellos.

    Me dan náuseas cuando pretendo analizarlos mínimamente.

    ResponderEliminar
  9. Jesús, nada has analizado, ni siquiera mínimamente.

    ResponderEliminar
  10. Dacordo, Jesús. Igual son eu quen debe tomarse un tripi.....

    ResponderEliminar
  11. Heróis do mar, nobre povo,
    Nação valente e imortal,
    Levantai hoje de novo
    O esplendor de Portugal!

    Entre as brumas da memória,
    Ó Pátria, sente-se a voz
    Dos teus egrégios avós,
    Que há-de guiar-te à vitória!

    Às armas, às armas!
    Sobre a terra, sobre o mar,
    Às armas, às armas!
    Pela Pátria lutar
    Contra os canhões marchar, marchar!

    Desfralda a invicta Bandeira,
    À luz viva do teu céu!
    Brade a Europa à terra inteira:
    Portugal não pereceu.

    Beija o solo teu, jucundo,
    O oceano, a rugir de amor,
    E o teu Braço vencedor
    Deu mundos novos ao mundo!

    Às armas, às armas!
    Sobre a terra, sobre o mar,
    Às armas, às armas!
    Pela Pátria lutar
    Contra os canhões marchar, marchar!

    Saudai o Sol que desponta
    Sobre um ridente porvir;
    Seja o eco de uma afronta
    O sinal de ressurgir.

    Raios dessa aurora forte
    São como beijos de mãe,
    Que nos guardam, nos sustêm,
    Contra as injúrias da sorte.

    Às armas, às armas!
    Sobre a terra, sobre o mar,
    Às armas, às armas!
    Pela Pátria lutar
    Contra os canhões marchar, marchar!

    ResponderEliminar
  12. Periodista Revisionista27 de mayo de 2010, 18:20

    Traté algo a Tello a cuenta de la profesión, maldita profesión, que tengo y puedo asegurar que se le va a echar de menos. Muchísimo máis de lo que sus rivales esperan. Que le vaya bien.

    ResponderEliminar
  13. Ai, Ashley...qué recordos me trae a Braga, festa do PCP de 1988!!!!!!!

    ResponderEliminar
  14. ......Ai Ashley...qué foto de perfil......qué recordos!!!!!

    ResponderEliminar
  15. Que a revolução penetre nesta cidade! Estou muito disposta!

    ResponderEliminar
  16. Antes de nada, identifícome: eu son a Msarkadina fetén, a única, incomparable e inimitable e, a partir de agora, cando entre a comentar aquí, fareino cun selo virtual para evitar que calquera imbécil poda escribir chorradas no meu nome. Para empezar, porque eu nunca lle chamaría "cocha" a outra muller por estar en bolas. Ashley, fas ben: se tes un corpo e queres lucilo estás en todo o teu dereito! Será que xa levo visto centos e centos de corpos espidos na miña vida adulta como para soliviantarme ou alporizarme. Tanto centímetro de pel ó descuberto prodúceme certo aburrimento e necesito un extra de motivación para acenderme. As cochinadas as ve un cerebro limitado e pueril e o meu, certamente, non o é. Así de claro.
    En canto a ti, "prezada" man anónima que ousaches usurpar o meu nom de guerre, advertido/a quedas: NUNCA MÁIS. Non sei se liches algo sobre o uso que lle penso dar a unhas katanas... Faite sabedor ou sabedora de que tamén milito na versión antifacha e antimamoneo da Asociación dos Amig@s do Rifle e de Woody Guthrie e a súa guitarra. Desatar a miña furia pode ter peores consecuencias que as sete pragas de Exipto ou cen mil volcáns islandeses. Cando unha ven de Monte Alto e vive na Agra non é para tomala a coña. Moito ollo comigo, man infecta e desprezable.
    Para os nauseosos, fármacos antieméticos tradicionais como a Metoclopramida (bueno, bonito y barato). Se ademais de non potar queredes flipar un pouco, Haloperidol. Nada de tripis, que non hai quen os baixe e logo pasades episodios de flashforward e non sabedes nin quen sodes nin o que queredes. Tampouco vaiades pillar a Penamoa. Eu son máis de fiar e fágovos prezo.
    Antes de que se me vaia a pinza de todo: señor Tello, novamente, graciñas e moita sorte para os vindeiros doce meses. Coídese moito, que están os chacales á espreita.

    ResponderEliminar
  17. Por último e para quedar a gusto de todo: se alguén vai usar o meu nome en van, alomenos que o faga dunha maneira divertida e intelixente e non tan simplona. E se alguén sente algún proído nalgunha área delicada da súa anatomía, que rañe ben rañada a zona devandita e quede aliviado ou aliviada e o resto da humanidade respirará tranquila. Malo será.

    ResponderEliminar
  18. Bueno, Msarkadina, estas suplantacións queren dicir que vas sendo famoseta!!!!! Mira o que me pasou a min....e o que me pasa, que resulta que hai quen me atribúe a min e a Pacotrón ser os autores dun espazo web chamado "O Paraugas" (http://paraugas.org/) porque estamos por aí enlazados ou recomendados, como prefirades....É como se tamén nos atribuísen o Blog do Ventorrillo ou o Blog do Castrillón porque tamén estamos aí enlazados ou mesmo Galicia Confidencial, que xa sabes que nos emprega na sección de información local da Coruña.....Ai, canto traballamos os katangueiros.....ou canta burricie hai por aí solta!!!!!

    Por outra parte, gracias a que me atopei cun comentario a nome de Katanga por aí, e nós non éramos, puiden saber que existía unha rapaza barcelonesa (fantástica, por certo) que empregaba ese seudónimo ou Katanga73, e que hoxe é unha amiga nosa....así que as suplantacións non sempre son tan malas, non????

    ResponderEliminar
  19. A culpa é túa, maldito parrulo katanguista....que sempre te metes en follóns!!!! Xa verás cando te pille a Katangueira!!!

    ResponderEliminar
  20. Pues si hay que repartir, se reparte. En cuanto acabe la patrulla.....

    ResponderEliminar