Páginas

Advertencia da SGAE aos organizadores do festival Paralelo 43º 21’ 45‘’

Compartir
by Katangueiro



Un amigo de Katanga que está moi relacionado coa organización e actividades que se desenvolverán no Festival Paralelo 43º 21' 45'' coméntanos que a SGAE púxose xa en contacto cos organizadores destas actividades artísticas para a promoción do comercio do barrio da Agra do Orzán para advertirlles que se non se lles liquidan unha serie de cartos que, din, se lles deben pagar para que grupos musicais do barrio e cidade, totalmente amateurs e, nalgúns casos, formados por persoas residentes estranxeiras -senegaleses, en concreto-, poidan desenvolver a súa arte ante o público na Praza das Conchiñas.

O curioso disto é que estes grupos, así como os diferentes artistas que participan neste eventpo de promoción dun barrio humilde golpeado brutalmente pola crise capitalista, non van cobrar nada por interpretar os seus propios temas. Aínda así, segundo a
Lei de propiedade intelectual aprobada polo PSOE e polo PP, a SGAE está totalmente en condicións mesmo de suspender todas estas actividades de non satirfacérselles certa cantidade importante de cartos pola actuación de cada un destes grupos musicais locais e estranxeiros.

Xa sabedes que desde Katanga-Koruña levamos tempo condenando a perversión desta Lei. Perversión porque unha Lei que se supón que nace para protexer aos artistas españois de cara a que algúns vivillos non se aproveiten do traballo doutros para forrarse o que realmente está perseguindo é toda actividade artística e/ou espectacular, ata o punto de que nestes momentos históricos perigan actividades culturais como o teatro escolar, o modelo de Biblioteca pública ou os concertos musicais de coleguis para coleguis.

Efectiuiuonder, para a próxima edición deste estupendo e necesario festival moito nos tememos que os organizadores se coidarán moi moito de programar concertos musicais, xa que a cota da SGAE resulta máis que onerosa, sobre todo tendo en conta que aquí non cobra ninguén e que esta foi a única forma de poder organizar un evento brutal destas características.


Eu non sei ata cando isto ocorrerá, xa que a Lei de propiedade intelectual está recorrida nos xulgados, pero o que si sei son varias cousiñas moi simples:

-A SGAE é unha entidade privada que representa os intereses de certos autores e autoras españois. Non se entende que cobre cotas por actuacións de grupos musicais que non son socios da SGAE e que interpretan os seus propios temas. Digamos que a perversión da Lei fai que estas persoas teñan, practicamente, que pagar para poder tocar a súa propia música.

-Segundo datos publicados en diferentes páxinas de internet que desenvolven unha intensa actividade contra estes atropelos, o 90% do recadado por actividades espectaculares musicais é cobrado polo 10% das e dos artistas. Cómo é isto posible en democracia e na Unión Europea?

-Os cidadáns de Senagal non son españois a ningún efecto. Por qué entón se deben pagar cotas porquer desenvolvan a súa arte da percusión ante as veciñas e veciños do seu barrio? Cómo é posible que "artistas" como Bisbal, Ramoncín, Rosario e outros moitos cobren diñeiro a conta da actuación amateur dun grupo de senegaleses?

En fin, delfín, aquí queda a polémica. En todo caso, animámosvos a que apoiedes estas actividades, cuxo programa podedes consultar tanto no enlace superior como nesta imaxe de aquí abaixo. Bravo por este Paralelo!!!!! Abaixo con aquelas persoas que están poñendo en perigo de morte as actividades culturais do conxunto do Estado español!!!! Por certo: acaso a
Constitución Española non considera un dereito fundamental, mesmo por riba dos dereitos de propiedade, o dereito á información e libre circulación de ideas????? Pois iso, que se cumpra xa!!!!!!


Última hora: Festival de Cerceda libre de SGAE!!!!


Abur yogur.......

4 comentarios:

  1. No me tiréis de la lengua con la sgae, que me pierdo!
    Os recomiendo la página Exgae, donde se informa y LUCHA contra sus abusos.

    ResponderEliminar
  2. Eu pensara que a SGAE xa non me podería sorprender moito máis pero a cada paso que dá supera as miñas expectativas. O ano pasado lin noticias como que se embolsaban 6000 euros por adiantado dun concerto benéfico a favor dun pequeno cunha doenza xenética desas chamadas "raras" (concerto no que David Bisbal actuaba de balde e declarou o seu desagrado por esta acción) ou a pretensión de cobrarlles 100 euros en concepto de dereitos de autor ós estudantes do Instituto Zalaeta pola representación de Bodas de Sangre. Ou ó Concello de Fuenteobejuna. Manda carallo na Habana... Hai unha expresión que me gusta moito e era o alcume que lle deran a Gala, a muller de Salvador Dalí (no exenta de machismo, pero moi axeitada): dicían dela que era unha "avida dollars". Pois da SGAE podemos dicir o mesmo. Cando penso na SGAE venme á mente unha especie de Hydra bestial famenta de billetes. É un auténtico escándalo a súa conducta mafiosa e as súas tácticas intimidatorias. É dunha baixeza e unha miseria moral que non son humanas. Igual que teño ganas de mandar a Ramoncín a coñecer o que son os piratas en Somalia (e o que os impulsa a convertirse en piratas) mandaba eu de boa gana a algún directivo da SGAE a vivir unha temporadiña a Senegal, en plan intercambio cultural.
    Agradézolle a Tamara a información sobre esa web que eu descoñecía e que parece moi interesante.
    Eu déixovos unha noticia esperanzadora: un avogado andaluz que conseguiu que lle devolveran a cantidade que abonara en concepto de canon dixital polos CDs que comprara para gravar un xuízo. Un heroe.

    http://video.publico.es/videos/8/48370/8/recent

    O outro, máis divertido, e máis propio da SGAE.

    http://www.elmundotoday.com/2009/09/la-sgae-quiere-lavar-su-imagen/

    Boa noite e doces soños para tod@s.

    ResponderEliminar
  3. Estiven esta mañá na Praza das Conchiñas e había moita xente, a verdade. Ánimo a haber se para a próxima se implican máis colectivos da Agra, que hai algúns que se botan en falta nunhas actividades destas características. Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Non fai falla que vos dea a miña impresión sobre cómo se está a interpretar a Lei de Propiedade Intelectual porque xa a coñecedes. Só espero que impere a cordura e que, a conta de `protexer os dereitos lexítimos das e dos autores a protexer a súa propiedade, non se lesionen outros dereitos aínda máis fundamentais nin se impida a grupos non profesionais que actúen de balde para colaborar na mellora necesaria do noso/seu barrio. Katangueiro fai ben en avisar do que pode pasar e eu, en consecuencia, propoño calquera tipo de actuación de protesta fronte a esta terxiversación interesada. Eu teño tocado algunha vez en público e sempre foron temas propios. Hoxe en día, con esta Lei, xa non podería ser así sen pasar pola "cota" dunha entidade privada denominada Sgae. Ánimo e adiante...e a ver se para a próxima cruzades o Río Grande -Ronda de Outeiro-, que a cousa por aquí está máis que fatal!!!!!

    ResponderEliminar