by Msarkadina...noutra excelente colaborasao....
Non hai moito tempo unha das mentes máis preclaras da nosa época , o ministro de Fomento Don José Blanco (si ,ese que non sabe pronunciar correctamente en castelán palabras como “concepto” ou “traducción”; o mesmo que non chegou a rematar a carreira de Dereito e, sen embargo, leva sen apearse dun coche oficial desde o ano 1989, ano en que foi elixido senador) pariu unha idea (isto non significa que a actividade neuronal do señor Blanco sexa nula escasa, senón que vai ó seu ritmo): había que rebaixarlle o soldo ó funcionariado. Toda unha epifanía que provocou un orgasmo múltiple á mafia mediática peninsular, que cortan o bacalao que dá gusto.
Si, si, si… Recortarlle os ingresos ós malévolos funcionarios, conxelalos, anular os privilexios deses parasitos que non merecen o que gañan, que están a xogar ó solitario no ordenador, que pasan o tempo tocándose as gónadas e saíndo a tomar cafelitos. Inútiles, incompetentes, langráns. Curiosamente, moitos destes epítetos tamén llos aplica con saña a cidadanía enteira á clase política (así, en xeneral) como ó funcionariado. Resulta máis fácil revolverse contra unha cabeza de turco que abrir os ollos, observar e reflexionar. Ata o acto de pensar por si mesmos resulta fatigoso para certas mentes.
Nin unha palabra, en cambio, para un goberno central que contraeu débedas para os vindeiros cincuenta anos, que gastou o que podía e o que non podía permitirse, o mesmo goberno que encabezou a bochornosa batalla para que Leire Pajín cobrase un terceiro soldo como Senadora por Valencia (20000 euros ó mes, tres soldos, ademais de senadora, Secretaria de Organización do PSOE e unha indemnización como ex Secretaria de Estado de Cooperación). Só un pequeno exemplo. Un exemplo infamante onde existe unha nova casta que, por desgraza para eles, ten tan mala fama como o colectivo funcionario: “a clase política”.
(ACOTACIÓN KATANGUEIRA: M. Martín Ferrand atopou pronto aos responsables da crise. Ler AQUÍ MESMIÑO e partirse...)
Pero no momento que reseteo o meu disco duro, no momento en que fago memoria, dánme ganas de vestir un chándal amarelo e coller unha katana, como a Noiva que encarnou Uma Thurman en Kill Bill e de saír a cortar unhas cantas cabezas ou de meterlle o medo no corpo a alguén. Por qué? Porque vivo nun lugar onde hai persoas que “fan política” e nunca cotizaron como traballadores por conta propia ou allea; porque tiven que escoitar “lindezas” tales como estas: Jordi Sevilla ó Presidente: “Tranquilo, en dos tardes te enseño lo que necesitas saber de economía”, ó ex ministro Mayor Oreja falando “dos plácidos tempos do franquismo”, a Esperanza Aguirre falando de “quitarle el puesto al hijoputa”, a José Blanco de novo : “Yo me callo porque sé de lo que hablo”, ou ó ínclito Manuel Fraga : “Yo pienso morirme sin ponerme un condón” ). Estou a falar do goberno central, pero por estas terras tamén abondan casos e cousas similares. Na anterior campaña electoral autonómica houbo exemplos de comportamentos rastreros e abominables. Daquela xa había crise, aínda que o presidente Zapatero seguira no País das Marabillas e negando máis do que Pedro negou a Xesús Cristo.
O desenlace, xa o sabemos e xa o describiron por aquí moi ben antes ca min. E xa o estamos a padecer (e de que xeito). Temos a un Mesías que nos saíu bastante ful, con vocación de Edward Scissorhands (o adorable personaxe creado por Tim Burton) e a un goberno que se está a mostrar bastante ineficaz para conter a recesión. U-lo Edén, Alberto?, clamamos os súbditos.
Pero non, Alberto está emperrenchado en meterlle man ó funcionariado tamén. Menos mal que el é funcionario en excedencia. Non creo que volva a ocupar tal posto se algún día deixa calquera cargo político. Acabará nun cento de consellos de administración e cobrando, ademais, unha pensión vitalicia, como a maioría deles. Podería e debería falar aquí tamén da abusiva cantidade de altos cargos, de cargos de confianza, de postos intermedios, da inoperancia do Senado e de organismos como algunhas deputacións provinciais (auténticas sés feudales e mafiosas), da improvisación, da pouca seriedade, da lixeireza pero eu non son quen. A miña é a opinión dunha cidadá calquera, non vale gran cousa. Síntome un pouco como Balbino, o Neno Labrego de Neira Vilas, pero estou certa de que razón non me falta.
PULSE, PULSE E MOTÍVESE......
PULSE, PULSE E MOTÍVESE......
Neste momento teño que alentar fondo, moi fondo, para osixenar o meu cerebro e ralentizar o meu ritmo cardíaco. Porque son consciente de que estas persoas ocupan ou ocuparon uns postos que, en certo modo, teñen que ver co meu presente e co meu futuro e, sobre todo, cos impostos que pago e co que me descontan da nómina cada mes. Porque vexo como se enredan en disputas estériles e banais ; pasaron demasiado tempo nos biosbardos e cando a ensoñación dos novos ricos horteras (que era a anterior irrealidade económica) desaparece á velocidade da luz empezan as rebaixas: sector público, revalorización das pensións, xubilación, axudas á maternidade, reducción do gasto farmacéutico, axudas á dependencia, axudas oficiais ó desenvolvemento, investimento público, comunidades autónomas e concellos e (intento de, supoño) SUBIR OS IMPOSTOS ÁS RENDAS ALTAS (ay, que me meo toa…).
A piques de sermos expulsados da zona euro, medidas desesperadas, con mediación de Barack Obama incluída. En anos anteriores, cando era toda unha aventura atopar un albanel ou un fontaneiro para que nos fixeran un amaño na casa, cando calquera iletrado montaba unha constructora ou unha inmobiliaria, cando un rapaz de 19 anos que non acabara a ESO fardaba dun AUDI A3, ninguén lembraba ós funcionarios nin ós pensionistas. Eran uns pringaos que gañaban unha merda e aínda tiñan que ir pedir un crédito para comprar un coche novo. Cando se especulaba, cando se abusaba, cando se fomentou a economía submerxída, miraban para outro lado.
Agora que se fundiu o becerro de ouro toca descargar a furia. Fago referencia ó nivel no que me desenvolvo eu, o do vulgo vulgaris. Vou facer unha cousa que non é de moi bo gusto ni axeitada, como é falar da miña persoa. O meu é un caso bastante común: o dunha cidadá que contempla cada vez máis furiosa e atónita a deriva dunha sociedade da que desertaron valores como a solidariedade, a educación, a cortesía e moitos outros valores para min moi prezados.
Noutras ocasións falei das pretensións da privatización sanitaria do actual goberno autonómico así como do tristemente célebre Apartamento. E non contei todo o que sabía por prudencia e por ética, porque eu tamén son traballadora do eido público, pero a miña categoría laboral non é a de “funcionaria”, senón un estado intermedio entre “funcionaria” e “persoal laboral”. Levo traballando desde os vinte anos(quince en total, boten contas) e non teño praza fixa per secula seculorum. Levo presentándome a ofertas pública de emprego (concurso-oposición) desde tempos inmemoriais, aprobando e quedándome ás portas porque nunca tiña todo o tempo traballado. Traballei na sanidade privada, traballei no rural, na costa, en centros de saúde, un tercio de xornada, a media xornada, as gardas que ninguén quería, fins de semana, nun mesmo ano mesmo a Noiteboa e a Noitevella. Vin a xente nacer, acompañei a xente nunha morte o máis digna e apacible posible, vin como outras vidas se apagaban en lenta agonía e sufrimento e, afortunadamente, vin a unha gran maioría curarse ou aprender a convivir coas súas novas limitacións. Presenciei e escoitei historias que a metade das persoas que pretenden insultarme chamándome “funcionaria” ou dicíndome “vives de puta madre” ou “eu pago o teu soldo” farían que se cagaran e se mexaran encima e saíran correndo. Porque eles non aturarían nin un segundo o que eu teño que aturar no meu labor (todo o mundo sabe reclamar os seus dereitos, pero descoñece os seu deberes como usuario), non lles admito unha soa lección. Poucas cousas terei aprendido nesta vida pero si moi ben o valor do traballo ben feito e a dar un trato digno e respectuoso a calquera que se achegue a min. Así que non me veñan con historias, que o meu soldo estivo conxelado durante moito tempo (o agravio comparativo da sanidade galega con respecto a outras comunidades autónomas era escandaloso).
Que non enreden con acusacións absurdas, que eu traballo nun ano 31 fins de semanas dos 52 que ten un ano, e 6 deles, saíntes de vela (é dicir, se traballo un venres pola noite, volvería a traballar un domingo pola noite; o sábado é para min, insomne crónica un día perdido). Ceo cando sae o sol e almorzo cando os demais cean. Así está a miña úlcera. E empeora por momentos nun sistema público no que parecen molestar os traballadores e traballadoras motivados. Hai dous anos tiven que escoitar esta gran verdade: “A ti no se te paga por pensar”. Gran verdade.
MSARKADINA: Hombre, a usted quería verlo yo por aquí.....dígame otra vez eso de los recortes necesarios mientras yo le preparo una buena lavativa.....!!!
Mellor todos dentro do mesmo rabaño, que somos máis fáciles de mangonear. Total, cobramos igual a fin de mes. Actitudes coma esa son as que xeneran a desconfianza e a xenreira contra os traballadores públicos. Será o sistema o que deberá empezar a flexibilizarse e modernizarse porque, efectivamente, son tempos difíciles, e sendo empregados públicos a nosa conducta debe ser exemplar. Gustaríame tamén a eses “porqueyopagotunóminachica” que no meu informe do INSS di que son “traballadora por conta allea” e non servidora de ninguén. Non estaría de máis tratarme con respecto xa que, en algún momento, señor ou señora, a súa saúde e os seus coidados poden estar nas miñas mans. E que non lle soe a ameaza, por favor.
Tú misma lo dices, los primeros que se tienen que hacer merecedores del respeto de los usuarios sois los funcionarios.
ResponderEliminarEstá claro que en general todos sabemos cuales son nuestros derechos, o más bien creemos saber, pero escurrimos nuestros debereres que desconocemos o al menos eso pretendemos. Pero ello no es óbice para que un funcionario, de la sanidad, de la educación, de la seguridad del estado, municipal, autonómico, estatal, sea, en su gran mayoría, un impresentable escaqueado.
Estamos en una sociedad de risa, sobran los gobiernos autonómicos, con sus correspondientes políticos, puestos de libre designación y por supuesto sus correspondientes funcionarios.
Sobran las diputaciones, con todos sus integrantes como en el grupo anterior.
Con la administración central y la local, gestionando medianamente bien, ya no diego bien, los recursos existentes, sería más que suficiente para que todos los usuarios tuviéramos una atención acorde a nuestras necesidades.
Ola, Kantangueiros e Msarkadina. Son un lector que pasa por primeira vez a comentar. Dicirvos que, como traballador do sector público (colectivo sanitario, para maior coincidencia), xa vos notara preocupados polo rumbo que está a tomar esta situación pero, agora mesmo, aínda que rin moito e me sentín identificado coa furia e o sarcasmo, percibo que nestas palabras hai moito "queime". Msarkadina, estás abrasadiña e non me estraña. Será porque tratamos con vidas humanas e non con cobaias nun laboratorio. Eu tamén son dos que pensa que hai que renovar a fondo o sistema público e non consentir actitudes pasotas. É certo que parece que o que se premia é a desidia. Por non falar xa do alleos que están certos cargos da realidade e que se aferran ás estatísticas manipuladas como as ladillas (non sei se en galego se di así) ó vello púbico (episodios así, vense moitos no meu traballo no día a día e non porque eu me dedique a menesteres pracenteiros). Ou como aumentaron os postos de mando intermedio e como se desvían os fondos. Ou como se gasta un millón de euros nunha auditoría para saber o que xa se sabía: que un servizo hospitalario funciona malia a merda de sistema no que está inserto. Ou como a xente non quere facer os seus dereitos ante quen ten o poder e se envalentona cun pringao coma min, por exemplo. Que saiban que no sector público hai unha ampla maioría que nin sequera chega ó status de mileurista. Que saiban de como sobreviven os pensionistas coa suba de impostos e coa inflación (e que non fagan tanta burla deles). A tal hora eu creo que a entre a miña avoa, a miña nai, viúvas e pensionistas e dez bravas señoras máis, poñían un pouco de orde e sentidiño entre tanto descerebrado que nos "goberna". Esas si que saben o que son tempos duros e teñen visión periférica. Os experimentos, na casa e con gaseosa, que non estamos para coñas. Moito ánimo e a seguir con ese espíritu guerrilleiro!
ResponderEliminarBoa noite, meus amigos. Eu acho que é a segunda vez que aqui escribo no blogue. Eu não vou dizer muito mais do que eu comentei no Facebook, Katangueiros. Quando uma pessoa séria e honesta é confrontado com um sistema sofre. Quando muitas pessoas sérias e honestas estão unidas, a vitória é possível. Enquanto cada um continuar a emitir opiniões sem se preocupar em ESCUTAR (leia atentamente, POR FAVOR,que eu escrivi ESCUTAR, mas não OUVIR), poucas coisas podem mudar. Agora não pode nim deve haver espaço para a inveja ou o ressentimento ou mesquinhezes pessoais. Eu sou um emigrante: da India, a USA, a Canada, a Brasil, a Africa, a United Kingdom... e em toda parte encontramos a mesma doença: egoísmo, individualismo, "me, myself and I". Nem todos os políticos são iguais nem os funcionários públicos som responsáveis para todos os males do universo. É muito fácil ser juiz mas muito difícil de entrar na pele do outro. Nunca perca o espírito rebelde, minha Chakori e meus amigos Katangueiros.
ResponderEliminarImpresionantes comentarios. Graciñas a vós, aínda que sego pensando que NON TODOS os políticos son iguais, xa que sempre gañan os mesmos...non?
ResponderEliminarCuánta razón tienes Msarkadina. Durante los buenos tiempos en los que el IPC superaba ampliamente el 2% (entre el 2002 y el 2008 la tasa más baja del IPC general anual fue del 2,8% y la más alta el 4,1 %)a los funcionarios no se nos subía más de ese porcentaje. Somos afortunados porque tenemos un empleo estable, cierto, pero nos lo hemos ganado. Mientras algunos empezaban a ganar su indudablemente merecido sueldo en el sector privado y disfrutar del mismo con viajes, conciertos y otras formas de ocio o simplemente asumían la losa de una hipoteca para tener su primera vivienda, otros peleábamos con oposiciones, a veces bastante duras. Tengo compañeros que incluso trabajaban y tenían que dedicar sus horas de descanso al estudio. Conseguimos una plaza y con muy buena preparación. Vagos e ineficientes también los hay en la privada. Algunos dirán que en ese caso si no trabajan se van a la calle. No creáis que es tan fácil. Yo también trabajé en la empresa privada, en una gran entidad financiera, y una vez que un trabajador pasaba a "indefinido" no era tan fácil despedirlo. Simplemente, si no daba resultados, se quedaba sin ascensos o lo cambiaban de oficina. En la Administración Pública también se abren expedientes, doy fe de ello. Os puedo decir más. Si yo, por el puesto que ocupo, "meto la pata" no acabo en la calle, acabo entre rejas. Y todo porque manejo fondos que los ciudadanos pagan religiosamente con sus impuestos. Algunos de esos ciudadanos me han llegado a considerar una "estirada" simplemente por cumplir con la ley, por comunicar a Hacienda facturas que ellos no quisieron declarar o porque no les conviene que vengan a inspeccionarles y se descubra que no contribuyen todo lo que deben a pesar de exigir más que nadie que les pongan la farolita delante de su casa y que no les cobren la tasa de recogida de basuras. Afortunadamente hay mucha gente honesta que cumple con sus obligaciones tributarias, que te trata con respeto y que antes de empezar a protestar pregunta. Personas a las que les pides disculpas sin ningún pudor cuando se cometen errores, que te agradecen muchísimo el que les ayudes y les facilites el cumplimiento de sus obligaciones administrativas, obligaciones que otros no asumen ante la pasividad de políticos que no tratan con el mismo rasero a todos los ciudadanos. Eso es por lo que deberíamos protestar todos. Por qué unos no pagan sus impuestos, eluden sus ganancias en fantásticos paraísos fiscales o se aprovechan de su fama para conseguir la benevolencia de la sociedad mientras otros trabajan en silencio, contribuyen a la "res publica", hacen esfuerzos pidiendo un aplazamiento de sus pagos o ven sus nóminas controladas hasta lo más mínimo por el Gran Hermano Hacienda. En otros países la cosa es distinta. Tal vez sean más fríos y aburridos, pero el sentido de que los bienes públicos deben cuidarse y costearse por todos como si fueran nuestra casa o nuestro sueldo está tan arraigado en esos lugares que resulta más difícil encontrarnos con déficits "a la griega". Msarkadina, ¡qué bien estarías trabajando en sus sistemas sanitarios! Desgraciadamente para ellos y afortunadamente para nosotros te tenemos aquí. Dentro de lo malo estamos en tus profesionales buenas manos y las de tus compañeros
ResponderEliminarY esperad lo que os reíais de los funcionarios, que ya se viene la reforma laboral. Que hay pa todos.
ResponderEliminarA nosa vivaracha enfermeira sempre atina co remedio.....qué remedio!!!! Graciñas, Msarkadina. Espero que non te enfades pola imaxe que empregamos para representarte....esa pedazo de enfermeira piratilla......
ResponderEliminarComo me vou enfadar, queridos Katangueiros? Síntome moi identificada con tal retrato. É máis, o da lavativa quédase pequeno. Eu esta semana pasada imaxinaba unha próstata do tamaño do Canón do Colorado e a min practicando unha sondaxe vesical, así que imaxinade o meu grao de sadismo. Xa que hai tanto xinecólogo virtual que me toquetea os ovarios cousa fina, eu tiro polo campo da uroloxía, que é moi socorrido. A miña única intención era dar a entender que se están a cebar cos de sempre: a clase traballadora. Realmente credes que eu me vou alporizar tanto porque me baixen o soldo un 5%? O que me enerva é ser o sparring de tanto descerebrado. Hai xente que o está a pasar auténticamente mal moi cercana a min a causa do paro e a precariedade laboral. Pensionistas que fan virguerías. Se alguén cre que eu me indigno por iso e que non entende ou non quere entender. Falei de min porque non me creo con autoridade moral para falar de ninguén máis. Falei de min porque son filla de obreiros, porque xa na miña na casa se viviron situacións similares, porque NINGUÉN ME REGALOU ABSOLUTAMENTE NADA e porque loito por dignificar o meu traballo e por prestar os mellores servizos posibles nunha maquinaria bestial e antihumana onde teñen máis peso as decisións dos burócratas ou a tecnificación que a conducta racional. Escribín porque non soporto nin un minuto máis os xuízos de valor rápidos e gratuitos. Porque eu non considero que todos os empregados de banca, os taxistas, os dependentes, os albaneis, os camareiros ou os policías, por exemplo, sexan iguais. Tampouco che hai tanta besta parda no xornalismo como Manuel Martín Ferrand. Se eu cometo un erro no meu labor profesional, córtanme a cabeza e a conciencia (eu si que a teño) e o meu futuro.
ResponderEliminarAgora que volvemos a estar no lugar de onde nunca marchamos ou tomamos outra actitude máis seria e participativa ou só nos queda "agarrarnos los machos". Falando de privatizacións e de actividade neuronal cuase nula hoxe lin isto: «la única razón por la que los trabajadores se están manifestando es por el temor a perder vacaciones, porque algunos quieren más». Diego Calvo, o superhipermegadelegado xunteiro, que non coordina cerebro e lingua, opinando sobre as protestas dos traballadores do Centro Santiago Apóstol da Coruña. Como di unha amiga gaditana: "Tócate er higo, Mariamanuela!!!". Para quen lle interese ler a noticia:
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/05/19/0003_8493171.htm
E agora marcho a seguir pirateando e afiando as katanas. Bicos.
Iso da próstata soa moi erótico......será porque son un pouco sado-maso. De todas formas, non podo rematar sen dicirche a gana que me quedou do título que propoñías mais non te atrevías...o da peli de Sam P. Como podes ver, recollín outra frase que incluís a palabra "cabeza".
ResponderEliminarEsa Novia de Kill Bill aparece cualquier día de estos en una reunión de los de Caixagalicia y Caixanova, con esa exhibición de riqueza de la que hacen gala ante medio país pasando graves dificultades, y la lía bien liada.
ResponderEliminarO da próstata soa erótico, si, pero non o é en absoluto o que eu lles faría a eses xinecólogos virtuais. De feito, os homes tedes o voso punto G na próstata (non podo dar máis detalles aquí, que censuran o blog) e por iso supoño que hai tantos que, a certas idades, empezan a ter pequenos lapsus e chamarlle "próspera". Verderoladas aparte, moitas grazas polo título (a Alicia de Lewis Carroll é un dos meus personaxes favoritos e son unha devota da Raíña de Corazóns). O título da peli ven sendo heavy de máis pero é o que se me pasa pola cabeza moitas veces. Outras véxome cuspidiña ó personaxe de Michael Douglas en "Un día de furia". E coma min, tantos e tantas e seguro que o están a pasar moi pero que moi mal.
ResponderEliminarTamara, non me deas ideas, que a todos eses xerifaltes das caixas cos egos hipertrofiados tamén lles teño ganas. Xa teño o conxunto amarelo e unhas katanas recén compradas. O único que me falta é a perruca loira ou tinxir o pelo.
Boas noites e saúde para tod@s.
O problema non é que baixen o soldo e despois o conxelen. O verdadeiro problema é que os que propoñen e executan a medida son os que negaron durante varios anos a existencia mesma da crise, e gastaron e gastaron cartos a mazo para nada. Sé que no es el lugar adecuado para decirlo, pero la conclusión es: Váyase Sr ZP!!!
ResponderEliminarComo es natural, pido disculpas por mi mediocridad. .
Leoncio el león y Tristón: sen ánimo de parecer Pierre Nodoyuna y su fiel Patán, lembra que o gasto público español está moi por debaixo da media europea e moitísimo máis de Estados como Alemaña, Reino Unido e Franza....O que está polas nubes é o gasto privado, e sobre iso temos todos moito que dicir, verdade, Bancos e Caixas?????
ResponderEliminarQue devolvan o que se lles prestou e veremos en qué queda a débeda pública!!!!!! Se cando gañas, gañas ti, cando perdes, perdes ti!!!!
Clavao, clavao, has puesto en palabras lo que a mucha gente le ronda por la cabeza. Podemos estar acuerdo con una parte o con todo lo que dices; pero en algo sí que estamos de acuerdo: no olvidarnos de que somos seres humanos y la crisis nos va a tocar a todos por igual (a no ser que estemos en la cumbre o en la luna, como algunos), seamos funcionarios o no. Una lástima que este cabreo no nos lleve a ser más productivos y solidarios. No te pagarán por pensar pero a ti te cunde bien. Un saludo.
ResponderEliminary que tiene que ver que el sr. blanco, no terminara la carrera de derecho.
ResponderEliminarsalud y republica
Pzcotrón, eu non digo que non haxa gasto público. Pero paréceme que nunca tivo que pagar os cambios de aceras. Polo demáis, totalmente de acordo contigo.
ResponderEliminarGraciñas, Leoncio el león y tristón.....
ResponderEliminarGrazas a vós polo traballo que vos dades en manter outro nível informativo alleo ao que estamos acostumados.
ResponderEliminarAunque no tiene nada que ver con este tema, finalmente después de los meses transcurridos desde que en este blog se hizo una breve "presentación" de los autores de otros blogs locales, tengo que darle la razón al autor de aquel artículo escribo en referencia al personaje que se autoidentifica como "Xoteño" que no es otro que el administrador del blog de Los Rosales, que se permite censurar aquellos comentarios que no vayan con su cuerda.
ResponderEliminarSin ir más lejos en el día de hoy ha eliminado pos dos veces un comentario mío que reproduzco a continuación en un artículo sobre la entrevista que en el día de ayer el Alcalde de A Coruña concedió a la Predidenta de la A.A.V.V., a un representante de los estudiantes del I.E.S. Zalaeta y al insigne Xoteño, en representación de los blogs locales, que como bien se decía en el artículo de hace meses va de lo que va.
35 Jesús dice: 25 Mayo 2010 a las 13:33
Ivan, que el Alcalde os llame por vuestro nombre lo lleváis muy mal.
Viva la libertad de expresión y la tolerancia, de las cuales es un claro exponente el personaje autoidentificado como Xoteño del Blog de los Rosales, gran representante de los blogs locales.
Amigo Jesús: sen novidade na frente...oeste....
ResponderEliminar