
A pasada semana, os administradores e administradoras deste blog recibimos un singular convite desde unha autodenominada Comisión da Rolda de Rebeldía. Seica estarían encantados (¿?) de contar cunha representación katangueira nunha xornada de debate que se ía celebrar -e celebrouse- o 30 de xaneiro no Hotel Compostela, en horario de mañá e tarde.
Pacotrón, que mamou a política por vía intravenosa...entre outras cousas.....e segue a considerarse temerariamente un Rebel Rebel...acolleu este convite con grande entusiasmo, poñéndose a investigar de qué ía realmente todo aquilo. De resultas de todo isto, aconteceu que esta Rolda de Rebeldía viña sendo organizada por un grupo de persoas, maioritariamente da corrente Encontro Irmandiño do BNG, onde se reúnen militantes e non militantes que procuran, din, unha rexeneración do nacionalismo galego -que boa falta fai- e onde sobrancean persoeiros tan coñecidos como Beiras ou o concelleiro katangueiro Mario López Rico.
Amais desta corrente, sumáronse a esta iniciativa un número importante de persoas a título individual para conformar unha Comisión que preparou con excelencia organizativa, todo hai que dicilo -nada que ver co sistema katangueiro de autoorganización- unha xornada onde se debateu sobre o papel dos partidos clásicos, as canles de comunicación e participación cidadá e os mecanismos para a creación de "masa crítica". En resumo, que me estou enguedellando: tratábase de encaixar e discutir sobre o papel dos movementos sociais, a esquerda social maiormente, fronte ás forzas políticas ou a esquerda política, maiormente o BNG, pero tamén outras.
O programa completo, AQUÍ MESMIÑO!!!!!!
Tamén podedes consultalo e descargar o pdf AQUÍ.
Moitas e moi sesudas foron as sucesivas intervencións, tanto desde a Mesa de convidados-ponentes coma desde o público asistente. Como sería moi longo reproducir mínimamente todo o que se tratou, remitímosvos a seguir a páxina da Rolda para os que tedes interese no tema. Para min, o máis e mellor foi a sensación de achegamento, cando non reconciliación, entre persoas vencelladas a diferentes movementos sociais e unha parte moi significada do BNG, totalmente afastados e divorciados nos últimos lustros, e que deben, así se entendeu por tod@s @s presentes, traballar en común, en cooperación e, cando a ocasión o requira, en certa simbiose se se quere, realmente, transformar a sociedade, Galiza, o mundo...eu qué sei...Katanga!!!!!!! Cambiar o mundo para crear unha sociedade mellor, máis progresista e solidaria, onde as persoas poidamos aspirar a ser felices. Qué cousas, verdade????? Qué desprezo para os denodados esforzos de Don Alberto por converter Galiza/Galicia no novo paraíso terreal!!!!
O que si me gustaría destacar foi a aportación de Pacotrón, inspiradísimo nesta Xornada, avogando por un achegamento entre "partes", isto é, entre a esquerda social e a política. As dúas autoafastadas. Tamén defendeu unha visión da realidade, da nosa realidade, máis aberta, lonxe das clásicas interpretacións maniqueas de certo marxismo ou socialismo, ou das tentacións de elitismo ou ditadura ilustrada, que sempre están aí, tanto na esquerda como na dereita.
Tamén desmitificou, con coñecemento, o valor da participación cidadá en si misma como elemento transformador de esquerdas. Efectiuiuonder, a dereita tamén se organiza e mobiliza -exemplo claro: as manifas contra a política de realoxos do Concello da Coruña- e pediulle aos movementos sociais presentes o protagonismop activo nos procesos abertos por forzas políticas coma o BNG, por moi críticos que sexan con estes procesos ou coa forma de entendelos, como medio para evitarmos que a dereita sociolóxica -e demagóxica, como a que agora mesmo combate o control sobre as alturas do novo Plan Xeral- triunfen sobre as políticas de desenvolvemento sustentable, socialización dos servizos, igualdade de oportunidades, dereito á vivenda, á convivencia, á solidariedade.....en fin, delfín....que o que está en xogo é se imos seguir permitindo que os tiparracos que causaron esta enésima crise do capital se saian de novo de rositas!!!!!!

ROLDA DE REBELDÍA: Por un cambio radical do modelo de sociedade. Outra Katanga é posible!!!!!!
Total...que o pasamos de medo, sobre todo o Pacotronista este do demo, e puidemos estar con cracks como Raúl, Pepe Constenla -ese pedazo de guitarrautor-, Pili Estévez, Paulísima Verao -amiga katangueira e persoa culta, sensible e cariñosa como poucas....e toca o clarinete!!!!!-, o Beiras, quen felicitou persoalmente a Pacotrón, Manolo -o insumiso que Pacotrón coñecera nas manifas contra a mili- Xose, Flor -esa artista-, e un sinfín de persoas. Mesmo un rapaz que aseguraba que Pacotrón era tal cal, físicamente, que o seu irmán Nito...e sacoulle unha foto!!!!! A ver se non era da CIA, animal do carallo, e non te meteches xa noutro dos teus enredos!!!!!
Aquí vos queda algún enlace de prensa:
Claro que para os escépticos, sempre quedará o Conselleiro de Medio Ambiente....mi madriña!!!!!!!

ÚLTIMA HORA: A nosa crónica, recomendada na web de Altermundo.org, ademais de realizar a súa propia crónica AQUÍ. Xa vos adianto de que na foto deste texto aparece algún dos nosos administradores!!!!!!
Tamén se recomenda a crónica de Outra Esquerda.
ULTIMISÍSIMA HORÍSIMA: Tamén moi recomendable a leitura do noso artigo en Galicia Confidencial, máis concretamente na sección de Sociedade: Katanga Confidencial AQUÍ!!!!!!!
Consultar (ou botarse unhas risas, que depende) o Álbum de fotos de Altermundo
E xa chegou!!!!!!! Aí queda iso!!!!!!
