Páginas

In dependentia summa!!!!!!!

by Pacotrón

En comentarios dirixidos á anterior entrada (a min, isto do "post" sóama a post-ín!!!), a nosa comentarista e sen embargo coleguilla Msarkadina recomendounos unha nova da Voz de Galicia que viña a conto da resistencia dalgúns concellos gobernados polo BNG a privatizar servizos sociais. Esta última nova, recomendada por Pacotrón (ese mamífero bípedo implume), dicía o seguinte:


Msarkadina remitíanos, pois, a ésta outra....


...que ten que ver ou non ten que ver, como vexades vós, que eu xa vexo de sobras!!!!

Estas dúas novas trouxéronme á memoria unha discusión que tiven cun rapaz a conta da súa aboa, unha muller recén xubilada (65 anos) con menos de 400 euros. O rapazolo, dunha vila costeira, xustificaba a paixón da súa gran mamma por Núñez Feijoo co argumento tan manido de "a ver cómo vivía Zapatitos con menos de 400 euros!!!".

Nun primeiro instante (intre, que diría Albor), acollín con simpatía o comentario dicindo: "home, ou Núñez Feijoo ou Rajoy, ou ti ou eu ou calquera....".

Craso erro. O rapaz vomitou toda a xenreira dereitosa da súa aboa contra os ilusos rojitos que ían arruinarnos a todos coas axudas sociais aos, literal, "neghros, xitanos, colombianos e mulleres maltratadas".

Ante este insólito e, á par, terrible comentario, descarguei, á miña vez, toda a miña xenreira rojita. Fun malote, seguro. PREGUNTEILLE QUE CÓMO ERA ISO DE QUE UNHA MULLER DE 65 ANOS COBRASE TAN SÓ 300 E TANTOS EUROS. "É que é non-contributiva", dixo. "Ah", dixen eu. "Nunca cotizou ao Estado", engadín. "E vive en casa propia?", perguntei. "Si, e máis ten un piso na Coruña. Paghounos co seu traballo, eh??", rematou chulescamente o irreverente raparigo.

"Vale", respondín armándome de paciencia. "Os meus abós, os dous que aínda viven, cobran pagas contributivas, polo que suman entre os dous un montante que lles permite vivir dignamente. Sen tolemias consumistas pero sen privarse dun filete. Viven en casa alugada, claro. Toda o tempo que puideron cotizaron, e pagaron impostos. Claro, así non puideron aforrar moito. Tiveron tres fillos".

O rapaz fitoume estrañado, como sen comprender por qué lle contaba iso. O rapaz levaba o peiteado de Cristiano Ronaldo, un brinco de diamante e un carro tuneado (Renault Clio azulón con faldóns de fibra de vidro).

"Non o pillas?", pregunteille. "Non, neno. Ti verás...", respondeu. "Moi sinxelo, chorbo. Os meus abós, que cotizaron e pagaron impostos, sempre votan esquerda. Mesmo votan "Zapatitos". Valoran o esforzo cotizante que realizaron e o esforzo cotizante colectivo actual. Por iso non poden ver diante a estes "señoritos" populares como Rajoy ou Núñez Feijoo. Os meus abós cren na Lei de Dependencia e nos servizos sociais públicos e universais. A túa aboa viviu da trapallada social. Isto é, eu, que son listísma, non pagho impostos, non pagho seguridá social e non pagho nada. Por que unha muller de 65 anos NON TEN EXCUSA PARA NON TER COTIZADO NADA E, en cambio, TER COMPRADO CASA E PISITO!!!!!! Isto non é España anos 50. Isto é Europa, amiguete!!!!",. Para daquelas, eu xa me imbuía do espírito de Leónidas. "Por iso, a túa aboa é de dereitas", rematei. "Por que non cre no esforzo social colectivo. Por iso, agora ten menos de 400 euros de pensión, e graciñas, neno, que con Franco non había pensións non-contributivas, que as puxo Felipe...un sociata!!!!! (...e que me vexa eu dicindo isto, que son anti-Felipista...)". "Un rojete", remarquei e dei por rematado.

Xa vos dixen que fora malote.

O certo é que resulta evidente que en Galicia existe unha minoría moi maioritaria que é como esa señora (unha santa, non o dubido). Unha minoría maioritaria a quen non lle importa unha merdalla que quiten axudas a libros de texto -total, non teñen que estudar-, que retiren a atención sanitaria de tarde -total, non estou enferma-, que privaticen servizos públicos -total, sempre me busquei a vida e, se fai falla, vendo o piso da Coruña-, ou que non se aplique a Lei de Dependencia -total, para que leven as axudas os neghros, colombianos, xitanos ou as maltratadas esas....-. Si, ou os meus dous abós, que están agardando unha resposta da administración. Si, eses que cotizaron solidariamente e que son rojitos. Eses que cren no futuro. A aboa do meu coleguilla, sendo moitísimo máis nova que eles, só cre no pasado.

Ensinanza moral: nun País de trapallada é normal que gobernen os trapalleiros. O insólito sería que gobernasen os meus abós!!!!!!!

Saúdos e bon nadal..........katangueiro!!!!!

KATANGUEIRA: Mira, neno. Se queres revolución, xa sabes, e se queres ser malote, tamén sabes.....Ti, como Moncho es mucho: tú ya sabes!!!!!!!! Felices festas a toda Katanga!!!!!!

Aportación do Katangueiro:

FELICES FESTAS (xa tiña ganas de colgar isto)!!!!!!!

Megalomanía


Segundo os crónicóns protocoruñesistas dos sectores máis cóncavamente alcanforados deste marinedo espazo urbano, resulta evidente (ou invidente) que vivimos nunha cidade que rivaliza en estulticia ao tan sonado e bíblico suceso de Sodoma e Gomorra, que xa vistes no cadro superior cómo remataron a súa historia ben particular.

Efectivamente ou, como diría Lauren Postigo, efestinnavente, a nosa cidade é un lugar onde campan ás súas anchas todo tipo de prostitutas e narcotraficantes. Especialmente perto das zonas residencias de máis rancio abolengo. Onde os drogodependentes (uséase yonkarras) marcan o compás horario do devir cidadán nos nosos barrios. Onde o conxunto da nosa insana mocidade vive atenazada polo alcoolismo e a barbarie que lles provoca -e que eles mesmos provocan-. Onde os universitarios, piares e fortalezas da nosa civilización vindeira, teñen menos futuro vital que Chenoa no Festival de Benicassim teloneando a Primal Scream. Un temible lugar onde as raparigas de doce anos, non ben abandoada a súa confortable nenez, adícanse a esnifar cocaína polas cafeterías coruñesas máis internacionais. Onde os fluídos corporais humanos máis sólidos dispútanse o seu espazo cos clásicos restos caninos e/ou gatunos. Unha hecatombe.


Nesta dramática instantánea podemos observar un grupiño de universitarias celebrando o botellón de fin de ano....que non de curso. Veremos se a finais de xuño non hai que quentarlles as nádegas polos seus pésimos resultados académicos!!!!!


Qué podemos, pois, facer nós. Cidadáns de a pé, e grazas. Simples cotizantes abourados ante tamaña bacanal de orxías desenfreadas. Qué facer para non comprometer á nosa actual infancia e rachar, dunha vez por todas, con esta espiral de despropósitos social-nacionalistas (que non nacional-socialistas)?

A resposta é ben doada. Debemos confiar nos nosos líderes político-espirituais. Unha sorte de espectros procedentes das cavernas da dereita máis reaccionaria que, unha vez máis, semellan dispostos a outro novo sacrificio pola nosa Coruña, xa que non pola patria única e indivisible.

Debemos confiar nos representantes veciñais que aproveitan calquera acto delictivo, mesmo o roubo dun bolso, para alertar á poboación máis sensible sobre o terrible e palpable aumento da inseguridade cidadá e, sinaladamente, dos intentos de agresión sexual atribuídos sen rubor ao botellón, os afters e á connivencia dos nosos representantes públicos no Concello.

Precisamos ser salvados. E se hai un home na Coruña capaz de dar remate a tanta desventura, ese é Carlos Marcos -líder preclaro de Unión Coruñesa- habida conta de que o partido no que militan os representantes veciñais máis "preocupados" xa goberna as institucións galaicas, e semella que sen resultado aparente. Sen resultados positivos, quérese dicir.

Este home si que acerta a dar coa auténtica orixe do problema. Da catástrophe, en sentido greco-latino. A perda dos valores morais máis íntimamente relacionados co sentir da alma nosa está directamente relacionada coa perda do L de A Coruña. L de liberdade. L de localismo malentendido. L de lisérxico. L de lambón e L de lumbago, que é o que me produce esta xentiña!!!!!!!

O clásico e pragmático espírito coruñés-ista achega unha novidade que , a ben seguro, non tardará en ser imitada no mundo todo de por aí adiante: se apoias á nova campaña a favor da reposición do L no nome da nosa cidade, este prohome agasallarache a ti e a todos nós cunha bonita e elegante botella de aceite de oliva....virxe, por suposto, co lema da campaña. Príngate por La Coruña, podería ser.

Pringados.....nós.




Estes últimos días lembreime da que foi durante moitísimos anos a obra literaria máis breve da historia. Trátase dun relato de Augusto Monterroso. Di así:

"Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí".

Visto o visto, na miña cabeza veu soando como segue:

"Cando se acostou o dinosaurio, Carlos Marcos xa estaba alí"


COCHESE: Que no cunda el puto pánico, joderyá, que estoy aquí para protegeros....y traigo el equipo completo!!!!!

Bicossssss katangueirossssss!!!!!!!


Abarrote no Parrote: A Coruña imposible?



Para todos os coruños de pro non hai lugar máis emblemático e marinedo que O Parrote. Por aquí pasearon (e paseamos) todas as parelliñas de namorados da nosa megaurbe....e mesmo en tempos poderías ter visto a Don Millán-Astray, coruñés de pro tamén, acompañando da manciña a algún futuro político local conservadorcillo!!!!

Por todo isto, resúltanos altamente gratificante e mesmo emocionante poder contemplar (e soñar) cun Parrote tal e como nolo presentan Xose Lois Martínez e Carlos Almuíña. Por contra, resulta tamén altamente frustrante que, como no caso da ponte colgante entre A Coruña e Ferrol, este tipo de proxectos de futuro, con futuro e para o futuro aparezan desde xa como soños imposibles, inviables, improbables ou mesmo impropios. No caso da ponte, por falta, seica, de orzamento. Había e hai outros prioridades. No caso do Parrote, por resultar prioritarios, unha vez máis, os imtereses particulares, supeditados estes aos locais. Nós dicimos: VIVA O LOCALISMO KATANGUEIRO, se isto axuda a facer real o que se nos representa nesta afoto.

Non debemos dar máis importancia da que ten que algúns membros do Goberno Municipal coruñés se manifesten total ou parcialmente a favor. Un proxecto coma este precisa, que o saibades xa, dun Plan Director das murallas da Coruña, responsabilidade das diferentes administracións. Temémonos que nunca se chegará a iso. Hai cartos metidos a porrillo para o tema do párking e alguén (non eu) debería indemnizar á empresa construtora e adxudicataria do párking. Ai......que xa estou desperto!!!!!!

Mentras tanto, ou mentras tonto, debemos estar atentos e preparados por se alguén vén pola Coru en Plan Director.....non vaia ser o demo!!!!!!


ALMODÓVAR: Agflsss.......Pues a mi se me ocurre convertir el Porrete ese en un parque temático con molinos manchegos...muchos...pintados de cutre y hortera....y una estatua de mi madre de diez metros de altura, ataviada como si fuera la Vírgen del Rosario, o la del Rocío, o la del Carmen, o la de Triana, la del Perpetuo Socorro, la Dolorosa, la Moreneta....Ya veríamos dónde ponemos a Penélope!!!!


PENÉLOPE: Peeeeeeeeedrooooooooooooooooo....mira que te doy!!!!!!!


ÁLEX DE LA IGLESIA: Pues yo, si me dan pastuca gansa, os la lío ahí como en El Día de la Bestia....con Segura, las Torres de Kío y todo el berenjenal demoníaco ese!!!! Coruña rabuña con el 666!!!!!


MALAMADRE: Non me joder co tema do Parrote, que se fai falla arréovos unhas hostias das que ides berrar Malamadre Nunca Máis!!!!!!!

Aburete, tribulete!!!!!!

Katanga-Koruña, o blog coruñés máis confidencial!!!!!


Estamos de noraboa neste humilde e sen embargo paupérrimo barrio de Katanga. Os responsables (é un dicir) do diario dixital Galicia Confidencial decidiron, baixo a súa exclusiva responsabilidade (é outro dicir), empregar este noso blog insurrecto como unha das súas referencias á hora de informar sobre a nosa cidade katangueira: A Coruña, coa súa área de influencia mediático-metropolitana!!!! GRACIÑAS!!!!!

Nesta captura de aquí abaixo podedes observar como hoxe, 16 de decembro, a nosa anterior entrada pode ser consultada desde a súa portada, dentro da información de exclusiva referencia coruñesa. Ai, qué emocionante!!!!!

Así que...ala. Animádevos a consumir medios de comunicación galegos, como este que nos ocupa e preocupa, porque, se polos medios madrileños fose.....o país katangueiro todo estaría pendente do último peiteado de Guti, das zapatillas con olor a alcanfor de Dona Espe ou das estupendas corridas (non, carafio, esas que pensades non!!!) do último, que non derradeiro, niñato andaluzoide e/ou folcloroide!!!!!

Aínda podería ser peor. Poderíamos atopar á Executiva Nacional dos Sith dándonos leccións de ética desde as páxinas de sociedade dalgúns deses diarios independentes madrileños que emiten a favor do Partido Popular. Por qué non actúa contra eles Ramoncín e lles fai pagar a intemerata por empregar as túnicas do lado escuro da Guerra das Galaxias??? Por qué, por qué???? Onde está George Lucas cando se lle necesita????

CONFERENCIA EPISCOPAL: Por los gallumbos milenarios del Emperador que no disponemos de un sólo chú para hacer frente a más gastos hasta que Dark Vader acabe de pagar la Estrella de la Muerte.....en el 2127!!!!!! O hasta que Lord Rajoy nos devuelva aquello que le prestamos!!!!


RAJOY: Xanta Rita, Rita, Rita.....lo que xe da no xe quita!!!!


Madriz Madriz, Villa y Corte (ou cortello). Rompeolas de todas las Katangas!!!! Prepararse se este ano non levanta a Copa da Liga o Irreal Madriz!!!!!


KATANGUEIRA: Eu, en previsión, xa me collín un apartamentito de solteira en Marte. Éche máis coqueto........
CHUQUELO: Chachi que si!!!!


Medidas extremas do Concello da Coruña ante o aumento incontrolado da inseguridade cidadá!!!


by Katangueiro


Parece ser que os blogs veciñais coruñeses reunidos na Santa Cruzada contra este antinatural Goberno Municipal de Marineda acaban de apuntarse o maior logro da súa aínda recente e alícuota historia: o Concello da Coruña, a través do seu Departamento de Seguridade Cidadá, acaba de contratar a estes especialistas na loita contra o narcotráfico, a venda de armas, prostitución e/ou liberdade de expresión: a división Cochese.

É que, últimamente, hai que recoñecer o incrible aumento da inseguridade cidadá na nosa cidade. A saber: falsas acusacións de violación e abuso por parte de rapazas para ocultar non sei qué aos seus pais (Rosales), vídeomontaxes de algaradas con contido só para adultos (Novomesoiro e Castrillón), denuncias de ameazas "desveladas" entre administradores de blogs (Ventorrillo), prostitución e narcotráfico a plena luz do día (Ensanche), zonas peonís máis amplas para que os manguis rouben e logo escapen con máis facilidade (Agra), rapazas que abortan por doquier, os Sex Pistols que ameazan con volver...de novo, os obispos en plan macarra ou os comerciantes da Rúa Barcelona, que non saben xa se convocar tamén eles un referendo independentista como no resto de Catalonia!!!!!

SEX PISTOLS: Fuck you, Katangueiro.....No future for Episcopal Conference!!!! (La SGAE les advierte que si se bajan las canciones de los Sex Pistols, no importa lo desagradables que sean, el que va a cobrar es Ramoncín o, en su defecto, Juan Pardo, Teddy "Bear" Bautista o algún rancio de esos)


Bueno. Aquí deixámosvos o vídeo promocional deste equipo que, como se pode comprobar perfectamente, xa está a actuar polo barrio do Ventorrillo e arredores de Penamoa. Logo seguimos dando estopa:




Impactante e tranquilizador, non?????? Por fin os asustados e/ou asustadizos veciños coruños poderán durmir tranquilos!!!!!


OBISPOS ESPAÑOLES: Sssssi, claro. No dudamosssss de lasss capacidadessss de essstosss chicossss en temassss como el de lasss dorgassss y lasss meretricesss, pero a lasss que hacen "cosassss" y luego abortan hay que enviarlasss al infierno junto con lossss que lasss apoyan!!!!!


BONO: Con la cantidá de añoj que llevo cantando cancioncitaj en U2, defendiendo a ejtaj gentej de Dioj, creo que no me merejco ejte trato de loj obijpoj ejpañolej!!!!!!


Claro que non, señor Bono. O que ocorre é que isto que está pasando na Coru xa pasou hai anos noutros lugares de europa, coas terribles consecuencias de sobra coñecidas. Vexamos algúns exemplos extraídos dos argumentarios de certas forzas políticas centroeuropeas.....a ver se atopades as diferencias!!!!!!:

"Sus partidarios declaran que no tienen ideología. Esto es claramente un fraude, ya que todo partido necesita una ideología".

"Llegan a la sociedad con mensajes populistas. Pero no cualquier mensaje que pueda ser aceptado por la población sino aquellos que surgen de un estado visceral; como por ejemplo la pena de muerte para terroristas, narcotraficantes y violadores o el tema de la inmigración (inseguridad ciudadana)".

"... ven como un problema que se construya una mezquita en cada pueblo (por ejemplo), lanzan mensajes como primero: «los que aquí» para recibir prestaciones viviendas, etc., aunque se pasen por encima de los Derechos Humanos".

"Su éxito político cíclico parece deberse a una cierta atonía de los partidos democráticos. En todos los países los dos partidos mayoritarios, los que pueden gobernar, suelen tener políticas muy similares, por lo que el ciudadano no ve alternativa y tiende a abstenerse o a votar a partidos que le ofrecen alternativas, aunque sean demagógicas".

E, por último, fixádevos nisto de aquí (non vos asustedes polas semellanzas, avisamos):

"Los caballos de batalla políticos (...), que les dan votos, son la inseguridad ciudadana y la inmigración. Son «problemas» muy inmediatos que el ciudadano ve en la calle. Ya que cuando se habla de inseguridad ciudadana no se están refiriendo a los grandes delitos sino a la pequeñas delincuencia. Su solución es meramente policial, y ahí es donde está la demagogia, ya que tratan las consecuencias en lugar de las causas. Además, para ello ponen en peligro el régimen de libertades que conforman un sistema democrático".



LOSADA: Buenu, buenu, buenu....lo que yo digu. Aquí hace falta que los ayuntamientus asumamus plenas competencias en materia de seguridá....Así ya veríais, ya.......


KATANGUEIRA: A ver, neno. Deixa xa dunha vez de falar de cousas serias e faime unha masaxe por aquí, que teño hoxe as cervicais que a Divina Pastora mas protexa!!!!!!

Ufflsss........En fin, delfín. Que teño cousiñas que facer...Aburete, yogurete!!!!!!