Páginas

La Voz del Amo. Ética y Tétrica.


Ante outra mostra de triste e patética desvengoña e falta dos máis mínimos valores morais ou éticos, os que este señor presume defender "a capa y espada", reproducimos aquí o correo que lle enviamos ao señor Santiago Rey Fernández-Latorre despois de deglutir o seu novísimo e extenso artigo de opinión titulado La Voz de la Calle


Ética y Tétrica:

"Hay que tener desvergüenza para venir a darnos lecciones de ética quien más propició la vuelta de los más rancios, en lo político, económico y cultural, a la Xunta. Un paso atrás para tod@s los que creemos en este País y en sus posibilidades. Para tod@s los que creíamos en un anterior gobierno que no vendía nuestro País por dos pesetas, ni a Pescanova, ni a Fenosa, ni a Endesa ni a CajaMadrid. La clase de País que el señor Santiago Rey no podía, ni puede, soportar. De ahí su obsesiva cruzada contra el señor Quintana, que, más que un ex-vicepresidente, pareciera que gobernase este País con mano de hierro durante dieciséis años, dilapidando en caciquismos y “paparotas” los cuartos europeos que debían destinarse a nuestro progreso conjunto. No, ese señor era Don Manuel, y su partido, el Partido Popular. El partido que cierra servicios públicos para potenciar a sus “coleguillas” de la sanidad privada con el aplauso de SU MEDIO, de su empresa. Me alegro, aunque es bien triste, al saber que personas próximas al señor Santiago Rey padezcan hoy en sus carnes los cambios producidos por las políticas que el PP está trayendo a Galicia. No siempre pagan los pobres, supongo. Alguien tiene que pagar este desmadre de desgobierno, pues de lo único que se encargan los “Feijoo-boys and girls” es de deshacer lo hecho por otros, o sea, de desgobernar lo que otros gobernaron. Ánimo en su cruzada. Que usted, y los suyos, lo paguen bien, que los demás ya lo estamos pagando.

Katanga Koruña………………………….ad libitum".


Son un pobre Katangueiro.......

....Ai...pero qué romanticón que estou!!!!!!



Soy un Pobre Granaino ( Colombianas )

Soy un pobre granaíno
que vive en la serrania y de noche bajo a verte
porque no puedo de día
y si de mi dependiese, nunca te abandonaría.

Sabes que por quererte me estoy jugando la vida

en lugar de darte pena en lo que queda de día.
nadie va a quererte nunca como yo a tí te quería,
en lugar de darte pena en lo que queda de día.
nadie va a quererte nunca como yo a tí te quería

Una rosa en un rosal es mucha fantasia
y el viento y la deshoja ya estará rosa perdía.

una rosa en un rosal
es mucha fantasía

mira el viento
y que la deshoja
ya estará rosa perdía.

una rosa en un rosal
esto es mucha fantasía.



Noroeste Pop-Rock: a modo de pequeno resumo e......vacacións!!!!!!!!



Entre que xa van tocando uns diíñas de vacacións katangueiras, as festas coruñesas enfían a recta final, e o grao de intoxicación, terxiversación e vil manipulación da prensa local acadou este verán tintes máis neorealistas e kafkianos que surrealistas (faltoulles picardía e diversión e sobrou mala leche e desinformación interesada), decidimos tomarnos unhas boas vacacións ata finais de mes non sen antes deixarvos un " a modo de pequeno resumo" do que veu acontecendo nesta cidade os últimos corenta días, máis ou menos. Pa qué??? Pa ná!!!!! Para que quede constancia aproximada en forma de croniquilla.......porque non vexades o que fai o meu ordenata cada vez que quero descargarme algunha nova relativa a esta edición do Noroeste Pop-Rock:


PC KATANGUEIRO: "Mira, mira o que fai o porco do teu PC coa última crónica do Festival que querías descargar!!!!"

É que non é para menos!!!!

Uns, a Voz de Galicia, aplaudindo coas orellas todas as ocorrencias de Garcés e os seus coleguillas de cuadrilla. Todo sexa por facere dano ao actual goberno local. É que xa coñecemos as "preferencias" políticas e os intereses de Don Santiago Rey Fernández-Latorre, como puidestes ler AQUÍ, nun excelente artigo do amiguete Pacotrón.

Outros, a Opinión (¿?) da Coruña, inventando as crónicas do Festival con todo o que estaba caendo!!!!! Xa retiraron a da primeira xornada, pero creo que podedes aínda ler os comentarios POR AQUÍ

E o Ideal Gallego......ni fu ni fa. Quen o le?????? Este medio chegou a considerar máis que positiva a edición deste ano, pois contentou a todas as idades....Pero, por qué o Noroeste Pop-Rock ten que contentar a todas as idades??? Benicassim contenta a todas as idades??? Ortigueira contenta a tod@s??? O Festimad??? O Primavera Sond???

Vexamos os diferentes públicos que pasaron polo Noroeste:

PRIMEIRA XORNADA: Mistura de trinta-corentóns con seguidoras dos multipremiados grammylatineiros de Calle 13.


SEGUNDA XORNADA: Pois iso....qué esperábades?.


TERCEIRA XORNADA: Pois iso...o que era de esperar. O público dun típico Noroeste.

E agora digo eu: as dúas verbenas que se celebraron na Torre, o Certame de Habaneras ou de Casetas Regionales, as tres orquestas que tocaron ao unísono no Paseo Marítimo, os bailes que se organizan durante todo o ano nos Centros Cívicos, a verbena do Centro Cívico dos Mallos para o 18 de agosto, a Romaría de Santa Margarita, as actuacións da Banda Municipal.............SON PARA TODOS OS PÚBLICOS???? SEGURO???

Aí queda a pregunta.

Pero vaiamos por partes. Sigamos unha mínima orde cronolóxica, que xa nos estamos perdendo, Katangueira!!!!!!!!

O certo é que as cousas non pintaban xa moi ben a comezos de xullo. A Torre de Hércules acababa de ser nomeada Patrimonio da Humanidade. Anunciárase no contorno da Torre un concerto para o 4 de xullo. Tocaban Cat People e Krakovia dentro da programación de Caixanova na Rúa. Pero, claro. Non podía ser tanta felicidá. Cambiouse a actuación por unha verbena e trasladouse o concerto de Pop-Rock a un lateral escondido, camiño do Mar Exeo. Disto falouse sobremaneira AQUÍ. En resumo. Unha indecencia. Un atraso. A prensa literalmente ocultou a existencia e a nova ubicación deste concerto en beneficio dunha verbena protagonizada por dous rapazotes saídos dos peores pesadelos do reggaeton e dúas neniñas con ben pouca roupa deleitando, cos seus movementos sexis, a unha parroquia formada, na súa inmensa maioría, polos seus abós e bisabós!!!!!

"Non, se aquí o que hai é moito enfermo......a ver, diga trintaetres!!!!!!"


E, nestas estábamos, cando chegou o Coronel Garcés e mandou parar.....

A finais de xullo preséntase o Programa de Festas da Coruña 2009. Unha vez máis comprobábase a pouca orixinalidade e o escaso atrevemento dos programadores, á par dunha máis que psiquiátrica insistencia na mesma programación ano tras ano.....cun agravante: o Noroeste Pop-Rock volvía contar con grupos que viviron mellores tempos e....Raphael+Consorcio. Toda unha provocación!!!!!!

Os acontecementos dispáranse. Créase a páxina de facebook No estoy de acuerdo con el cartel del Festival Noroeste Pop-Rock`09, e pouco despois o blog Salvemos o Noroeste Pop-Rock. As adhesións a este movemento educado de protesta amplíanse día a día grazas ao boca a boca....(Cómo mola o boca a boca. Eu practícoo todos os días...que podo!!!!).

Como todo o que pode empeorar empeora, a conta dunha entrevista aos promotores da protesta na propia praia de Riazor, a Voz de Galicia...ese diario...desvela a nova do verán: membros do BNG, entre eles unha concelleira, forman parte da protesta no facebook!!!!! Ai, qué cousas teñen os membros do BNG!!!!! E, claro, Garcés dispárase no pregón taurino, arroupado polos coleguis de cuadrilla que o "arrodeaban", apuntando aos promotores da idea como "aqueles que só casan en galego". Gran pecado!!!! Podendo casar só en castelán ou español, home, que indecencia e vulgaridade.....Vamos, que os causantes da protesta eran do BNG. Nacionalistas resentidos.

Frikis con solera: o caso Garcés

O punto máis surrealista púxoo o pregoeiro taurino traído a tal efecto, Don Vicente Zabala.

"Yo sólo vine a comprar pan, y me enseñásteis el Corán..."


"Yo sólo vine a comprar pan, y me enseñásteis la cumbia y el jazz....". (Jazz...quen nos dera....)


E con garcés xa desbocado como torito en chiculinas, facendo burla de U2, Leonard Cohen, Bruce Sprinting e Lou Reed....aí é nada....pasou o Noroeste Pop-Rock máis verbeneiro de todos, como se non chegase co día da Batalla das Flores, si, esa batalla onde supostamente se tiran caramelos para os nenés e que tes que pelearte cos rancios e jubiletas para coller un....que chegan mesmo a empurrar aos críos con tal de pillar cacho!!!!! Pois ese día, TRES ORQUESTAS TRES en todo o Paseo Marítimo!!!!!

Moitísima máis xente que na protesta de María Pita contra o cartel do Noroeste, claro, o que demostra que o que quere a xente é a Garcés!!!!! Bueno bueno bueno....non quero aquí mencionar aquilo de "Come merda, millóns de moscas non poden equivocarse!!!". E falando de moscas e merda......


"Animo a todas y todos los lacoruñeses a acudir este año al Noroeste Pop-Rock, especialmente el día del Consorcio y Raphael!!!"

Si, Carlos Marcos, ese exemplo de integridade política: primeiro anuncia unha candidatura para as municipais de 2007 auspiciada por Cidadáns, logo pásase ao Partido Galeguista, en paz descanse, para, rematado o despropósito, formar outro enguedelle con Corcova chamado Unión Coruñesa.....qué orixinal.


Para colmo de despropósitos e supino insulto á intelixencia, o Garcés vai e suma o público asistente aos tres díase...catapum!!!!, o Noroeste con máis público da historia....ghrande mentira, amiguiños, pois só o dia de The Cure a mesma, a mesmiña organización calculou en 70.000 as persoas presentes. O doble que os ex-mocitos e Raphaelillo!!!! Pero así son as contas desta edición, ao mododas corridas de touros: dúas mil cincocentas persoas, por tres días, igual a sete mil cincocentas persoasque foron ás corridas.....Eu penso que son dúas mil cincocentas que compraron o abono dos tres días, pero bueno......

Para o ano, de insistir na aposta verbeneiril, propoño o seguinte:



Pero como o último de Garcés xa está ben comentado
AQUÍ, e a Katangueira xa se me está poñendo nun plan que....como comprenderedes....colócame nunha delicada situación....


KATANGUEIRA: "Qué, pasmarote, colles ou non colles unhas vacacións para perdernos por aí ti e eu sós, sen Garceses nin Crespos, nin Vozes, nin Zabaleses, nin Noroestes nin nada de nada????"


EN FIN, DELFÍN. QUE EU COLLO, EU COLLO.............ABUR E ATA SETEMBRO!!!!




Fotos+Vídeos da concentración "Salvemos o Noroeste Pop-Rock"

















Agradecer á Katangueira as súas fotos e vídeos, xa que o Katangueiro ía de artista e non podía estar pendente de todo, coño!!!!!

A BOA NOTICIA: conseguiuse, por vez primeira, que o tema da sensibilidade para coa música que NOS gusta ocupe portadas de xornais e noticias en radio e televisión. A guinda, esperemos, é a promesa do Alcalde en que non volverá pasar....e terá que pasar un ano para ver se a promesa se cretifica.

A MALA NOTICIA: deberíamos ter sido máis. É importante demostrar que este malestar non é cousa de catro "inadaptados", de catro "nacionalistas" ou de catro "nacionalistas inadaptados".

O NOROESTE POP-ROCK É COUSA DE TOD@S!!!!!

"Eu non puiden achegarme a María Pita por razóns...de forza maior, pero estou con vós desde onde estou...que tampouco teño eu moi claro onde estou..."


"Un puntazo, colegas, todo un puntazo...aínda que non temos moi claro de que ía o asunto...Para o ano que vén, repetimos!!!!!"

ÚLTIMA HORA. VÍDEOS DE YOUTUBE:













María Pita...pero o Noroeste pita máis!!!!!


ImageChef.com Poetry Blender

Esta noite, vídeos e fotos da protesta......pero, por agora, quedade con este vídeo ASPECTACULAR onde podedes admirar a cantidade de xente que Xa tomou ao asalto as mellores ubicacións para seguir esta edición do Noroeste Pop-Rock!!!!!

A maiores, podedes tamén admirar a perna da Katangueira, marcándose uns pases de baile ao son do "Cha cha cha del tren". Riazor on the top!!!!!!