(Esta entrada é continuación de HOLIDAYS IN THE SUN)
Se para achegarse a un lugar debes percorrer unha autovía que, en ocasións, colga tan directamente sobre o mar que a unha beira contemplas o Mediterráneo e á outra un faro, non poderás estrañarte de que os chiringuitos de praia estean instalados NA PROPIA PRAIA. Isto ocorre na Costa del Sol, máis concretamente na provincia de Málaga. No Concello de Marbella a rede de sumidoiros atravesa as súas numerosas praias formadas por area escura e seixos africanos a partes iguais. "Eh que lah alcantarillah estaban anteh", dirá un lugareño se preguntades. O Katangueiro pregunta moito pero, ás veces, é mellor non saber.
Baixo a praia, entón, está o formigón. E baixo o formigón? Pois a praia, que vai estar!
Queremos praia, queremos paseo marítimo e queremos piso con vistas, pero todo non pode ser. Polo menos, sen pagar un alto prezo. É Puerto Banús un porto deportivo privado onde multitude de novos ricos, e varios aspirantes a selo, pasean os seus complexos deleitándose coa contemplación de embarcacións de recreo que ben semellan trasatlánticos a escala 1:43. Dá vergoña allea. Nas súas praias máis próximas, cando sube a marea, poden verse sumidoiros no medio do mar. Qué difícil é esconder a merda!!!!!
Os Gil, Roca, Cachuli and company deixaron profundas cicatrices nesta parte da costa malagueña. Hoteis que nunca se remataron por falta de axuste á licencia, párkings de tres pisos inutilizables por carecer de toda legalidade, obras de restauración paradas a medio facer por trapallada urbanística...ata hai rúas como as rúas estreitas da Agra con edificios de dez alturas a ambos os dous lados!!!! Como en Katanga...levanta pisos e anda!!! Pero, sendo xustos, tamén chama poderosamente a atención o coidadiño que está o casco histórico de Marbella. "Un vazurero anteh de Gil", cóntannos. Mira que lle dixen ao Katangueiro que non era bo preguntar...sempre.
Tamén destaca esa zona polo bo gusto en canto á decoración floral e vexetal que descubrimos aquí, alá e acolá. Pública ou privada, a iniciativa natural e colorista non ten parangón polas nosas latitudes galaicas. Durante o día emborracha o aroma do xazmín, vencido sen condicións pola Dama de Noite ao caer a escuridade. Abraia a combinación de palmeiras nos Paseos e eucaliptos dentro das praias pensados para aqueles que procuran algo de sombra nos días en que os termómetros NUNCA NUNCA baixan de 27 graos. Se te curras ben a foto, parece un paraíso.
Moi perto de Marbella están as vilas de Ronda, camiño de Sevilla, e Mijas. Son estas dúas vilas tan cariñosamente consevadas que non atopo comparanza entre as nosas. Digamos que están máis e mellor conservadas que a aldea dos Ancares máis e mellor conservada que coñezades. Sitúanse en partes altas dos montes septentrionais, a non moitos kilómetros da Costa. Non veredes alí edificio algún que rache coa horizontalidade do seu urbanismo. E cantas flores!!!!!
Existen diferentes formas de enfrontar o fenómeno do turismo. Mesmo con fórmulas exitosas que non supoñan a destrución do patrimonio. Podemos velo en partes do Alentejo e Algarve. Tamén pervive, de certo modo, en determinados lugares da Costa do Sol. A súa antiga liña mariña estaba protagonizada polas continuadas prais, as pequenas dunas próximas e o monocultivo da cana de azucre. Salpimentadas, pequenas casiñas brancas advertían da presenza de actividade mariñeira. Foron os primeiros chiringuitos.
KATANGUEIRO: Baixo a praia estará o formigón, káustico amigo Pacotrón, pero sobre a area está o chiringuito...que non todo vai ser malo!!!!! Niñooo, una Campofrío, plis!!!!!
Recomendáronnos visitar a igrexa da Nossa Senhora das Salas, en Sines. É unha capela algo morisca ou bizantina que ten unha relación con Vasco da Gama, o navegante. O que non poderíamos imaxinar é que o máis interesante se atopaba fronte a fronte do adro da capeliña. Un vello edificio, agora en desuso, expoñía a súa máxima anarquista pero, facédeme caso nesta ocasión, totalmente real. Aquí vos agasallo a foto:
E aquí o temilla musical relacionado:
Abur, yogur....
















