Páginas

"Humanistas" en María Pita



Resulta moi estimulante, á vez que sumamente atractivo, desapegarse do mundanal ruído e, místicamente, sobrevoar coas ás da imaxinación, da ilusión ou da idiotez personificadas.

Que por qué dicimos isto?. Pois porque en pleno 2009, xa pasado o subidón oitenteiro que nos empurraba ao experimentalismo puro e duro, caese quen caese, resulta INADMISIBLE que un Concello como o da Coruña abra as portas -unha vez máis, todo hai que dicilo-, a unha organización política excesiva e preocupantemente discreta co seu organigrama e funcionamento e denunciada en varios Estados por actuacións sectarias....En roman paladino: por comerlle o coco á xente.

Que un concelleiro de Educación como Garcés, que entende necesario discutir coa Xunta por un "quítame allí tres colegios con goteras" en vez de actuar RADICALMENTE E PASARLLE LOGO A BOLETA a esta "sacra" institución galaica, en tanto os nenés asisten a clase con chuvasqueiro de chino, dedique os seus esforzos a amparar unha cadea humana que, máis que humana a secas diríamos "humanista", por estar apoiada e organizada exclusivamente desde este colectivo, a través dunha suposta rede de Escuelas Humanistas ou de personaxes xa coñecidos como Rubén Sánchez, e mesmo se chegue ao caso insólito de ver cómo esta xente dá toda unha rolda de prensa no Palacio de María Pita.....non sorprende. O de Garcés, digo. Non sorprende en absoluto.



Clásico carteliño promocional onde observamos o logo da rede de Escuelas Humanistas....o que nos faltaba despois do da Galiña Azul!!!!!!!!


UN APARTE: Carlos Reguera, coordinador desta cadea, ten o seguinte correo electrónico: carloshumanismo@hotmail.com, que nós facemos público pois é un dos que se fixeron públicos para contactar con esta iniciativa.

Pero o que máis sorprende dunha iniciativa así é que a propia Concelleira de Servizos Sociais, Silvia Longueira, se ofreza tan xenerosamente a colaborar cuns oportunistas que, ALUCINA VECINA, misturan violencia de xénero con armamento nuclear!!!! "Por un mundo sin armas nucleares ni violencia de género", semella que vén defendendo esta iniciativa..... E Silvia Longueira vai realizar unha intervención in situ. Está ben o asunto. A ver cómo o explica. Xa teño ansia.

Sen armamento nuclear, polo menos poderemos seguir dando "paos" por aí.

Se xa o dicía Einstein, ese violinista: "non sei cómo será a terceira guerra mundial, pero si que sei cómo será a cuarta: a pedras e paos!!!!"

Abur, yogur.

Non o di o Katangueiro, que o di Laureano López en La Voz de Galicia


Kafka en la orilla... de los barrios de Eirís y Mesoiro
15/11/2009 Actualizada a las 10:24 h
Valoración (2 votos)
Les hubiera compensado no celebrarlo, pues seguro que decenas de familias festejaron hace ya más de año y medio la consecución de una vivienda de protección oficial. No sería para menos. El caso es que quienes consiguieron un piso conforme a derecho no pueden ocuparlo por culpa del «Klaus» y la xenofobia. Las administraciones, tan diligentes en pasar el cepillo, han de resolver ya tamaña «kafkada».

ÚLTIMA HORA: Gracias a Msarkadina, que nos recomendou o enlace, podemos poñer cara aos adxudicatarios AQUÍ MESMIÑO, NA VOZ DE GALICIA. Hai que recoñecer o que hai que recoñecer: a VOZ portouse aquí de p. nai cunha xente que, ata agora, era anónima ou "sospeitosa". De todo haberá, por suposto, pero desta xente hai abondo seguro. Como di Tamara nun comentario deste blog, esperemos que todo se resolva pronto e ben para eles.

Eu, pola miña parte, teño que lamentar profundamente o ton empregado polo Katangueiro na súa disputiña cos administradores do Blog do Castrillón. Non é o talante xeral de Katanga Koruña nin o debe ser. A vida con humor, con ironía e mesmo sarcasmo é a forma que temos polos altos da Agra de interpretar o noso entorno. Intercambiar descalificacións non nos é propio nin queremos volver repetilo.

Agora ben, seguimos pensando que os contidos e o seu tratamento no Blog do Castrillón son os mesmos contidos e tal cal o tratamento que se desenvolve en varios foros e que só é a punta de lanza do que lle espera á nosa cidade se o Partido Popular chega algún día á Alcaldía (que algún día será, está claro). Non quero dicir que estes administradores en concreto, os do Castrillón, sexan militantes do PP, que o poden ser perfectamente, por suposto, e a moita honra. O que discutimos é a política que desenvolve o PP na Coruña, que é fariña doutro costal e está enfadando a moitísima xente, farta xa de escoitar segundo qué cousas.

Non queremos pontificar, así que vos convido a visitar ese blog para que leades por vós mesmos e mesmas declaracións cívicas, propias dun espazo de liberdade ao servizo do barrio do Castrillón, como éstas:


"Aquí tamén vivimos veciños de A Coruña. Aquí tamén pagamos impostos,e como cumprimos coas nosas obrigas, esiximos que se respeten os nosos dereitos. Aquí tamén temos voz. E voto".

"A Longueira nos desorbita. Se ó Concello non lle importa nada o Barrio, a Silvia Longueira importámoslle un pemento".

"Ó Concello non lle importa o noso Barrio". "..Xa estamos vendo canto vale a palabra destes políticos" (os do Concello, claro).

"Non podemos consentir que venza o "lado escuro". E polo de agora parece que o vai conseguindo". (Incrible. Os representantes eleitos polos veciños son o lado escuro. Os administradores dun blog unidireccional e unitemático son os defensores da LIBERTADE.)

"Demasiados mans neghras... Algo cheira moi mal". (Efectivamente, algo cheira moi mal)

"...onde centos de veciños debateron sobre o polémica da adxudicación de pisos a chabolistas". (E logo din que non manipulan...Dos 256 adxudicatarios de vivenda PÚBLICA, vinte son procedentes de realoxos. Só algúns deses vinte son chabolistas....)

"Mentres, os veciños dos barrios afectados e os adxudicatarios das vivendas cada vez máis nerviosos e desesperados". (Home, non van estalo, se estades TODO O DÍA trabañllando por iso!!!)

"Estupenda base para que o proceso de integración obteña os mellores resultados, si señor". (Recollemnos a ironía. Efectiuiuonder, este non é o mellor ambiente para un proceso complicado como éste).


"E no Castrillón non somos racistas, somos un barrio integrador e multicultural. Pero non queremos guetos que poidan vir a desequilibrar a integración e a convivencia que tanto nos custou acadar". (O mellor de todo. Non son racistas, pero xa saben de antemán que estas familias serán malas...moi malas...)

"No libro da señora Longueira non aparece o apartado de seguridade cidadá, porque NO LE TOCA¡¡¡¡. Eso xa o sabemos. Nin a ela nin ós outros políticos fixo que non lles toca, a quen nos toca é ó resto dos veciños que padecemos a falta de seguridade, e non temos escoltas". (Pero de qué falta de seguridade falan xa se aínda non se entregaron as vivendas a estes adxudicatarios???? É que xa hai delincuencia a mazo no Castrillón??? Eu non o percibín así, vamos. Inseguridade, por exemplo, hai en Madrid, sabes?, onde podes morrer).

"...seguen dando mostras da pouca talla política e de irresponsabilidade social, os veciños de dous barrios seguen preocupados, alarmados e indignados". (Se palabras)

" A Xunta Directiva da Asociación de Veciños O Cruceiro nos envía unha nota de convocatoria para unha Reunión informativa sobre o proceso de adxudicación dos pisos sociais. O mesmo día e a mesma hora que a manifestación do Ventorrillo. Unha mágoa". (É que queremos estar a todo, e non pode ser.....)

"Estou ata arriba de tanto mamoneo e de tanta manipulación de señoritos de pijerío que van de progres e que son tan fachas e prepotentes como para intentar deslixitimar ós que non están dacordo con eles ou cos intereses que lles marcan desde o poder, por moito que vaian de katangueiros guais". (Un exemplo de respecto....agora son un pijito!!!)

"...o post roza a ilegalidade e é demandable.... así que eu no seu lugar andaría con máis tino e con maís coidado antes de botala lingua a pacer....". (A ver....o que é demandable e roza a ilegalidade é interferir con medias verdades e mesmo mentiras completas nun proceso de INTEGRACIÓN sementando, si, sementando, medo, perxuízos e xenofobia. Alentando algaradas por unhas cantas familias ás que xa se lle supoñen feitos delictivos!!!!. Iso si que é rozar a ilegalidade!!!)

"Neste blog publicamos case todas as opinións, e digo case todas porque aquelas que atentan contra a a boa educación, o respeto e a tolerancia non as publicamos, por suposto". (Pero se acaban de chamarme eles mesmos de todo....Iso é educvación????)

"Cremos na liberdade, na liberdade de expresión e na pluralidade". (Jua, jua, jua, jua...)


Por último, deixámosvos as declaracións dun dos administradores deste blog katangueiro, a quen non lle importa desvelar a súa identidade:

Bueno, bueno, bueno...que si, que nos pasamos un poquito con los del Castrillón. Lo sentimos, pero desde fuera, al entrar en su blog, lo único que se puede leer es totalmente negatifo....nunca positifo.....Vosotros sí que sois del lado oscuro!!!


Penamoa (II): a voltas coa historia ou cómo puidemos chegar a isto???


Continuamos, e rematamos por agora, o post que deixamos o domingo pasado relativo aos singulares personaxes protagónicos desta triste e insolidaria historia. Tamén pretendemos aclararvos qué é o que está pasando nestes momentos, onde o cruce de insultos, descalificacións e enfrontamentos entre as persoas involucradas nesta campaña "veciñal" incívica demostra cómo os ventos que axitan determinadas bandeiras poden volverse tempestade para aqueles que as enarbolan.

BOLG DO CASTRILLÓN: Outro medio de difusión na rede para as prácticas demagóxicas e electoralistas do Partido Popular da Coruña. O engano radica en que baixo o nome xenérico do barrio, isto é "Castrillón", ocúltase unha web sectaria controlada en exclusiva pola asociación O Cruceiro, si, a que presidiu o concelleiro "popular" Mourelo. Normalmente adícanse a convocar algaradas contra o goberno municipal da Coruña. O actual, claro, que con Vázquez nin sopraban....Pero últimamente están metidos nun lío de proporcións xigantescas. Explícome: tanto axitaron o medo aos adxudicatarios de vivenda pública que tiñan dereito a un dos pisos que se debían ter entregado en Eirís antes do verán, que agora a súa estratexia é defender unha permuta que distribúa estas persoas, persoas que, lembremos, gañaron o seu dereito a unha vivenda pública honrada e legalmente, polos diferentes barrios da cidade, en apoio da "solución" atopada por Dieguito Calvo para saír do seu propio embrollo. Efectivamente, a estratexia de Calvo era sementar dúbidas legais ao respecto dos adxudicatarios desas listas. Agora que é Superdelegado, vai e recoñece que as listas estaban ben, polo que entregando XA as vivendas de Eirís, moitas familias, das máis humildes -entre elas algunha procedente de diversos realoxos- acabarían nese barrio axitado polas augas de Mourelo. O señorito concelleiro periga, polo que apoian a dolor a Dieguito. Pero, OH SORPRESA!!!!!, se se practica a permuta, algo ao que se opón o Concello por vulnerar os dereitos máis elementais destas persoas beneficiarias das vivendas, PODERÍAN ACABAR ALGÚNS CHABOLISTAS MESMO NO BARRIO DOS ROSALES!!!!!! TATE, NENO!!!!!!!. Se entrades no blog dos Rosales veredes o enorme cambio de actitude de Xotengo a respeito do Partido Popular e o Concello. Xotengo esta, agora, a morte con Silvia Longueira e o señor Alcalde....Cousas veredes!!!!!

Mourelo e os seus coleguillas deberían pasarse máis amiúdo polo Centro Cívico do Castrillón...a ver se se lles pega algo.

BLOG DO ENSANCHE: Sen palabras. Creado única e exclusivamente para a promoción persoal e indecente do seu "líder" ou "caudillo", o señor Gerardo Crespo. Non vale máis que para mentir, difamar ao Concello, á Policía, á xente moza, aos demócratas que non queremos ver máis ao General Mola no rueiro da Coruña, e, como xa vos indiquei, para dicirnos a todos que Don Gerardo é o führer que necesitamos nesta nosa Coruña.

Aquí botándose unhas risas.....

ERRADICACIÓN DO CHABOLISMO: Programa creado, efectivamente, para acabar dunha vez por todas cunha situación incomprensible e inasumible en pleno século XXI no corazón de Europa. O do Concello da Coruña está avalado por todo tipo de institucións e asociacións involucradas na definitiva eliminación destes poboados. Só o Partido Popular da Coruña, e elementos afíns, está en contra. Eles saberán.

TORRE-MONTE ALTO: Barrios populares da Coruña onde se levou a cabo unha masiva erradicación do chabolismo sen ningún tipo de conflito.


FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DA CORUÑA: Con todo o que está caendo, con catro fachorras mandando nas rúas coruñesas, e a súa presidencia decide que o que "realmente importa" e é un "clamor ciudadano" é recuperarmos o L de La Coruña, que denominan da Liberdade.....qué curioso. Cando se IMPUXO o nome oficial da cidade como La Coruña, ninguén tivo LIBERDADE de elección. Os vintetantos anos de goberno vazquista foi a ÚNICA fórmula válida para o AYUNTAMIENTO.....Onde estaban estes valedores sociais???? Son conscientes de que o que é un "clamor ciudadano" é a súa falta total de empatía social e a súa incapacidade para xenerar opinión e influír no devir cotiá da cidade????


Cómo está o patio hoxe mesmo??? Preparádevos:

1. Os Rosales está en contra da permuta e do PP porque lles pode tocar algo do "gordo".....e "al lorito" do que solta Xotengo sobre o actual presi de O Cruceiro: "Se dice por ahí que el presidente de la Asociación de Vecinos de O Cruceiro iría a vivir a un edificio que está justo al lado del que la Xunta entregará próximamente a los adjudicatarios del concurso público de viviendas de protección autonómica y de ahí vendría el trato de favor que el PP le estaría intentando dar a esta Asociación, de la que salió el último Concejal del Partido Popular en A Coruña, el señor Mourelo".

2. A asemblea de veciños de Novomesoiro decidiu apoiar as permutas, para ver se libran dalgún....pero o presidente xa dimisionario defende o dos 112 para Eirís. A asociación está hoxe rota, por non dicir liquidada. O barrio dividido. As algaradas protagonizadas polo sector máis radicalizado e, con todo o respecto, analfabeto e indocumentado. Esta noite, na súa asemblea de rigor, seica dimite "oficialmente" Óscar Mena de Presidente da Asociación de Veciños de Novomesoiro.

3. O Ventorrillo, a través do seu blog, está que trina contra Novomesoiro e pode ter problemas con Rosales, pese a que eran tan amiguiños da alma ( por exemplo, ambos os dous amiguetes do blog do...Castrillón!!!!! ). Claro, e retroaliméntanse uns aos outros cos seus post. Por certo, o último últimísimo último deste administrador ventorrillense: manipula e corta os vídeos das algaradas veciñais para eliminar as "aportacións" linguísticas dalgún dos manifestantes.....todo pola causa!!!!
Última hora: estes de abaixo e os de O Cruceiro volverán coincidir nunha manifa nos próximos días. Todos contra o Concello e a favor do PP. Mentras tanto, o PP que goberna a Xunta a eliminar servizos sociais cada día. Agora tócalle ás oficinas de Igualdade e Benestar. A ver se algún destes non precisa mañá dese tipo de servizos e se atopa con letreiro de "pechado por reformistas"!!!!! É o que se merecen.....

Boísima imaxe que recrea, en toda a súa crueza, o perfil dos alborotadores comeza a ser inquietante.....


4. O Cruceiro adícase a atacar a todo aquel que discrepe coas estratexias do Partido Popular. A súa baza é o blog. A baza das persoas civilizadas do barrio é que son maioría. A pregunta é: cómo permitimos que estes personaxes "ocupen" os nomes dos barrios conseguindo transmitir a súa visión a todo aquel que introduza os nomes destes barrios en Google, por exemplo. E, se non, facede a proba.



Ao final desta historieta, resulta que a día de hoxe chegamos a un punto onde está totelmente demostrada e confirmada a práctica da censura para os comentarios que non "interesan" aos diferentes administradores nos blogs de Rosales, Novomesoiro e Ventorrillo. O caso curioso de Novomesoiro, onde o creador e administrador do blog tivo que abandonalo ao perder o control sobre o que se publicaba e censuraba, amosa ata que punto puido chegar a ambición política que guía a determinados personaxes vencellados, hoxe, en grande ou total medida ao Partido Popular da Coruña.

Vivir para ver.....

Déixovos aquí o último comentario que enviei ao blog de Novomesoiro hai tres días, en canto souben do "golpe de estado" que lle montaron ao administrador, e que non pensan publicar. Perigosísimo e malsonante, como veredes:

"1. Administrador: Non imaxinas cómo lamento toda esta situación. Verémonos no Foro, por suposto, pero non podo evitar entristecerme pola túa decisión.

2. Ao barrio todo: Desde Katanga, amañade os vosos problemas e unídevos para CONSTRUÍR un barrio mellor, que seguro que é o que vos une a todas e todos.

3. Sobre as protestas polos realoxos: Lembrade que hai protestas pola POLÍTICA DE REALOXOS porque HAI política de realoxos, cousa que non ocorreu nos vintetantos anos anteriores, co Alcalde vaticano, auténtico xenerador do problema. Moitas das persoas que vos apoian nas vosas críticas a esta política son admiradores deste home, e algunhas, como a presidenta do Ventorrillo, COMPARTIRON lista ao Concello. Daquelas, non se organizaban no barrio algaradas contra o “Alcalde”, se non que sempre se lle recibía con flores e alabanzas, e con esa retórica engominada propia do trato que dispensas os “servos” aos “señoritos”.

4. Sobre a política de vivenda pública: Non é boa cousa, isto dígoo con cariño absoluto, poñer en dúbida estas políticas nun barrio amparado precisamente por estas políticas. ¿A conta de qué habería xente moza comprándose un piso por MENOS de 500 euros ao mes sen as polñíticas públicas de vivenda?? Se mandasen algúns dos vosos “falsos” amigos….non vos chegaban 900.

5. Sobre o futuro: Teño que recoñecer unha profunda envexa polo futuro que vos agarda co Centro Social, a Polideportiva e o Centro de Saúde. Todo isto axudará, seguro, a consolidar e mellorar o barrio. Aproveitádeo. Nós temos Katanga desde 1966, e mirade o que nos costou conseguir todas e cada unha das escasas dotacións das que dispoñemos: Non hai polideportiva, o Centro Cívico, social ou o que sexa, por fin en 2012….e gracias a que temos pertiño o Centro de especialidades do VENTIRRILLO, que como o seu propio nome indica, ignaugurouse a conta dese novo barrio, e de segundas, para atendernos.

6. Sobre o futuro (II): Estade enriba da Xunta para que cumpra co barrio e a cidade e amplíe, como é a súa obriga, o número de prazas escolares en escolas infantís".

NOTA URXENTE: Podemos confirmar que este comentario xa está visible no blog de Novomesoiro. Semella que vai imperando a cordura. Alédome moitísimo.


O dito.....vivir para ver.....



Penamoa: unha historia a través dalgúns dos seus personaxes


Con tanta tinta e tantos píxeles como se levan gastado xa con este asuntillo de Penamoa, penso que ninguén foi quen de poñer, cun mínimo de orde, a cada personaxe actuante e protagónico no seu xusto lugar. A continuación, desde Katanga -cómo non-, intentaremos sistematizar un pouquiño a escasa información veraz da que dispoñemos, tan longa é a capacidade de manipulación e de demagoxia que nos asalta en canto se reúnen no mesmo episodio ingredientes como a heroína, os intereses inmobiliarios, o chabolismo, os calorros, a xenofobia, os xitanos xitanos, o Partido Popular, o vazquismo, a insolidariedade, o medo, os caradurillas, os negocietes da droga, a mentira, o Opus Dei -si, eses-, La Coruña Despega, as rencillas políticas e uns cantos blogs veciñais....entre outras cousas, que non é pouco.



Vaiamos por partes ou, mellor dito, vaiamos por personaxes:


PACO VÁZQUEZ: Alcalde da Coruña entre 1983-2006. Foi o responsable directo da creación do gueto de Penamoa, aloxando alí, nuns barracóns fabricados ao efecto, aos residentes do poboado chabolista da Cubela, asentados alí desde os anos sesenta, e desaloxados en 1984 para poder instalar El Corte Inglés, primeira pedra de toque do que o vazquismo tiña disposto para esta cidade: un gran centro comercial propio das cidades "elegantes" e, para o chabolismo, a política de "ojos que no ven....".
Vendeuse como unha solución momentánea, pero o certo é que o poboado foi medrando sen máis límites que os montes circundantes e a refinería....Tamén alí foron a parar chabolistas do polígono de Bens. Había un poboado moi antigo onde agora está o Trade Center.
Co paso dos anos, mentres Vázquez arrasaba elección tras elección, esta "solución" converteuse no maior punto de venda e distribución de HEROÍNA do noroeste peninsular.
La Coruña Despega foi o lema daqueles anos. O que despegou foi o valor do metro cadrado na Coruña e a imposibilidade de moitas parellas mozas de poder independizarse e vivir na nosa cidade. A comarca énchese de coruñeses. A historia á inversa.
Paco Vázquez fórrase. Agora está de embaixador no Vaticano.



XOTENGO: Administrador do blog de Los Rosales xunto con Rancilio. Non soporta a idea de que unha soa familia de realoxados acabe no "seu" barrio. Emprega o medo e a inseguridade cidadá como armas. Fixo todo o que puido e máis para gañar votos a favor do PP nas últimas galegas, pero agora está alarmado porque semella que co sistema que quere empregar Diego Calvo, superdelegado da Xunta na Coruña, pode ser que lles toque algún residente de Penamoa....ou iso di el.
Está moi relacionado co administrador do blog do Ventorrillo e coa Asociación de Veciños de Novomesoiro, servindo de amplificador ás súas algaradas contra a política de realoxos do Concello. Machista, insolidario e xenófobo a partes iguais, cre a "pies juntillas" que hai barrios de primeira e barrios de segunda. O seu, por suposto, é de primeira.



ROSA BARREIRO: Unha das nosas preferidas. Cando gobernaba Vázquez non había problema en Penamoa. Ela xa amañara a desaparición do poboado con Paco e con Mar Barcón. Editaba unha revista de "comerciantes" do Ventorrillo onde as portadas sistematicamente protagonizadas por Paco Vázquez foron sustituídas por Javier Losada.
Aspirou a concelleira, pero supoño que cristos internos do PSOE local, que non veñen ao caso, desprazáronna cara a unha imposible ubicación: o posto dezaoito. Aspiraba a entrar vía gabinete de alcaldía, pero o pacto co BNG apartouna definitivamente. Está resentida cos seus e é un xoguete nas mans do PP local e do barrio. Protagoniza as algaradas contra os realoxos empregando mentiras como que aumentou a inseguridade cidadá no Ventorrillo -a mesma estratexia de Xotengo en Los Rosales e que non está avalada por ningún informe, oficial ou oficioso, nin polo sentido común-. ou que non se está traballando -xa foron realoxadas cincuenta familias-.
Detrás dela aparecen persoas que non viven no barrio, modelo manifa pepeira: xente maior de posición media-alta, caras de mosqueo, cartelería en exclusiva contra Losada, cortes de tráfico non previstos, etc. Por alí tamén están Xotengo e A., este último administrador do blog do Ventorrillo.
Realmente, carece de representatividade no barrio. Os da asociación son catro. Están superados polo blog na transmisión de consignas. Moi superados. Quere facer dano a Silvia Longueira. Supoño que ten aspiracións.



FRANCISCO MOURELO: Antigo presidente da asociación O Cruceiro-Oza-Urbanización Soto, enfrontada ás asociacións de veciños de Eirís e Castrillón-Urbanización Soto, ás que acusou de estar ao servizo do PSOE, sendo el mesmo candidato e agora concelleiro do Partido Popular. O seu paso polo movemento veciñal, no que ao seu barrio respecta, trouxo á memoria ás manifestacións dos primeiros anos do nacional-socialismo. Emprega sen apuro a mentira e a demagoxia, aproveitándose, iso si, da xenofobia latente en moitas e moitos cidadáns cando se está a falar de xitanos. Apoiou, por suposto, toda canta mobilización se organizou desde Novomesoiro e Ventorrillo, sempre que os impactos fosen contra PSOE e BNG, como se a Xunta non tivese sido gobernada polo PP tantos e tantos anos. A Xunta, esa, a que ten as plenas competencias en materia sanitaria -incluídas as drogodependencias-. Tampouco dicía nada sobre a Policía Nacional en tempos de Aznar. Chegou a denunciar a connivencia das forzas de orde pública cos traficantes, seguindo o modelo de Gerardo Crespo, dirixente veciñal do Partido Popular que preside, a maiores, unha organización que emprega sen rubor simboloxía nacional-socialista: Alas Coruña. Por suposto, ambos defenden que as placas franquistas queden onde están......



M. A. R. (ADMINISTRADOR DO BLOG DO VENTORRILLO): A verdade é que é menos cínico que todos os anteriores. Ten metido o corazón e a cabeza en que goberne o Partido Popular na Coruña. Non vos estrañe que apareza nas listas, para nada. Excita o Ventorrillo desde o seu blog. É o muñidor das manifas que "encabeza" Rosa Barreiro. Organiza visitas dos concelleiros do Partido Popular ao Ventorrillo cada dous por tres. Móvese bastante, e fai ben, pero é un intoxicador interesado. Agora mesmo está indignadísimo cos seus coleguillas de Novomesoiro. O motivo: critican a dolor a Diego Calvo, do Partido Popular e, claro, M. A. R. non está na loita para iso. Adoita figurar no seu blog con varios nomes, así como nos demais blogs da cidade. Así parece que son máis. O seu maior disgusto, a parte das dores de cabeza da súa muller, é que o maior traficante apresado nunca no Ventorrillo era "payo".


M. A. R. pediunos amablemente que quitásemos a súa foto e a referencia ao seu nome. Di que non é home público, aínda que eu penso que si que o é, pero é carto que nunca concedeu entrevista+foto para un xornal. Nunca se "identificou" exactamente. Ben. Respecto a súa petición, xa que el respecta a miña opinión. de todo os xeitos, no mundo dos bloggers coruñeses está máis que plenamente identificado (non mo negues...).


DIEGO CALVO: Superdelegado da Xunta na provincia coruñesa e home de confianza de Carlos Negreira. Puxo en tela de xuízo as listas de adxudicatarios de vivenda pública da Coruña. Agora recoñece que non hai irregularidades. O retraso inxustificado na entrega dos pisos de Eirís pode provocar que residentes de Penamos acaben en Novomesoiro ou mesmo nos Rosales. A miseria demagóxica e xenófoba que practicou estase revolvendo contra el. En Novomesoiro fano directo responsable do que poida pasar. Antes de ser Superdelegado adoitaba dar conferencias contra as listas de adxudicatarios en asociacións como O Cruceiro, que presidía daquela o seu compañeiro de partido Francisco Mourelo.
Non ten empaque político. Semella que o PP estaría disposto a sacrificalo se sobre el cae todo o marrón. Non deixa de ser un mero economista de San Sadurniño. O seu amigo e valedor, Carlos Negreira, podería ter graver problemas relacionados coa súa xestión en Portos de Galicia e a trama Gürtel. Nos últimos tempos, semella que o protagonismo local do Partido Popular recaeu en Flores.



NOVOMESOIRO: Xoven barrio do extrarradio da Coruña. Ao final do vazquismo decidiuse potenciar a construción dun barrio que evitase a sangría de mozos e mozas que marchaban do Concello para vivir na Comarca e máis alá...Como ninguén iría a Novomesoiro pagando o que se estaba a pagar daquela, fíxose un barrio cos beneficios que dá a promoción pública de vivendas. Así é tal que hoxe hai unhas mil familias comprando os seus pisos por menos de 500 euros ao mes. Nisto, chapó. O que ocorreu é que foi un típico barrio vazquista en canto á súa estruturación: primeiro se poñen os pisos, e logo os servizos. Foi un lugar conflitivo desde o principio. Están en marcha obras de envergadura como o Centro Cívico e Social, a Polideportiva e o Centro de Saúde. A escola infantil, do Concello, non cubre a demanda mínima do barrio. O PP quixo sacar tallada a esta carencia, esquecendo que esa materia, a educación infantil, é competencia da Xunta. Contaron con grandes e importantes apoios mentras daban no coco de Losada: Blog do Ventorrillo, Asociacións O Cruceiro e O Ensanche, Federación Salvador de Madariaga.....ou sexa: M. A. R., Mourelo, Crespo e Chas. TODOS militantes do Partido Popular.
O presidente da súa asociación veciñal dimitiu vía blog, pero segue actuando como se non fose con el.
O administrador do blog veciñal abandonou estes días o seu propio blog, por intromisións non autorizadas por el, posiblemente de membros da Asociación de Veciños.
Suspenderon a II Carreira Popular de Novomesoiro por incapacidade para organizala en tanto estaban coas algaradas contra os realoxos, que xa hai tempo que se convertiron en algaradas contra o conxunto dos adxudicatarios de vivendas públicas da Xunta.
Na última concentración foron abandonados á súa sorte por toda esta xentiña....claro, o nome de Diego Calvo xa andaba rulando por aí.



GERARDO CRESPO: Dirixente veciñal, é un dicir, que preside agrupacións fantasma como a asociación O Ensanche, para a súa promoción persoal, e Alas Coruña, de certa estética nacional-socialista. Pídelle ao Concello que prohiba o botellón, pero non á Xunta, en especial a súa amiga de Opus Pilar Farjas.
É un retrógrado que mistura o seu suposto traballo "social" cos negocios. A Xunta do PP concedeulle xa algún "chope". Neste blog adicámoslle xa un "especial" AQUÍ. Está en contra da política de realoxos, do botellón, do cambio e sustitución das placas franquistas, da promoción do idioma galego e de todo o que ula a democracia e estado de dereito. Preséntase como o máis demócrata de toda Coruña!!!!



JUAN SÁENZ-CHAS: Abreviando, porque o personaxe non merece máis, é o presidente da Federación Veciñal Salvador de Madariaga, que naceu para contrarrestar o seguidismo político da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña cara ao PSOE, creando unha que fixese seguidismo do Partido Popular, que é o partido no que militan todos e cada un dos presidentes "veciñais" que a compoñen. Non se lles coñece actividade algunha. Só aparecen para salpicar a nosa cidade de racismo, xenofobia e intolerancia. Os medios de comunicación téñenlles medo por vir de onde veñen, non pola súa capacidade de mobilización, que é nula.



Outros nomes a ter en conta:

MAR BARCÓN: Unha das que que lle deixou o marrón ao actual goberno municipal, xunto con Paco Vázquez. Sempre dixo e dixo, e prometeu e prometeu, pero unha carreira política tan brillante e prometedora non podía enlamarse cun asunto tan feo como o de Penamoa.

FORZAS DA ORDE PÚBLICA: Nunca ocultaron que para elas era mellor ter un lugar "controlado" como Penamoa que múltiples puntos de venda repartidos pola cidade e comarca. De aí a que actúen en connivencia cos delincuentes vai un abismo. Crespo acusounos directamente, con estas palabras, e non lle pasou nadea. Se o facemos en Katanga, nos entalegan!!!!!

LOSADA: Estase a comer o marrón que lle deixou Vázquez. Teno merecido, xa que el estaba alí, pero non é o total responsable en absoluto. Fixéronse moitos negocietes a conta de Penamoa, e non só coa droga. O día que Losada fale.......

VENTORRILLO: Resulta curioso, por exemplo, ver como os pisos máis próximos ao poboado, os do Ventorrillo, son MÁIS CAROS que os que están máis próximos á Agra do Orzán. O certo é que sempre se soubo que o poboado ía desaparecer coa construción da Terceira Ronda, e eses pisos van gañar agora un gran valor. A existencia de Penamoa nunca evitou que o Ventorrillo fose un barrio habitado por clase media e media-acomodada.

ÁGORA: Novo Forum Metropolitano para dar servizo á Agra, Ventorrillo, Mariñeiros...Semella estar máis pensado para o Ventorrillo que para a área tradicional da Agra do Orzán. Veremos cómo se reparten os espazos entre a poboación máis humilde e envellecida das casas de Franco e Mariñeiros e a máis "pija" do Ventorrillo.

Se queredes continuar lendo sobre esta apaixonante historia, premede AQUÍ MESMIÑO!!!!!

Empezamos......


Pois si. Empezamos a sentir o peso dos case oito meses de goberno triunfal enriba das nosas costas...e petos. Os recortiños en gasto sanitario ou educativo complementáronse, por uns días, coa retireda da paga complementaria ás persoas con pensións, en ocasións, por baixo dos 400 euritos. Isto xa foi comentado aquí, e noutros foros, claro, polo que tiveron que RECUAR. É a primeira recuada, e haberá poucas, asegúrovolo, deste Desgoberno Galego.

Xa sabíamos que ían liquidar o Decreto Eólico do anterior goberno. Non porque estivese mal feito, non, que peor estaba con Fraga, que lle daba "potencia" aos seus coleguillas de panda Paco Vázquez e Antoñito "el fantástico" Fontenla.....se non porque repartía os megavatios entre empresas, maioritariamente, galegas. Non. Iso non se pode consentir, home!!!!!!

Tampouco lles gusta a educación sexual das nosas mozas e mozos, polo que os Centros Quérote para a educación afectivo-sexual acabarán realizando cursos de ganchillo ou campeonatos de Scaléxtric antes que falar de condóns e de partes íntimas......que logo veñen os abortos!!!!!

En definitiva...dando que dando.....Pero sempre lles quedará o alboroto xenofóbico e a demagoxia populista: eles tirándose comunitariamente a rapazas de ex-repúblicas do leste e, ao tempo, organizando algaradas contra yonkarras, gitanochos e outros melenudos. Seguro que algún destes merece talego, pero os da trama Gürtel.....A LA CÁRCEL, COÑO!!!!!!


"Que no son molinos.....



...que son gigantes!!!"



"Que no son gigantes, mis iggnnnnnorantes admiradores, que son penes...penes errrrectossssss...al cielo de missss sueñosssss. Anda, que esto de penes ya no se puede decir!!!!! Que se me enfada la Conselleira de Santidad!!!!"



"Pois macho, non sei se se pode dicir pene ou non, pero mira cómo nos quedamos cando nos deron vez para operarnos do coco para dentro de tres lustros e dúas estacións.....lunares!!!!!!"



"Non vos queixar, malditos punkarras, que mirade para o que me deu a pensión no día do mes setenta cumpretacos...que nin puiden convidar aos meus colegas da Estrela da Morte!!!"



HOMMER: Xogamos a algo sexi, cariño??? MARGE: Veremos, pero non con estes cacharros que nos recomendaron no centro Quérote......

Aburete!!!!!!!!