Páginas

Cylons en Katanga!!!!

by Pacotrón

Síntome suxo, como só se sinte un traidor a si mesmo. Contraditoriamente, síntome sen embargo ben. Que por que unha e outra cousa???? Por que son profundamente republicano, pero non podo -non me sinto capaz- desprezar os agasallos dos putos Reis Magos, onde queira que estean.....Para máis INRI, grazas a estes monicreques puiden soñar esta noite con Starbuck e cos Cylon. Paseándose por Katanga. Disparando a tutiplé. Pavoneándose todos rufos eles. Invadindo a nosa intimidade e os nosos soños. Extirpando a esperanza. Pisoteando os nosos dereitos. Como debe ser. Como os banqueiros. Como os especuladores -non era o mesmo???-. Como os mercados, e non falo do de froitas. Como os ianquis en Iraq. Como Aznar de salvapatrias. Como Cascos de salvaprincipados. Como Florentino, Botín ou os novocaixas. Como toda a xentuza que ve incrementar o seu patrimonio a conta dos sacrificios da maioría -e máis duras que virán, Durao Barroso dixit-. Como Gerardo Díaz Ferrán (pobre neno rico). Como o Papa cruzado. Como Dona Espe pasando apoupos para chegar a fin de mes. Como os do FMI ou os do BCE ou os do BM (Banco Mundial). Como os que permiten que nos suban o recibo da luz os que están gañando fortunas á nosa conta. O dito. Como os Cylon.

Eu...soñando con Kara....

kARA-STARBUCK: Pero mira que serás katanguista...pero mira que lle botas "guevazos", chorbo...A quen se lle ocorre meterme en politicadas. Verás cando te agarre por onde máis doe....en canto se me pase a resaca....

En fin, delfín.....

4 comentarios:

  1. Pois aínda hai quen non quere abrir os ollos e buscan culpabilidades nos lugares máis inverosímiles, podo aseguralo. Tamén hai quen aínda aplaude coas orellas e menea o rabo ante quen segue a incrementar o seu patrimonio e non viu a súa calidade de vida mermada nestes últimos tres anos. Hai quen segue aspirando a ser esa clase de master do universo.
    Benvidos ó Estado de Malestar, onde os logros sociais conseguidos por xeneracións previas extinguiranse para que unha excelsa minoría (a de sempre, hai cousas que nunca cambian)siga gozando do que cren que son os seus exclusivos privilexios.
    Isto está a pasar no noso mundo:

    http://www.elpais.com/articulo/economia/precio/alimentos/supera/nivel/burbuja/2008/elpepieco/20110106elpepieco_1/Tes

    Pero nós preferimos seguir así:

    http://blogs.publico.es/manel/2886/luchadores/

    Quédome coas palabras dunha miña tía avoa (84 anos), hai cinco días: "Agora estamos mal pero non te fas á idea do que foron os tempos da postguerra. Crise foi esa e as de antes, que duraban desde que o pobre nacía ata que morría. Non podedes seguir baixando a cabeza, agora que tedes información e educación". Unhas cantas señoras máis coma ésta meten en vereda ós abusóns e axúdannos a sair deste marasmo vital.

    ResponderEliminar
  2. Qué hai de certo en que Pacotrón deixa de administrar o blogue? Falei con unomismo no Bar H do Castrillón e así mo comentou

    ResponderEliminar
  3. Pois nada. Non hai nada. De feito esta última entrada escribina eu, pero o katanguista esqueceu, involuntariamente(?) poñelo...pero xa está amañado. Bicos a Unomismo. Da miña parte.

    ResponderEliminar