
É que xa o advertíamos onte neste mesmo blog, carallo, que nunca nos facedes caso!!!!!! Hoxe mesmo, un día despois de telo comentado nós, o prestixioso diario madrileño conservadorcillo ABC avisa dun máis que probable aumento da delincuencia en xeral ( e do mangoneo sociata en particular ) a partir de xuño.....??????.....que digo eu........¿non podía ser para setembro ou novembro?......¿por qué non en agosto?......¿qué sabe esta xente realmente do que se coce na "villa y corte y confección"?
Noticia sobre aumento do choriceo extraída do ABC. Advertencia de seguridade: visitar noticias do diario ABC pode causar danos e traumas irreparables!!!!!!! O katangueiro que avisa……
Total....que aquí o que se está montando xa é unha crise sicótica de non te menees, que a peña está farta xa de tanto estirar o peto, os aforros da "agüela", a paciencia e a cara máis dura que se gastan algúns. Equilicuá un vergonzante exemplo que non parece preocupar a medios de comunicación como o ABC:

Este é o xornalista que publicou a noticia, pero non sabe explicar por qué pero por qué por qué e por qué vai aumentar a delincuencia en xuño precisamente.......que é o meu mes preferido!!!!!! ¿Terá isto que ver coas eleccións europeas....de xuño????????? ¿Pero....a qué dellincuencia se refire exactamente????

Os medios de comunicación máis imparciais do país katangueiro todo ( ABC, La Voz de Galicia, La razón, El Mundo..... ) tampouco precisan moito sobre esta crise de seguridade cidadá que se avecina arredor do 40 de maio!!!!!!!

A Katangueira asegúrame que está farta xa de tanto estirar e estirar.....como para que encima veñan roubarnos o último eurito que nos queda!!!!!!

Eu, para evitarme problemas cos makokis e pinflois que nos van atracar en xuño, penso reutilizar a roupa do meu abó. Mirade se non que guapote que estou nesta foto.......e o moito que penso aforrar en traxes!!!!!!
Ala, ala e rediola!!!!!! Que non nos amolen máis do que estamos, que xa hai ilustres katangueiros preparando nacionalizacións a saco!!!!!!!

"A todos los compañeros y compañeras de Katanga: En el día de hoy, 22 de marso de 2009, el Comité Sentral Revolusionario Katangueño ha desidido nasionalizar, con caracter retroactivo, toditos los......( continuará )".
Abur, yogur!!!!
>
No hay comentarios:
Publicar un comentario