Botellón: rien ne va plus!!!!!!!!!!!!!
Pois si que andan os ánimos alterados polo centro da Coruña ( área de expansión katangueira que se atopa máis aló do Río Grande, enténdase Ronda de Outeiro ). E todo a conta do lío este do botellón ...... que digo eu, e di a Katangueira, que por qué non se indignan tanto co garrafón, que si que é unha boa liada.
Total...fatal. A concelleira do ramo mete caña mete caña mete caña e leva CAÑA ata no carné de identidade. E Se non me credes mirade esta noticia de AQUÍ. POR SE NON VOS CHEGOU, FIXÁDEVOS NAS CONSECUENCIAS!!!!!!
Así que a Katangueira, que aínda que é de Monelos gusta de chonear polo barrio, pide un pouco máis de civismo para todos, que se non vai aí e amaña todo a hostias e xa está. Que non pode ser. Que onde están os reforzos de limpeza do Concello. Que se non sabemos o alto valor que teñen os Xardíns de Méndez Núñez.
Reforzo medioambiental saturado ante a cantidade de borralla que hai ciscada por aí.........
....e Katangueira disposta a TODO o que faga falta con tal de repartir unhas hostias ben dadas!!!!!!!
E fala que te fala nesta cidade plagada de ferroláns.....que chegamos ás propostas deslinguadas, katangueiras, hipócritas e anticoruñesas, como a de reconvertir os módulos convivenciais de Penamoa en pequenos botellódromos, que total, para o que van servir........ai ai ai ai, qué malos son os ferroláns!!!!!!
Estes son os módulos que nos venderon na recreación virtual!!!!!!!
E así vai a obra a estas alturas!!!!!!!! A ver se vai mellorando un pouco......
E este é o lugar máis votado polos ferroláns para ser reconvertido en BOTELLÓDROMO, e é que, claro, para esta xente resultaría moito máis cómodo: todo sería chegar ( a Coruña ) e encher ( o bandullo botelloneiro ). Aí vai a proposta!!!!!!!
En conclusión......a saber onde é que ten algunha xente metida a cabeza.......que xa nos imaxinamos, xa.
Abur, yogur.
>
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Carallo coa Katangueira! ¿Tendes o número de teléfono dela?
ResponderEliminarPor certo vos envío isto que igual vos interesa:
http://barriodelventorrillo.blogspot.com/2009/03/seccion-coruneses-ilustres-quien-fue.html
O teléfono de Katangueira é asunto do Katangueiro...........mira qu sodes listos polo Ventorrillo. Pero podemos mirar de compartir algo!!!!!!!! Grazas por contactar. Envía algo de similares características ou, se non, douche o teléfono de Mitas, que vive moi perto de Katanga e igual che vale!!!!!
ResponderEliminarDe iso nada, a min gústame a kantangueira. Non se pode ser aproveitado. Sendo realista, con Mitas fago mellor parexa, pero a túa katangueira está que te cagas, perdón, que digo que eres muy afortunado::))
ResponderEliminarPD: ¿Viches xa as obras de Monasterio de Cines? Por fin.
Oe, que a ver se vou metéla-pata ata o fondo. ¡A ver se vai ser verdade que a katangueira isa existe! Se é así, non volvo nombrá-lo tema.
ResponderEliminarSaúde.
Tranqui.......que polo Ventorrillo andades aviagrados!!!!!!! Un día quedamos......coa Katangueira!!!!!! Aínda non vin o do Mosteiro de Cines. Xa me vale. Hoxe mesmo vou!!!!!!
ResponderEliminar