
Pois si que estaba esperto o noso ex-Presidente de Katanga, o señor Turiño, cando lle chovían chuzos de punta a conta do Audi A8 que comprara para utilizar no exercicio das súas funcións..........as que fosen...........porque agora vai e resulta que o señor Fraga, sendo Presidente de Katanga, comprara DOUS!!!!!!! pola módica cantidade de 600.000 eurazos de nel!!!!!!!!! Mirade se non qué intriga, acción a esghalla, trapos sucios a tutiplé e triples doses de fanatismo rezuman estas gloriosas páxinas:
Noticia hostiando a Don Manuel
Noticia hostiando a Touriño
Total.........que tal para cal. Unha pena, morena.
En canto ao noso barrio katangueiro dicir que avanzan as obriñas da terceira ronda, tamén chamada Río Bravo, mentras a Asociación de Veciños organiza caceroladas contra o goberno municipal PSOE-BNG contando entre as súas filas con militantes coñecidos do propio BNG ( e algúns humanistas, que tamén ). Todo normal.
Vaiamos pois coa galería fotográfica completa desta información obxectiva, imparcial e katangueira!!!!!!!!!!
Mi querido amigo.....no pretenderá usted que un hombre de mis años ande por ahí en cualquier Piulló tuneado!!!!!!!Además, quién quiere un coche tan soso y grandote como el Audi A8?????
Yo, yo, yo, yo, yo...........!!!
Aspecto moi actual das obras do Río Grande!!!!!!! Algúns fan botellón por aquí e mirade como está todo!!!!!!!
Cacerolada numerosísima QUE NON TEN NADA QUE VER coas protestas do Parque do Observatorio, que son bastante minoritarias no noso barrio.
Comunicado da Asociación de Veciños da Agra do Orzán facendo un chamado á independencia e á loita contra o Escudo Estelar!!!!!!!! Algo se dixo tamén de ir todos votar ao Partido Humanista.
Así de pensativa quedou esta veciña ante tanto Fraga, tanto buga e tanto enredo xa!!!!!!!!!!
E así quedamos algúns katangueiros despois destas dúas últimas semanas!!!!!!!!!!!Ala. Abur, yogur.
>
No hay comentarios:
Publicar un comentario