Páginas

Adults only: Aznar pontifica contra a crise!!!!!!!



Pois aquí temos ao ex-Presi do Estado ao que pertence Katanga largando menciñas contra a crise.......e qué menciñas: máis do mesmo, máis para os mesmos e moitas privatizacións, que xa el sabe ben o bo rendemento que dan para as arcas do Estado a curtísimo prazo. Como somos katangueiros demócratas, aí van dúas versións da mesma chorrada!!!!!!!!!!!

Versión progre da intervención de Aznarín

Versión facha-neoliberal da intervención de Aznarín

En todo caso, e por se non é suficiente receita anti-crise, botamos quizais en falta algunha referencia aos valores morais de occidente........aos valores sobre os que se construíu Europa, aos valores que preconizan a liberdade empresarial e o sacrificio popular..............aos valores católicos, apostólicos e romanos, vamos, e é que, xa vos avisamos aí atrás: volven os curillas, e todo o mundo en babia!!!!!!


Estes rapaces seguiron os consellos de Don Jose María Aznar e tan felices que parecen........A esta rapazada non lle afectará o abaratamento do despido, non!!!!!!


Remataron os tempos das igrexas máis baleiras que unha sala de cine proxectando un ciclo sobre a filmografía Uzbeko-Húngara de entreguerras!!!!!!!


As dificultades serán enormes.....e os inimigos da fe, innúmeros ( equilicuá un exemplar rojillo e nacionata que se aparece polas noites en Katanga ).


Menos mal que contamos entre nós con homes que, sacrificando unha merecida vida de éxitos, fama, sexo promíscuo e abuso de alcool e drogas, entrégannos o seu corpo e alma para que, XUNTOS, superemos esta crise.......moral!!!!!!!!!!!


As nosas tropas desprazadas a Irak despiden, novamente, ao ex-Presi Áznar!!!!!!!!


E é que estes soldados xa saben de quen é a culpa de todo!!!!!!.....segundo TÚZARO!!!!!!!.



Abur, yogur.
>

No hay comentarios:

Publicar un comentario