Páginas

Intereses, mentiras e medios de comunicación: o caso de La Voz de Galicia

By Pacotrón.


O 7 de febreiro de 2009, menos dun mes antes das eleccións que posibilitaron a volta ( ou revolta ) do Partido Popular á Xunta de Galicia, o Presidente e Editor de La Voz de Galicia, o señor Santiago Rey Fernández-Latorre publicou o artigo de opinión "Yo Protesto".
















Efectivamente, este home é o Presidente e Editor do xornal que len, e lemos, practicamente todas e todos os coruñeses que lemos prensa. Pero non é máis que iso. Non. Non é Robin Hood. Nin moito menos Émile Zola.

O Robin Hood literario e cinematográfico permaneceu na memoria popular como un bo ladrón, xa que rouba aos ricos para repartilo entre os pobres. Nada máis ao contrario que a figura de Don Santiago e o seu apéndice impreso.

Un Robin Hood máis profusamente analizado amósanos un defensor das clases humildes fronte aos intereses despiadados dos poderosos. En resumidas contas, a liberdade, igualdade e fraternidade oposta ao expolio tiránico duns poucos, xa de por si privilexiados.

Cando se desvelaron os intereses confluentes de coñecidas familias coruñesas, das máis altas instancias representativas, ao redor do usufructo da enerxía que poden producir os nosos ríos, isto é, cando soubemos das conexións empresariais que conectaban a familia do daquela alcalde, o señor Francisco Vázquez, co presidente dos empresarios, o señor Antonio Fontenla, de cara á explotación dos recursos enerxéticos hidroeléctricos do noso País, mediante adxudicacións baixo sospeita concedidas durante os gobernos presididos por Don Manuel, o diario que preside Don Santiago Rey Fernández-Latorre non considerou alarmante, nin tan siquera digno da máis mínima mención. Para qué.

O certo é que un, Don Manuel, adxudicaba e outros, un alcalde socialista e o presidente dos empresarios, non perdían ocasión de apoiar públicamente a xestión do primeiro. Especialmente en eleccións. As hemerotecas non minten.

Non é, pois, de estrañar que ese mesmo Presidente e Editor, que non atopou motivo de descrédito ou amoralidade algunha nesas concesións poña todos os medios ao seu alcance para poñer en solfa un decreto eólico que, seica, non deixaba nada para os seus amigotes e si bastante, e máis que debía ser, ás arcas públicas.


Tampouco pensedes que se parece este prohome a Émile Zola. O escritor parisino empregou o xénero xornalístico para corrixir unha inxustiza, para defender a dignidade humana e condenar a tiranía, a ignorancia e a insolidariedade. No conxunto da súa obra concentrou a súa arte en retratar e denunciar un modelo social clasista, e xa plenamente capitalista, onde as clases humildes debían traballar nas peores condicións posibles, sen excluír anciáns, mulleres e nenos, para que unhas poucas familias privilexiadas malgastasen, en apenas catro festorros, toda a suor da fronte que eran capaces de proporcionar os miles de escravos remunerados dos que dispuñan. Todo un mes de tormentos, sufrimentos e sacrificios de moitos a cambio dunhas copas de Champagne e caviar para uns poucos.

Nesta clase de xornalismo que nos ocupa hoxe, valores como a xustiza e principios como a honestidade son burdamente pisoteados cando o maior exemplo de malgasto e dilapidación de recursos da nosa historia, a Cidade da Cultura, é empregada polo medio deste insigne coruñés como punta de lanza contra o anterior goberno bipartito.....desde o primeiro día!!!!!.

Nunca se pediron contas aos responsables reais desa desfeita desde as páxinas de La Voz de Galicia. E nunca se pedirán.

Non é de "señores" sacar á luz os trapos suxos dos "señores". Porque diso se trata. De señores. Tanto no seu sentido medieval, non o cabaleiresco que nos legou a literatura, se non o medieval real, o das tropelías, levas, violacións e asasinatos sen fin, como no sentido decimonónico de señoritos. O señorito Vázquez, o señorito Fontenla, o señorito Rey Fernández-Latorre. Os señoritos. Qué ben se levan e qué listos que son.

Para ir rematando, porque seguiría así todo o día, os Xulgados número 1 e 2 do contencioso administrativo de Santiago de Compostela avalan as bases das oposicións convocadas polo Consorcio Galego da Igualdade e do Benestar e urxen a súa convocatoria.

Eu si que protesto. Eu protesto porque xentuza que se permitiu o luxo de deixar escrito, a menos dun mes dunhas eleccións galegas, que "ahora ha surgido un nuevo caciquismo que se disfraza de falsa modernidad y opera con desparpajo en todo cuanto se pone a su alcance, desde las concesiones eólicas a las plazas de empleo público", poida pasear tranquilamente polas nosas rúas sen que ninguén lle berre "mentiroso, mentiroso", mentres que representantes políticos do anterior goberno galego deben agocharse ou pasearse ben discretiños, non vaia ser que algún que leu o xornal que preside e edita Don Santiago lle bote en cara algo do iate, do galego, da Cidade da Cultura ou dos coches oficiais. Algún que crea que un medio de comunicación é un medio de información.

Non, se xa o dicía Don Manuel.
Aquí pasou o que pasou.

Miedo y asco en Los Rosales


Pero cómo se está poñendo o patio, con isto da crise do capital que estamos a padecer!!!!!!!!! Os de Telefónica, ou Movistar, ou qué sei eu, deixan a perto de 500 coruños e coruñas na puta rue para trasladar eses postos de traballo a Perú.........e non só non se lles dá ninguén de baixa nesta cidade se non que a culpa aínda vai ser dos de Perú......claro......por sudacas!!!!!!!!

Total....que por aquí xa vos comentáramos o daqueles directivillos vivillos que se repartiron uns bos dividendos a conta dos cartos que o Estado, ou sexa......ti e máis eu, ou xente coma ti e máis eu, puxo "moni moni moni" para salvar a súa empresa, a deles e delas mesmos!!!!!!!!!!! Non........se a culpa será dos políticos por querer salvar empresas!!!!!!! Dos manguis de corbatilla y guante blanco nunca se sabe........

Pois con todo o que está caendo por conta dos auténticos chourizos of the world united, aínda hai quen, como sempre nestes casos, adopta posicións perigosas para a convivencia social e valores como a solidariedade, a igualdade e a fraternidade...........si, si, si.......os valores da Revolución Francesa........onde vai xa!!!!!!!!!

Traemos aquí este exemplo de despropósitos extraído do blog da Coruña con máis visitas e seguimento: O Blog de Los Rosales. Coidado..........as conversas entre estes veciños non son aptas para menores ou adultos sensibles!!!!!!! Todo comeza cun fallido intento de atraco:

Comentarios veciñais en Los Rosales:

visma dice:

12 Marzo 2009 a las 17:10

se sabe algun dato mas acerca de su aspecto?Tenia el pelo largo?

visma dice:

12 Marzo 2009 a las 17:12

En estos momentos esta rondando un tipo bastante extraño por san pedro de visma.Pelo largo pantalon vaquero,jersey azul a rayas,cazadora vaquera y botas marron claro.Actitud sospechosa y como buscando algo pero sin rumbo fijo.Aunque se puede tratar de cualquiera claro….

136 carlospico dice:

12 Marzo 2009 a las 17:20

Visma yo que tu llamaría a la policia y lo comentaria.

136 carlospico dice:

12 Marzo 2009 a las 17:21

en el 112 te pasan

visma dice:

12 Marzo 2009 a las 17:25

carlospico y si solo se trata de un hombre depresivo que no sabe a dd va.

De todas maneras se fue a traves de los campos hacia el carrefour.Y no se asustaba para nada de los coches que se acercaban a sus espaldas.Supongo que si fuese el andaria con mas cuidado por si se trataba del coche de la policia.no sé.

Seguiré mirando por si lo veo de nuevo

106 cholo dice:

12 Marzo 2009 a las 17:36

Esto solo el principio nenos…… lo peor está por llegar.

Será este o melenas que aterroriza Los Rosales??????? Cara de sospeitoso si que ten......e é chino!!!!!!!!
Continúa.........

vecino dice:

12 Marzo 2009 a las 18:53

Me parece a mi debemos de tener algun super dedicado a la venta de harina cerca porque no veo normal el incremento de delincuencia por la zona.

2 Xoteño dice:

12 Marzo 2009 a las 19:05

Pues sinceramente, yo creo que tampoco pondría denuncia si no me hubiesen robado nada. Sabiendo que la mayoría de los que están robando tienen tras de si decenas de detenciones, lo único que haría denunciando es tener que perder el tiempo. De este modo, llevas el susto y diez minutos después, estás en tu casa haciendo lo que hacías. Si presentas denuncia, te pasarás media tarde de aquí para allá, contando rollos inútiles, para que, al final, no sirva para nada.

Y ya no te quiero contar si, aún encima, un día te llega una citación para que vayas a un hipotético juicio, o te llaman para una rueda de reconocimiento o similar. Vamos, que ni de coña presentaría esa denuncia si no me hubiesen robado nada.

brujita dice:

12 Marzo 2009 a las 19:12

Xoteño te comprendo, pero no puedo compartir tu opinión si la gente no denuncia, nunca habrá detención, porque no hay delito, y ahora no ha pasado nada solamente un susto, pero podría haber llegado a más esta gente no puede estar en circulación

2 Xoteño dice:

12 Marzo 2009 a las 19:18

Brujita, esta misma semana leía que habían detenido a un fulano con SETENTA DETENCIONES ANTERIORES.

Entenderás que uno no quiera molestarse por un sistema que, simplemente, no funciona. De hecho, me parece increíble que los policías sigan haciendo su trabajo.

Que conste que a mi también me cuesta compartir mi opinión, pero es que es algo natural, ya se hizo un sketch un día “ir pa ná…” “no es por no ir”, pero “ir pa ná”.

63 Luis dice:

12 Marzo 2009 a las 19:27

Personalmente “quiero pensar” que si algún día este delincuente hace alguna cafrada más importante, a la hora de condenarle se tendrán en cuenta las anteriores denuncias que tuviera a sus espaldas, y reitero que “quiero pensar” porque no lo tengo muy claro.

Grazas á presencia dos valerosos Marines semella que os ánimos de Los Rosales van estar máis calmadiños!!!!!! Os bigotóns do fondo son das patrullas cidadás. Mirade cómo sorrín aliviados!!!!!!
Continuamos.......qué remedio......

vecino dice:

12 Marzo 2009 a las 19:31

pues entonces ya va siendo hora de exegir a los politicos que empiecen a cambiar la ley, porque esto cada vez esta peor y a esta gente hay que sacarla de la circulacion.

W.J. dice:

12 Marzo 2009 a las 19:37

ayer por la noche me avisó mi mujer porque al lado de la guardería (en el mirador) había un paisano rondando un coche de gama alta aparcado allí. cojí los prismáticos y , efectivamente, lo ví detenido al lado del coche, medio tapado. iba a llamar a la policía, pero antes de hacerlo, me dijo mi mujer que se había ido hacia la parte de abajo. volví a verlo por el lado del paseo marítimo e iba caminando y hablando por el móvil hacia la zona del Millenium. después me explicó mi mujer que al principio ya había estado al lado del coche, pero al aparecer una chica paseando un perro, se apartó hacia el lado del colegio. me imagino que sus intenciones no eran buenas.

vecino dice:

12 Marzo 2009 a las 20:12

pues a mi esto lo que me dice es , tipo desesperado en busca de dinero rápido para ir a “pillar” cerca de aquí, así que atraca por el camino.

El asunto es,¿ donde?. Yo ya escribí hace algun tiempo que se había incrementado el flujo de gente “sospechosa ” que sube por la zona de la carretera del monte de san pedro, y no tienen pinta de ir a correr.

Yo lo que propongo es dar la lata a la policia a la minima que veamos, un tipo sospechoso, movimientos extraños en algun piso… lo que sea, ¿no piden continuamente colaboración ciudadana?, pues todos a colaborar.

Activo Toxico dice:

12 Marzo 2009 a las 20:39

Xoteño, desde luego que siempre hay que ir a denunciar, pues una cosa es un robo simple, pero llevar un arma de fuego son palabras mayores, desde luego que lo tienen que denunciar, yo no lo dudaría, sino son cómplices morales de lo que ese hijo de …. haga en el futuro, un robo o intento con arma de fuego ya no se va de rositas.

La policía y los Jueces no tienen la culpa, los responsables son los legisladores (políticos chupando del voto por cuatro años) y si no hacen nada pues es porque nos lo merecemos al tragar con todo y ser unos sumisos.

Hablais de gente rara por san pedro, pues iros a tomar algo a la terraza que hay en el portiño, tal vez se os abran los ojos.-

Josete dice:

12 Marzo 2009 a las 20:42

Activo Tóxico: totalmente de acuerdo

Corunopolis dice:

12 Marzo 2009 a las 20:44

No es por meter las narices donde no me llaman, pero ultimamente la delincuencia se esta disparando en Los Rosales. Un barrio de gente joven y trabajadora, en el que en teoría no debería de existir tal delincuencia.

Aquí vemos unha parella xoven e curranta de Los Rosales adicada á súa nova diversión: espiar e controlar aos melenudos!!!!!!!! A familia que espía unida.......permanece unida!!!!!!!!
E imos rematando este triste conto.....

vecino dice:

12 Marzo 2009 a las 21:20

es que los delincuentes tambien tienen derecho a voto, y de estos hay muchos en España y te pueden hacer perder un escaño.

7 Titajú dice:

12 Marzo 2009 a las 21:22

Pues yo sigo diciendo que si te atracan con arma de fuego y no denuncias estás haciendo un mal bastante grande.

A mí esas cosas me dan mucho miedo.

ejem dice:

12 Marzo 2009 a las 21:23

Si endurecieran las leyes los politicos serian los primeros encarcelados…

JAJA

Vázquez dice:

12 Marzo 2009 a las 21:32

No se si comprarme una varetta, vender el piso o ciscarme en los políticos protectores de delincuentes.

¿Denunciar para que, para darle más trabajo a los polis y subir el curriculum de los atracadores para mayor respeto de sus colegas?.

Con lo bien que se podía vivir en el barrio ¡¡¡MIEEERDA!!!

MONNOM dice:

12 Marzo 2009 a las 21:34

Este país se está convirtiendo en el paraíso de mangantes, desde el momento que nos planteamos (yo incluído)el no denunciar un atraco indica que el sistema falla.La ausencia de penas y castigos,nosotros no denunciando por cobardía o desidia,la policía muchas veces mirando para otro lado nos lleva a que proliferen los chorizos.Tendría que cambiarse la legislación si no mal vamos

211 Iosoms dice:

12 Marzo 2009 a las 21:35

Vázquez, yo puedo hacer trámites con unos conocidos para conseguir una a buen precio….jeje.

vecino dice:

12 Marzo 2009 a las 21:35

según yo lo veo, el muchacho al que atracaron es un empleado que hace reparto, no le llevaron nada no le hicieron daño, y como no vive por aquí, pasa de todo y se va a seguir trabajando.

Los que viven en el piso son testigos y ni eso, pues según dice la mujer no han visto nada, por tanto dudan sobre que hacer.Lo único que ellos han visto es el susto que se ha llevado el chavalito del reparto?.

¿que denuncian algo que no han visto?.

El que tiene que denunciar es el atracado, ojalá lo haga pero me temo que esto quedará impune.

Tiene razón Titajú en que esto empieza a dar mucho miedo.

211 Iosoms dice:

12 Marzo 2009 a las 21:38

Monnom, totalmente de acuerdo contigo. Pero ¿cómo se hace eso?. Si votes a quien votes todos defienden estas leyes de mierda que tenemos.

2 Xoteño dice:

12 Marzo 2009 a las 21:40

Bueno, el chavalito tendría unos 50 años.

211 Iosoms dice:

12 Marzo 2009 a las 21:41

¿El atracador o el atracado?

2 Xoteño dice:

12 Marzo 2009 a las 21:46

El atracado.


( Por agora..........fin )

E con este final interruptus.....porque a cousa continuaba e continúa.......imos deixando xa este tema. No noso barrio de Katanga hai comerciantes atracados ou cos cristais rebentados ata tres veces en dous meses........e nunca escoitamos nada semellante ao que acabades de ler.....e MOITO MENOS USAMOS OS PRISMÁTICOS CONTRA OS VECIÑOS, PASEANTES, MELENUDOS .........etc etc etc.

Moito respecto e amor a tod@s!!!!!!!!! Abur, yogur........que eu quedei con dúas Katangueiras!!!!!


Definitivamente.......cara atrás, by Pacotron.

Pacotron ( cánto tempo sen lerte, chico...) envíanos este fantástico artigo para a súa publicación onde proceda.

Nós...procedemos.
Paga a pena, verdadeiramente.
Saúdos, Pacotron.

"DEFINITIVAMENTE.....CARA ATRÁS"

"Vivimos nun mundo estraño. Vivimos cara atrás. Somos coma nécoras fuxidías e temerosas. Ninguén semella capaz de parar isto. Nin tan siquera se intenta.

Unha especie de "decelerador" de partículas instalouse no noso País e nas nosas aldeas, vilas e cidades. Estamos en 1976 ou no 2009?. Bonita pregunta. Resposta apurada: teño dúbidas de vivir tan siquera en 1976.

A finais dos anos oitenta do século pasado apareceu Nirvana.

A principios dos noventa, en 1993, publicouse o primeiro álbum de Bjork en solitario.




Pasaron xa Oasis, Blur ou Pulp.

Radiohead publicou o seu primeiro disco no 1992.




Patty Smith sigue viva.........e Coldplay tamén, pese ás acusacións de plaxio.

Jamiroquai....alguén sabe quen é?, tocou en Vigo. Morrisey en Benicassim ou Madrid.

En España ( e na Galiza ) existen Los Planetas ou Ivan Ferreiro. Russian Red ou Dorian. Nadadora ou Cat People. Guru Deva ( da Coru ) ou Niño y Pistola. Refree.....tan marabilloso, ou Nacho Vegas. Tamén Sevigny, que son da Coru....ou Shine, o grupo coruñés revelación do 2009 nos premios Inframundo.

Falando de Inframundo. Onte entregáronse os premios Primus 09. Foi no Teatro Colón. Estábamos os amigos, os grupos, as familias e catro máis. Bastante cheo para un acto que non recibiu apenas promoción algunha. É que NON IMPORTA. Eran premios para grupos pop e rock....algo do pasado. De melenudos, raritos e gais. De "maricones" e "drogoadictos", vaia.

Algo para esconder.

Na nosa cidade, na Coruña, na metrópole do noroeste, na das forzas atroces, na Coruña que rabuña, podes fácilmente ver a dúas neniñas movendo as cachas en roupa interior no aparcadoiro da Torre dúas veces en quince días. Os seus compañeiros de "grupo" emiten letras que dá vergoña allea reproducir. Chámanlle o Reggaeton. É machismo puro e duro. A "mayonesa" mental na que vivimos considera normal que os nosos vellotes supuren fluídos corporais mirando para rapazas que podían ser as súas bisnetas.........quen lles dera.

A igualdade acádase tamén, no plano feminino, coa "gozada" de ver a eses rapazolos que moven as cadeiras, ao xeito caribeño, mentras cantan "Dale, dale, dale morena....". Elas teñen dereito a desfrutar coma os homes. Coma os vellotes.

Unha parella de vintetantos anos márcase un pasodoble español. Quizais viña da procesión da Estrela, en Arteixo.

Falemos desta procesión.

Onte, unha asociación de veciños, a "Monte da Estrela", conseguiu o que parecería imposible...se non fose certo: que se volva celebrar a procesión, ou romaria, da subida ao monte da Estrela, cargando coa Virxe de Monteagudo. Dúo musical, gaitas e churrasco. "Qué más se puede pedir".

Case mil romeiros. Cincuenta anos sen celebrarse. Próxima misión?. Mellorar as dotacións educativas de Arteixo?, mellorar as instalacións deportivas? potenciar o civismo neste verán verbeneiro que emporca de lixo toda canta explanada se adica a festas? Construír un Centro Cívico para a mocidade?, algún Centro de Día?

Non. Reconstruír a Capela!!!!

Cércanos a barbarie.

Somos os profetas do non. Negamos o presente. Negamos o futuro. Rexeitamos os cambios, as transformacións. Calquera aprendizaxe. HAI QUE FACER O QUE SEMPRE SE FIXO. Mirar cara atrás con agarimo. Con mito. O mito do paraíso perdido....ou inventado, que a estas alturas tanto dá.






Síntome do Inframundo. Como os premios de onte. Como os premiados de onte. Como Krakovia onte. Inframundo. Lumpen cultural. Mundo dos espíritos. Dos espíritos libres.

Quero dicilo. Pódese dicir?



El Consorcio non é Pop.

Raphael non é Pop.

Bisbal non é Pop.

O "mueve mueve" non é Pop.

Eu son Pop. O mundo é Pop.

Imos cara atrás. Coma nécoras.

Never Mind. Xa o dicían os Pistols. Never Mind. Xa o dicía Nirvana.

Realmente, cércanos a barbarie.

Se Kurt levantase a cabeza........."



Grazas, Pacotron!!!!!!!

Torre de Hércules, Patrimonio de Katanga!!!!!!


Non podemos estar máis contentos en Katanga coa distinción da nosa Torre entre os monumentos Patrimonio da Humanidade, patrimonio de Katanga.

Un dos lugares da Coruña desde mellor se ve a súa grandiosidade é Pena Moa. Non vos recomendamos subir a vela alí.....por agora. Pero cando, en pouco tempo, os visitantes da nosa cidade, ou os propios que retornen a ela, que cheguen pola Terceira Ronda, tamén coñecida como Río Bravo, verán a Torre alzándose cara ao ceo katangueiro....proa mariña da Coruña toda!!!!!!

Mirade senon cómo quedou este katangueiro en canto soubo do nomeamento da Torre como patrimonio del, que tamén é humanidade....aínda que coste aprecialo!!!!!

"É que prometín subila cen veces nun día se se conseguía o choio!!!!"



"Tamén vos digo que se non chegan a darlle esa distinción.....aquí se ía liar unha que nin nunha redada en Pena Moa tal se viu!!!!!!!!"

Noraboa a Katanga toda!!!!!! Vós tamén tivestes moito que ver!!!!!!

Aí vos queda esta foto para o recordo sacada desde os montes que protexen Katanga!!!!!!!

Mentiroso Mentiroso!!!!!!!!!



Xa estamos de volta, despois duns problemillas informáticos coa peña de Microsoft......que éstes si que vos son uns delincuentes perigosos.......igual que a xente do Ensanche e as súas Apatrullas Ciudadanas!!!!! que digo eu, e digo ben, que imos preparar en Katanga unha Apatrulla para ir a polos das Apatrullas Ciudadanas.........a ver se saímos todos no Telediario.

Os veciños do Ventorrillo tampouco axudan en moito a mellorar a concordia e a convivencia cidadá, xa que se ben é certo que sigue habendo trapi no barrio....xa hai tempo que non vivimos aqueles episodios de atracos constantes a comercios e persoas.....que xa estamos algo mellor, e que esta cidade non é tan chunga como a de Madrid, por exemplo, ou non digamos Logroño, con xitanos realoxados na mesma cidade vella da cidade. Imaxinade isto aquí!!!!!!! pero, claro, o PP goberna esas dúas cidades e.........

Total, que aí vai un vídeo adicado aos chiculinos de Feijoo e Carlitos Negreira!!!!




Abur, yogur!!!!