¿Resulta acaso unha lousa tan pesada vivir nunha cidade europea de tamaño medio, como é o caso da nosa marineda e katanguista extensión urbana e humana, que resulte pouco menos que imposible triunfar en calquera das artes plásticas e/ou drásticas que nos propoñamos si no y sólo si no nos trasladamos a vivir a Madriz, rompeolas de todas as katangas, e operamos desde alí? É isto posible?
Os nosos Amigos Popeiros cren que non, aínda que as probas e a experiencia digan, máis ben, o contrario. Eu, como xa vos vou rancio, non podo menos que lembrar a Radio Océano, un grupo de moitísimas máis excelencias que moitos e moitas que pululan por aí agochados, á espreita do seguinte asalto, detrás das liñas defensivas dos corenta abominables!!!
O certo é que salvo Xoel Deluxe, que tivo de marchar á capital estatal katangueira, e algunha aparición de Pablo Bicho, outro que tal, non sabemos de grupos locais que puidesen ter obtido a recompensa, cando menos, de que se lles escoitase e dese unha oportunidade. Triste sino o do pop en Katanga!!!!!!
Pero eis que os Amigos Popeiros insisten en que escoitemos e valoremos (nota de Katangueiro: sería mellor "valoricemos") o ambicioso traballo destes tipos tan próximos a Katanga...polo menos así o está o seu local de ensaio: ao sur do Río Lobo ou Ronda de Nelle, nas beiriñas máis septemtrionais do Río Bravo ou Ronda de Outeiro. Amigos de Katanga, pois.
Estes rapaces, que se chaman NOC, veñen de poñer á venda o seu primeiro cd titulado "Negroscurocasiclaro". Os Amigos Popeiros recoméndano (nota de Pacotrón; e eu tamén). Podedes coñecer algo máis de todo este enredo musical AQUÍ MESMIÑO.
Sigo sendo apenas un excéptico para este tipo de apostas (nota de Katangueiro: non sei por qué Pacotrón ten que meter notas nas miñas entradas), e máis se proceden dos nosos espirituosos Amigos Popeiros, pero non estaría nada mal, e xa lle iría sendo hora, que por unha vez o grupo máis escoitado -esperamos que fóra dos corenta indesexables, of course-, estea formado por unha peña galega de aquí, e non por subprodutos niñato-madrileñoides ou caribeño-perralleiros de quita, sobre todo de quita, e pon!!!! (nota de Pacotrón: ou de Pin e Pon, que tamén).
KATANGUEIRA DESPELOTADA: Uf...por fin...qué paz....Este Katangueiro e os seus gustos musicais tan mamarracheiros e ranciotes!!!!!! Mira que traer para as vacacións a discografía completa de TODOS os triunfitos, os máis patéticos tamén!!!!! Dáballe así, e así e así.......!!!!
Uf,en fin...vaia liada me monta a Katangueira desta vez.....Aburete yogurete!!!! (nota de Pacotrón: é que a culpa é túa, neno, por prea e borde) (nota de Katangueiro: quita daí pero xa, rata de sumidoiro!!!).









