Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta temporal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta temporal. Mostrar todas las entradas

Lloviendo piedras......



Hoxe pola noite semellou que chovían pedras por Katanga toda!!!!

"¡Mire usted que no son piedras, mi señor Don Quijote, que son ranas!"

Qué ranas nin que nada....era granizo, como lle corresponde a esta época do ano.

O que ocorre é que, no do granizo, hai para todos. Así que este pobre katangueiro tivo que comprarse estes marabillosos sombreiros protectores...que non vos conto o que levo entre as pernas, que me censuran o blog!!!!!!

É que cando graniza así, caen de arriba e caen de abaixo para arriba. Cousas da física cuántica do demo!!!!

Na entrada anterior advertinvos dunha granizada que estaba a caer, precisamente, sobre Katanga. Iso obrigounos a quedar a cuberto, e así seguiremos. Na nosa casiña. Pero é de xustiza recoñecer que SEMPRE aparece alguén disposto a axudarte e cubrirte. Iso debémolo agradecer, e así o facemos.

Reproduzo a continuación o comentario que nos dirixiu un dos administradores do blog novomesoirense en canto soubo da nosa decisión (inamobible) de retirar este blog do "mundillo" dos comentarios...por se as usurpacións.....

Este administrador, Dalí, é evidentemente unha persoa, cando menos, educada e respectuosa. MÁIS CA NÓS, SEN DÚBIDA (aínda que non somos tan malotes como se nos quere poñer, eh? Pura fama). Como non sei se ledes ese blog veciñal, aquí vai o texto completo xunto ao noso agradecemento.

DALÍ: "Lamento esa decisión, Katangueiro. Y, si cambias de opinión, como me gustaría, aquí siempre serás bienvenido. Mientras tanto, seguiré leyendo tu blog como hasta ahora, que es verdad que me parece muy divertido (aún me estoy riendo ahora de lo del pato Lucas y tal), aunque a veces hay que frenar un poco, porque detrás de los comentarios, al fin y al cabo, lo que hay son personas defendiendo, con mayor o menor fortuna y mejores o peores formas, sus propios intereses, igual que vosotros.

Si alguien dice algo en tu contra, estás en tu derecho de responder, pero hay que tener cuidado de no ponerse al mismo nivel y evitar siempre llegar a lo personal. Por ejemplo, yo no pienso que, por el hecho de ser sus administradores y escribir cosas que puede leer todo el mundo, los que llevamos los blogs vecinales seamos personajes públicos. Simplemente, hacemos uso de la misma libertad de expresión que ofrecemos a nuestros usuarios al permitirles comentar, de forma anónima, las noticias que publicamos.

Con respecto a la suplantación de identidad, en este caso creo que es bastante inocente, pero si quieres que edite o elimine el comentario (cosa que no creo que sea necesaria porque ya ha quedado muy claro que no eras tú), dímelo y lo haré. A pesar de ser informático, yo también me fijo sólo en los nombres y no suelo prestar atención a las direcciones IP a menos que el comentario me resulte particularmente chocante, y por eso no me dí cuenta esta vez, pero a veces yo también cometo mis errores y tengo que rectificarlos".

Reconfórtanos o teu comentario, pero non é suficiente. Hoxe o texto "usurpado" non tiña importancia ningunha, é certo, pero e mañá???? Graciñas de novo.


Eso, eso....vosotros arreglando vuestras diferencias y yo aquí...sin ayuda, sin nadie que hable de mi, buscándome la vidilla.........frikis!!!

Kastigo social estilo Katanga



Como quen as fai ten que paghalas, aquí temos ao probe insensato encargado da seguridade laboral daquela obra do outro lado do Río Grande (Ronda de Outeiro), á altura de Julia Minguillón, cumprindo unha pena de Traballo Social para pagar RADICALMENTE a súa falta de atención.

Meu Deus!!!!!!!! ¿Qué é o que hai que estudar para traballar nisto?

Se non sabes de que vai a historieta rememora estas dúas notas colgadas hai uns días:

Foto de obra cochambrosa no medio do temporal
Un día despois…..continúa a cochambre




>

Here comes the sun (despois da tempestade vén a calma)


Nestes momentos son as 16:59 horas e disfrutamos dunha tarde pre-primaveral. Efectivamente, katangueiros e katangueiras. Isto non é Hawai....nin falta que fai.

Tardes como a de hoxe convidan a plantar o blog..........

Foto tomada o luns 9 ás 18:45 (un pouco movida)


Como vedes,e pese a que por alí sopraba algo de vento, Katangueiro deuse unha voltiña pola outra beira do Río Grande (enténdase Ronda de Outeiro) e viu esta desfeita de obra. Ultrapreparada para o temporal, como podedes ver. Ai meu, menos mal menos mal que non foi o que dicían, porque, se non, se ían enteirar na rúa Julia Minguillón.
A calidade da foto, tomada en movemento, non é moi boa, vale, pero paga a pena ver este estropicio que algúns chaman seguridade no traballo

Novas katangueiras do día

Pois nada. Ante todo moitas grazas aos administradores blogueiros da Coruña pois xa se puxeron en contacto con nós para felicitarnos e darnos ánimo. Algún tamén para advertirnos do curro que dá este choio. Benvidos todos!!!!!!!!!!!

Hoxe apareceron dúas novas que fan referencia directa ou próxima ao noso barrio. Un foi o accidente protagonizado por un fitipaldi cargadete cargadete (eses chupitos) que montou unha de tuneiro pola Ronda de Outeiro á altura do Colexio da Sagrada Familia. Sempre considerei que moitos edificios deste barrio semellaban primos-irmáns urbanos do Grupo Divina Pastor, aínda que sexa pola relación celestial. Equilicuá unha boa foto da Divina Pastora e que nos colla confesos:

E esta é a foto do accidente de onte na sagrada:

Podedes ler aquí mesmo a noticia completa da Opinion da Coruña

Como temos un sentido amplo e expansionista da barriada, vamos, que somos uns chupóns, incluímos esta nova referida ao embrollete do Parking dos Mariñeiros que podedes ler http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009020900_2_259217__ACorunaMetro-promotora-parking-recurre-sentencia. Pero se queredes saber por qué a promotora recurre, visitade este enlace:
Veciños gañan pleito
Polo demais, seguimos co temporal este. Seguireivos informando sobre este tema se consigo algunha boa foto ou hai algo realmente que contar.
Agharrádevos ben ao suelo e deixar os bugas en lughares seguros. Bicazos.

CONFIRMADO: MAÑÁ NON HAI COLE (e nós con estes pelos)


A Xunta de Galicia, a través dun comunicado da Consellería de Educación, decidiu suspender "toda actividade escolar" por "un episodio de metereoloxía adversa", ou sexa, que vén outro temporal, que é como dicimos por aquí. Está claro que, despois de ver os efectos do KLAUS , semella a medida máis apropiada.....que todo o mundo protesta pero cando ocorren desgraciados accidentes como en Cataluña.....todo o mundo pide responsabilidades.
Lede o comunicado completo no seguinte enlace:

Comunicado da Consellería de Educación

Esperemos que polo alto da Agra non teñamos nigunha desgraza que lamentar, que xa sabedes como sopra por aquí o vento cando sopra de verdade.