Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta Mariñeiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mariñeiros. Mostrar todas las entradas

A rehabilitación das Casas de Franco

Compartir
by Pacotrón


Anúncianse varias medidas e actuacións onde a nosa querida Katanga aparece cun protagonismo ao que non estamos en absoluto acostumados por aquí. Os inminentes amaños das rúas dos Mosteiros -soa como se se tratase dunha rota turística do interior...- van acompañados do anuncio de rehabilitación do núcleo dos Mariñeiros e agora á solicitude do Concello ante a Xunta para declarar Área de Rehabilitación Integral as coñecidas como Casas de Franco.

A ver se é verdade, que nestes tolos tempos que nos toca vivir semellan escasísimas as veces en que as prioridades dos humildes se antepoñen aos dos poderosos!!!!



Xa sabedes que aquí gustaron moitísimo as obras de rehabilitación das vivendas do Carmen en Labañou. Modélicas e subvencionadas con cartos da anterior Xunta bipartita, así como as da Sagrada Familia, das que se fala estes días por uns cables á vista que semellan entrar na tradición cultural da miseria, humana ou material, que de todo hai, tan común neste noso País Katanguista!!!!

Por alí pasou estes días Carlos Marcos, á espreita da carnaza como avutre carroñeiro, montando un
tingladito de supostos afectados -el mesmo e os seus coleguis surrealísticamente autoincluídos- onde o de menos son as auténticas razóns desa desfeita que afea -e algo máis- outra obra de rehabilitación tan necesaria como modélica.


Grupo de vivendas do Carmen, Labañou


O anuncio desa petición do Concello ante a Xunta, no que respecta ás Casas de Franco, vén comentado na nova web 2.0 do Ideal Gallego. Podedes seguilo AQUÍ.

Atendendo ao nome suxerentísimo destas vivendas e ao perfil de santidade nacionalo-católica que destila esta Xunta de Galicia y Aragón, cremos que esta petición non caerá en saco roto, como si caeron outras relativas ao ensino público, á sanidade pública (
VER AQUÍ) ou aos beneficios públicos (véxase o caso do Decreto dos molinillos levado polo vento....).

E xa que falamos de recortes, un adianto: os recortes anunciados polo Goberno Central non supoñen, de facto, que os máis humildes paguen as facturas dos destrozos que causaron os señoritos por iso de que éstes nunca nunca nunca levan solto enriba???

Continuará....fijo.....



Os sete piares da infamia: urbanismo e demagoxia

by Katangueiro

Existe unha opinión moi xeneralizada, mesmo en sectores pretendidamente ilustrados, que adoita responsabilizar da meirande parte das desfeitas urbanísticas que contemplamos ao período histórico -e histérico- denominado "franquismo".

Non somos os katangueiros uns defensores ou valedores das "bondades" do Réxime que instaurou o ferrolán en 1936 na nosa casa e, a partir do 1 de abril de 1939, no conxunto do Estado katangueiro todo. Pero se imos falar de urbanismo, así ao gordo, teño que dicirvos que as aberracións permitidas polo entramado de poder opusdeísta-falanxista quedaron en anécdotas divertidas en comparación ao que se viviu na Coruña desde a chegada da democracia.

O certo, por moito que nos doa, é que naqueles tempos de necesidade apostouse por unha expansión da cidade nucleada arredor de novas promocións de vivenda pública -con entrega de chaves brazo en alto e todo- que enchían o noso extrarradio de familias, as máis das veces de procedencia rural e moi humilde, á par que, por supostísimo, se premiaban algunhas fidelidades familiares de vellos combatentes da Cruzada, ou familiares destes, ou amigos destes, ou vai ti saber......


CIUDADANO ESPAÑOL: ¡Pero deme ya esas p. llaves, señor, que son para mi y para mi humilde familia!
TECNÓCRATA: No tero, no tero.......


Pero grupos de vivendas como Palavea, Carmen, María Pita, Mariñeiros, Franco, Juan Canalejo, Sagrada....etc forman parte da historia urnbana que conformou toda unha época.

A maior abundamento, a expansión urbanística privada contou cuns arquitectos que afiaban o enxeño para, cos mínimos custes, levantar da nada centos e centos de inmobles que se precisaban para cubrir a crecentísima demanda provocada pola emigración interior. Falamos, claro está, daquelas vagas de seres humanos procedentes do contorno rural que se achegaban á Coruña á procura dun futuro mellor ou, tan só, dun futuro a secas. Un exempliño?. O barrio dos Mallos e, moi sinaladamente, a Praza Padre Rubinos, cuxa foto inaugura este texto e que aquí abaixo se nos volve aparecer en todo o seu irrepetible esplendor!!!!!


A "dobre" Praza Padre Rubinos contemplaba unha parte oeste (na imaxe), que recibía o sol da mañá, e unha parte leste, que o recibía de tarde.


A partir de finais dos sesenta, e sobre todo na década dos setenta, o tardofranquismo dos tecnócratas deu xa mostras abondosas de especulación urbanística e falta de rigor en canto aos volumes e a estética. Cousas do "desarrollismo", seica.

Chegados a este punto, resulta moi difícil de explicar cómo as tres décadas e pico de democracia non supuxeron a corrección deste novo modelo especulativo vizoso, se non pola conta, polo menos no caso da nosa cidade, o triunfo absoluto da especulación como modelo de desenvolvemento urbano e, por tanto, a rendición total de todas as forzas que apostaban, e apostamos, por un urbanismo humanista. Nunca tanto se avanzou, no económico e social, pero nunca tanto se estragou. Zona histórica incluída.

Efectivamente, lévanse aprobado na Coruña dous Planos Xerais. O de 1985 foi chamado do incumprimento, xa que destacou máis polo pouquísimo que se respectou que polo cumprimento das súas propias normas. O de 1998 levounos ao punto de partida actual:


Padre Rubinos-leste na actualidade. Todo legal.


Padre Rubinos-oeste na actualidade. Todo legal. Ollo, porque a ocupación do solar foi tan completa que eliminou o patio interior existente do que disfrutaban os veciños colindantes. Bravo!!!!



Centro financeiro de Madrid???? Non, Ronda de Outeiro á altura (nunca mellor dito) dos Castros.


Ao lado, outro bo exemplo do noso "particular" urbanismo moderno que seica hai que conservar...in aeternam!!!!!



En plena Ronda de Outeiro, á altura de Katanga, gozamos do urbanismo "serra"....pero non do Courel, que é suaviña, se non alpina!!!! A qué se igualou ese edificio, exactamente?????? Defende o Partido Popular, realmente, a pervivencia deste modelo máis aló do tempo e do espazo????



Inicialmente, a Divina Pastora queda fóra de Ordenación. Persoalmente teño as miñas dúbidas ao respecto de que estivese algunha vez "ordenada".....



O seu impactante volume non se disimula nin coa chegada da escuridade. Urbanismos como este son os que degradan un barrio e fan que os pisos coticen á baixa. Un piso de dez anos dos Rosales vale máis que un piso de dez anos na Agra....Onde está a diferencia???? Na diferente relación que se estableceu entre vías, espazos públicos e alturas. Nin máis nin menos.



Aquí, un precioso contrapicado....Ai, que se nos cae enriba!!!!!!!



Hai que recoñecer que o franquismo tamén nos deixou "proxectos" de rúas imposibles. Tamén na Ronda de Outeiro, á altura dos Castros.....Qué cruz ten esa xente!!!!!


Por recomendación d'O Traveseiro, deixámosvos unha impactante imaxe tomada desde Cidade Xardín: o edificio Televés......cómo o ves?????
VECIÑA DO EDIFICIO: Uy, pues las vistas son maravillosas.....
VEICÑA DO EDIFICIO DO LADO: ¿as vistas de quen...?


O impresionante proxecto de rehabilitación levado a cabo nas vivendas de "Nuestra Señora del Carmen" pon en valor as políticas de promoción pública de vivenda, independentemente da época na que se desenvolveron. Comparade, comparade....inclúe zonas verdes e pistas deportivas de serie!!!!



A falacia da estratexia do PP á hora de atacar violentamente o Plan que se pretende teña A Coruña para o seu futuro é que parte de dúas premisas falsas que vertebran todo o seu discurso. Vexamos:

1. Os pisos fóra de ordenación devalúan o seu valor.
Mentira gorda. Os pisos do Edificio Fenosa son moitísimo máis caros que os de Vila de Negreira. So, eran e serán. Dá o mesmo que nunca entren en ordenación. Están en solo máis caro e fixéronse con mellor calidade, que é o que se paga aquí realmente!!!!
Item máis: os pisos con vistas á Ría da zona de San Amaro sempre subirán ou manterán o seu prezo, por moi fóra de ordenación que queden. Os pisos de rúas estreitiñas con alturas que impiden o paso do sol tenderán a baixar, por moi dentro da prdenación que estean.

2. Expóliase aos cidadáns eliminando alturas e devaluando os seus pisos. O novo Plan é o principal problema que ten esta cidade.
Mentira aínda máis gorda, se cabe. Por sorte ou por desgraza -eu creo que por desgraza- a lei é moi permisiva cos desmanes urbanísticos do pasado. O que se fixo mal seguirá aí. O que se pretende é poñer punto e final a ese modelo de crecemento que non é útil, práctico, humano, sostible ou simplemente sensato. Nin tan siquera nos fai ricos a todos. Coma sempre, os petos que se enchen son poucos e coñecidos.
O problema urbanístico da Coruña NON É QUE SE QUEIRAN TIRAR EDIFICIOS DE OITO PLANTAS para deixalos en catro...non non non. O problema que VIVIMOS ACTUALMENTE é que se tiran edificios de catro alturas-vivenda e se sustitúen por oito alturas, en ocasións con DÚAS VIVENDAS en cada......Toma densidade!!!!!!
Aquí non se perden os aforros por vivir nun edificio fóra do Plan. Sempre houbo edificios fóra do Plan (fóra parcialmente, como é o caso) e sempre subiron de prezo. O QUE SI QUE FAI PERDER OS AFORROS é adicar medio soldo de toda a túa vida laboral en pagar un piso onde, en moitísimas ocasións, non se recibe nin un só raio de sol, non hai espazos públicos, non hai unfraestruturas mínimas, non hai máis que gris e escuridade. Ah....e moitísima humidade e moitísimo gasto de enerxía en inverno!!!!

Disque se vén un terremoto ou cae un meteorito no teu edificio, non o poderás levantar de novo se está fóra de ordenación. En fin, a parte de que isto é totalmente falso, qué cousas pasan pola cachola da xente en caso de derrubamento da súa vivenda!!!!! En vez de pensar en se salvas a vida e cómo, só estás preocupado por se o teu piso devalúa o seu prezo "probable" no mercado......Ai, ai, ai, ai......Cómo puidemos chegar a isto!!!!!



Placa que pervive na frachada dalgúns edificios katangueiros e da Agra toda. Memoria histórica urbanística!!!!

Graciñas pola vosa atención...Aí vos queda un documentaliño sobre o impacto do mal urbanismo na vida das PERSOAS......si, das PERSOAS......iso que semella non cotizar no mercado. Ata pronto!!!!!


Unha historia de redeiras e grúas, by RECDEIRAS.




PACOTRÓN: Este Katangueiro volveu enredarse no espiñento asunto ese do urbanismo.....voulle botar unha bronca dixital e virtual que te caghas!!!!!



Novas katangueiras do día

Pois nada. Ante todo moitas grazas aos administradores blogueiros da Coruña pois xa se puxeron en contacto con nós para felicitarnos e darnos ánimo. Algún tamén para advertirnos do curro que dá este choio. Benvidos todos!!!!!!!!!!!

Hoxe apareceron dúas novas que fan referencia directa ou próxima ao noso barrio. Un foi o accidente protagonizado por un fitipaldi cargadete cargadete (eses chupitos) que montou unha de tuneiro pola Ronda de Outeiro á altura do Colexio da Sagrada Familia. Sempre considerei que moitos edificios deste barrio semellaban primos-irmáns urbanos do Grupo Divina Pastor, aínda que sexa pola relación celestial. Equilicuá unha boa foto da Divina Pastora e que nos colla confesos:

E esta é a foto do accidente de onte na sagrada:

Podedes ler aquí mesmo a noticia completa da Opinion da Coruña

Como temos un sentido amplo e expansionista da barriada, vamos, que somos uns chupóns, incluímos esta nova referida ao embrollete do Parking dos Mariñeiros que podedes ler http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009020900_2_259217__ACorunaMetro-promotora-parking-recurre-sentencia. Pero se queredes saber por qué a promotora recurre, visitade este enlace:
Veciños gañan pleito
Polo demais, seguimos co temporal este. Seguireivos informando sobre este tema se consigo algunha boa foto ou hai algo realmente que contar.
Agharrádevos ben ao suelo e deixar os bugas en lughares seguros. Bicazos.

Primeira pedra do Ágora

Efectivamente. O pasado xoves 28 de xaneiro o Alcalde, acompañado dunha boa representación de concelleiras e concelleiros da Coruña, "líderes" máis ou menos veciñais e demais séquito, iniciou con grande ledicia a tan atrasada como desexada obra do Centro Socio-Cultural ÁGORA que, como todos e todas sabedes, estará aquí mesmo, en Katanga Katanga, e prestará (iso din )servizo aos barrios de Agra, Ventorrillo, Katanga, Mariñeiros, San Pedro de Visma.......nunha obra moi ambiciosa que inclúe Auditorio, Salas de lectura, espazos cubertos, Ludoteca.....Esta é a foto do evento:
O Alcalde,que estivo acompañado da Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá Margarida Vázquez, a de Cultura, María Xosé Bravo, ou o presi da A.VV. Agra, o inefable Paco Graña, contrario ao Centro, indicou moi rufo que:
Hoy el nuevo centro cívico cultural Ágora aspira a convertirse en la piedra angular de una ciudad «social y culta» y con el que se da «un paso más» en el camino iniciado hace 20 años por el Fórum Metropolitano.
.....calificó el Ágora como «el más grande y el mejor» de los centros cívicos, sociales y multiusos de la ciudad, que será un polo de atracción para los vecinos del Agra, Visma, Mariñeiros, del Ventorrillo, Labañou y de Los Rosales.
VOZ DE GALICIA


De todos os xeitos, e como sobre os soños non hai nada escrito, así vén sendo o modelo de Centro Socio-Cultural que agardan os administradores e administradoras do Blog Agra del Orzán (non confundir co Blog da Asociación de Veciños da Agra):

Fóra a broma, animámosvos desde Katanga-Koruña a bloguear coa xente dos barrios desta cidade que , coma nós, abre espazos de debate e comunicación. Aínda así,visitade o seguinte enlace e comprobaredes que o noso é máis chulo:

Blog Agra del Orzán (así o chaman)

Moi próximamente colgarei aquí os planos dese Centro, pero xa vos adiantamos de que este ágora aínda vai dar qué falar. E se non que llo digan ás disputadas asociacións
de veciños da zona ( Agra, Ventorrillo, Conchiñas.......)