Páginas

A rehabilitación das Casas de Franco

Compartir
by Pacotrón


Anúncianse varias medidas e actuacións onde a nosa querida Katanga aparece cun protagonismo ao que non estamos en absoluto acostumados por aquí. Os inminentes amaños das rúas dos Mosteiros -soa como se se tratase dunha rota turística do interior...- van acompañados do anuncio de rehabilitación do núcleo dos Mariñeiros e agora á solicitude do Concello ante a Xunta para declarar Área de Rehabilitación Integral as coñecidas como Casas de Franco.

A ver se é verdade, que nestes tolos tempos que nos toca vivir semellan escasísimas as veces en que as prioridades dos humildes se antepoñen aos dos poderosos!!!!



Xa sabedes que aquí gustaron moitísimo as obras de rehabilitación das vivendas do Carmen en Labañou. Modélicas e subvencionadas con cartos da anterior Xunta bipartita, así como as da Sagrada Familia, das que se fala estes días por uns cables á vista que semellan entrar na tradición cultural da miseria, humana ou material, que de todo hai, tan común neste noso País Katanguista!!!!

Por alí pasou estes días Carlos Marcos, á espreita da carnaza como avutre carroñeiro, montando un
tingladito de supostos afectados -el mesmo e os seus coleguis surrealísticamente autoincluídos- onde o de menos son as auténticas razóns desa desfeita que afea -e algo máis- outra obra de rehabilitación tan necesaria como modélica.


Grupo de vivendas do Carmen, Labañou


O anuncio desa petición do Concello ante a Xunta, no que respecta ás Casas de Franco, vén comentado na nova web 2.0 do Ideal Gallego. Podedes seguilo AQUÍ.

Atendendo ao nome suxerentísimo destas vivendas e ao perfil de santidade nacionalo-católica que destila esta Xunta de Galicia y Aragón, cremos que esta petición non caerá en saco roto, como si caeron outras relativas ao ensino público, á sanidade pública (
VER AQUÍ) ou aos beneficios públicos (véxase o caso do Decreto dos molinillos levado polo vento....).

E xa que falamos de recortes, un adianto: os recortes anunciados polo Goberno Central non supoñen, de facto, que os máis humildes paguen as facturas dos destrozos que causaron os señoritos por iso de que éstes nunca nunca nunca levan solto enriba???

Continuará....fijo.....



7 comentarios:

  1. Sólo por incordiar.....16 de mayo de 2010, 13:27

    ¿Las Casas de Franco son también propiedad de los Franco o ya se las quitaron a Carmencita?

    ResponderEliminar
  2. Off topic

    Hola tocayo! XD

    Soy chica, de Barcelona y necesitaba un nombre de guerra, como tú lo llamas, "neutral" en cuanto al género, pq cuando empecé en esto de la red lo hice a través de los chats y "María" era un imán para los moscones, así q de alguna parte salió lo de katanga, me gustó y me lo quedé. Lo uso desde hará la friolera de 15 años más o menos. Nada q ver con tu barrio coruñés, yo sólo tenía la referencia congoreña. De hecho, me enteré de la existencia del mismo bastante tiempo después. Pero vamos, q de lío nada, no hay cientos de miles de Pacos? Pq no iba a haber un par de decenas de katangas distribuidos por la red? jaja

    Saludos :)

    ResponderEliminar
  3. A la hora de acometer la rehabilitación de un grupo de viviendas como pueden ser las Casas de Franco, a mi al menos, me parece primordial que se instalen ascensores en ellas, entiendo que gran parte de los que residen en ellas son personas de edad avanzada, algunas con limitaciones de movilidad y supongo que también habrá parejas jóvenes con críos pequeños.
    Pero independientemente de todos los citados anteriormente, el ascensor es algo fundamenteal en cualquier bloque de vivienda colectiva.
    Si el diseño de las viviendas no permite poner ascensores con acceso a nivel de cada planta, entiendo que es mejor derribar lo que hay y promover algo nuevo con unas mejores condiciones de accesibilidad y habitabilidad.

    ResponderEliminar
  4. Pois eu coincido nisto contigo, Jesús. Ás veces é mellor tirar e volver levantar, garantindo aos habitantes desas casas un piso mellor nas novas vivendas e, así, construír tamén con outro criterio.

    ResponderEliminar
  5. Salut, Katanga73. Bienvenida a nuestro barrio. Por aquí colaboramos, es un decir, dos katanguistas y una katangueira....a los que hay que unir alguna que otra amiguiña...
    El sobrenombre de nuestro barrio, ya que realmente somos una pequeña parte del Agra do Orzán, viena a cuento de la cruenta guerra que se cebó con Katanga, la real, y que sirvió para definir irónicamente a esta parte de A Coruña que destacaba por una fama, más o menos merecida, de territorio comanche. En los setenta, y aún en los ochenta, era famosa por los encontronazos violentos de puños, piedras y arma blanca con el barrio conocido como "Korea", otro territorio indómito marcado por la presencia de viviendas sociales. Ahí radica un poco ese gusto por definirnos negativamente. Aún hoy en día los barrios de promoción pública suelen generar en parte de la población sobrenombres o actitudes "despectivas". Así nos luce el pelo....Saludos y besiños!!!!

    ResponderEliminar
  6. Anónimo de Katanga18 de mayo de 2010, 12:03

    As Casas de Franco son, desde hai ben anos, propiedade dos seus adxudicatarios, quen xa liquidaron unha cantidade de diñeiro en función do tempo que levaban alí e liquidaron o que era o Patronato. Isto diferénciaas das Casas do Carmen, que son municipais e os seus habitantes meros arrendatarios.

    ResponderEliminar
  7. pOLO MENOS marcos VEO PO EIQUI,outros falan pero nin saben onde estamos.Ben por marcos e punto.

    ResponderEliminar