Páginas

Renovación e cambio de pavimento en Katanga!!!! Buá, neno!!!!

by Katangueiro

Nesta imaxe da rúa Mosteiro de Sobrado tomada ao atardecer desde a esquina da rúa Mosteiro de Bergondo amosa os cambios que se están acometendo no pavimento do noso barrio. A apariencia é manifestamente mellor, a mobilidade tamén gaña enteiros. As esquinas impiden o aparcamento nelas, como viña sendo historicamente habitual. A parte que linda co Centro Boandanza e a Parroquia tamén foi ancheada, imaxinamos que para a tender as aglomeracións de xente que alí se producen coincidindo coas diferentes entradas e saídas a ambos os dous centros.

A pregunta que me fan os/as katangueiros: onde aparcamos agora?????

Eu non teño resposta. Por iso valoro moi moito vivir nun piso con praza de garaxe fronte a vivir nun piso sen praza de garaxe. Non todo o mundo mira iso. En todo caso, amiguetes, acaso nunha cidade europea moderna debe primar o vehículo ante a persoa????

Respondan, respondan....

4 comentarios:

  1. ¿Dónde aparcamos en su ´día los residentes de la C/ Barcelona, cuando se peatonalizó en 1.992?.
    ¿Dónde aparcaron los residentes de la prolongación de la C7 Barcelo, Andrés Gaos, etc, cuando se peatonalizaron?.
    Señores haya que tener menos dependencia del automóvil y desplazarse más en los transportes públicos y a patitas que es muy sano.

    ResponderEliminar
  2. Eu non teño moita idea, a verdade, nin tampouco grandes respostas. Espero que os veciños e veciñas poidan desfrutar da mellora da zona. Vivimos nunha península e o espacio é o que é, non hai máis. Como facíamos antes? Tendo en conta o limitado dos recursos petrolíferos (estamos ante a enésima suba de combustible)non estaría mal empezar a imitar outros modelos de urbanismo e potenciar o transporte colectivo. É responsabilidade nosa esixilo, para iso pagamos impostos. Tamén é responsabilidade nosa un cambio de conciencia. As cidades actualmente están deshumanizadas.
    Eu miro con envexa lugares como Asturias (que bonito está quedando Xixón!), Cantabria e Euskadi, que tampouco se viron libres da cobiza inmobiliaria.

    http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=773362

    http://www.urbanismo.com/arquitecturayurbanismo/el-litoral-norte-de-espana-%C2%ABimita-el-modelo-devastador-del-mediterraneo%C2%BB/

    ResponderEliminar
  3. Unha arboriña inda que fose en cada esquina non lle viría mal...
    [deprime ver tanto cemento... e resulta tan despersonalizado. Que lles custaba?]

    ResponderEliminar
  4. Unha árbore e un banquiño debaixo del, e xa temos un centro de reunión cidadá.
    Non perder a veciñanza. Para un vello con dor de costas e unha velliña con dor de pernas hinchadas, aterroriza esa vista!

    ResponderEliminar