El pensador repensado. Anónimo. Colección da Baronesa de Pitiminí. Escola vallisoletana. Século XIX.
Que teima che nos ten a dereita esteparia -o conservadurismo centralista, mesetario e castellano no sentido pexorativo da palabra- coas acepcións da palabra "galego" en todas as súas variantes de número e xénero. Ao final vai ter razón o mei colega ferrolán e á peña vaille máis a marcha que outra cousa. Explícome.
No que vai de século XXI ningunha comunidade española, autonomía ou región, tivo que soportar comentarios tan desagradables como os que nos dirixiron destacados líderes políticos. Rosa Díez supuraba esquizofrenia xenófoba, ela precisamente, contra os galegos nas súas opinións a respecto do Presidente, o señor Zapatero, e do líder do PP o señor Rajoy. Tanto aguantarlle a chapa de ETA e dos "vascos y las vascas", que é do que vive esta señora, e agora resulta que o que de verdade a anoxa é "los gallegos y las gallegas", ou, como diría Don Manuel, "lo gallego, y punto".
O señor Montilla definiu o traballo parlamentario de CIU como propio de galegos, que non se sabe se suben ou baixan. Pero canto tempo teremos que seguir explicando que o galego si que o sabe, que o que non sabe é o que pregunta!!!!!! (Arsenio dixit). Que vergoña, todo un presidente de Cataluña!!!!!!
Pero agora, a espectacular irrupción do ex-Presidente Aznar no debate supuxo un salto cualitativo e cuantitativo no (suposto) menosprezo. Resulta que para este imperialista fracasado o seu candidato a Presidente, o señor Rajoy, tenlle de problema para ser GALEGO!!!!! Discrepo, discrepo, discrepo, discrepo!!!!!!!
Para comezar, quitado o de nacido en Pontevedra, non teño eu moi clara a galeguidade de monsieur Rajoy. E de segundas, de ser absolutamente galego, cen por cen folclor regional, tampouco lle vexo eu a pega. Máis ben ao contrario. Todo un beneficio ser galego na política española, non crean.....
Galego é Manuel Fraga, fundador do partido onde militan estes señoritos, o Partido Popular, o gran partido do conservadurismo español democrático (cando menos de facto, se non de acto...), como galego era Pablo Iglesias, fundador do Partido Socialista Obrero Español, a formación política que máis eleccións democráticas gañou na historia e que, por tanto, máis tempo gobernou. Por se non chegaba, xa antes fundara a UGT.
Galego era, bastante, o falecido ex-Presidente Calvo Sotelo, quen descansa en paz en Ribadeo, a petición expresa do defunto. Galegos eran a metade dos políticos que un día fundaron a UCD, un partido imprescindible para entender a transición do franquismo á democracia burguesa.
Galego era tamén Francisco Franco, persoeiro que aínda escoce entre as hostes dereitosas por tanto non se dan aclarado á hora de desprenderse totalmente do seu legado. Lembren as agarimosas palabras de Don Jaime Mayor Oreja, outro vasco y vasca preocupadísimo pola lacra de ETA. "Hubo muchas familias que lo vivieron con naturalidad y normalidad", comentaba daquela. NON TE JODE!!!! E tamén con ledicia, verdade Don Jaime?????
Pois mire, señorito Aznar, que os galegos sonche moi perigosos na política española. Os dous partidos con opcións de gobernar a día de hoxe este Estado foron fundados por galegos, e non semella que isto cambie. Galego é entón Rajoy, e tamén o señor Blanco, que tanta acidez provoca nos comentadores da TDT ultramontana. E galegos seguirán sendo. E os de Fachadolid, como vostede, a chupar. A chupar roda, claro. E cala que non fosen galegos os etruscos, os faraóns de Exipto ou os vikingos que descubriron América........
AZNAR PENSANDO: Es que es gallego. Mariano es gallego. Y creo que ya lo sabe....mmmmmmmmm
RAJOY PENSANDO: No se si subirme o bajarme....claro, como soy gallego!!!! Bah, ya lo decidiré mañana.....
Joder, que tropa.....
Hai que explicar que tiven graves problemas informáticos que me impediron interactuar longo tempo con vós (o ordenata duraba uns minutiños sen comezar a apagarse e prenderse e facer as cousas típicas da nena do exorcista). O Katangueiro está, ademais, máis que enleado na creación dun proxecto mediático que está levando máis tempo do que se esperaba dalo á luz. A ver se temos novas pronto ao respecto....
ResponderEliminarUn pequeno apuntamento: sen ánimo de o defender nin o rehabilitar, hai que dicir que o ex President Montilla foi o único que se retractou e pediu desculpas por empregar o termo galego segundo a súa acepción máis prexuiciosa. Rosa Díez, por contra, reafirmouse aínda máis e -moito me temo -Aznar non vai ser menos. Dado como é, non o vexo eu recoñecendo erros nin enganos. El está moi por riba de todas esas cousas, que para iso é castellano (no sentido máis pexorativo, claro).
ResponderEliminarSaudiña!
Sería interesante (pode que ese non sexa o adxectivo que mellor acaia) poder "escanear" a mente e a alma de este individuo chamado José María Aznar, que parece ter o sistema nervioso central e o colon conectados: cada vez que fala, bota excrementos pola boca. O do xerrón chinés sobre os antigos presidentes que dixera Felipe González quédaselle pequeno. A súa arrogancia, os seus modais de novo rico, toda esa xenreira e rancor que supura, inspiran temor e noxo. Pode que teña que ver co seu pasado de inspector de facenda. Un inciso: recomendo ver unha comedia francesa, "La cena de los idiotas", na que constata un feito: nada hai máis perigoso que un inspector de facenda idiota e cabreado. Sen esquecer as Leis Fundamentais da Estupidez Humana", claro.
ResponderEliminar"Es que es gallego", "es que se comporta como gallega"... Grandes argumentos esgrimidos por personaxes como este, Rosa Díez ou José Montilla o único que expresan é a súa pobreza intelectual e pouco máis. A ler un pouco e a viaxar outro pouco máis, a ver se aprenden que os tópicos existen para superalos.
O de casposo (non só no sentido metafórico; parece ser que este home ten moita caspa, segundo a xornalista Maruja Torres, que tivo ocasión de tratalo) Jaime Mayor Oreja é insuperable. Claro, el fala da feira segundo lle foi nela, pero non todo o mundo viviu aqueles tempos con tanta placidez. En fin...
http://www.elpais.com/articulo/portada/Mayor/Oreja/cruz/elpepusoceps/20110220elpepspor_1/Tes
Myriam deixounos un comentario que non sei como aínda non o podedes ler e nese comentario indícanos que Josemari non é de Valladolid -ela, sen embargo, si-. É madrileño. Un erro atribuíble á miña persoa. Desculpas, Myriam, pola parte que che toca!!!!
ResponderEliminargalego tamen foi franco e millan.
ResponderEliminarsalud y republica
Esquecera a Millán Astray, ese coruñés de pro.....
ResponderEliminarGraciñas, Xan!!!!! Viva a República!!!! A terceira!!!! A Federal!!!!!
PAPISLOT adalah situs judi online yang terpercaya di Indonesia. Dimana kami adalah salah satu situs judi bola online, casino online dan situs judi slot online terbaik yang mencakup seluruh bidang permainan game online. PAPISLOT kini hadir sebagai salah satu judi slot online Indonesia yang didukung oleh customer service profesional online 24 jam dan anda bisa menghubungi kami via livechat , SMS maupun telepon.
ResponderEliminar