Páginas

Redvolución (ou redevolución, que che me vén sendo como máis daquí)

by Pacotrón


Hai pintadas que fan historia. Aquela de que “baixo o adoquín está a praia” identifica o espírito do maio francés de 1968. O Katangueiro non estaba alí.

Os oitenta quedaron marcados polas numerosas pintadas que adornaban o muro de Berlín. Habíaas de todo. Historias de amor, tráxicas, escatolóxicas, cognitivas e desiderativas. O katangueiro estábavos feito xa un mozalbete, pero tampouco andaba por alí.

Á altura destas atópase, sen dúbida, unha das pintadas que agromaron a conta da revolta nos países do Magreb. En concreto, en Túnez. Dicía: “Thank you, facebook”, realizada na principal avenida de Túnez para agradecer a esta rede social o seu acceso durante as revoltas. O Katangueiro xa estaba niso. Esta vez colleuno en plena modernidade.

Nestes momentos de incertidume sobre o que acontecerá nestes estados tal cal son Túnez, Exipto, Alxeria, Libia, Bahreim, Yemen, Marrocos...etc, o que nos desvela a actualidade informativa son as masacres perpetradas contra poboación civil indefensa, e mesmo fusilamentos masivos de membros do exército contrarios a esta barbarie, que están tendo lugar na Libia de Gadafi. Este curioso sátrapa, que comezou a súa andaina gobernativa aló polo 1969, pouco despois da revolta dos adoquíns de París, conseguiu “misteriosamente” manterse no poder mesmo despois de ter sufrido unha guerra contra o imperio USA. Sobreviviu a isto e a moito máis. Mantívose firme pese aos bloqueos e embargos que Libia tivo de padecer pola súa causa. E fixo amigotes, non vos creades. Aínda lembro a Don Manuel de visita ao “eixo do mal” cubano e libio. Cousas de Fraga, que dicían os seus azorados pola bronca internacional que o Estado gobernado por Felipe González tivo que aturar.

Pero ten este home outras amizades ben máis importantes e internacionais. O señor Blair e o señor Berlusconi, entre outros. Tamén algunha que outra altísima xerarquía deste noso Estado Katangueiro. No caso de Italia, mesmo chegou a dar unha conferencia ante mulleres, supoño que para falarlles de decencia e bo comportamento segundo a súa especial concepción. Seica esqueceuse de falar do bunga bunga...

O que máis me doe non é isto. Son minucias. O que me doe de verdade é saber que se está practicando un auténtico xenocidio e que a Unión Europea, unha vez máis, está a antepoñer os intereses económicos –de quen? Meus? Teus? Nosos?- aos dereitos humanos. Si, como na antiga Xugoslavia. Si, como en Irak.

Un amigo noso katanguista ten traballado en Libia. Volveu impresionado de cómo o Estado Libio estaba a atravesar o deserto con cables de alta tensión e auga potable, para facerllos chegar ao conxunto das tribos e pequenas poboacións que andan por alí dispersas. Era o caso de Gadafi o do bo ditador, o que dedica os recursos dos que dispón non ao seu enriquecemento persoal se non ao benestar e independencia do seu pobo. Todo isto, TODO, quedou estes días borrado polas marcas do sangue nas rúas, prazas e praias. Onde andará metido estes días aquel que perdeu o norte, sur, leste e oeste hai tanto tempo e que chegou definir o réxime libio como o único experimento viable de socialismo panarabista??? Qui lo sa.

Pero non desmaiemos nin caiamos na desesperación. Xa hai quen está a sacar un bo feixe de cartos a conta desta desgraza. Sube o barril de petróleo, fálase de reservas para 90 días, e xa temos os combustibles en máximos histórico-histéricos. Curiosa subida aplicada a combustibles adquiridos moito antes desta crise a prezos moitísimo máis baixos que os actuais. Para que protestar, dirán os jerifaltes da Unión? Business is business.

HARPO: Pois a min este Gadafi tenme un aire de familia que non sei, non sei....

Abur, yogur.....

5 comentarios:

  1. Hahahahahahahahaaaaa....pois si que ten un aire, si.....

    http://www.radiomundial.com.ve/yvke/files/img_noticia/t_gadafi_967.jpg

    ResponderEliminar
  2. Sería moi positivo que Gadafi tivera a lucidez e a intelixencia dalgún dos irmáns Marx e detivese o baño de sangue que está a sufrir Libia arestora. Tanto el como a súa familia están aferrados ó poder e ós privilexios que detentan. O amo non deixará tan fácilmente a súa máis prezada posesión (o país enteiro) e seguirá a falar de "socialismo revolucionario". Ultimamente era máis noticiable polas súas saídas de tono (a reunión con mulleres italianas, que ían para velinas, parece que era para convertilas á súa relixión, nada menos)e agora pola súa criminal resposta á revolta social. Non só Gadafi resulta un personaxe pintoresco; a súa familia daba para un entretenido culebrón televisivo:

    http://www.guardian.co.uk/world/2011/feb/21/wikileaks-guide-gaddafi-fractious-family

    Falastes dalgúns amiguiños occidentais de Gadafi pero por estes lares tampouco andamos finos:

    http://www.elmundo.es/elmundo/2011/02/25/solidaridad/1298634355.html

    Nin un chío para criticar a actuación ou mobilizarse pero si fan reunións para porlle freo á masiva fuxida de cidadáns libios cara a Europa. Onde está a ONU? Onde están as nosas conciencias? Durmindo o sono eterno, parece.

    ResponderEliminar
  3. Moito haberá que agradecerlle a Facebook ou a outras "redes sociais" a súa aportación na difusión de información alternativa, allea á que ofrecen os medios tradicionais. A min resúltame asombroso o pouquiño que se fala da alternativa islandesa (unha revolta moi sui generis) ou as protestas que se están a producir en USA a conta dos recortes sociais en estados como Wisconsin ou Ohio. Por qué? Non resulta relevante?

    http://www.democracynow.org/es/blog/2011/2/24/levantamientos_populares_de_medio_oriente_al_medio_oeste

    Ou as protestas na India (nación en alza) contra a suba dos prezos dos alimentos:

    http://www.reuters.com/article/2011/02/23/us-india-protests-idUSTRE71M1HT20110223

    Hoxe hai eleccións en Irlanda. A ver que contan os medios.

    ResponderEliminar
  4. http://montealtocity.blogspot.com/2011/03/lopez-rico-un-inmoral.html

    ResponderEliminar
  5. Lamentable post o que nos recomendas, Pilar de Coruña Liberal ("liberal"...que wevos!!!). A próxima vez que acompañes a Pío Mora lémbrate de preguntarlle que tal se remara á xente cun tiro na cabeza. Canta miseria....

    ResponderEliminar