Páginas

Como en Alfama...

by Katangueiro

É o barrio de Alfama en Lisboa coñecido universalmente. Aos pés do Castelo de San Jorge, esta humildísima aglomeración urbana ten dado á historia sentimental da república veciña multitude de historias, escuramente sórdidas ou emocionalmente sentidas, como adoita ocorrer nas barriadas habitadas por xentes de ben escasos recursos económicos. Tamén é moi sonado pola Feira da Ladra, unha sorte de mercadillo de choneo onde, nos seus inicios, máis que se sospeitaba da orixe legalmente incerta de moitos dos produtos alí ofrecidos. Debemos lembrar que "ladras", en portugués, significa "muller que rouba". Supoñemos, pois, que a orixe dese nome feminizado está nunha inmensa maioría de mulleres que eran as que se adicaban a esas vendas a pé de rúa ou praza. Non sei que pensará a Katangueira.

En días pasados, precisamente no noso querido barrio de Katanga, desarticulouse unha "célula" adicada ao choneo de cousas roubadas. A novidade desta iniciativa é que as cousas roubábanse sobre-pedido, modalidade de distribución moi en voga nestes tempos debido ás necesidades de adecuarse á crise actual e á súa incidencia no consumo das familias. Dito en roman paladino: a que demos vou roubar o cedese dun buga se logo non hai quen o compre. Faga o seu pedido e nós dispoñeremos á maior brevidade posible a súa encomenda. Toma innovación tecnolóxica!!!!

O malo de todo isto é que certo medio de comunicación sensacionalista da cidade ubicou esta interesante actividade en pleno barrio do Ventorrillo. Nada máis lonxe da realidade. Non fal falla que vos lembremos, supoño, as diferentes tipoloxías tanto urbanas como humanas que se atopan entre o modernete barrio do Ventorrillo e as Casas de Franco, esa especie de Alfama coruñesa. Sonvos as cousas de vivir nas faldras do Monte do Destino, que che atribúen penasmoas e katangas en menos que canta un galo!!!! Reivindicamos a orixinal proposta para o noso barrio, que bastante embrollo teñen os ventorrillos xa.....

Coinciden esta desarticulación co inicio das obras de mellora do contorno das Casas de Franco. Nestes días non se comenta outra cousa nos portais e baretos máis que a inmensa dificultade para aparcar os bugas, dificultade de certo histórica que agora se torna histérica. Hai preocupación por cando se vai abrir o Ágora ese e tamén corren bulos sobre que queren convertir en boulevard Mosteiro de Bergondo. Manda carallo en Katanga, nunca cousa boa trouxeron as novidades!!!! Media coruña en pé de guerra contra a europeización do seu urbanismo e nós aquí, en plena feira de ladras ou "intermarché a ras-de-chao"!!!!

Fóra bromas, esta nova, polo menos, deu que falar e opinar, especialmente nestes tempos en que os medios divagan entre as penurias de certa Caixa galega (pobres), o record de velocidade en atar chourizos (de comer) ou as chamadas á austeridade de Don Alberto aos seus alcaldes (futuros, supoño). Mágoa que est6a apelación contra o dispendio non dea chegado ata as terras galegas bañadas polo Sil. E así nos loce o pelo. Todas estas cousas importantes que están a pasar no mundo mundial e nós, coma sempre, innovando en latrocinio. Aprendamos de Baltar!!!!!!

BALTAR: Mire, meu querido Don, que eu xa non lle estou pedindo nin a Medalla ao Traballo nin a Ínsula de Baltararia...que eu o único que quero é poder arrodearme das xentes máis ilustradas da miña querida provincia ourensá...Eu non teño a culpa de que todos militen no Partido Popular!!!!! Capici???
DON ALBERTO: Capito, capito!!!!!

Aburete, tribulete....

7 comentarios:

  1. Descúlpeme por poñerme sabichón do carallo, pero eu diría que ladra ven en realidade de 'ladeira' (lat. 'lataria'), dada a localización encostada desa zona así chamada e do mercado que alí se celebra. Se vai Vostede ao Ladrido en Ortegal, entenderá mellor o que lle digo. Non espere que os cans do lugar lle ladren máis que en calquera outro sitio.

    ResponderEliminar
  2. Pero mire, señor/señora Calidonia, que a explicación que demos é a que se ten por certa en Lisboa...ladra, feminino de ladrao. O da ladeira resulta interesante se non fose porque ladra fai referencia ao mercado, entanto Alfama é o nome árabe do lugar. Resultaría chocante que sobrevivise o topónimo no nome dun mercado e non no do lugar...creo. Saúdos!!!

    ResponderEliminar
  3. Hay algo de mala leche en algún comentario de entradas precedentes. Me da a mi que algún doberman anda ya medio excitado pensando en la futura presa municipal y dispara un poco a diestro y siniestro. Sobre todo a siniestro. Pero el futuro es lo que tiene, que no es de nadie.

    ResponderEliminar
  4. De esto último podría tomar nota también la Sinde, ojo.

    ResponderEliminar
  5. Preciosa foto lisboeta, graciñas por poñela!
    Non estaba eu ó tanto desa "rede de receptación de obxectos roubados" por Katanga. Linno na prensa aínda onte. Que tempos estes! Eu coñecín unha versión máis modesta e doméstica en Madrid xa hai un lote de anos: adictos que "choraban" en supermercados e tendas e logo subastaban entre público variopinto (pódovos asegurar que os poxadores podían permitirse pagar o prezo oficial, perdíaos a cobiza) os obxectos "chorados". O que obtiñan non era moito pero dáballes para pagar a súa dose e ir tirando.
    Non coma os do Baltarato, claro, que parece que xa están pensando na autodeterminación e mesmo na independencia, facendo como fan as súas propias leis. Ai, esa foto tan potita, que reúne a boina e birrete! O ollar fuxidío de Alberto I o Incompetente contrasta co desafiante do Gran Visir (home pequeno, fol de veleno).
    En canto a comentarios que xogan a ser maliciosos, como di Antipollofrito, deixádeos que sigan xogando. Que sigan desfacéndose nos seus soños húmedos de ambicións inconfesables.
    Hai xogos e xogos e logo está a VIDA REAL.
    Debemos ter coidado co que desexamos porque pode volverse real.

    ResponderEliminar
  6. Nós estamos contentos, porque o que soñamos hai dous anos cumpriuse sobradamente. Que un blog coruñés que se chama Katanga chegue ás 40.000 visitas en dous anos, e iso que non nos podemos adicar moito a el, polo menos como nos gustaría, ten mérito. Sobre o que comenta Msarkadina e Antipollofrito.....ouvean, logo cabalgamos!!!

    ResponderEliminar
  7. Un soño feito realidade é algo que dá forzas para seguir adiante con máis ímpetu nestes tempos de monocultivo do pensamento. Avante toda en Katanga.

    ResponderEliminar