Páginas

No día de mañá.....

by Katangueiro

Dun tempo a esta parte teredes advertido a cantidade de tertulianos/as que elucubran polas diferentes canles da tdt española. Hai de todo, como en botica, pero, sobre todo, haiche moito catetismo emanado desde a capital madrileña. Non quero dicir con isto que ser de Madrid implique certo grao de inmadurez política intrínseca, snobismo pegañento rancio, retórica alcanforada e/ou estética engominada achulapada. Por unha banda, non poucos destes tertulianos non proceden da capital do Estado katanguista. Non señor. Por outra parte, a adopción de certas actitudes e portes que desde a nosa periferia resultan chocantes por protofranquistas semella unha decisión absolutamente voluntaria por parte de toda esta camandulería que inunda a día de hoxe as ondas dixitais.

Hai quen presupón a toda esta ralea a soldo de grandes multinacionais enerxéticas, entidades suprabancarias ou mesmo forzas políticas con importantísima implantación estatal no abano das opcións electorais conservadoras. Pacotrón pensa así, pero eu non.

Eu son dos que opina que, con estes personaxes, non é preciso nin subornos, nin promesas nin comisións. Eles e elas bástanse soíños para reproducir como altofalantes todo tipo de consignas neocons, neoliberais ou neofascistoides. Xogan, iso si, con varias vantaxes. Por unha banda, aliñarse con certas consignas beneficia, máis cedo ou máis tarde, ás aspiracións tertulianas dunhas persoas que amosan de continuo a súa falta máis mínima de preparación profesional. Froito disto podemos comprobar como cada novo convidado a unha destas tertulias procura, na medida do posible, superar en inmundicia os comentarios xa emitidos anteriormente por xentes en nómina permanente da canle en cuestión. Hai que destacar.

A outra vantaxe que lles advirto é a propia das persoas absolutamente ignorantes das cuestións a tratar, xa que ao falar para un público á súa vez ignorante, poden permitirse o luxo de emitir calquera exabrupto e quedar como se nada. Un exemplo vivo disto é cando se empeñaron nunha campaña contra o idioma galego. Supostos tertulianos que presumían de "contactos muy fiables" na nosa terra aseguraban, sen rubor, que en Galicia perseguíamos aos casteláns falantes. Pouco menos que a gorrazos polas rúas. Toda unha historieta de medo e noxo no rompeolas de todas las españas.

Pois igual que falan da catarse nacional-socialista que vivimos na Xunta durante a época do bipartito, tamén defenden e propoñen dar un paso definitivo e pasarnos, así, de golpe e porrazo, á puta enerxía nuclear para darlles nos morros aos "moros esos que tienen el petróleo". Na súa opinión, as enerxías renovables non sirven. De nada vale que se saiba que, por exemplo, só coa enerxía das mareas Galicia podería ser autosuficiente. Pamplinas. En Madrid non hai mareas. Ou que coa eólica poderíamos ser capaces de servir ás necesidades totais do Estado. Chorradas, en Madrid non hai vento.

Agora ben, coa terrible desgraza provocada en Xapón por un terremoto ocorrido en alta mar e que xenerou unha onda mariña de dez metros de alto, e as consecuencias aínda non valoradas da catástrofe nuclear ás que se enfronta Xapón e, por extensión, o noso mundo enteiro, tardaremos en ver a estes personaxes defender a seguridade e limpeza desta fonte de enerxía. A súa cobardía é tal que mesmo renegarán de ter sido os seus máximos defensores, toda vez que esta defensa agradaba ás grandísimas e millonarísimas empresas enerxéticas españolas.

Eu, de ser tertuliano, propoñería unha misión militar urxente que trasladase a toda esta xente, os seus enseres e os seus familiares directos ao completo a calquera das zonas próximas a esas tres ou catro centrais nucleares danadas que hai agora mesmo en Xapón. Vacacións de verano en Chernobil incluídas. A ver se se animan de novo a aliñarse coa maldade humana que antepón ingresos multimillonarios á saúde - e vida- de millóns de persoas e mesmo do planeta enteiro.

En fin, descansen en paz as vítimas e moita sorte na vida ás persoas que puideron ter recibido radiacións estremas. Que teñan unha vida plena e que poidan cuspir nas tumbas de toda esta indecencia.

Pero non perdades a ledicia. Escoitade o tema que Portugal leva a Eurovisión

TERTULIANO: Puej yo no cambio de opinión. Ej que yevo viviendo aquí, al ladito de Chernobil, desde hace una semanita y...aquí estoy....hecho un campeón. Un monstruo, eso ej lo que soy!!!!

11 comentarios:

  1. Periodista RevisIonista15 de marzo de 2011, 14:13

    No os creáis que van a cejar en su empeño estos defensores del amo. Hasta el fin del mundo, si es menester, aunque nos cueste la vida. Apoyo la moción katangueira. QWue se los lleven pero ya a Tokio, y que nos cuenten desde allí.

    http://www.abc.es/blogs/san-martin/public/post/nucleares-igualdad-de-trato-8287.asp#commenti

    Les dejé un comentario. A ver si lo ponen....

    ResponderEliminar
  2. O debate nuclear é complicado. Dende logo é mais fácil estar en contra das nucleares, certamente. Pero a saúde e a vida das persoas tamén mellora e crece mentres as nucleares funcionan ben. Merece a pena arriscarse a un accidente nuclear? Seguramente non. Pero seguramente non só hai ánimo de ganancias multimillonarias na sua explotación, tamén hai ánimo de satisfacer a demanda de enerxía eléctrica. Quén está disposto a apagar o ordenador? Ou a televisión? Ou a tdt?
    Satisfacer, ánimo de satisfacer...magnífico estado de ánimo, non si?

    ResponderEliminar
  3. Buf...Insatisfecho...ánimo de insatisfacer??? Como a responsable española do lobby nuclear minimizando as consecuencias do asuntillo nipón??? De satisfacer a cobiza, estimado amigo. Viches as últimas novas de agora mesmo? Eu estou con Katangueiro e Periodista, que se vaian a vivir alí.

    ResponderEliminar
  4. Joderito, Periodista, si que che puxeron o comentario. Es máis besta ca min, pero o teñen merecido. Non, se é que o editorial do día en ABC é moi clarificador. Todos os demais, a servir!!!!!!

    ResponderEliminar
  5. http://www.elpais.com/articulo/internacional/Alemania/cierra/temporalmente/plantas/atomicas/antiguas/elpepuint/20110316elpepiint_13/Tes

    http://www.elpais.com/articulo/internacional/comisario/Energia/da/razon/quienes/hablan/apocalipsis/Japon/elpepuinteur/20110315elpepuint_13/Tes

    ResponderEliminar
  6. Por qué Fedeguico se volveu libegal: porque se manifestaba nas portas de Vandellós.

    http://www.youtube.com/watch?v=bLyKasl3Pt0&feature=fvst

    ResponderEliminar
  7. Ai...mira que es mala con Fedeguico (Don)....Estamos ante unha apocalipse, pero aínda hai peña preocupada en que debatamos en frío sobre todo isto, ou sexa, cando a atención mundial volva estar cantrada en Mourinho, Belén Esteban e a próxima edición de Eurovisión....

    ResponderEliminar
  8. Mala? Eu creo que son bastante benévola para a cantidade de burradas que solta este individuo a diario desde o seu particular púlpito. Aínda que comparado cos ayatollahs de Interfranconomía é todo un gentleman. Debo desculparme pola falta de explicacións no anterior enlace; non todo o mundo ten porqué coñecer a particular guerra de guerrillas de san Fedeguico contra TV-3 e o gran programa satírico de actualidade Polònia: Joan Saura (o do pelo branco) foi Conseller de Interior no anterior goberno autonómico catalán e militou con Josep Piqué (PP) e Jiménez Losantos no PSUC (Partit Socialista Unificat de Catalunya). Anteriormente pasara por Bandera Roja (de tintes maoístas, nada menos). Neste sketch ironízase precisamente sobre a presentación dunhas memorias do noso Fede nas que lembra o seu pasado "rojeras" e Carod Rovira vaille reprochar a Saura unha foto onde aparece con Piqué e Jiménez Losantos: "o trío calavera". Saura conta os seus tempos de camaradería e de manifas. Un día vanse manifestar os tres ante a central nuclear de Vandellós e Fede, o máis radical, bota un tixolo contra a central. Como resultado propicia unha fuga radiactiva e así "Piqué vólvese de dereitas e Federico queda moito máis á dereita".

    ResponderEliminar
  9. Déixovos un enlace útil para coñecer o estado actualizado das centrais nucleares de Fukushima:

    http://www.lapizarradeyuri.com/

    E un pouquiño máis de humor sobre estes talibáns mediáticos:

    http://www.youtube.com/watch?v=Ah9NIQ1lH5s

    De "Vaya semanita", o tipo do facha liberal:

    http://www.youtube.com/watch?v=e0JsoOnD6Ps&feature=related

    O alucinate do tema é que en Interfranconomía (e no PP vasco) danse por aludidos. Por qué será?

    http://www.youtube.com/watch?v=a7KzPv9fkus&feature=related

    ResponderEliminar
  10. Se cadra conviña que todos tiraramos unha tixola á central nuclear de vandellós o a calquera outra

    ResponderEliminar
  11. Ou se cadra resulta máis recomendable a lectura de "El alquimista impaciente" (2000), de Lorenzo Silva, relacionado co funcionamiento dunha central nuclear e as consecuencias que hai nunha vila ou "Las manos del pianista" (2003), de Eugenio Fuentes, que fala que tixolos e febres de tixolos (sen saber das consecuencias actuais que nos traerían). Ai, a lectura, esa gran descoñecida e que beneficiosa resulta.

    ResponderEliminar