Páginas

Katanga en femenino: a Katangueira e a súa independencia manifesta

by Pacotrón

Despois de agardar un días por ver se o Katangueiro se daba recuperado do shock, véxome eu obrigado, entón, a darvos unha explicación sobre ese novo e inquietante banner que vos atoparedes á vosa dereita, con Olivia zurrando a base de ben a Popeye, e que non é outra cousa que o novo espazo de realización web da Katangueira e que leva por título Katanga en Femenino. La Otra Vuelta de Tuerca.

Como xa vos iredes supoñendo, isto implica mesmamente o abandono da katanguista deste nosa casa ou kasa de Katanga-Koruña. Unha mágoa. As súas achegas, sen asinar, forman parte consustancial desta pequena andaina nosa, que se aproxima perigosamente aos dous anos. Máis concretamente, o próximo 8 de febreiro. Vaia agasallo de cumpreanos para o miserable Katangueiro!!!!

Desde aquí -e sin acritú, que diría un expresidente- recomendámosvos visitar de cando en vez, e sempre que non vos quite tempo de lernos a nós, este novo espazo katanguista. Con ou sen Katangueira, nós seguiremos fedellando. E que conste que o tipo katanguista anda coa mosca detrás da orella, mirándome de esguello e/ou revirado, pois pensa e sabe que algo de man eu tamén lle botei de cara a montar este tenderete de visión feminina (ou era feminista?). Alá el, se pensa mal. Alá eu, se pensa mal.

O certo é que non o montou nada mal. Despois de todo, tantos meses aturando e turrando de nós servíronlle como a mellor aprendizaxe. Tenvos un manifesto ben enguedellado, trata algo o tema de culturilla, importante xesta nestes tempos que corren e moi producente ante a futura inauguración do Ágora, e tampouco esquece a nosa máis próxima historia. Promete máis, pero para promesas as de Iván Ferreiro....

Ai...Katangueiro....espabila!!!!!

Cómo son os rumores, verdade, Unomismo? Hai uns días apenas falabas da miña posible marcha deste blog a partir dun comentario escoitado nun bar do Castrillón, pero resulta que a que marchaba era a Katangueira. Non, se xa o dicía a Carrá!!!!

RAFFAELLA: Cuore, batti il cuore na,na,na,na……mi è sembrato di sentire un rumore, rumore, serà la paura, io da sola non mi sento sicura, sicura, sicura mai, mai,mai, mai e ti giuro che stasera vorrei tornare indietro con il tempo!!!

5 comentarios:

  1. Quen marcaría como chunga esta entreda? Katangueira, quizais? O nacho katanguista??? Alguén que non nos quere ben ou alguén que si????

    ResponderEliminar
  2. Tanto ten, non? Moita saúde e fortuna nesta nova andaina!

    ResponderEliminar
  3. Era por embromar....E a ver se nos botas unha man, que andamos dun liado que nin che conto, e sen o apoio da Katangueira moito me temo que a motivación esvaece por momentos....Bicos, chica Arkadina!!!!

    ResponderEliminar
  4. Pacotrón, ogallá que Carril vos faga un pequeno sitio e non vos aparte. Fdo: Xesús, un coñecido de Teresa do María B. ¿Non che soará,verdade? jaja, Saúde camarada.

    ResponderEliminar
  5. Pois non che me soa de nada. Saúde a ti.

    ResponderEliminar