Páginas

Exit

by Katangueiro


Marchamos uns días de vacances. A Katangueira, o Pacotrón e mais eu. Neste segundo verán desde o comezo do camiño iniciático da insurrección imos precisar tantos acompañantes, persoal de servizo e guardas de seguridade que calculamos gastar uns 60.000 euritos diarios. Como a muller do Presidente do Imperio, Michelle Obama!!!! Imos avanzando.....

Michelle, my belle.
Sont des mots qui vont très bien ensemble,
Très bien ensemble.

E non creades que nesta ocasión, como nas outras, imos chonear a base de ben por hostais cotrosos de dubidosa salubridade ou pensións de mala morte, que a morte sempre é mala.

Non, queridísimas e queridísimos katanguistas. Nesta ocasión iremos gozar desde mar oceana que conquistou os corazóns lusitanos converténdoos en "herois do mar"...con permiso da GNR, ata as procelosas e españolísimas augas mediterráneas, moi perto pertiño de onde parou a presidenta imperial. Con sorte poderemos tomar uns chiquitos coa Gunilla e xogarnos á birisca o bikini da Duquesa de Alba. Nobleza baturra!!!!!

O Pacotrón promete vacilar co tipo do mostrador do Hotel. Ataviado coas súas gafas de fai un sol de carallo aproximarase coa cabeza lixeiramente desviada cara á esquerda. Cando o tiparraco polloso lle pregunte polo nome, o nota responderá: Benson Señor Señora. A ver se non nos dan unha hostia o primeiro día xa!!!!!

Para concelebrar este momento de desleixo estival, eis un grafiquiño katangueiro que amosa, sen nengún xénero de dúbidas, a orixe das xa case 31.250 páxinas vistas do noso probemático espazo virtual. Don Luis Álvarez, don Vicente Zabala e o ex-Alcalde meapilas estarán orgullosos: Katanga é, basicamente, española. Mal que ben....Pero, quen serán "el resto"????? Medo me dá.


Ata a volta, expreso aquí uns desexos en nome do equipo completo. A ver se cumprides algún por unha vez....que non todo van ser vacas fracas!!!!!

1. Non xogar co lume no monte, que os mistos cárgaos o demo.

2. Non correr moito no carro tuneado, que non estamos nun videoxogo con tres vidas.

3. Non facer Valedor a Paco Vázquez aproveitando que estamos fóra. Iso nin de coña, eh?.

4. Non vos enganchedes a blogs que inventan problemas "veciñais". Bastantes temos xa no mundo real.

5. Se practicades sexo, aínda que sexa sen querendo, lembrade que Coruña leva dezanove anos con máis mortes que nacementos....Estamos extinguíndonos!!! Botade unha man.

6. Nas verbenas, gastade no bochinche, que se non a ver quen paga os destrozos...auditivos!!!

7. Na praia e no campo protección tres mil millóns, que este sol xa non é o de antes.

8. Durante o baño marino, non tragar auga, que meteredes no estómago calquera porcallada!!!!

9. Non facer moito caso aos agoreiros da catástrofe económica, que as cousas están bastante mellor do que queren que creamos. Mirade Michelle!!!!!!

10. E, por último....non sexades cretin@s, insolidari@s, reaccionari@s ou algo peor...Non permitades que se sacrifiquen as políticas sociais en pro de garantirlles aos que mandan, aos que mandan de verdade, os seus suculentos e indecentes beneficios...que non se lles pode deixar sós nin sequera dez días!!! Vixiade por nós, plis.

GUNILLA: Pues parrrese serrr que los katanguerrros vienen hasiaquí para jugarrrse tu bikino!!!
DUQUESA: Buenooo...en peores me he visto....Viva Sevilla...ji, ji, ji, ji, jito....


Ei.....que faltaba un......



Ata a volta, nen@s da revolta!!!!


6 comentarios:

  1. cerro la tienda de celsa.

    salud y republica

    ResponderEliminar
  2. ¡¡¡¡Joder!!!! En esa tienda compraba ya mi madre. ¡Katangueiros, no os vayáis!

    ResponderEliminar
  3. Vecino del Ventorrillo17 de agosto de 2010, 19:31

    Ap0rovecho que estáis de vacaciones para deciros que soys unos mamarrachos. Feliz verano.

    ResponderEliminar
  4. Felices vacacións para tod@s e, principalmente, moito relax, para que non decaia a enerxía ó regreso. Non quero nin pensar como encontrarei A Coruña cando eu volva a finais de mes. Os días que estiven a semana pasada, contei xa tres baixos comerciais pechados... Nin vos conto o que vin nos lugares que visitei... Como é momento de tranquilidade (atención, ter a mente en branco non é sinónimo de idiocia), déixovos esta canción moi aquelada:

    http://www.youtube.com/watch?v=R76Abv8-Mbc

    ResponderEliminar
  5. http://www.elpais.com/articulo/cultura/gran/toro/humano/Bilbao/corridas/elpepucul/20100821elpepucul_2/Tes

    ResponderEliminar
  6. Sapore di sale.....e mañá voltamos!!!! Xa vos contaremos, que algo enredamos.....

    ResponderEliminar