Páginas

Crítica da razón expúrea

By Katangueiro




Sen ánimo de amargar o período vacacional de katangueiro algún, presentamos unha serie de preguntas quizais retóricas, quizais oratóricas, co afán indisimulado de axudarvos a pensar. Ben ou mal, pero pensar.

Equilicuá o susodito inquérito:

Por que ata hai ano e medio a Cidade da Cultura era unha foxa de cartos e agora é unha oportunidade para atraer visitantes mesmo antes de ser rematada?

Se o Turismo é a panacea de Galicia, por que os Concellos máis turísticos non dispoñen de recursos para atender o incremento poboacional destas datas?

Se o turista medio que nos acompañan estes días nas alegrías e sensabores do terruño gasta unha media de 90-100 euracos diarios e os pelegríns 25-30, por que nos aferramos ao Xacobeo como táboa de salvación da economía estival?

Nun e noutro caso, para onde van eses cartiños?

E noutra orde de cousas, para onde foron os cartiños das múltiples licencias urbanísticas concedidas na última década?

Qué lle parecerá a Don Santiago e pecha o Padornelo que un tercio das empresas que compiten polo concurso do Decreto Eólico ( a jugaaaarrrrr!!!!!! ) fosen creadas no pasado e sen embargo recente mes de xullo?

Xa que as Caixas galegas tiñan de fusionarse si ou si polo ben do País, por que non se fusionan os medios de comunicación escritos que nos chuchan millóns e millóns de euracos dos nosos petos e impostos?

Non sería mellor gastar eses cartos, e mais os de publicidade institucional directa, en rematar a Transcantábrica, o AVE ou mellorar a Sanidade?

Por que a Xunta non dá cifras de incendios e o Exército fala de máis dun cento?

Por que en Galicia nos liamos a discutir por un metro máis ou menos de camiño, leira ou monte e ninguén afronta dunha vez por todas o problema dos bosques de eucalipto próximos ás vivendas?

E por último....por hoxe.....Cóntannos os ianquis ( non ionquis, que tamén... ) toda a verdade sobre o que está pasando ou pode pasar no Golfo de México?????

5 comentarios:

  1. Quizais para quen desfrute das vacacións (non forzosas, habendo tanta xente no paro ou en perspectivas de perder o seu posto de traballo) facerse alguna destas preguntas forme parte da súa rutina. De feito, coñezo a moita xente que, de non ser pola situación que estamos a vivir, nin sequera se cuestionarían a disfuncionalidade do sistema. Vivían razoablemente felices (xente honrada, traballadora, sen ambicións desmesuradas, conformes co destino que lles tocara); persoas que non querían oír falar de “política” (a implicación nun movemento social ou nunha ONG era considerado un “acto político” nalgúns círculos) pero que tampouco reaccionaban de maneira airada cando outros amigos e eu, con distintas inquedanzas, nos facíamos preguntas parecidas ou tomábamos outros rumbos. Agora moitas destas persoas, pasando por momentos críticos, si empezaron a informarse e a reflexionar. Enorgullézome de dicir que aínda non oín a ninguén falar pestes sobre a inmigración ou inseguridade cidadá. Os seus ollos volvéronse cara a oligarquía empresarial (aí temos a Gerado Díaz Ferrán, ese hombre) e todo o seu entramado, os verdadeiros master and commander do mundo mundial.
    Debe haber por aí algún buraco negro insaciable que é o destino final de tanto derroche como houbo e segue a haber. A Cidade da Cultura, ese Xanadu do faraón (momificado en vida) Manuel Fraga-Kane , debe gardar un terrible segredo que enfeitiza a que ten algo que ver con el. As erráticas políticas de turismo, cultura, sanidade, traballo, educación, para min teñen moito que ver co afán de no querer recoñecer que o que se fixo antes non era tan malo (algo moi noso). Pero, non importa, vivamos como galegos e galegas: “Delenda est Carthago”. É o que fixeron cos servizos de Igualdade. Falando de incendios forestais, non viña mal lembrar aquela fotiño de Núñez Feijoo, cos náuticos e a mangueira, loitando con valentía contra os lumes estivais. Sendo a opacidade e o silencio administrativo a divisa do goberno autonómico non podemos esperar información de ninguna clase. A mensaxe subliminal é: “Éche o que hai. Se o queres, ben. Se non, xa sabes”. O que sei e que non estou dacordo e que non podo respectar en absoluto a unha panda de tecnócratas mediocres, conchabados coa oligarquía empresarial (que son os que cortan o bacallao). Espero que o mesmo entusiasmo que se puxo coa psicose peloteril se poña para rebelarse (ou protestar) contra a infamante “reforma laboral” e contra os “axustes”. Hai para tod@s, non só para o funcionariado.
    Miremos cara Hungría, Grecia ou Islandia (magnífica secuencia de banqueros-trileros-cárcere). O que pasou con BP no Golfo de México? Buf… O conselleiro delegado Tony Hayward marcha cunha pensión anual de 715000 euros!! Incrible, pero certo.
    Ante tanta sinrazón pregúntome que pensaría o pobre Kant. Podería escribir outra “Crítica sobre a razón pura”?. E imaxino a esa nova luminaria intelectual (o amo do grupo Voz), o dos sermóns dominicais, dicíndonos moi serio: “Qué va, qué va, yo leo a Kierkegaard”.
    A min gustoume moito este video. Nós pertencemos a este sistema:
    http://www.vimeo.com/3351996

    ResponderEliminar
  2. Periodista reservista6 de agosto de 2010, 13:36

    Eugenio Mora nos ilumina con lo de que "el toro debe morir en la plaza". Pregunta de verano: ¿Y el torero? Respuesta: también.

    ResponderEliminar
  3. Periodista reservista6 de agosto de 2010, 13:36

    Faltaba el enlace:

    http://comunidad.laopinioncoruna.es/entrevista-chat/1644/Toros/chat-con-el-torero-eugenio-de-mora/entrevista.html

    ResponderEliminar
  4. Surrealismo coruñés, o mellor do mundo. Como o botaba de menos!

    http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/07/31/0003_8641163.htm

    Nin sentido común nin autocrítica.

    ResponderEliminar
  5. Saudos coruños, Almorzador!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar