Páginas

Apartamento....para tres: máis sobre a ansia privatizadora da nosa saúde

Compartir
by Msarkadina


A aprobación da Lei 15/1997 de “Novas Formas de Xestión da Sanidade”, cos votos do PSOE e do PP, abriu o camiño legal que permitirá transformar o sector público sanitario nun mercado e, consecuentemente, nunha oportunidade de negocio máis.

Durante o goberno de Manuel Fraga na Xunta creáronse unha serie de organismos que levaron o nome de
“fundacións sanitarias”, a título de “experimento alternativo” ó modelo sanitario tradicional. Estamos a falar dos hospitais Virxe da Xunqueira (Cee), do Barbanza, de Ribeira, de Verín, do Salnés, da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, da Fundación Centro de Transfusión de Galicia, da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria e do Instituto Galego de Medicina Técnica (Medtec).

Pero o experimento non marchaba. Curiosamente houbo que investir 4,6 millóns de euros en sanear os desfases orzamentarios da pioneira fundación de Verín (que recibiu durísimas críticas do Consello de Contas case desde a súa orixe). En total destináronse 17,7 millóns de euros en 2007 nestas oito fundacións para “compensar resultados negativos dos anos anteriores” (Informe do Consello de Contas de 2006).

No primeiro semestre de 2008 quedaron integrados no tan denostado sistema tradicional, para a consternación do PP, que conseguiu pasmar a todo o mundo coa a súa astuta argumentación: acusou ó señor Touriño de “incoherente” e de estar estudando en secreto o modelo privatizador da sanidade valenciana. A estratexia de “ytúmás” serve de ben pouco en asuntos tan serios como a nosa saúde e os seus coidados.


MÉDICO: Ah, meu querido amigo. Vexo que vostede goza dunha saúde....de ferro!!!!
PACIENTE: Pues hombre, no me va mal......



O actual goberno da Xunta padece un clarísimo caso de amnesia global transitoria (cadro clínico de amnesia retrógrada que comprende un período de varias horas) pero neste caso non son horas, senón anos enteiros. Só así podemos entender que crearan o actual modelo de xestión que abrangue medidas como derivar ós pacientes que están en lista de espera a clínicas privadas (demagoxia e ineficacia), recortes brutais en material sanitario cifrados en 6 millóns de euros e o que está por vir, a máis que probable implantación da PFI (do inglés, Iniciativa Privada de Financiación), o modelo implantado en Madrid e Valencia. Por esa senda vai o modelo do futuro Hospital de Vigo, pero polo momento nin a Conselleira Farjas ou o Presidente se pronunciaron con claridade.

Coma case sempre, opacidade e nulo diálogo. Teñen o itinerario moi ben trazado e será moi difícil que alguén os apee da burra ou do burro.

O máis interesante (por impactante e alucinante) que se lle oíu dicir a Pilar Farjas foi: “el ateísmo deja a los ciudadanos sin fuerza moral para desarrollarse” ou “es pecado limitar el uso de un elemento de comunicación como la lengua”.

E non se desintegrou de vergonza. Como tampouco sufriu ningún castigo divino ó falar do que consideraba prioritario e saudable para a mocidade galega: reducción das taxas da interrupción voluntaria do embarazo e prohibición do consumo de alcohol en menores de idade (non mentou ou tabaco ou as drogas ilegais, curioso detalle).

Loables propósitos se non soubésemos da carga ideolóxica reaccionaria que hai detrás. Outro exemplo ben gráfico foi o convenio asinado coa Universidade Pontificia de Salamanca (puritito Opus Dei) na área de Psicoloxía Clínica, para que os seus estudantes, que son la crème de la crème, poidan facer prácticas no SERGAS. En cambio, os estudantes de Psicoloxía da Universidade de Santiago, poden ser a hostia en verso (perdón pola blasfemia pero non me quero conter) pero nunca farán prácticas no SERGAS, que por algo son da “res publica” e non se poden mesturar coas elites.


EL PEQUEÑO BOTIQUÍN DE LA NIÑA PILARITA:




Mentres eu seguía intentado discernir se o que percibía era realidade ou ficción, Pilar Farjas xa entrara en acción e de que xeito. Un amigo arxentino deu a voz de alarma: pensaban privatizar a xestión do Hospital do Centro Galego de Buenos Aires. Escandalizado ante o dispendio de 3,1 millón de euros de subvencións destinados a unha empresa con sé fóra de Galicia, sen experiencia na emigración, preguntábame como era posible que pasaran esas cousas.

Ésta é a interesante e triste crónica do periplo arxentino de dona Pilar e Alfonso Rueda:

Equilicuá con esta croniquilla picarona.....

Con iso só nos estaban a ensinar a patita. Seguindo o sendeiro luminoso doutr@s funcionari@s convers@s á cousa neoliberal (son os seres que máis temo no mundo) chegou a nosa aguerrida e piadosa Pilarica ó Consello da Xunta do 23 de decembro de 2009 cun informe que é o soño húmido de calquera neocon que aínda non saíu do armario. A min provocoume pesadelos privatizadores. Ó mesmo tempo anunciose a licitación para construir e explotar o novo Hospital de Vigo. Coa súa comunicación de clarescuros é imposible saber de xeito definitivo como vai resultar pero o máis probable é isto: concederlle a unha empresa privada a explotación e mantemento do hospital durante, alomenos, trinta anos.

Ou sexa, que o futuro da nosa saúde vai ser tratado con criterios economicistas e que haberá que pagar a unha empresa privada (digo eu que será unha das pertencentes á Confraría do Gran Capital, SA, os mesmos de sempre, eses que seguro lle van laiando ó Presi: “Alberto, qué hay de lo mío”; non creo que haxa outras que poidan facer fronte). Todo isto pagado puntualmente cos nosos impostos (a Administración abonará á empresa unha cantidade anual que non computa como déficit público). Ó mesmo tempo todos aqueles servizos como cafetería ou arquivo explotaráos a empresa pero os paganinis seguiremos sendo os usuarios. Quén sae gañando aquí? O único que se vai fomentar vai ser un sector privado que parasitará ó sector público.

O futuro do Hospital de Vigo ofrece múltiples interrogantes (agás que se segue a favorecer descaradamente a POVISA, clínica privada, como non): Por qué o investimento previsto pasou de 350 millóns (público) a 1000 millóns (privado)? Qué pasou co centro de investigación sobre o cancro proxectado inicialmente? Por qué vai descender o número de camas? Qué vai pasar co Hospital Xeral?

Saben, pero non lles dá a gana de contestar.

Mentres tanto intentan que creamos que se preocupan polo noso benestar físico, psíquico e espiritual. Velaquí o diagnóstico do incrible Doutor FeiWho:


Eu atrévome a facer estoutro diagnósticos: esquecemento unilateral, déficit crónico de coñecementos e procesos alterados de pensamento. Porque o falar non ten cancelas.


DOUTORA PILAR: Mire, señora Msarkadina (qué nombres, por Dios...con lo bonitos que son los nombres cristianos!!!!!), aquí tiene una receta buenísima contra ese mal incurable que sufre y padece. Vaya, vaya tomándola mientras no llega el Doctor FeiWho, que es quien la va a atender pero de verdá!!!!!!! Cuatro tomas vía anal cada tres horas !!!!!!
MSARKADINA: Pero por Diossssss..........
DOUTORA PILAR: Ay, pa eso si que te acuerdas........


Abur, yogur!!!!!


8 comentarios:

  1. Ni os imaginais la que os espera. Qué tía más chunga vuestra conselleira. De cristiana, ni el forro. Si Jesucristo volviera a resucitar, palmaba del disgusto. Así que a seguir dando guerra. Se está poniendo muy divertido el apartamento éste.

    ResponderEliminar
  2. Buf...non me asustes, Anónimo......

    ResponderEliminar
  3. Perdón pola tardanza en comentar, queridos Katangueiros, pero asuntos relacionados coa conselleira Farjas (e os seus adláteres privatizadores) e outros similares téñenme absorta. Non hai moito máis que dicir, agás que eu tamén teño moito medo. Medo porque o Apartamento volve a funcionar a todo gas, medo porque anda o presidente da Xunta dicindo que hai que "meterlle man ó funcionariado" (xa se sabe, responsables da crise ético-económica), medo pola deriva que levamos e pola confusión dominante. Cando nun país pasan cousas coma ésta e que hai algo que non funciona ben:

    http://www.elpais.com/articulo/Galicia
    /gerentes/grandes/hospitales/publicos
    /cobran/Feijoo/elpepiautgal
    /20091123elpgal_6/Tes/

    Sobre todo se hai xerentes ós que lles interesa máis o color do calzado do persoal ou se van mellor ou peor abotoados que poñer en vereda ós que teñen a sartén polo mango nun centro hospitalario e obrigalos a cumprir co seu traballo dun xeito racional e eficiente. Para qué imos humanizar a sanidade. Que pensen outr@s. Así tamén xestiono eu. Cobrando cento nove mil euros "calentitos" ó ano e sabendo que a súa xubilación está moi cerca, para qué se vai pelexar coas vacas sagradas. Mellor meterse con parias e pringad@s. Isto non mellora nin estes fármacos alternativos que ofertamos aquí. E mira que son beneficiosos para a saúde.
    E xa lle vale a Dona Pilar: o Keledenato (Fukitol en inglés) adminístrase vía oral. A vía rectal pertence á miña vida íntima e, ademais, é pecado (mesmo pensar nela). Mentres tanto, languidecerei esperando a cura milagrosa do doutor Feiwho. Qué cruz.
    Bicos e saúde para tod@s.

    ResponderEliminar
  4. As túas entradas teñen máis éxito que as miñas, Msarkadina. Noraboa (snif snif...)

    ResponderEliminar
  5. Hola amiga Msarkadina. Soy la "Chére Annette". Me ha gustado mucho tu artículo. Ya sabes que aunque soy una "pepeira" seguidora del liberalismo en sus líneas básicas, hay cosas que el Estado no debe dejar en manos del sector privado. Conoces algunas: educación, sanidad, seguridad... Te he soltado el rollo un montón de veces. El ejemplo está en los países escandinavos: fuerte política social en una economía de mercado. Podemos y debemos ahorrar costes en partidas como "festejos populares" pero en sanidad es peligroso, muy peligroso.

    ResponderEliminar
  6. Merci, ma chére amie. Non importa que non compartamos ideoloxía. Non importan as distancias. O que verdadeiramente importa é facer deste mundo un mundo mellor e máis humano para todos e todas. Persoas coma ti son as que alegran a vida e dan motivos para querer erguerse cada mañá. Encore une fois mercis pour ton soutien. Des temps meilleurs viendront.

    ResponderEliminar
  7. Hola, Arkadina (te apeo del trato por la confianza y el cariño). No desesperes, ¿no eres tú la que dices que lo último que conseguirán es borrarte la sonrisa? Doncs a seguir amb la teva ironia i el teu bon humor, sense mirar enrere. Molt bo això del Doctor Feiwho! Hola,Katangueiros, mucho gusto en conoceros. No sé escribir galego pero sí que lo entiendo bien. Puede que esta incursión en la lengua catalana ofenda la sensibilidad de la Farjas y el Dr Feiwho. Pues que se tomen un Keledén o un Fornicasil. Nosaltres parlem català i gallec en públic. Mucho ánimo para el día 17.

    ResponderEliminar