Páginas

O porco de pé

Compartir
by Katangueiro



A principios do século XXI, Don A. ascendeu de porco a marrán e chegou a Presidente. As mulleres bicábano pola Praza e os homes, máis serios, asentían ao seu paso. O seu xesto grave tornábase en paradigma das súas decisións. Tivo que lidar cunha terrible crise económica e actuou con meditada determinación. Levantou o dedo sinalando o ceo descuberto. O azul claro do día fíxolle asomar unhas bágoas fotofóbicas. O pobo, quen máis ordena, pensou que se emocionara. Dun golpe certeiro, pechou os "chiringuitos". O da atención sanitaria de tarde foi un deles. Un dos primeiros. O da Educación pública acompañouno lixeiro. Non se libraron nin os comedores escolares. Coa de sobrepeso infantil que padecemos!!!!! O Benestar, o Coñecemento, a ordeación do mundo rural....Todo era unha festa para Don A. e os seus agradecidos súbditos. Para cando rematou con todo, para cando non quedou nin un espazo desaproveitado da Rede Natura, para cando a costa foi reencarnada como Paseo Marítimo eterno, para cando reinou o formigón, a uralita á vista e a desvergoña, os seus máis próximos organizaron unha festa na súa honra. A que lle quedara. Durante a macro-verbena alguén berrou que a Biblioteca estaba a arder e non había equipos de extinción contratados. Outro chiringuito que se pechara. O ruído do chunda-chunda, o cha cha chá indolente que nos acompaña, impediron escoitar aquel home. E a Biblioteca ardeu. Toda.


Voz de Galicia:


CONSELLO DA XUNTA
La Xunta suprimirá el Banco de Terras, las agencias comarcales y la Fundación para o Coñecemento
El Consorcio de Benestar creado por Quintana será objeto de una «refundación e reformulación».


8 comentarios:

  1. ¿Y valió de algo que esa novela fuese de lectura obligatoria en nuestros tiempos de estudiantes, Katangueiro?

    ResponderEliminar
  2. E com o estraperlo da habichuela enquanto ardia a biblioteca municipal a banda iniciava outra tocata... "Pongamos que hablo de Madrizzz.."

    ResponderEliminar
  3. Só os porcos que ascenden a marráns poden ser Presidentes?

    ResponderEliminar
  4. Non, tamén poden ser Alcaldes ou Presidentes pero de Deputacións. Saúdos, Katanga.

    ResponderEliminar
  5. Ei, tranquis, que é moi malo para a saúde tomarse segundo qué cousas en serio. Teño que pedirvos desculpas. Andamos un pouco liados cun novo proxecto que está a saír pronto e non podemos atender como debéramos este espazo katangueiro. Polo demais, Msarkadina xa nos ten preparada outra das súas a conta da privatización (encuberta???) da sanidade pública, así que insisto, moita calma e saúde!!!!!!

    ResponderEliminar
  6. Parafraseando por enésima vez a Augusto Monterroso: "Cando Alberto Núñez Feijoo espertou, a dura realidade aínda seguía aí". Espertou do soño mesiánico e viu que gobernar non era tan fácil como falar e despresitixiar o traballo alleo. Agora tócalle pasar por tragos como éste que seguro que non esperaba:
    http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/boicot-vigo-feijoo-colectivos-sanitarios/idNoticia-539561/
    Non lle van meter a tesoura ó comecartos que é a Fundación Gaiás? Seguirán a facer innovadores xogos de palabras estilo "fago desaparecer ós delegados provinciais pero, milagrosamente, voilà, politizo -e de que xeito- o cargo de secretario provincial). Para que seguir?
    Unicamente quedarme de todo a gusto deixando o enlace a este artigo de Xosé Manuel Pereiro:

    http://www.elpais.com/articulo/Galicia/han/votado/ustedes/elpepiautgal/20100422elpgal_13/Tes

    E por seguir coa teima porcina, lembrar a Napoleón, o cocho de "Animal Farm" (George Orwell). Non lembro quen o dicía exactamente pero na miña mente quedou gravado isto: "Todos os animais son iguais pero algúns son máis iguais ca outros".

    ResponderEliminar
  7. Creo que o dicía o outro cocho, que agora non lembro cómo se chamaba......É a excusa dos tiranos, qué máis ten Franco que Stalin. Todo para o pobo pero sen o pobo...e aínda hai quen lles ríe as gracietas:

    MONSEÑOR EMÉRITO: La culpa es de los de trece, que van provocando.......

    DON ALBERTO: La culpa es del gobierno central, que van provocando......

    ResponderEliminar
  8. Dicíao o propio Napoleón-Stalin. O prongadete era Snowball-Trotski.

    ResponderEliminar