by Msarkadina
ADVERTENCIA: A EXPOSICIÓN DURADEIRA A ESTA COLABORACIÓN MSARKADINENSE PODE PROVOCAR PROBLEMAS DE SAÚDE.....FIJO......
“A saúde é un estado de completo benestar físico, psíquico, mental e social e non só a ausencia de afeccións ou enfermidades”. Esa é a definición que dá a OMS (Organización Mundial da Idem) sobre ese ben tan prezado que lembramos únicamente o 22 de decembro, como premio de consolación. Ese ben que non figura nos programas electorais dos partidos políticos, igual que a educación ou o deporte. Non “venden”, non “cotizan”. Non se consideran como unha aposta de futuro. E así vivimos nun mundo no que o uso do sentido común é altamente subversivo. Non é emocionante? A estas alturas das nosas vidas, nós, cidadáns e cidadás do vulgo vulgaris, vangarda dunha revolución inesperada. O malo é que a nosa visión da realidade case nunca concorda coa da clase política ou dos altos cargos xestores. Debe ser que tanto pisar moqueta altéralles a percepción e os sentidos. A outr@s, dobrar o lombo e suar a gota gorda, proporciónanos outra perspectiva. Por iso, se é vostede unha persoa medianamente sensata, vive na Coruña ou poboacións limítrofes, fágame caso: non acuda ás Urxencias do CHUAC se non é estrictamente necesario. Pode danar a súa saúde. Ou a súa fe na humanidade.
De paso, estará a cumprir os desexos do brillante xerente do Complexo, don Alfredo García Iglesias, que o 26 de xaneiro deste ano, coincidindo co colapso deste servizo (456 persoass solicitaron atención), saíu á palestra reclamando “un uso responsable”. Tamén se oiu falar aquela gloriosa xornada ó actual director asistencial, cantando as louvanzas do persoal que lograra funcionar baixo a presión asistencial e vendéndonos grandes doses de esperanza e, de paso, moito fume. Nihil novum sub solem (nada novo baixo o sol). Palabras baleiras de significado real. E coas palabras acaba calquera leve brisa.
DON ALBERTO: Pero si me encargo ya yo de que tengamos la sanidad más salerosa del mundo.....ole, ole y ole!!!!!!
O máis curioso é que obviaron mencionar unha novedosa medida na xestión hospitalaria europea, que pode chegar a ser o asombro do mundo. Unha mostra de creatividade coma nunca tal se vira, top secret total… Demasiada modestia. O Universo enteiro debe saber que as Urxencias do CHUAC son un paradigma dos principios da xestión: eficacia, eficiencia e efectividade en estado puro (é dicir, bo, bonito e barato). Ou como lle gusta pensar á Conselleira Farjas: o milagre dos pans e dos peixes. A ultimísima innovación no CHUAC debería ser mesmo un exemplo para a crise inmobiliaria. Porque a arma secreta para acabar co colapso endémico de Urxencias é coñecido “jocosamente” polo nome do Apartamento ou “o Pisito”. Que non se desvíen as mentes malpensadas!!! Non é outra cousa que un anexo chungo de Observación, onde van parar os pacientes ingresados sen cama que se cadra levan 24-36 horas sentados nun sillón ou botados nunha padiola (sen mencionar as horas de espera previas a que se decida o seu ingreso). A estas alturas as miñas pobres neuronas empezan a botar fume… Sobre todo, ó remontarme á orixe do Apartamento, carente de calquera regusto ó clásico de Billy Wilder, que retrataba o desencanto e a despersonalización da sociedade industrializada. Nin rastro dos brillos do Manhattan de 1960. Aquí as resonancias sonche máis ibéricas, máis acordes con outro clásico do cinema: “El pisito”, de Marco Ferreri e Rafael Azcona. Humor negro en estado puro.
Definamos o Apartamento en cuestión: Na ubicación do antigo kiosko e da antiga cafetería da cuarta planta do CHUAC, ó carón da mesma sala de espera (ou de desesperación) de sempre. Alí, ó calor da estúpida paranoia creada pola falsa alarma da gripe A, construiuse algo así como un módulo de atención para os casos sospeitosos. Si se utiliza para dar refuxio ós usuarios agotados e desesperados que van dar alí co seu corpo porque non hai camas no hospital. Este pisito parécelles un pequeno paraíso (silencio e algo de repouso) despois do vía crucis polo que acaban de pasar. Unha peculiar zona cero: Espazos abertos para camas, un par de consultas monísimas de la muerte, unha especie de almacén e un cuarto de baño. Un chiringuito griposo que non atendeu a ningún griposo. Unha ñapa máis nun hospital superespecializado. Unha penosa solución temporal coa que se perdeu unha inxente morea de cartos. Construído sen a opinión de calquera profesional sensato. Ou de calquera paciente sensato. Porque un só cuarto de baño sen ducha serve para todos os que alí estean amoreados. Moi hixiénico. Sen cortiñas entre as camas, para dar un mínimo de intimidade en momentos tan delicados. Sen tomas de osíxeno adecuadas ou de baleiro. Sen a megafonía que funciona no servizo de Urxencias. Cun só teléfono para comunicarse. Mellor non imaxinarse unha parada cardiorrespiratoria no Apartamento. Si, claro que hai material e persoal para practicar unha reanimación cardiopulmonar pero as condicións son as menos recomendables. Unha enfermeira e unha auxiliar están a cargo do cotarro. O persoal médico pasa por alí. Os celadores e celadoras non foron reforzados, que por algo son tropa de infantería. Eles poden con todo e darlle ó zoco é o seu choio. Pero o CHUAC non lles dá máis ca un par de calzado ó ano. E o persoal asistencial, como os coelliños de Duracell, dura, dura e dura… E os usuarios, calan e otorgan. Porque, aínda que deran a súa opinión, teñen a certeza de que non ía servir para nada. Agás se este colapso (que xa é endémico o ano 2003) aparece nos medios de comunicación. Só entón parece que se vai facer “algo”. Pois se ese “algo” é o Apartamento, a opinión pública merece sabelo. Non é xusto que tanto talento innovador quede na sombra. Non habería pandemia de gripe A, pero o que si están a ignorar é a existencia do virus da cólera, que convirte ós enfermos e ós currantes en seres intratables e primitivos que se destrozan entre eles, en vez de unir as súas forzas contra un sistema irracional e inhumano. A referencia é a película “28 días despois”, de Danny Boyle. Non está demasiado lonxe.
E xa postos a falar, falemos dun Servizo que presta asistencia nas mesmas condicións que hai quince anos. Entre 1999 e 2000 ampliouse por primera vez a área de Observación. En 2003 a situación de colapso empezou a facerse habitual (os pacientes hospitalizados que non teñen cama na unidade correspondente, podendo botar días enteiros alí). Non había (e segue sen haber) espazo físico para prestar atención ou coidados. O persoal improvisaba como podía. Xa daquela as sucesivas xerencias falaban de “repuntes momentáneos” e incitaban á poboación a “facer un uso responsable dos recursos”. Un día bo era un día no que menos dun 50% das camas de Observación estaban ocupadas por pacientes ingresados sen cama. En 2006 empezou a funcionar a Unidade de Preingreso. En 2007 a situación seguía a ser insoportable. As mobilizacións do persoal alcanzaron unha incrible repercusión mediática. En 2008 abriuse a área de Observación de sillóns. Os pacientes seguen entrando e entrando; mesmo están media ducia de horas nunha silla de rodas para probar logo o cálido confort dun sillón. Non importa que teñan 18 ou 92 anos, unha apendicite ou unha anxina de peito. Se sobreviven a 48 horas alí sentados, xa poden con todo.
De “repunte momentáneo”, nada de nada. É unha situación crónica e mantida no tempo. A tranquilidade das últimas tres semanas fai pensar que alguén lle está a “apretar os parafusos” a outro alguén. Non mola saír na prensa. Iso dá vergonza. Non dá vergonza que haxa medios precarios (por ser benevolente co calificativo). Tampouco dá vergonza que haxa cola de ambulancias na entrada de Urxencias porque non hai padiolas ou sillas para deitar ós usuarios, xa que están todas ocupadas (coa consecuente ralentización da atención a domicilios). Mentres a poboación non o saiba, todo vale. E se o sabe, tanto ten. Tampouco dá vergonza que o persoal teña que saltar (literalmente) entre padiolas para cumprir co seu traballo. Élles indiferente que haxa un heliporto defectuoso que leva inoperativo cinco anos. Os planos para o novo bloque enviábanse por fax; quizais por iso as camas non cabían pola porta e houbo que facer outro corta-e-pega. A Xunta de Persoal tilda a situación actual de “caótica”. Como calificarán a desfeita que pode acontecer de aquí a 2012, cando se ten previsto que culmine o Plan Director cunha Urxencia supermegafashion. Vista a progresión nos últimos dez anos podo formular un axioma impepinable: a máis espazo, máis desfeita e máis “almacenamento”. Isto é o que ven pasando entre ñapa e ñapa. A improvisación ó poder!!! Para min e para outras persoas ven sendo un problema de funcionamento global: non é lóxico que un usuario estea ingresado un mes para facer unha proba diagnóstica, ocupando unha cama que non necesita, habendo colapso nun servizo esencial. O que está claro para min non lle vale á actual xerencia que leva a cabo unha política de terra queimada, co lema “despois de min, o diluvio”, por bandeira. Ou tamén algo moi castellano a la par que irreverente: “Pa dos días que me quedan en el convento, voy y me cago dentro”. Non se me alporice, señora Farjas, que estou perdida sen remisión!!!
Non vou describir máis disparates porque a estas alturas xa me doen a alma e os petos. Porque todo isto perpétrase con cartos públicos, co noso diñeiro. Porque coa actual situación só lles estamos a dar excusas para continuar o insidioso proceso de privatización encuberta (xa se falou aquí do peche da Unidade de Educación Maternal para ampliar a cafetería do Materno-Infantil). Signos e síntomas desta síndrome: Baixa autoestima (a crenza de que a sanidade pública é peor que a privada); desexo irrefreable de vender, prestar ou regalar (locais, persoal ou aparatos) dos centros públicos; alteración da percepción do que é socialmente correcto (con gusto crecente pola privatización); irritabilidade ante as opinións alleas e mesianismo. Ante isto podemos actuar mobilizándonos, debatendo, propoñendo e organizándonos por un sistema sanitario racional e humanizado. Podemos facer visible o noso malestar. Tod@s temos voz e voto. Porque os servizos públicos deben funcionar para dar resposta ás necesidades das persoas, non para comerciar nin para obter beneficio económico. E porque a atención á saúde non poden medirse por criterios de rendibilidade, senón polo interese social.
Pregunta final: Quén audita a estes altos cargos?
Grazas, Msarkadina. Un traballazo inprescindible.
ResponderEliminarO resto, como as cousas boas, en pequenas doses...Por certo, que xa vou precisando eu algunha "dose" de algo...legal ou ilegal, o conto é que poña...algo de cordura!!!!!!!
a las barricadas.
ResponderEliminarsalud y republica
Saúde e república, Xan.
ResponderEliminarDe nada. E graciñas tamén a vós, que tivestes a xentileza de cederme este espazo para poñer palabras ó malestar de moit@s e ó meu propio. A saúde non debe ser tratada coma un negocio. Recomendaríalle a moita xente que vise a película "Sicko" de Michael Moore (o individuo de barbas da segunda foto). Ou que visiten esta web con información interesante:
ResponderEliminarwww.nodo50.org/fadsp
Este domingo, 11 de abril, en Ferrol, hai unha nova manifestación contra a corrente privatizadora na sanidade pública. Sae ás 12 do Centro de Saúde Fontenla Maristany.
E seguro que atopamos algunha dose de "algo", aínda que sexa alegal, para esta tolemia.
Boa noite saudables soños para tod@s.
Non é mal día un domingo para ir a ferrolear....aínda que for polo ben da Sanidade Pública, onde queira que estea......A ver se nos vemos!!!!!!
ResponderEliminarSaludos dende a terra do queixo,para todos os catangueiros-as.SGU promete!
ResponderEliminarOla, Katangueir@s, un saúdo desde terras baleares doutro coruñés. Gustoume moito esta entrada xa que eu traballei nos meus tempos mozos no Sergas (no rural, que batallitas) e agora traballo nun hospital destas illas. Cambiei de aires e gañei, en certo modo, en calidade de vida. Sería interesante que tratases o tema da atención sanitaria no ámbito non hospitalario, a poder ser, nas vilas do interior ou nas costeiras, para que soubesen da precariedade e do abandono. Teño colegas que seguen a traballar en condicións parecidas a hai vinte anos. Como sigan recortando, o retroceso vai ser histórico e os damnificados, os de sempre: Nenos e vellos. Ata pronto!
ResponderEliminarAta sempre, Anónimo sanitario balear......
ResponderEliminarOfrecer ayuda
ResponderEliminarBuenos días,
En primer lugar yo les recomendaría que tener cuidado con las ofertas en la red y advertencias. Debido a que más del 90% de quest'avvisi son fraudulentos. Hoy en día hay más y más fraude. Quería pedir dinero prestado, después de haber enviado un aviso, todos los días recibo más de 25 mensajes de estafas nada que piden dinero están diciendo Gastos carpetas. Y sería borrar su mensaje, pero un día se echó sobre una persona leonido designado de Verona, pensé que usted hizo el partido de sinvergüenzas también la red, pero para mi sorpresa, es diferente, me dio un préstamo de € 40.000 a un ritmo mucho bien de 2% reembolsable en el número de tiempo que desea. Ahora confirmarlo, y si ocurre que busca préstamo póngase en contacto por correo electrónico. He aquí su correo electrónico:
leonidoveronas@gmail.com
NB: Le informamos también, y te juro que sólo tenía que pagar los derechos de inscripción y los contratos para recuperar mis fondos.
Debe dun préstamo? Se si! Contactar Facenda e Mortgages Limited Ocean ®Para máis cantidade pequenas e grandes préstamos. Damos o préstamo a unha taxa de interese do 2%. Contacte connosco hoxe por correo electrónico en oceanfinance459@gmail.com .Nós tamén dar-se. R $ 5 mil libras a 100 millóns de libras para individuos e empresas, o crédito é aberto a todos, independentemente da nacionalidade.
ResponderEliminar