Páginas

O rapto de Europa. Nova entrega da nosa particular serie "Os sete piares da infamia"

by Pacotrón

Van máis aló de de dos mil anos. Daquela, xa existía o lugar que hoxe coñecemos como Katanga, referencia mitolóxica que ás veces oculta entre nós a existencia dunha auténtica Katanga dentro da República Democrática do Congo. Katanga africana, pois, como o son todos eses rapaces e rapazas que conviven actualmente no noso barrio. Katangueiros. Da Coruña. De Europa. Qué contraditorio.

Este lugar, estratéxicamente situado aos pés do Monte do Destino (Penamoa), servía de seguro como un excelente mirador natural sobre o Golfo Ártabro, o fantástico porto natural arredor do cal habitaban os nosos antepasados. Desde aquí, cómo non marabillarse coa contemplación das maniobras de entrada ou saída do Golfo que realizaban os impresionantes trirremes romanos. Cómo non sentir o alento do Imperio, que era entón o alento de Europa!!!!!! Katanga, a nosa Katanga, é a fin de contas, quéirase ou non, Europa. Desde moito antes de pensarse ou soñarse a Europa actual.

Aquel Imperio non foi tan ruín nas súas contas coa nosa terra como si é o actual. Vías de comunicación, acuedutos, termas públicas, cidadanía -primeiro para uns poucos, despois para todos- lingua.....civilización, seica. En todo caso, aquilo que destruíron tiñan planificado construílo mellor.


SILVIO LUPINO: Virade todo a estribor, en nome de Zeus, que alí ao fondo diviso Cambridge (NOTA: actual Cambre).
TITO FLAVIO: Di que si, Lupino, can desdentado de Apolo, que teño o sabor das sardiñas totalmente incrustado no meu cerebrum!!!!!!


No actual Imperio, o imperio da Unión, os catro pillabáns que nos mandan e gobernan, os de verdade, decidiron hai tempo que Europa toda era fácilmente raptable, que os enormes sacrificios que houbo que facer por parte do pobo poderían revertirse en pingües ganancias para eles. Que todo aquilo ao que nos obrigaba a nova Unión, e que nos forzou a adaptarnos ou desaparecer, non ía con eles. Que se tal ou cal Comisión decide implementar un novo requisito, custoso, para producir debemos cumprilo, aínda a risco de que pechen numerosas actividades económicas. Pero se, por contra, esas "recomendacións" denuncian os abusos cometidos día si e día tamén contra nós pola nosa propia Banca, entón non se vale, neno. No juego.


DIRECTIVO DE BANCA: Hombre, no me diga que es mucho pasarse cobrar unas comisioncitas de nada....que son unos eurillos que usté ni nota y que a nosotros, poquito a poquito, nos hacen mucho bien.....


Norma económica número un: nesta Europa desposuída aplicamos a receita neoliberal pura e dura cando tocan gañancias fabulosas. Isto é: "tó pa mi". Somos capitalistas convencidos ata as cachas. E cala, cala, rojito, que mira como están en África. En Katanga.

Pois en Katanga, en Europa, estamos máis que fartos de que estes pinflois nos veñan agora con que perden cartos ou, tan só, perden de gañar os cartos que pensaban gañar, volvéndose repentinamente socialistas. Chagamos así á norma económica número dous: nesta Europa desposuída aplicamos a receita socialista pura e dura cando toca non gañar o que tocaba. Isto é: "los pufos son de todos". Son socialistas convencidos ata as cachas. Qué ironía máis custosa: o Estado que queres adelgazar ten que acudir no teu socorro cando, perdidos os estribos e sen capacidade para a reacción, te atopas ao borde do abismo. Ironía custosa, si, pero custosa para todos nós.

Pensemos xuntos sobre todo isto.

Eu agora marcho. Vou subir o Monte do Destino polo seu lado norte, para así contemplar algo do Golfo Ártabro. O que me deixan contemplar as moles construídas á beira do Río Bravo (Ronda de Outeiro). Entre tanto, vou ir cavilando. Contoume Dona Rosa o venres pasado cómo lle subira o recibo da luz. "Un pecado, meu. Con esta pensión y más lo mío....pues imagina".

Lin por algún sitio que o recibo da luz continúa sube que te sube aínda que se abaratou o prezo do kilovatio. Tamén as principais grandes empresas volven declarar beneficios para nós inalcanzables. Unha gran nova. A luz milagreira ao final do túnel (¿?).

E así, mentras penso en escalar a montaña, penso tamén no que pensan todas as persoas que se atopan nas fileiras do paro.

Bueno, iso.............................en qué pensarán??????


GRANDE EMPRESA ELÉCTRICA: Primeiro, págoche o anaco de terra a prezo de coña. Logo instalo os meus muíños e estropeo a túa paisaxe sen darche nada a cambio. Consigo enerxía fácil e barata. Por últimísimo, subo o recibo da luz coa excusa da moratoria que se me ocorra, da cota de non sei qué, do aluguer do non sei cánto, e así todo....ji, ji, ji, jito.......


Abur, yogur!!!!



5 comentarios:

  1. Periodista revisionista9 de marzo de 2010, 19:38

    Ay de ti, Pacotrón, si confías tu futuro y el nuestro al triunfo de la civilización. ¿Acaso no sabías que la capacidad de los seres humanos para contruír y crear es inversamente proporcional a su misma capacidad para destruír y eliminar?

    ResponderEliminar
  2. Hoxe non podo máis que lembrar a Bertolt Brecht: "Qué é maior delicto: roubar un banco ou fundar un banco?". E síntome máis Raskolnikov que nunca. E menos "europea" e máis "africana". Alomenos, alí non che son tan hipócritas. Hai latrocinio descarado e salvaxe(fomentado enormementepola civilizada e salvadora influencia occidental)pero non intentan convencer á poboación de que, no fondo, é polo seu ben. Os verdadeiros amos e señores volven máis fortes que nunca, a costa de vampirizarnos ós/ás pringad@s de toda a vida. Deduzo que se acabará impoñendo esa aberración mal chamada "Constitución Europea".
    Agora mesmo xa temos a gran estafa da moeda única e o tocomocho do Plan Bolonia para dar un pouco máis por saco. Están a argallar unhas reformas bastante terroríficas no réxime da seguridade social (o pacto de Toledo, ó carallo). Hai dous días escoitei que, probablemente, a miña xeneración tería que traballar ata os 69 anos. O número paréceme particularmente seductor pero non para estar ó mesmo ritmo ó que estou agora. Imposible.
    Dicía Plauto: "Lupus est homo homini, non homo, quom qualis sit non novit". (O lobo é home para o home e non home, cando descoñece quen é o outro). Hoxe en día xa chegamos ó "Homo homini lupus". Ti fai que xa me encargarei eu de desfacer para volver a refacer e vendercho como novo novísimo (síntoo, é a influencia do marxista máis influínte na miña vida: Groucho).
    Boa noite e doces soños.

    ResponderEliminar
  3. Vaia horas que usas para escribir, Msarkadina....Hai alguén por aí que valore os esforzos humanos que moitas persoas coma ti tedes que facer, e as renuncias que iso conleva, paea que as cousas, os servizos, funcionen cando teñen que funcionar???? Tristemente, dámos por sentado que os logros sociais estarán aí por sempre e esquecemos o duro camiño de todas e cada unha das conquistas.
    O outro día os empresarios máis ricachóns de España pediron contratos máis pobres para a xente moza, para así poder superar a crise. Ou sexa: á xente non lle chega para acabar o mes desafogada, e menos para ser "individuo/a consumista, para que ademais cobre o menos posible e poida ser despedida en calquera momento sen indemnización nin compensación algunha. Visto así, como queren estes grandes "economistas"...quen vai mercar os seus produtos???? Cómo se vai estimular o consumo, e por tanto a economía das familias -condición sine qua non- nestas indecentes condicións????

    Persoalmente, creo que Pacotrón se quedou, coma sempre, curto nas súas argumentacións. O que estamos vivindo é puro e duro terrorismo laboral. Puro e duro terrorismo económico e social. O Estado acude en socorro da Banca e éstes repártense beneficios pola súa "estupenda" xestión.

    ResponderEliminar
  4. Pobres nacionalistas ilusos. Preocupados polos nomes das localidades e das rúas mentras a dereita, moitísimo máis práctica, vai ao que si importa: a destruír a costa, o medioambiente en xeral, os servicios públicos por costosos, a construír eles e os seus amiguetes que os votan por doquier, e así nos vai. ¡Espabilade!

    ResponderEliminar
  5. Nesta Europa, mellor chamada EREOPA, xa se aplican EREs preventivos:

    http://www.laopinioncoruna.es/economia/2010/03/12/sykes-admite-ganancias-2009-basa-ere-previsiones-2010/365882.html

    Entre tanto:

    http://www.diariodemallorca.es/economia/2010/03/11/crece-numero-multimillonarios/552358.html

    ResponderEliminar