Imos cun xoguiño que a ver se vos gusta. Trátase do "Xeroglífico fotográfico katangueiro". É moi sinxelo, así que poden xogar da Coruña toda. Non acomplexarse.
Trátase de dar sentido ás seguintes series fotográficas, se o tivesen, despois dunha preguntiña e obter así a resposta que estas imaxes ocultan. Xa me liei. Procedamos. Haberá un importante agasallo para a primeira persoa -é un dicir- que responda correctamente a todas as preguntas.
1. Que institución coruñesa, rancia e caduca, abriu estes días o proceso para escoller novo Presidente* -e non é Hogueras de San Juan-?????
* Indicamos Presidente, e non Presidente/a xa que unha institución rancia e caduca que se preste NUNCA escollería a unha muller de Presidenta, nin nada serio, a non ser que estivese conformada UNICAMENTE por socias féminas. Aí si que vale...qué remedio.
2. Qué político local vén de anunciar a súa retirada definitiva da política protagónica -e non é Carlos Marcos-?????
3. Por contra, qué altísimo político conservador coruño está máis que relacionado co mundo da cesta -e non da compra, precisamente-?????
4. Qué equipo español gastou miles de fantastillóns en fichar outro nota que tampouco vai conseguir que gañen nin a Liga nin a Champion nin nel de nel -e non é o Depor-?????
E 5. Qué recoñecida expresión coruñesa....esta é fácil, nenos....que recoñecida expresión coruñesa da fala coloquial....quen a falle, capón!!!!.....significa, nin máis nin menos, "multitude" -e non é "mogallo"?????
Abur, yogur. En poucos días publicaremos as solucións a estes -aparentes- galimatías!!!!!
Agora que están de moda os grupos surrealistas do feixbú referido ás señoras e señores que andan pola rúa, que se con bolsas no coco, que se protestando, que se comendo froita...eu qué sei facendo qué.....presentamos aquí un grupiño que dará moito que falar. Trátase dos matrimonios que acuden do ganchete a calquera espectáculo que se organice con entrada libre ata completar, e de qué forma se completa, o aforo...e o aforro!!!!! Cóntovos.
Unha das maiores diferencias culturais entre as xentes do noso tan querido País Galaico e as mesnadas poboacionais da Meseta é a actitude vital -e profundamente vitalista- que expresan uns e outros ante o fenómeno dos espectáculos gratuítos. Vexamos.
Comentaba un xornalista castizo de mediados do século pasado cómo unha compañía teatral do Madrid dos anos corenta, formada íntegramente por pipiolos e pipiolas novatos nas artes do espectáculo de masas, dera por sentado un cheo absoluto ante a súa inminente representación dunha obra clásica do Século de Ouro. Un Lope de Vega, poñamos. Máis ao contrario, chegado o día da infausta subida de telón, tan só unha entrada se vendera para tamaño espectáculo. A fin de asegurar o cheo no primeiro día, e garantir así as mellores críticas teatrais nos medios de incomunicación da época, decidiron adoptar unha medida extrema: declarar a estrea como día do espectador e non cobrar un peso pola súa asistencia. Que a obra era de balde, vamos. Cheo garantizado!!!
Chegado o momento da representación, o público, que abarrotaba a platea suorosa, irrompeu en berros, clamores, xesticulacións e protestas ante a falta, aparentemente evidente, de calidade desta representación. No medio do alboroto, cando xa ninguén no seu mínimo xuízo era quen de seguir a trama, ergueuse alporizado un homiño ubicado no medio medio do patio de butacas, e axitando os brazos con alteración, berrou aos presentes: "¡Por Dios, señores, que tampoco es una obra tan mala!".
Era o único que pagara por entrar.
Que a qué vén isto, pois a que na nosa tan querida terra, na nosa Marineda, na nosa Katanga extrema, ocorre máis ben todo o contrario, demostrándose así o feito diferencial máis indiscutible do noso País. Aquí o que paga, protesta, e o que entra de balde, aplaude a rabiar. Como debe ser.
Digo isto porque nos chega do Concello un convite para unha Gala-Homenaxe que se vai celebrar hoxe no Teatro Rosalía de Castro contra as 20:30 horas. A protagonista, xa falecida, é María Luz Morales Godoy, coruñesa que foi a primeira muller no Estado en dirixir un xornal. Neste caso, La Vanguardia de Barcelona. En plena guerra civil. Podedes consultar sobre esta gala AQUÍ. Pero o máis salientable é que a entrada é de balde, e haberá cine (documental) e música en directo. Qué máis queres, Baldomeiro???. Supoño que estará a rebentar. Moi coruñés e moi galego.
Só así se entende o falso rebumbio que se montou a conta dun vídeo que lle sacaron a Don Alberto, Presidente a la postre da Junta de Galicia y Aragón, unha noite de troula cos amigos e amigas de Boqueixón. E digo falso rebumbio porque non hai nada máis normal que un Presidente conservador lanzando unhas picaradas a algunha beleza adolescente en tanto os efluvios dos sucesivos mencías e alvariños inxeridos perpetran os seus efectos e defectos naturais. Tampouco hai nada anormal en que uns galegos aproveiten calquera convite para enguedellarse alí e sacar ebn limpo o que se poida: unhas gambas, unhas nécoras, unha papa descomunal e un vídeo para youtube. Qué más se puede pedir, qué más se puede pedir, que cantaría o castizo marinedo.
En fin, amiguiños, que aquí vai o vídeo, en tanto non o censuren, e o convite para vernos no seguinte espectáculo gratuíto.....que a vida é moi chuquela e hai que menearse con alegría!!!!!
Non se podía comezar mellor este máxico e estrafalario 2010 que recibindo un premio da nosa amiga Ra e os seus soños perdidos......Para coñecer todos os pormenores deste extraordinario agasallo, seguide as peripecias deste deus ex machina exipcio AQUÍ MESMIÑO!!!!!
Que si...que xa facía tempo que non levábamos unha sorpresa tan sorpresiva comezando o ano....que isto non pode ser, amiga RA, que me lembro da miña adolescencia (igual que amans-amantis é a/o que é amado, adolens-adolescentis é á/ao que lle doe algo) e sinto latexar cousas que había tempo que non latexaban!!!!! Moitas gracias, pequena (ou inmensa, segundo se mire) RA.
O malo deste asuntillo é que, ao parecer, hai que publicar SETE verdades SETE para que se cumpran os meus soños........estou eu para verdades!!!!!! Pois nada nadita. Farei o esforzo. Aquí van:
1. Os katangueiros somos menos dos que parecemos pero máis dos que pensades que somos. Un paradoxo espazo-temporal.
2. Pacotrón ten corenta tacos!!!! (uffff.....estoume xogando a miña vida chuquela con isto!!!!)
3. Pacotrón é o auténtico Annubis deste blog. Eu só son o seu Primado.
4. Katangueira escribe máis do que parece a simple vista. O que non vos digo é onde.
5. Sexo: a diferencia de RA, excítome moito despois de comer.....e punto. Despois de comer todos os días calquera cousa. Despois de cear non me excito sen axuda. Jesús, María y José!!!!!
6. Pacotrón e eu calzamos o mesmo pé: un 44. Vaia equipa de baloncesto perdeu Katanga!!!!!
E......7. Pasei practicamente toda a miña vida rodeado de mulleres.....e sígoa pasando!!!!
LIGHTMAN: Perdona, machote, pero mientes más que la Beatriz Mato explicando lo maravilloso y fantástico que es recortar en gasto social.....Te tocas la nariz, te tocas la oreja, te tocas los huevos. Levantas el hombro izquierdo, tuerces los pies, pones cara de cosa, babeas, escupes al hablar y, a mayores, te tiembla el párpado derecho. O acabas de estar con Rajoy o eres el Pinocho más grande que existe..........y me refiero al tamaño de la nariz, no te me excites!!!!!
RAJOY: Xin paxarxe, Lightman. Yo lo único que xé ex que lox mentiroxitox tienen que venir a la Catedral de Xantiago de Compoxtela....que ex Año Xanto. Pero que no vengan todox juntox, que nox lo colapxan!!!!!!! A ver, nené, dale ya el golpecito exe, que pexax máx que tu madre con todo el joyerío puexto!!!!!!!
En fin, delfín. Que o próximo 8 de febreiro facemos un aniño xa, así que irei pensando algo para devolverlle o favor a RA e a algúns acólitos katangueiros máis. Entre mentras, aquí vai este temiña adicado a aqueles/aquelas que buscan soños, aínda que estean perdidos!!!!!!!
PACOTRÓN: Uau.....está pero llenito de estrellas......vaya 2010 que nos espera, Katanguista!!!!!!