Páginas

Os sete piares da infamia: sanidade versus santidade

Compartir
by Katangueiro
Pois fai ben Don Alberto, moi ben, en acudir ao Vaticano para recibir a benzón do mesmísimo Benedicto XVI coa excusa de arrincarlle ao Santo Padre unha visitiña xacobea de cara a novembro de 2010.

E fai ben en acudir acompañado da súa actual parella, quen se nos apresenta tal e como sinxelamente é: unha rapaza dos nosos días, gótica no vestir, silente no conversar e sumisa no comportar. Que os tempos cambiaron, carafio, e a dereita española tamén....un pouquichiño.

E así anda a Katangueira rompéndome a cabeza para que nós tamén sexamos recibidos en audiencia privada polo Papa, para pedirlle que vele por nós e, moi especialmente, pola nosa saúde, que ao paso que imos levando, nesta Galicia albertina, para a próxima gripe que collamos vai ir sendo mellor chamar a un confesor directamente, xa que da Sanidade Pública non vai quedar nin rastro ao remate desta lexislatura autonómica. Agora entendo o nomeamento de Dona Pilar Farjas como Conselleira de Santidade da Junta de Galicia y Aragón. Qué atinada decisión!!!!

Aos coñecidos recortes en atención sanitaria de tarde, que provocaron un aumento das listas de desespera dun 40% automáticamente, únense agora decisións tan alucinantes como a de pechar a Unidade de Educación Maternal do Hospital Materno Infantil da Coruña. Seica van ampliar a cafetería. Podedes protestar AQUÍ, pero xa vos adianto que esta decisión gustará aos potenciais usuarios...da cafetería. Onde estea un bo cortado, que se quite un peito feminino presto para dar de lactar.....co feo que é iso, así, ao natural!!!!!!!!


NENÉ. Home....por min non vos preocupar, que eu quedo co sistema natural....sen gas!!!!!!

Así que, como vedes, non estamos a esaxerar con iso de que vos vaiades buscando un confesor de man, por se as moscas. Outra opción sería a de pasar por caixa -que non por Caixa, que están moi cutres coa peña humilde- e aforar a boleta que vos pidan por mirarvos por riba e receitarvos por baixo algunha das drogas legais que se venden nas farmacias da nosa Región. En Katanga xa hai quen pide que legalicen os porros e a maría pero de xa....De ter que agardar seis meses a que me miren se teño un tumor, comentan os máis optimistas, que polo menos mos deixen pasar fumao de todo, sen sentir, que así se pasan máis rápido!!!!!


DON ALBERTO: Pues si, Santo Padre. Esto es lo último que hemos sacao para acortar el tiempo de espera de la seguridá social: la arguila canutera.
PAPA BENEDICTO XVI: Molto bene, molto bene....ji, ji, ji, ji......


A nosa colaboradora Msarkadina está a elaborar un traballiño que dexará a máis de un coma se fumase media plantación de maría dunha bocanada, pero desde a nosa redacción consideramos preciso ir comentando estas "cousiñas" do noso devir histórico en tanto actantes e padecentes desta nova era albertina, gótica, vaticánica e cutre que tan bos recordos nos trae da nosa mocidade ochentera...e se non que llo pregunten a Robert Smith.


ROBERT: Dios santo....tengo treinta mil de fiebre, perdí quince quilos en tres semanas y meo de color azul cobalto.....y no tengo cita para el CHUAC hasta mayo........de 2011!!!!!


En fin, delfín.....continuará!!!!!!

7 comentarios:

  1. Supongo que para esta gente que en un sitio se enseñe, entre otras cosas, a DAR DE MAMAR les suena a pecado mortal, a sexo oral, o algo peor!
    Dales caña, Katangueiro, que no tienen perdón de Dios.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas por ir adiantando información. O meu vai lento. Lento, pero seguro, iso si. Con tal cantidade de detallazos que está tendo a actual Xerencia dá para unha antoloxía.
    Máis nos vale encomendarnos a un anxo da garda, a un santo valedor ou a un clérigo protector porque, a este paso, só unha forza sobrenatural poderá axudarnos a conservar a cordura e a saúde no que se supón que é o sistema sanitario público que financiamos cos nosos impostos.
    Está claro que a educación sanitaria non é unha prioridade para esta xerencia. "Un poco de pasta basta". Con iso se conforman. Gustaríame saber a quen beneficia todo este movemento pecuniario. Porque algún listo vai sair favorecido.Ademais É ABSOLUTAMENTE FALSO que o labor desenvolvido na Unidade de Educación Maternal, coa colaboración de asociacións como Alma, Criando ou Kanguras, poida ser asumido polos centros de saúde. Para empezar, porque en moi poucos centros de saúde da Coruña hai unha matrona que faga un seguimento da saúde sexual e reproductiva da muller ó longo da súa vida (non falemos xa da lactancia natural nin da relación nai-bebé). Na UEM, por exemplo, dábase atención a mulleres en idade menopáusica,algo que non se contempla nos programas de atención primaria.
    Non interesa ter unha poboación libre, concienciada e responsable. Iso non dá cartos.
    Animo a quen lea isto a que asine e faga chegar a carta á Unidade de Atención do Paciente do CHUAC, na cuarta planta (onde podo dar fe dun gran traballo e excelente trato humano con moi poucos medios). Porque estas pequenas protestas é o único medio de deixar en evidencia tal infamia. Ademais está o grupo de Facebook:
    http://www.facebook.com/group.php?gid=298041757427
    Mentres tanto, as listas de espera seguirán aumentando e seguirán manipuladas pola administración de turno. As Urxencias do CHUAC seguirán colapsadas e funcionando dentro da disfuncionalidade do sistema. O Xerente pedirá á poboación un "uso responsable" (e os que están nunha camilla 36 horas pensarán nel con enorme cariño). A Xunta de Persoal seguirá soltando obviedades:
    http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/03/03/0003_8330401.htm
    E persoeiros como Don Manuel Fraga irán a colocarse un marcapasos a un hospital cuase virtual nun mundo marabilloso.
    Manda carallo na Habana. Por non dicir algo peor.

    ResponderEliminar
  3. Non sei de qué nos estrañamos. Para esta xente, en canto á maternidade, son da opinión de que nai só hai unha: a Santa Madre Iglesia, e esa non lacta....creo.
    Da sanidade pública só nos lembramos cando estamos cagados de medo co qe oidamos ter e vemos cómo o concepto urxente, referido a probas vitais para saber o que temos, non existe. A pregunta é se a saúde está nas prioridades á hora de votar, porque me temo que non. Ah, e tampouco a educación ou o deporte, for example....

    ResponderEliminar
  4. Chilango Cuatemoch4 de marzo de 2010, 15:20

    Estoy leyendo con auténtico interés esta serie de los siete pilares de la infamia. La sanidad pública,gratuita y universal es una conquista de la sociedad de bienestar. En mi país, México, estamos a medio camino y todavía quedan muchas cosas por hacer pero, realmente, cuando comparo el sistema sanitario público español con el de otros países, no hay color. Lo digo por experiencia propia. No se puede rentabilizar en votos, como tampoco es mensurable la educación sanitaria o la académica; sólo después de mucho tiempo y paciencia se reportan los beneficios para un país. Así se construyen civilizaciones.
    Esta medida me dejó muy asombrado. Coincido en que debe haber alguien muy bien parado, una buena transa. Fomentar la lactancia materna es malo: es muy poco neoliberal que las mamás no gasten lana y contribuyan así a la crisis.
    Leo ésto en El País y no doy crédito:
    http://www.elpais.com/articulo/Galicia/pareja/Feijoo/acudio/San/Pedro/colaboradora/elpepuespgal/20100304elpgal_9/Tes

    Sí, la dama del fondo de la foto, vestida de luto riguroso, es la pareja del presidente de la Xunta. Ya que no están casados como debe ser (según el rito católico, claro), ella debe acudir como "colaboradora". Otra muestra más de la doble moral de este pensamiento caduco e hipócrita. Creo que al Rey de España tampoco lo excomulgan por haber firmado la mal llamada Ley del Aborto. Para algo es el Rey.
    Hay seres que no quieren enterarse de que estamos en el siglo XXI. A la persona responsable de esta medida le diría una cosa bien chilanga: "NO MAMES, GÜEY".

    ResponderEliminar
  5. Pero ¿es la pareja "oficial" o es la "real"?.

    ResponderEliminar
  6. En todo caso....es bueno ser Rey!!!!!

    ResponderEliminar
  7. coño en el siglo 21 y monarquia.


    salud y republica

    ResponderEliminar