Páginas

O pirata, o ladrón, a súa muller e a miña amante


Son realmente tan maior, vou tan maduro e resulto tan anacrónico que xa penso, como o facía o meu avó cando cumpriu os oitenta anos, que estamos ao borde do abismo e só nos falta dar ese paso adiante? Éche pregunta retórica.

Vivo anclado nun mundo que enche sacos de desgana, malas prácticas e desautorizacións a eito. Un mundo onde caben/cabemos todos, e non pensedes que se libra nin dios. Iso é bo, a democratización dos despropósitos que nos trouxo esta, e non outra, crise.

1. Moito nos cansamos de repetir que a SGAE, e os seus truculentos defensores, erraban nas súas prácticas e se enchían os peitos de cartos en nome duns artistas que, na súa inmensa maioría, vivían as transformacións sociais e comunicativas alleos á recadación que o fascismo imperante lle permitiu a unha entidade privada nun Estado democrático. Despois de todo, alguén vai pagar algo daquilo. Polo menos o Bautista, pero o mundo da música e do entretemento en xeral está cambiado e non se ve que alguén aprenda das leccións e estableza novos cauces de uso e transmisión das obras artísticas. Ver a Ramoncín, que non fai nada a dereitas desde os oitenta, ou a Bisbal, tipo forrado e irritante onde os haxa, reclamando democracia e respecto prodúceme vómitos. O Antón Reixa preséntase para presidir esa sociedade, e fala de rexeneración e de non perseguir ás perruquerías. O outro contrincante fala de renovación. Cambialo todo para que nada cambie. Non vou por ningún, porque daí non vai saír nunca nada bo.

2. Non gostamos das xeneralizacións que se adoitan producir coa clase política en canto aparece algún concelleiro ou concelleira que meteu a man nos cartos, cobrou indebidamante, enriqueceuse coa práctica política ou, simplemente, pagou favores que enriquecían a outros. Hai polític@s e polític@s. E hai unha (suposta) democracia onde a ninguén lle poñen literalmente unha pipa na cabeza para obrigarlle, no nome dos seus filliños, a votar a este ou estoutra corrupto/a. Cadaquen saberá o que vota e por que. Digo isto porque a conta do máis que probable enxuizamento dun membro da familia real, Undargarín, estamos asistindo a unha sorte de vendaval mediático de presión, onde non se libran nin os medios máis monárquicos, para controlar as vías de ingreso desta xente. Tamén falan de facer público o patrimonio real a fins de ano. Impresionante. Todo o que a lóxica e a democracia ben entendida non conseguiu en trinta e tres anos vai e o consegue un consorte e as súas prácticas "non exemplares".

3. Este despropósito de ambición, deslealdade e asalto a fondos públicos pagarao quen o vai pagar, xa o veredes, porque hai a quen protexer moitísimo máis por riba del. Aquí hai nenos e nenas que van quedar sen actividades exxtraescolares municipais por aforrar uns poucos miles de euros e había quen cobraba millón e pico de euros en facturas duplicadas de servizos incribles, non realizados en ocasións ou de escaso valor. Poñemos en solfa o sistema de partidos por uns corruptos, así que a ver se poñemos en cuestión agora á monarquía. Na miña perruquería, o outro día, para unha clienta isto non era así. Aínda hai castes.

4. Para rematar. Amo á prima de risco. Tenme mollado o corazón. Rozado, desgastado, abusado e triste corazón. Amo cando sube, amo cando baixa. Amo que me controle e nos controle. Amo que dispoña das nosas vidas sen compaixón. Amo tocala, sentila. Amo os seus beizos cando me queren en forma de miniemprego. Amo as súas contas, que non son as miñas, e mesmo amo cando me despreza. Ámoa cando me mira así, altiva, esimismada e arrogante. Como a amo entón.

KATANGUEIRO: Uf...305 nada máis??? Sube, sube, siiiii, aaaaaaahhhhhhhh, dame duro, nenaaaaaa!!

3 comentarios:

  1. Pois a min o que me provoca todo isto é unha profunda tristeza e desesperación cando non paso directamente á axitación, á síndrome confusional aguda e á violencia. Ou ó cadro psicótico directamente. No eido erótico-festivo non consigo motivarme coma a ti; os signos e síntomas son estes: anhedonía, anorgasmia e diminución alarmante da libido.
    Moi atinado o título. Por tomalo a broma e sendo menos educada lémbrame ó título daquel histórico film: http://www.muchocine.net/img/elfontanerosumujeryotrascosas.jpg
    Tamén veume á mente aquela marabillosa película de Stephen Frears,con guión de Hanif Kureishi: "Sam and Rosie get laid" ("Sam y Rosie se lo montan"). Esta si que ten nivel:
    http://www.imdb.com/title/tt0093913/

    ResponderEliminar
  2. A túa anorgasmia non é crible, con todo. O título quizais fai referencia a aquel film O COCIÑEIRO, O LADRÓN, A SÚA MULLER E O SEU AMANTE. Lembrarás que ao final o ladrón ha de paparse ao amante da muller. Buf. Algo parecido a isto.

    ResponderEliminar
  3. Urdangarín ten un sex-appeal certo, e as súas prácticas non son exemplares. Nembargantes, sorpréndeme a escasa crítica ós que pagaron esas facturas. E tamén me sorprende o castigo da Casa Real a Urdangarín, desterrado a USA e traballando de executivo en Telefónica.
    ¿Qué fai en Telefónica para cobrar eses cartos? ¿Todos os executivos de Telefónica fan o mesmo?
    ¿Tiña a Casa Real coñecemento das actividades de Urdangarín antes do xuiz? ¿Serán xulgados tamén todos aqueles que pagaron esas suculentas facturas?
    Se cadra non hai que tomar as plazas, se cadra habería que tomar os Concellos, ainda que xurde inmediatamente a mesma pregunta, ¿para qué? ¿para enriquecernos nos?
    Entón non é un problema de democracia, máis ben é un problema de control...Ate agora o control é escaso.
    Bó nadal.

    ResponderEliminar