Páginas

Bágoas


Bágoas da Ministra italiana do Traballo anunciando onte os recortes de pensións, o aumento da necesidade de anos a cotizar e a quebra, penso, que evidente do que en Europa, e neste caso Italia, se deu en chamar Estado do Benestar. Bágoas porque, estou certo, ela ben sabe que nin con estes sacrificios rematará a traxedia. Quizais estamos xa condenados, non sei. Eu polo de agora prefiro pensar que hai quen sufre con/por isto. Un pouco por compensar, seica tamén van perseguir máis duramente o fraude fiscal (non era xa o que estaban facendo? Mmmmmmm...Non é tamén o que se fai tamén en España? Máis mmmmmmmmmmm...) e aumentarán os tipos impositivos ás maiores fortunas. Si, como en Suecia. Vamos.

Bágoas no noso barrio de Katanga, porque isto que cae do ceo non é choiva, non, que son bágoas polo fin das festas parroquiais. Outra cousa non sería unha explicación. A nosa querida parroquia, de tradicional virada de costas á realidade do barrio no que está situada, quixo un ano máis botar un pulso á racionalidade e celebrar nestes días pasados, sábado e domingo, unha nova edición das festas en honra de San Francisco Xabier. Que pensará este home de todo isto?

De resultas, comezando decembro, cun tempo que non acompaña nin convida a acudir a cousas deste calado moral, cunha crise global que asusta e que xa toca cuestións tan básicas como as pensións, a universalidade (suposta) da sanidade ou as prestacións, non se lles ocorre outra cousa mellor a estes meapilas -porque meapilas é o que son todos estes e todas estas da nosa querida parroquia- que dispoñer de dous días de verbena a dolor. Orquestras con chavalas mozas en mínimos trapos incluídas. Corte de rúa pactado cos munícipes, gran carpa para cubrirse das inclemencias e un monte de cartos tirados ao lixo un ano máis. Que de onde saen estes cartos? Fácil. Polo menos ata este ano, unha parte o pon a parroquia, das esmolas dos cristáns que acuden os domingos. Outra parte o Concello da Coruña. en forma de múltiples apoios que restan gasto, e a última parte os comercios e bares da zona. Tendo en conta de que os establecementos en funcionamento no barrio caeron á metade desde 2006, e tendo en conta o pouco que recoñecían os responsables recadar por esta vía, témome que unha vez máis este capricho pagouse con cartos públicos e cartos do "público" que acude ás sucesivas misas. Hai familias no barrio con todos os membros no paro, pero eu non coñezo o labor social que desenvolve esta parroquia. Quitando as festas, claro clarito.

E bágoas, estas provocadas pola comedia humana que nos sorprende cada día. Anuncian a bombo e platillo que se pechan os blogs dos Rosales e Ventorrillo (ver a nosa triste e emocionada nova) e vai e resulta que non era certo. NIN NUN BLOG VECIÑAL PODES CONFIAR XA. No caso do Blog de los Rosales semella que o leva outra persoa de perfil ben diferente, pero de blog pechado...nasti de plasti. O caso do blog do Ventorrillo (do Ventirrollo par os colegas) non é o mesmo. Resulta que volve en todo o seu esplendor. Agora van a polos delincuentes que hai na Ronda de Outeiro, despois de tontear cos de Penamoa e Conchiñas. Vese que nisto da delincuencia convén ir a cachos. Polo menos a algúns lles cunde mellor así. Pois nada, nada, a Rajoy, Feijoo e Negreira, que son os das (in)competencias!!!!!


SAN FRANCISCO XABIER: perdoa, Katangueiro, pero eu son o primeiro ao que lle jode tanta fe disfrazada de verbena e tan pouca obra... 
KATANGUEIRO: levanta, hostia, levanta....

8 comentarios:

  1. Será este tempo deprimente o que me fai pensar que estamos tod@s condenad@s sen remisión ou posibilidade de redención. A señora ministra chora e con razón pero máis choraremos os cidadáns e cidadás por ternos sometido con alegría á Unión de Mercachifles Europeos (ou sexa, a Unión de Banqueiros Trileros).
    As bágoas da señora Fornero serán menos amargas que as nosas (o seu soldo non será de mileurista, penso eu), escravizados e narcotizados. O máis grave é que sigue habendo escravos que apoian con entusiasmo á dominación á que nos someten. Eses escravos nin sequera saben gañar.
    Prefiro derramar outra clase de lágrimas:

    http://www.youtube.com/watch?v=VupxqjTGAyk&feature=related

    ResponderEliminar
  2. Periodista Revisionista6 de diciembre de 2011, 20:07

    El caso es que, curiosamente, esta señora no se presentó a las elecciones, ya que es de las incorporaciones "tecnócratas" obligadas por los mercados. Ya no sé yo si todo esto es para demostrarnos que son mejores personas que los políticos, en plan interesado. Pero bueno, llorar siempre es bueno. Un saludo, nenos.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  4. non ser brutos, home...

    ResponderEliminar
  5. Pacotrón, non é cuestión de brutalidade ou sutileza. Demasiadas veces o anonimato que proporciona a rede dá abeiro á infamia e á calumnia. Pódense chegar a suplantar identidades, ben o sabes. Non sendo o blog do Ventorrillo o meu blog favorito rogaríalle a calquera "anónimo" que meta comentarios como este por onde lle caiban e que vaia enmerdar á súa puta casa. Porque os problemas e malos rollos que se xeneren, katangueiros, pagarédelos vós ou calquera que veña ler aquí. A ruindade, para ti, anónimo (sexas quen sexas, busques o que busques), que non todo o mundo ten a túa nula catadura moral ou a túa nula ética. Que non me entere eu de onde vés porque xa te podes ir preparando, mala besta. Se a miña información non é errónea es un auténtico cabrón. Vai escribir iso noutro sitio, a ver se tes valor. As tácticas que empregas son as que utilizan os seres viles que non teñen o valor de chamar ás cousas polo seu nome. Covarde, suxa e rastreira a túa conducta.

    ResponderEliminar
  6. Anónimo de Katanga11 de enero de 2012, 10:29

    Ole,Ole,Ole!!! y la censura llego al blog insurrecto de Katanga, tampoco es que me sorprenda. Pena que se borrase el comentario que hizo el "anónimo" en cuestión, le quita valia a la contestación de "MsArkadina".
    Por qué tanto odio hacia las fiestas patronales de Katanga? a caso no pueden celebrar sus fiestas como los demás barrios de esta noble Villa? por qué no decis nada de las fiestas del Pilar en el Ventorrillo? o las de los Rosales? o de los Castros con su famoso globo? a caso todas esas fiestas son finanziadas por los vecinos de eses barrios y demás comerciantes? no, salen del bolsillo del dinero "público".

    Asi que menos odio y demagogia hacia las fiestas parroquiales y la parroquia en si y más pateo de las calles del barrio a ver si nos enteramos de la verdadera realidad de lo que allí pasa, que no es bueno verlo todo desde el "Maroñas" y el "Sende", tambien llamado "Xende" y ahora bar sin letrero conocido.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E se non borrasen un comentario difamatorio e cruel contra outro veciño ventorrillés (algo que creo que si se mantén noutros foros de opinións veciñais contra algunha persoa deste blog) poñeríalos pingando... Chámaslle censura ó sentido común? Eu, persoalmente, non soporto este tipo de actitudes infamantes nin aquí nin en ningures. Tampouco soporto nin o vitimismo nin o "trollerío". Pero, insisto, é unha opinión persoal.

      Eliminar