Páginas

Menos dramática, máis gramática

by Katangueiro, entre o tratado de ética e a caligrafía Rubio

Pois en vaia enredo se nos meteron os veciños e veciñas da denominada Plataforma Ventorrillo Desmantelamento Penamoa a conta dun comunicado de prensa onde este colectivo anunciaba que non consentiría "bajo ningún concepto" que a ONG Proyecto Hombre se instalase no Centro Cívico da Silva. Fóra de que se presuma de "contactos" no Concello e fóra de que se confunda Tierra de Hombres con Proyecto Hombre, seica provocou moito malestar a forma en que se desprezou o traballo intenso de prevención, tratamento e rehabilitación de drogodependentes que realiza esta asociación. Ata hai unha frase onde se acusa ao Concello de "querer instalar ahí, una asociación dedicada a la droga" ( a coma demencial está no texto orixinal). Fea forma de expresarse, creo.

Nin que dicir ten que compartimos con estes veciños a necesidade de que o poboado chabolista de Penamoa, igual que calquera outro poboado chabolista, desapareza para sempre, así como temos denunciado as políticas do pasado relativas tanto ao chabolismo na nosa cidade como ao tratamento dun problema como é o da drogoadicción. Destas críticas non salvábamos nin á administración local, nin á autonómica nin á estatal. Ata aquí, vale.

O que non compartimos en absoluto é o ton dramático, catastrofista, que vén amosando esta plataforma xusto cando, de certo, existe na nosa cidade un Plan de Erradicación do Chabolismo avalado e apoiado pola Xunta de Galicia. Non é de recibo criticar agora o que antes non se criticaba. Non é de recibo maltratar semanticamente a unha ONG como Proyecto Hombre que levan moitísimos e moitísimos anos traballando con persoas que loitan por deixar atrás as súas drogodependencias nun mundo, o noso, as máis das veces insolidario cos humildes e acobardado ante os poderosos.

Pero non podo reprimir tampouco o meu asombro ante as graves carencias gramaticais de quen redacta este comunicado. Se xa chama a atención o nome dunha plataforma que semella pronunciado por Tarzán -Plataforma Ventorrillo Desmantelamento Penamoa é unha absurda versión "sincopada" de Plataforma do Ventorrillo para o Desmantelamento do Poboado Chabolista de Penamoa-, non é menos rechamante o demencial uso signos de puntuación, nomeadamente da coma, incorrección que recoñecemos en non poucos "comentaristas" de certo foro veciñal. Tampouco está moi ben comezar o comunicado cunha oración subordinada de tempo que non ten predicado algún ao que subordinarse...En fin, que aquí tedes o comunicado para que extraiades as vosas propias conclusións:

Comunicado de Prensa Plataforma Ventorrillo:. Proyecto Hombre

E preguntarédesvos: pero isto é realmente importante? Pois si, xa que quen presenta un documento para o seu uso público e descoida as normas máis elementais de ortografía e sintaxe, non é de admirar que tamén descoide un pouco os contidos que transmite, convertindo o rumor en noticia, confundindo demagoxia con información. E haberá quen diga que esa plataforma esta formada por veciñas e veciños hunildes, que igual non tiveron o acceso a educación que outros puidemos ter e bla bla e bla bla, pero o certo é que quen escribiu este texto si que tivo acceso á educación, outra cousa é que o demostre ou que esta lle aproveitase en algo.

Hai quen se queixa do tratamento que diferentes medios de comunicación deron a este comunicado, nomeadamente a Opinión. Non deberían queixarse. De certo que puido ser peor. Quen acusa, quen apunta con superioridade moral a institucións públicas, a ONG's que tratan directamente con drogodependentes -ben sexa para animalos á rehabilitación, ben sexa fornecéndolles xeringas limpas para que non agraven a súa circustancia- e mesmo fai burla de circustancias e situacións persoais terribles debe agora ser humilde, debe aceptar a merecida reprimenda pública e debe inmediatamente desculparse ante Proyecto Hombre e ante a sociedade, porque se un é valente para sinalar culpabilidades, debe tamén selo para recoñecer as propias. É a miña opinión. Espero non ofender.

BERLUSCONI: Hahahahahahaha.....veramente, la plataforma a errato de vulto, mai...qui é il primo inocente in questa vita??????



PACOTRÓN: Joderito, Katanguista, joderito....que xa me tes máis que farto!!!! É meter os teus fuciños en determinados asuntos e, acto seguido, colapsarse as nosas liñas telefónicas!!!! Non podo...non podo....non pooodoooo......

Eu tampouco. Abur, yogur!!!!

25 comentarios:

  1. Periodista Revisionista20 de enero de 2011, 21:48

    A la gente le gusta dar lecciones. Por lo menos a un tipo determinado. Pongo un ejemplo. Don Santiago Fernández Latorre se lamenta, en una entrevista que se hace a si mismo, de que los adolescentes de hoy deban soportar unas pésimas previsiones en cuanto ea su futuro laboral, al tiempo de que viven "modelos familiares" negativos que "están en boga". Esta opinión es más lamentable en tanto la persona que lo pronuncia. En mi colegio religioso el cura llamaba a esta gente "fariseos". Algo de fariseismo hay también en esta historieta.

    ResponderEliminar
  2. Agora acusan de analfabetismo funcional á Concelleira...nun texto plagado de erros gramaticais e literatura chulesca. Líbranos Señor dos libertadores!!!!

    http://www.scribd.com/doc/47280208/La-Plataforma-Ventorrillo-a-Silvia-Longueira-20-01-2011

    ResponderEliminar
  3. Anónima: cando un mete a pata é mellor rectificar e a outra cousa. Continuar incidindo no erro leva a textos demenciais como o que nos comentas. Efectivamente, no primeiro comunicado dise que se quere instalar aí unha asociación adicada á droga. Tal cal. Se ninguén se sinte obrigado a emitir unha desculpa por algo será. Igual si que pensan que Proxecto Home está adicada á droga, e non a prevenila, precisamente. Mal vamos.
    Katangueiro: pero se nós non temos liña telefónica, lambón!!!! E menos mal!!!!

    ResponderEliminar
  4. No se trata de literatura sino de la realidad. Hay much@s ciudadan@s que no se expresan correctamente, much@s son personajes públic@s y no por eso, lo que dicen es menos cierto. No tod@s somos tan erudit@s como Pacotrón. ¡Vaya manera de marear al personal!.
    Lo cierto es que el problema de tráfico de drogas, chabolismo e inseguridad continúa. Y eso es absolutamente cierto.

    ResponderEliminar
  5. Resulta triste que o traballo dunha ONG como Proyecto Hombre sexa cuestionado ou mesmo que o seu nome sexa mencionado nunha "guerra" na que nunca creo que se dignara a participar. Como tampouco debería ser mentada Tierra de Hombres. Non sei se a persoa ou persoas que redactaron este comunicado chegan a darse conta do dano que lle fan á súa imaxe e á súa causa coa redacción e coa súa actitude persistente. A impresión que me causa a min esta lectura é, desde logo, a de que hai alguén que o toma dun xeito moi persoal, como se lle fora a vida no enfrontamento personalizado contra esta Concellería en concreto cando todo o mundo sabe sobradamente cal foi a orixe e o mecanismo que aínda sostén a pervivencia deste asentamento. Demasiado complexa a explicación porque implica a toda a nosa sociedade.
    A premura non é boa compañeira de viaxe, como tampouco o son darlle a un rumor a categoría de dogma de fe, presumir de "contactos", crerse na posesión da verdade absoluta ou intentar sementar a discordia con afirmacións ambiguas e gratuitas. Á vista están os resultados. A crítica ás institucións é un dereito de toda a cidadanía (iso é indiscutible) pero exercido dun xeito asertivo e ecuánime é moito máis efectivo.
    Ler que Proyecto Hombre é "unha asociación dedicada a la droga" é alucinante, un lapsus lamentable que pode aproveitar calquera. Nin é necesario utilizar indiscriminadamente as comiñas nin colocar os signos de puntuación ó chou. As palabras lévaas o vento, non así a escrita e menos aínda o caché do Google. Cun pouco de reflexión previa isto non pasaría.
    Lin os comunicados, os contracomunicados,os artigos na prensa, os comentarios dos lectores da Opinión e resúltame sorprendente a alusión a intereses escuros neste asunto por parte dalgún comentarista (certamente moi similares en moitos aspectos a comentarios recollidos noutros foros veciñais da cidade en canto a puntuación, uso de signos de interrogación e exclamación e algunha expresión moi peculiar). Xa que isto vai de especulacións, eu podo especular que hai xente que non soporta que lle dean un "non" por resposta ou que vive na máis pura contradicción ou que debe ter un odio lavardo temible ou que fai do "ou comigo ou contra min" o seu lema vital... Por especular que non sexa! Debe ser terrible sentirse na obriga de facerse perdoar.
    Déixovos o enlace a unha entrevista con Carmen Avendaño, presidenta da Fundación Érguete, pioneira (xuntos con outras nais) da loita contra a drogadicción nos tempos máis duros, cando a heroína levou por diante tantas vidas:

    http://www.xornal.com/artigo/2010/07/24/sociedad/carmen-avendano-normal-charlin-fuera-anos-carcel-derecho/2010072421381400257.html

    ResponderEliminar
  6. Moi atinada, como sempre, Msarkadina. Ao Anónimo que "acusa" a Pacotrón de erudito lembrarlle que quen redacta os comunidados, non contento/a con didicr que Proxecto Home traballa coa droga, acusa á concelleira de "analfabeta funcional". Segundo a wiki: "Se denomina analfabetismo funcional a la incapacidad de un individuo para utilizar su capacidad de lectura, escritura y cálculo de forma eficiente en las situaciones habituales de la vida. Se diferencia del analfabetismo en sentido estricto en que éste supone la incapacidad absoluta de leer o escribir frases sencillas en cualquier idioma".

    ResponderEliminar
  7. Me encanta que reviseis a fondo los comunicados, veo que el mensaje os a quedado bien clarito.
    ¡¡¡¡Fuera chabolas y Fuera droga de Penamoa!!!
    ......y dejaros de cuentos.

    ResponderEliminar
  8. ¿¿¿Por qué será que se distorsionan los mensajes???....El que se pica.....ya se sabe.

    ResponderEliminar
  9. Si que ha quedado bien clarito vuestro mensaje. Y retratadito también. Ahora ya sabemos qué entidad "social" no cabe en un lugar que se apellide "Cívico".

    ResponderEliminar
  10. Anónimo: A min encántame que che encante que leamos os comunicados, contracomunicados e recontracomunicados. A mensaxe está máis que clara:
    "La Plataforma no consentirá bajo ningún concepto que en dicho Centro Cívico, y en las proximidades se instale dicha asociación, ni cualquier otra que tenga relación con la droga". "Después de todo lo expuesto, la Plataforma cree que el Ayuntamiento se aprovecha de las características del barrio anteriormente expuestas y del estado de abandono en el que se encuentra, para querer instalar ahí, una asociación dedicada a la droga".
    "En el comunicado advertimos (porque los rumores son la antesala de la noticia), queestamos más informados de lo que se cree y seguiremos vigilantes, ya que esperamos siempre lo peor de sugestión para “nuestro barrio” y porque no le concedemos ninguna credibilidad a lo que dice, debido a las reiteradas mentiras y promesas incumplidas".
    Copio e pego, para non manipular a mensaxe nin sacala de contexto. De feito, gustaríame deixar claro que eu non puxen as comiñas nas expresións "nuestro barrio" ou "de todas sus consecuencias" ou "PROYECTO HOMBRE". Creo que non hai distorsión ningunha.
    Había unha oportunidade única para facer chegar unha vez máis a vosa protesta e, de paso, reivindicar as pésimas condicións da Silva e mira ti o que pasou.Canta maldade hai no mundo!
    Por iso eu, antes de falar, intento informarme e niso entra a lectura de todos cantos comunicados haxa. E limítome a expresar a miña opinión, coma calquera outra veciña ou veciño coruñés.
    Acaso ti cres que eu ou calquera outra persoa nos alegramos da situación que se vive en Penamoa, do tráfico de drogas e dos dramas que provoca? Se iso pensas, non podes estar máis errado. Eu vivo na Agra do Orzán que, como todos sabemos, é un barrio privilexiado de clase alta. Pasei case toda a miña vida nas Atochas e en Monte Alto, que non é en absoluto unha zona de clase traballadora. Por suposto ningún dos dous barrios sabe o que é a infravivenda (non sei se lembrades os arcóns de Orillamar ou os corralóns do Campo da Gaiteira ou os ranchitos de Ramón del Cueto)ou a lacra da drogadicción. Colaborei como voluntaria cunha ONG estatal como Médicos del Mundo en Madrid a finais dos anos noventa (vivín alí 18 meses)en poboados chabolistas como Las Barranquillas, La Celsa ou La Rosilla. Na Coruña tiven que entrar dúas veces en Penamoa por motivos profesionais (nada ilegal) e, para a miña desgraza, vivín moi de cerca varios casos de adicción (familia e amistades). Algúns siguen aquí, recuperados e integrados. Outros morreron, como unha curmá que estaba rehabilitada gracias a Proyecto Hombre, á que un tumor cerebral levouna en catro meses.
    Xa ves, a miña experiencia persoal faime tremendamente parcial e tendenciosa.

    ResponderEliminar
  11. Por último, por se non chegou a miña mensaxe, direiche que eu non teño ningún interés de ningunha clase, non milito en ningún partido político nin organización sindical, asociación veciñal ou agrupación folklórica. Son unha simple cidadá coruñesa de 36 anos, que vive e paga impostos aquí e limítome a observar, opinar e participar para mellorar a nosa sociedade. Tamén procuro aprender, educarme e madurar cada día un puco máis. Considéroo un deber cívico.
    Tamén intento exercer os meus dereitos (e cumprir os meus deberes) cidadás con asertividade. Creo que non che soa moito a palabra, Anónimo:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Asertividad

    A min isto ensináronmo na familia como modo de vida e logo tiven que estudialo na carreira (e aplicalo no meu día a día) para relacionarme mellor con outros seres humanos.
    Ata aquí o meu conto, que como podes comprobar, é de moito coidado. Non sei cal é o teu realmente. Podo imaxinalo, pero non me gusta facer especulacións gratuitas, aínda que co levo lido, podería escribir toda unha saga.
    Deséxovos sorte na vosa empresa. Desexo que desapareza Penamoa e que isto repercuta para ben no Ventorrillo, A Silva, Cances, A Moura, Mariñeiros, Bens e a Agra do Orzán e, por extensión, na cidade. Gustaríame que non existisen tampouco asentamentos como As Rañas ou o da Ponte da Pasaxe. Que o tráfico de drogas e as súas consecuencias se extinguisen polo noso ben e polo dos nosos fillos. Pero iso creo que tardaremos en velo. Mentres tanto, non estaría de máis coidar o fondo e as formas das nosas accións e a nosa mensaxe.

    ResponderEliminar
  12. Espero que tus esfuerzos por explicarte no caigan en saco roto, Msarkadina, aunque me temo que en este caso....Estoy con el amigo katangueiro. El descuido ortográfico es la antesala de la desinformación.

    ResponderEliminar
  13. Non sei qué clase de distorsión ou manipulación pode existir na reproducción textual dun comunicado. Logo está a interpretación que lle dea cada un, que é algo moi persoal. Todos somos libres para ter unha opinión propia, faltaría máis, que para algo vivimos nunha democracia. Eu debo ser tamén un manipulador e un mentireiro porque vexo erróneo o tono e as expresións utilizadas neste comunicado. As palabras ben utilizadas, sen agresividade, son máis útiles e convincentes e asumir os erros tácticos un signo de madurez.
    Un saúdo a Katanga e á Agra.

    ResponderEliminar
  14. Graciñas, neno!!!!! Ben falado!!!

    ResponderEliminar
  15. Pero vamos a ver... Si por primera vez en casi treinta años se aborda el problema, ¿pretenden que se solucione de un plumazo? ¿En qué mundo viven? ¿Sueñan con Carlos Negreira entrando en Penamoa con una tuneladora en plan Chuck Norris? Pues que sigan soñando. Este problema va para largo mientras no se solucionen muchos otros problemas que tiene nuestra sociedad y no nos impliquemos todos.

    ResponderEliminar
  16. El nivel de prepotencia de ambos comunicados es inversamente proporcional al de decencia de quien lo escribe. No, Carmela, no sueñan con Negreira en Penamoa a lo Chuck Norris. Sueñan con Negreira y punto.

    ResponderEliminar
  17. Fuera de tono y cabreados igual que Longueira....
    ¿¿¿Por qué será ???

    ResponderEliminar
  18. A ladrar,a ladrar: guau, guau, guau, guauuuuuuuuuuuuu. Penoso, menos mal que se os está acabando "el chollo".............gramática pura.
    ¿Será la sucursal de Silvia Longueira?

    ResponderEliminar
  19. Para o penúltimo e último Anónimo e similares: Persisto na miña actitude asertiva e, simplemente, reitero a miña opinión persoal. Os meus enfados e as miñas (escasas)saídas de tono resérvoos para temas de vital importancia para min e ti/vós non estades entre nesa lista. Ti/vós arrogádesvos a representación de veciños e veciñas (á sombra dos que te/vos agochas/agochades) ós que non lles chegades nin á sola dos zapatos. Se eu non soubera da xenuina preocupación e boa fe destas persoas nin sequera me molestaría en responder á túa/vosa reiterativa e pobre argumentación: os consabidos "ladran, luego cabalgamos", "están rabiosos, ¿por qué será?", "ahora se os acaba el chollo"... Home, fai o favor de cambiar o CD, que aburres máis que os grandes éxitos de Maná. A orixinalidade é unha arma cargada de futuro, como a poesía, algo do que ti/vós carecedes.
    Non creo que te/vos resultara moi agradable recibir pública reprimenda dalgunha alma noble e xenerosa pola vosa saída de tono, persoas que te/vos superan, Anónimo/s e non teñen ansias de protagonismo nin afán de revancha. Así que xa podes ir a outro foro a dar leccións coa túa "gramática parda", que eu non che aturo nin a primeira. Polo demais deséxoche/vos que superes/superedes a túa/vosa frustración e rencores de pasado. Ninguén che/vos ten a culpa de que non se cumprisen as túas/vosas altísimas e pretéritas aspiracións.

    ResponderEliminar
  20. Seguide ladrando ou como se dí ...seguide a ladrar......¿...........?¡¡¡¡grámatica pura e dura!!!! pois si.....sucursal de Silvia Longueira (debedes de ser os uúnicos nesta cidade)....perdón pola gramática.....MsArkadina ......a túa?????????deixa moito que desexar...........(de novo perdón pola gramática). Pero mentras.......guau, guau. E por certo ¡¡¡¡viva a liberdade de expresión!!!!

    ResponderEliminar
  21. MsArkadina: eres el "Paradigma" de la "Gramática"
    ...."pura y dura"....así es la vida.

    ResponderEliminar
  22. Esta é a última vez que respondo ós teus/vosos argumentos. Se cadra non liches o que contei en comentarios previos, así que, por se acaso, aí vai: sufrín na miña familia e entre as miñas amistades os estragos do tráfico ilegal de drogas (vidas perdidas e familias rotas), veño colaborando (e sigo a colaborar sempre que o traballo e as obrigas familiares non mo impidan) cunha asociación como Médicos del Mundo desde mediados da década de 1990 en asuntos relacionados co tratamento e prevención do consumo de drogas e unha curmá miña (xa finada) recibiu a axuda inestimable de Proyecto Hombre. Como poderás comprobar, todo iso faime moi proclive a desexar a existencia de Penamoa (TONO ULTRAIRÓNICO ON). Por suposto, tamén desexo que a situación actual persista ano tras ano (a miña ironía agora mesmo rompe límites).
    Considérome unha persoa moi afortunada porque teño un traballo honrado do que podo estar orgullosa e que garante a miña independencia (nin partido político, nin organización sindical nin agrupación lúdico-folklórica). Non me estrañaría que, nalgún momento da túa/vosa vida, os nosos camiños se cruzaran e ignorásemos a nosa identidade mutua. Eu debo tratar a xente (e coidar) de toda clase sen deixarme levar por prexuízos nin afinidades. Así o recolle o código deontolóxico da miña profesión e nin imaxinas o moito que axuda na vida. Teño a gala sentirme satisfeita do que aprendo cada día pero a certa clase de persoas non lles tolero nin unha lección.
    Si, viva a liberdade de expresión, a mesma que che permite a ti manter aquí ou onde sexa o teu discurso e a min a miña opinión, faltaría máis. A mesma que me permite dicir novamente que o mal feito, mal feito está e perxudica a imaxe dunha causa que pode ser a de moitos e moitas.
    Espero que nunca teñas/teñades que vivir o que vivín eu na miña vida persoal e que no futuro podamos vivir nunha sociedade máis libre e solidaria, desa solidariedade cotiá e antiga que hai moito que non exercemos.

    ResponderEliminar
  23. MsArkadina, amiga, ojalá hubiera más personas como tú en este mundo. Porque hay que ser muy valiente para contar lo que tú cuentas (con delicadeza, con sensibilidad) y no creo que mucha gente se exponga así, alzando la voz sin gritar a los demás. Ahora no se me ocurre nada mejor para comunicarte el cariño y gratitud de nuestra familia en todos estos años y por todos los buenos y malos momentos que hemos pasado juntos en cuanto al tema que aquí se trata (aunque sea de refilón): convivir con una persona adicta. Son muchas horas de vuelo como para perder la compostura con quien te lanza acusaciones delirantes, cariño.
    Puedo imaginar tu mirada y tu sonrisa irónica ante esos comentarios. Pasan los años pero algunas actitudes permanecen. ¡Qué país éste donde se recela de las personas cultas y bien educadas! ¡Qué gentes las que identifican tener una opinión propia y nada gregaria con un ataque directo y frontal hacia ellos! Como tú bien dices: "Liberdade de expresión, si, pero para todo o mundo". Libertad de expresión para opinar, no para insultar sin ton ni son. Resulta bastante gracioso eso de "la gramática pura y dura". ¿Querrán decir lógica o retórica, tal vez? A lo mejor si te expresaras como una Belén Esteban cualquiera les molaría más, no serías "gramática". Jajaja... Qué le vamos a hacer, hay gente pa tó. Hasta de "política" te "acusan". ¡Nos estamos partiendo de la risa! Porque hay personas honradas y desinteresadas (aunque cueste creerlo) en el gremio político y porque, conociéndote, sabemos que una anarquizante como tú no tiene cabida en ciertas esferas y menos en una ciudad como ésta.
    ¡Mucha salud y mucha fuerza!

    ResponderEliminar
  24. Vaia...había tempo que non revisaba isto. Non te preocupes, Msarkadina. Se a única forma que teñen de contrapoñer ideas é mencionar á Longueira -que non sei eu que pinta neste blog nin nun post adicado á "mala educación" de quen non ten reparos en situarse a un nivel, digamos, moral superior ao das persoas que non compartimos as seus "comunicados- ou o de emitir ladridos, agora xa che explicas o que nos di Tamara de que "el descuido ortográfico es la antesala de la desinformación". Tamén o é da demagoxia, que é unha das formas que adopta a desinformación. Biquísimos.

    ResponderEliminar