by Msarkadina

A aprobación da Lei 15/1997 de “Novas Formas de Xestión da Sanidade”, cos votos do PSOE e do PP, abriu o camiño legal que permitirá transformar o sector público sanitario nun mercado e, consecuentemente, nunha oportunidade de negocio máis.
Durante o goberno de Manuel Fraga na Xunta creáronse unha serie de organismos que levaron o nome de “fundacións sanitarias”, a título de “experimento alternativo” ó modelo sanitario tradicional. Estamos a falar dos hospitais Virxe da Xunqueira (Cee), do Barbanza, de Ribeira, de Verín, do Salnés, da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, da Fundación Centro de Transfusión de Galicia, da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria e do Instituto Galego de Medicina Técnica (Medtec).
Pero o experimento non marchaba. Curiosamente houbo que investir 4,6 millóns de euros en sanear os desfases orzamentarios da pioneira fundación de Verín (que recibiu durísimas críticas do Consello de Contas case desde a súa orixe). En total destináronse 17,7 millóns de euros en 2007 nestas oito fundacións para “compensar resultados negativos dos anos anteriores” (Informe do Consello de Contas de 2006).
No primeiro semestre de 2008 quedaron integrados no tan denostado sistema tradicional, para a consternación do PP, que conseguiu pasmar a todo o mundo coa a súa astuta argumentación: acusou ó señor Touriño de “incoherente” e de estar estudando en secreto o modelo privatizador da sanidade valenciana. A estratexia de “ytúmás” serve de ben pouco en asuntos tan serios como a nosa saúde e os seus coidados.

PACIENTE: Pues hombre, no me va mal......
O actual goberno da Xunta padece un clarísimo caso de amnesia global transitoria (cadro clínico de amnesia retrógrada que comprende un período de varias horas) pero neste caso non son horas, senón anos enteiros. Só así podemos entender que crearan o actual modelo de xestión que abrangue medidas como derivar ós pacientes que están en lista de espera a clínicas privadas (demagoxia e ineficacia), recortes brutais en material sanitario cifrados en 6 millóns de euros e o que está por vir, a máis que probable implantación da PFI (do inglés, Iniciativa Privada de Financiación), o modelo implantado en Madrid e Valencia. Por esa senda vai o modelo do futuro Hospital de Vigo, pero polo momento nin a Conselleira Farjas ou o Presidente se pronunciaron con claridade.
Coma case sempre, opacidade e nulo diálogo. Teñen o itinerario moi ben trazado e será moi difícil que alguén os apee da burra ou do burro.
O máis interesante (por impactante e alucinante) que se lle oíu dicir a Pilar Farjas foi: “el ateísmo deja a los ciudadanos sin fuerza moral para desarrollarse” ou “es pecado limitar el uso de un elemento de comunicación como la lengua”.
E non se desintegrou de vergonza. Como tampouco sufriu ningún castigo divino ó falar do que consideraba prioritario e saudable para a mocidade galega: reducción das taxas da interrupción voluntaria do embarazo e prohibición do consumo de alcohol en menores de idade (non mentou ou tabaco ou as drogas ilegais, curioso detalle).
Loables propósitos se non soubésemos da carga ideolóxica reaccionaria que hai detrás. Outro exemplo ben gráfico foi o convenio asinado coa Universidade Pontificia de Salamanca (puritito Opus Dei) na área de Psicoloxía Clínica, para que os seus estudantes, que son la crème de la crème, poidan facer prácticas no SERGAS. En cambio, os estudantes de Psicoloxía da Universidade de Santiago, poden ser a hostia en verso (perdón pola blasfemia pero non me quero conter) pero nunca farán prácticas no SERGAS, que por algo son da “res publica” e non se poden mesturar coas elites.


Mentres eu seguía intentado discernir se o que percibía era realidade ou ficción, Pilar Farjas xa entrara en acción e de que xeito. Un amigo arxentino deu a voz de alarma: pensaban privatizar a xestión do Hospital do Centro Galego de Buenos Aires. Escandalizado ante o dispendio de 3,1 millón de euros de subvencións destinados a unha empresa con sé fóra de Galicia, sen experiencia na emigración, preguntábame como era posible que pasaran esas cousas.
Ésta é a interesante e triste crónica do periplo arxentino de dona Pilar e Alfonso Rueda:
Equilicuá con esta croniquilla picarona.....
Con iso só nos estaban a ensinar a patita. Seguindo o sendeiro luminoso doutr@s funcionari@s convers@s á cousa neoliberal (son os seres que máis temo no mundo) chegou a nosa aguerrida e piadosa Pilarica ó Consello da Xunta do 23 de decembro de 2009 cun informe que é o soño húmido de calquera neocon que aínda non saíu do armario. A min provocoume pesadelos privatizadores. Ó mesmo tempo anunciose a licitación para construir e explotar o novo Hospital de Vigo. Coa súa comunicación de clarescuros é imposible saber de xeito definitivo como vai resultar pero o máis probable é isto: concederlle a unha empresa privada a explotación e mantemento do hospital durante, alomenos, trinta anos.
Ou sexa, que o futuro da nosa saúde vai ser tratado con criterios economicistas e que haberá que pagar a unha empresa privada (digo eu que será unha das pertencentes á Confraría do Gran Capital, SA, os mesmos de sempre, eses que seguro lle van laiando ó Presi: “Alberto, qué hay de lo mío”; non creo que haxa outras que poidan facer fronte). Todo isto pagado puntualmente cos nosos impostos (a Administración abonará á empresa unha cantidade anual que non computa como déficit público). Ó mesmo tempo todos aqueles servizos como cafetería ou arquivo explotaráos a empresa pero os paganinis seguiremos sendo os usuarios. Quén sae gañando aquí? O único que se vai fomentar vai ser un sector privado que parasitará ó sector público.
O futuro do Hospital de Vigo ofrece múltiples interrogantes (agás que se segue a favorecer descaradamente a POVISA, clínica privada, como non): Por qué o investimento previsto pasou de 350 millóns (público) a 1000 millóns (privado)? Qué pasou co centro de investigación sobre o cancro proxectado inicialmente? Por qué vai descender o número de camas? Qué vai pasar co Hospital Xeral?
Saben, pero non lles dá a gana de contestar.
Eu atrévome a facer estoutro diagnósticos: esquecemento unilateral, déficit crónico de coñecementos e procesos alterados de pensamento. Porque o falar non ten cancelas.

MSARKADINA: Pero por Diossssss..........
DOUTORA PILAR: Ay, pa eso si que te acuerdas........
Abur, yogur!!!!!