Pois si señor, como debe ser. Temos a media Katanga sen un chú, sen saber cómo chegar a fin de mes, cos nenés no cole sen libros de texto, por non poder adiantar os cartos e non conseguir que se lles fíe na librería (isto é totalmente certo), desesperados coa súa "Caixa" de sempre, que lles fía menos euros que unha tenda de golosinas a un yonkarra, e vai o home este, Don Juan Ramón Quintás, Presidente da Confederación Española de Cajas de Ahorro, e pide un adianto electoral porque "surgiría un gobierno que tendría toda la capacidad de actuación que necesita este país para salir de la crisis".
E eu digo.....e en Katanga dicimos.....será que este señor é un pitoniso e xa sabe qué "clase" de goberno sairía desas urnas????? E se sae un goberno que lles obriga a Caixas e Bancos a repercutir nos cidadáns a impresionante "inxección" en euritos que lles regalou o Estado, que somos tod@s???? E se gañan os comunistas, Don Juan Ramón????? Non será que está facendo méritos ante os que mandan de cara á súa seguro que excelente xubilación a próxima primavera?????
Teremos aquí un novo Pizarro en ciernes?????
Oiga, oiga.....que Pizarro solo hay uno!!!!! Y es del Real Madrizzzzz!!!!!!
Claro, claro, como que só hai un Pizarro cobrase as "pequenas" plusvalías que Endesa lle deu en concepto de finiquito (¿?) e que podemos ver AQUÍ, verdade??? E dicían que non era Pizarro o conquistador!!!!!!
En fin, delfín....que non sei se será a nova fichaxe estrela para a política económica do PP. Se é así, fan ben. Para qué enganarnos. Se nos van dar polo cu, que sexa un que saiba......A Divina Pastora nos colla confesos!!!!!!
Proposta katangueira de resolución:
QUE DEVOLVAN OS CARTIÑOS!!!!!!!! QUE BEN SABEMOS QUÉ FACER CON ELES!!!!!!! E SE NON, PREGUNTADE Á KATANGUEIRA!!!!!!
Xa che me podes ir estirando, Katangueiro racaneiro, que fun ao Quintás ese da túa parte e non me prestou nin un Bin Laden.....que tiña eu plans de ir pasar uns días coa Vane e a Yesi de turismo rural.....e aquí me teño que quedar outra vez, hostia xa!!!!
Non estudei ciencias económicas nin políticas pero para min todo este descurso ten resonancias a gatopardismo:Se queremos que todo siga como está é necesario que todo cambie.Neste caso,empezan pedindo un adianto electoral coa certeza de que un novo goberno,de dereitas,por suposto,obraría o milagro,Deus ex machina,de superar a penosa situación actual.Pero que sorte teñen certas persoas de contar con tal clarividencia.O malo é que non a tiveron antes,para non meternos neste merecumbé.Non o pensaron no momento de encher os seus petos coas privatizacións salvaxes de empresas estatais,coas prexubilacións,cos riscos que correron cos cartos alleos.Acaba de ser absolto César Alierta polo caso Tabacalera xa que o seu delito "prescribiu",Juan Villalonga anda por aí aspirando a ser presidente dun club de fútbol,ó Real Madrid concédenlle un préstamo indecente para fichaxes galácticas.E mentres tanto,familias enteiras terán que facer filigranas cobrando 420 euros de axuda que non chegan nin para pagar un aluguer,xa non falemos da hipoteca nin da intendencia doméstica.Vemos como cambia o perfil da xente que vive na rúa ou acode a comedores sociais ou vai pedir comida de xeito vergonzante.Vemos como están indo a pique o sono de tanto pequeno empresario autónomo,empufado ata os calzóns,que xa non sabe como empezar de cero.Vemos como á volta do verán moitas amistades quedan no paro.E logo falan de fomentar o aforro,a innovación,de seren emprendedores...Será polo moito que se investiu na nosa terra en investigación e desenvolvemento,no fomento do tecido industrial ou da educación.Así andamos: adurmiñad@s por unha suposta bonanza económica efémera,as nosas conciencias burocratizad@s e aburguesad@s,deslumbrad@s polo consumismo.Non sei cando daremos espertado deste pesadelo,cando nos daremos mobilizado.Falamos de cartos,claro,pero que é o que hai detrás? A lección de que amasar diñeiro a mansalva e xogar con destinos alleos pode quedar impune? Non houbo crime nin delito,logo non hai castigo.Cada vez teño máis ganas de que a cada persoa que coñezo e que o está a pasar tan mal lle saia o Raskolnikov que levamos dentro.
ResponderEliminarAi, Msarkadina.....canta razón levas e qué pouco caso nos fan!!!!
ResponderEliminarCrime e castigo......cres que o verán os nosos ollos????
Graciñas,Katangueiro.Con tanto barrenar ata marchou o sono. Esperemos que algún día, non demasiado tarde, toda esa chusma (esa xente si é chusma,como diría Sarkozy) oligárquica reciba o oportuno castigo á súa cobiza: que o pasen a décima parte de mal que o están a pasar tant@s traballador@s honest@s, que son o verdadeiro motor de cada país.Non van ser sempre os traballadores os que arrastren o mal karma.
ResponderEliminarPartides dunha mala base.Non podes pedir cartos a quen os ten. Hai que pedirlle cartos os que non os teñen!!!! Porque un que ten dous pesos dache un se o necesitas, pero o que ten dez non che dá nada, e como che dea un no hipotético caso, cobrarache logo 2.
ResponderEliminarVaia panda de cantamañás!!
Eu estou seguro de que estas declaracións recibirán o seu premio con algún postiño público....pero para iso teñen que gañar os que Quintás quere que gañen, e iso está por ver!!!!
ResponderEliminarSobre o que di Meigsinha, é totalmente certo. O que ten dous préstache un, e o que ten dez....que non che vexa asomar un do peto...que monta unha guerra, se é preciso, para quitarcho!!!!
Y si ganan los amiguitos del señor Quintás, me ayudarán con mi hipoteca inversa?????
ResponderEliminarAi, pobre de mi.....que se me lo quedan todo los bancos.
Ayyyyyy si la Yesi estuviese en Penamoa, LO QUE LE HARÍA YO.
ResponderEliminar