Salvemos o Noroeste Pop-Rock Katangueiro!!!!!

ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more
Rematadas xa as corridas.....de touros, podemos centrarnos no gran gran gran acontecemento que terá lugar mañá mércores,ás 21:00 horas na Praza de María Pita: a protesta organizada polo grupo "Salvemos o Noroeste Pop-Rock" contra a devaluación dun festival que chegou a ser, en tempos, todo un referente, máis aló das fronteiras difusas da Gran Coruña.

Lembrade que podedes ter máis información sobre esta protesta no blog creado a tal defecto, perdón, efecto "Salvemos o Noroeste Pop-Rock".

Si ghustades da historia e das leccións que ésta nos dá, non vos perdades este artigo antolóxico sobre o festival coruñés máis nomeado da última década ( máis que os encontros de habaneiras ou as bonitismas casetillas regionalistas...):

Historia inconclusa para adultos do Festival Noroeste Pop-Rock

POR CERTO..MOITAS GRACIAS AOS PROMOTORES DO BLOG-PROTESTA POR INCLUÍRNOS NA LISTAXE DE BLOGS-PROTESTA.....É QUE KATANGA SEMPRE MARCOU TENDENCIAS....


Millóns de chinos confirmaron a súa presencia mañá na Praza de María Pita.....Qué vistoso vai ser todo!!!!!!


O Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Herr Flick, tamén confirmou a súa asistencia ao acto protesteril..."É que semprrre gostei das prrrotestas de masas. Lémbrrranme os desfiles de Niurrremberrrrg...Heil, Nina Hagen!!!"


"Aínda me lembro, coma se fose onte mesmo, do ano en que tocaron os The Cure......Ai, black shadow that you amazes to me!!!!!"


Y EL TORO DIJO AL MORIR: "Siento dejar esta Coruña sin un Noroeste que rabuña!!!!"

VÉMONOS MAÑÁ NA PRAZA DE MARÍA PITA....PORQUE:

MARÍA PITA.............PERO O NOROESTE PITA MÁIS!!!!!


5 comentarios:

  1. Linkado no blog outra vez!!

    A ver se conseguimos unha concentración que faga reflexionar a quen corresponda!!!!

    ResponderEliminar
  2. Iso, iso, reflexión e perdón: se o Concello reflexiona, nós perdoaremos......Se é que somos boa xente!!!!

    ResponderEliminar
  3. Como cantaban alá polos oitenta Pedro Almodovar e McNamara... "¡Gran ganga, gran ganga, gran ganga...!" o de ver de balde e "alive" a artistazos coma El Consorcio, con "Amor de hombre", "El tren del chacachá" e outros grandes éxitos. Non ten prezo!

    ResponderEliminar
  4. ....ou "Cantinero de Cuba uba uba". Eu ardo, ardo......en desexos!!!!!!

    Tamén agardo con impaciente frenesí aquilo de "...que tengo el corazón en caaaarne vivaaaa".

    Temos que agradecer moitísimo aos rapaces de Salvemos o Noroeste....porque de dez links que recomandan visitar desde o seu blog, DOUS DELES son nosos!!!!! Katanga rabuña!!!...ou dito doutro modo, Katanga en tanga (esa prenda)!!!!!

    ResponderEliminar
  5. Mañanita mismo nos vemos en la plasa de Marian Paita....estupendo, bueno...good!!!!!!

    ResponderEliminar