Páginas

Urbanismo ou barbarie: en Katanga temos Plan

by Katangueiro
Partamos dunha premisa: vale que os modestos administradores deste marinedo blog non cursamos estudo algún de arquitectura, pero quen deseñou Katanga, e por extensión imperial o barrio todo da Agra, tampouco.

Cando se fala do urbanismo que non se debe promover, o noso barrio é un dos lugares máis emblemáticos á hora de contrapoñer calidade de vida versus desenvolvemento, sexa en forma de colmeas, sexa en forma directa de nichos.

Non é, por suposto, o único espazo coruñés vítima do que se deu en chamar "Desarrollismo", nome aplicado coma se dunha burla se tratase.

Efectiuiuonder, Os Mallos, Eirís, Monte Alto, Sagrada Familia, Os Castros, Castrillón....temos na nosa cidade abondosos exemplos de falta de gusto, falta de calidade, falta de espazos verdes, falta de plans de mobilidade -referímonos a aparcar os carros polo menos en paralegal, ou que poidan circular os troles, entre outras cousas- e mesmo falta absoluta de vergoña.

Nestes tempos que vivimos perigosamente, na Coruña discútese polo novo Plan, o PXOUM, que non quere dicir Partido Xosialista Obreiro Unificado Marxistaleninista, como algúns semellan entender, senon Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal.

O curioso deste debate é que non se discuten fórmulas para que o Plan inicialmente presentado por este goberno municipal sexa o mellor posible, xa que estará en vigor polo menos doce ou quince anos, atendendo á vixencia dos anteriores: 1985 e 1998. Non non non non.....o que está en discusión é cómo facelo o peor posible. Cómo garantir que todas e cada unha das aberrantes construcións permitidas ao abeiro da escasa e limitada lexislación franquista ou do supermegafashionista Plan de 1998, chamado "Construye como Puedas", poidan perpetuarse no tempo...e no espazo....máis aló do que un urbanismo de calidade mínima aconsella.

Quen pode ser tan inconsciente como para defender que non se limiten dunha vez as alturas en barrios como a Agra ou Monte Alto? Pois os mesmos mesmiños que consideran, como vos adiantamos mos AQUÍ, que a costa galega aínda admite máis urbanismo. Supoño que se referiran ao urbanismo "Sanjenjil", que tan bos resultados está dando no noso territorio galego. Así vos son os nosos gobernantes, e sen embargo amiguetes, do Partido Popular de Galicia.

Será esta unha especie de declaración apaixonada de amor para coa nosa terra pangalaica??? Será algo así como "Ai, meu amor, déixame que te cubra....de formigón!!!!".

Non volo teño moi claro, pero o que si que entendo é que esta xentiña non tende a habitar espazos urbanos como este de aquí abaixo......

.....por qué será????, que dicía La Bombi (1983-1993), icono sexual do tardofranquismo promovido por Chicho Ibáñez Serrador en plena democracia.

Para rematar -que xa parezo Pacotrón enguedellándoo todo e turrando cara o lado canino das historias- aclararvos que as principais falacias que defende ese protocoruñés chamado Carlitos Negreira en nome do Partido Popular da Coruña son as seguintes:

1. Ninguén debe quedar fóra de Ordenación. Gran demagoxia e mentira. Todos os Plans deixan vivendas fóra de Ordenación. O último aprobado, o de 1998, deixaba moitísimas vivendas fóra....e foi aprobado polo PSOE, como di Negreira, pero co voto entusiasta do PP e redactado -oh, surprise surprise- polo señor Porto, militante pepeiro e ex-alto cargo do Urbanismo madrileño, encausado na actualidade, por supostas prácticas...indecentes. Ofrecéronse daquela os populares a ir casa por casa a explicarlles aos propietarios en qué consistía exactamente esta medida??? Nasti de plasti.

2. As vivendas fóra de Ordenación non poden amañarse. Outra mentira grandísma!!!!. A Lei contempla os posibles arreglos que se poden facer, que chegan ao 50 por cento na norma proposta. Ou sexa, podes tirar a metade do edificio e volvela levantar tal cal. O que non se pode é tirar todo o edificio e volver repetir a barbarie urbanística para goce dos cidadáns dos próximos cincuenta anos!!!!!!

3. As vivendas fóra de Ordenación perden unha parte importante do seu valor. A peor das mentiras. Para comezar, moitas das que quedan fóra desta nova Ordenación xa o estabn antes, polo que dificilmente cambia a súa situación catastral. A maior abundamento -ou abundancia- só no último ano as vivendas baixaron en torno a un 20 por cento do seu valor, grazas á crise económico-financeira que nos montaron os promotores e os seus coleguis banqueiros....que a crise non veu porque nós deixásemos de traballar, non, se non porque estes señores quixeron gañar moitísimo máis do razoable. PRECISAMENTE, é o urbanismo de calidade o que revaloriza os pisos. Iso explica que, por exemplo, sempre custe máis un piso de dez anos nos Rosales que un piso de cinco na Agra. Comprobádeo, comprobádeo, e veredes......A última falacia a respecto da devaluación dos pisos é ocultar aos cidadáns propietarios e propietarias que a metade do valor do seu piso é, en realidade, o valor do solo, que crece exponencial e escandalosamente facendo imposible a MOITÍSIMOS cidadáns acceder a unha vivenda, xa non en réxime de compra, se non mesmo en alugueiro.....

4. Por último, e non por iso menos importante, está o tema dos patios de mazá. Non contenta esta xente con asfaltar as rochas e construír oito alturas en ruelas, pretenden evitar unha norma que garantiza a existencia de contrafachada, isto é, calidade do aire e luminosidade, a través dun patio en condicións, pedindo que, efectivamente, se permita cosntruír ATA O FONDO DO SOLAR, deixando eses patios-cheminea onde os veciños dos diferentes inmobles podemos darnos a man, tocarnos libidinosamente ou mesmo andarnos coa cara.


NENÉ KATANGUEIRO: A ver, pedorro......vai rematando, que pareces Pacotrón cun subidón de chourizos, patacas e grelos!!!!

Pois nada, coleguis. Que aquí estamos así. Que, como diría Don Manuel, "aquí pasou o que pasou", e que se trata de probar un novo modelo de urbanismo que, despois do tempo que se estime deba estar en vigor, haberá que valorar e decidir se continuamos na liña de mellorar a habitabilidade e, por tanto, revalorizar os pisos grazas ao que se dá en chamar urbanismo sostible, ou apostamos pola Liña Negreira do tipo "ti vai facendo, e xa.....", que parece que é o que lles vai a esta xente...e aos que os apoian.


LA BOMBI: Pues yo vivo en un primero del Agra del Orzán y nunca nunca nunquita me da la luz del día....por qué será?????
RAÚL SENDER: Niña niña....no me tires de la lengua que me tiro....yo detrás!!!!!

Ah...antes de marchar, tampouco está de máis que vos informedes das apostas "pola esquerda", como gosta dicir Pacotrón, de cara á elaboración deste PXOUM, consultando Dereito a cidade. A estes non lles dan bóla nos medios, non!!!!!

Ou esta información de Viviendas Coruña.....a maldita e dura realidade sobre as auténticas preocupacións cidadás!!!!

Aburete, tribulete!!!!

Rolda de Rebeldía katangueira

by Katangueiro

A pasada semana, os administradores e administradoras deste blog recibimos un singular convite desde unha autodenominada Comisión da Rolda de Rebeldía. Seica estarían encantados (¿?) de contar cunha representación katangueira nunha xornada de debate que se ía celebrar -e celebrouse- o 30 de xaneiro no Hotel Compostela, en horario de mañá e tarde.

Pacotrón, que mamou a política por vía intravenosa...entre outras cousas.....e segue a considerarse temerariamente un Rebel Rebel...acolleu este convite con grande entusiasmo, poñéndose a investigar de qué ía realmente todo aquilo. De resultas de todo isto, aconteceu que esta Rolda de Rebeldía viña sendo organizada por un grupo de persoas, maioritariamente da corrente Encontro Irmandiño do BNG, onde se reúnen militantes e non militantes que procuran, din, unha rexeneración do nacionalismo galego -que boa falta fai- e onde sobrancean persoeiros tan coñecidos como Beiras ou o concelleiro katangueiro Mario López Rico.

Amais desta corrente, sumáronse a esta iniciativa un número importante de persoas a título individual para conformar unha Comisión que preparou con excelencia organizativa, todo hai que dicilo -nada que ver co sistema katangueiro de autoorganización- unha xornada onde se debateu sobre o papel dos partidos clásicos, as canles de comunicación e participación cidadá e os mecanismos para a creación de "masa crítica". En resumo, que me estou enguedellando: tratábase de encaixar e discutir sobre o papel dos movementos sociais, a esquerda social maiormente, fronte ás forzas políticas ou a esquerda política, maiormente o BNG, pero tamén outras.

O programa completo, AQUÍ MESMIÑO!!!!!!


Tamén podedes consultalo e descargar o pdf AQUÍ.

Moitas e moi sesudas foron as sucesivas intervencións, tanto desde a Mesa de convidados-ponentes coma desde o público asistente. Como sería moi longo reproducir mínimamente todo o que se tratou, remitímosvos a seguir a páxina da Rolda para os que tedes interese no tema. Para min, o máis e mellor foi a sensación de achegamento, cando non reconciliación, entre persoas vencelladas a diferentes movementos sociais e unha parte moi significada do BNG, totalmente afastados e divorciados nos últimos lustros, e que deben, así se entendeu por tod@s @s presentes, traballar en común, en cooperación e, cando a ocasión o requira, en certa simbiose se se quere, realmente, transformar a sociedade, Galiza, o mundo...eu qué sei...Katanga!!!!!!! Cambiar o mundo para crear unha sociedade mellor, máis progresista e solidaria, onde as persoas poidamos aspirar a ser felices. Qué cousas, verdade????? Qué desprezo para os denodados esforzos de Don Alberto por converter Galiza/Galicia no novo paraíso terreal!!!!

O que si me gustaría destacar foi a aportación de Pacotrón, inspiradísimo nesta Xornada, avogando por un achegamento entre "partes", isto é, entre a esquerda social e a política. As dúas autoafastadas. Tamén defendeu unha visión da realidade, da nosa realidade, máis aberta, lonxe das clásicas interpretacións maniqueas de certo marxismo ou socialismo, ou das tentacións de elitismo ou ditadura ilustrada, que sempre están aí, tanto na esquerda como na dereita.

Tamén desmitificou, con coñecemento, o valor da participación cidadá en si misma como elemento transformador de esquerdas. Efectiuiuonder, a dereita tamén se organiza e mobiliza -exemplo claro: as manifas contra a política de realoxos do Concello da Coruña- e pediulle aos movementos sociais presentes o protagonismop activo nos procesos abertos por forzas políticas coma o BNG, por moi críticos que sexan con estes procesos ou coa forma de entendelos, como medio para evitarmos que a dereita sociolóxica -e demagóxica, como a que agora mesmo combate o control sobre as alturas do novo Plan Xeral- triunfen sobre as políticas de desenvolvemento sustentable, socialización dos servizos, igualdade de oportunidades, dereito á vivenda, á convivencia, á solidariedade.....en fin, delfín....que o que está en xogo é se imos seguir permitindo que os tiparracos que causaron esta enésima crise do capital se saian de novo de rositas!!!!!!


ROLDA DE REBELDÍA: Por un cambio radical do modelo de sociedade. Outra Katanga é posible!!!!!!

Total...que o pasamos de medo, sobre todo o Pacotronista este do demo, e puidemos estar con cracks como Raúl, Pepe Constenla -ese pedazo de guitarrautor-, Pili Estévez, Paulísima Verao -amiga katangueira e persoa culta, sensible e cariñosa como poucas....e toca o clarinete!!!!!-, o Beiras, quen felicitou persoalmente a Pacotrón, Manolo -o insumiso que Pacotrón coñecera nas manifas contra a mili- Xose, Flor -esa artista-, e un sinfín de persoas. Mesmo un rapaz que aseguraba que Pacotrón era tal cal, físicamente, que o seu irmán Nito...e sacoulle unha foto!!!!! A ver se non era da CIA, animal do carallo, e non te meteches xa noutro dos teus enredos!!!!!

Aquí vos queda algún enlace de prensa:



Claro que para os escépticos, sempre quedará o Conselleiro de Medio Ambiente....mi madriña!!!!!!!



CONSELLEIRO: Ji, ji, ji, ji jito.......estos rojitos van a chinchar y rabiar con los chaletes adosadetes que nuestros amiguitos van a construír desde Ribadeo hasta La Guardia......civil!!!!!!!!

ÚLTIMA HORA: A nosa crónica, recomendada na web de Altermundo.org, ademais de realizar a súa propia crónica AQUÍ. Xa vos adianto de que na foto deste texto aparece algún dos nosos administradores!!!!!!

Tamén se recomenda a crónica de Outra Esquerda.

ULTIMISÍSIMA HORÍSIMA: Tamén moi recomendable a leitura do noso artigo en Galicia Confidencial, máis concretamente na sección de Sociedade: Katanga Confidencial AQUÍ!!!!!!!

Consultar (ou botarse unhas risas, que depende) o Álbum de fotos de Altermundo

E xa chegou!!!!!!! Aí queda iso!!!!!!

Lei de Caixas: Tiempos nuevos, tiempos salvajes


Con todo o que está caendo sobre a posible fusión-absorción de Caixagalicia e Caixanova, co Alcalde de Vigo convocando manifas-algaradas e coa impresionante cabaleiría mediática que pretende vendernos (ou venderse) os inmensos beneficios cidadáns ante tal suceso.....beneficios inexistentes, por suposto, non nos queda outra que tirar de hemeroteca e recoller o espírito oitenteiro máis gamberrocho dos Ilegales...aquel grupo.....que semella atinaron en seren pitonisos da nosa actual indecisión financeira galega.

Ante tal cantidade de sandeces que se adoitan transmitir por aí, nós apostamos por pasarnos a Caixa Rural de Lugo...en caso de producirse tal fusión.

Terán oficinas en Katanga??????

"Tiempos nuevos, tiempos salvajes
toma tu parte, nadie regala nada
no hay nada sin lucha,
ni aire que respirar
no eres un juguete,
levántate y lucha ya(...)"




Mirade, mirade ben o que lle pasa aos nenés que non queren "absorber" como é debido!!!!!!

Proposta de acordo katangueiro para a elección de idiomas en función das diferentes asignaturas a impartir na Galicia de Don Alberto (I Ano Triunfal)

by Pacotrón

En vista do éxito de participación da manifestación nacionalista-socialista en contra do trilinguísmo -versión pepeira do que onte aconteceu no Obradoiro- na que tamén participou o ínclito que vos escribe, a Junta de Galicia acaba de aprobar a seguinte proposta katangueira de cara a dotar aos alumnos e alumnas da nosa querida terra galaica das oportunas competencias linguísticas que o gran partido da dereita, apoiado pola maioría silenciosa desta Región, pretende para a década prodixiosa que nos agarda.

Trátase, sen ningún xénero de dúbida, de ampliar os nosos cativos, acomplexados e ensimismados argumentarios culturais adquiridos durante a escura etapa do sengoberno bipartito.

Esta fantástica proposta inclúe o redeseño das diferentes asignaturas a estudar dende o próximo curso escolar a partir do idioma elixido para a súa transmisión.

Reproducimos tal cal o borrador deste Decreto linguístico agardamos que "refinitivo", que nos situará, por vez primeira, á vangarda dos coñecementos culturais da Europa máis katangueira. Aquí vos vai:

DECRETO ALBERTINO PARA LA ENSEÑANZA DE LAS OPORTUNAS ASIGNATURAS E IDIOMAS EN NUESTRA QUERIDA REGIÓN.

Artículo Único.
A partir del curso escolar 2010-2011, en todas las escuelas e institutos de Galicia se impartirán los siguientes contenidos en los consiguientes idiomas, sin posibilidad de elección:

LENGUAJE: en el único que realmente vale para algo, el español.

LITERATURA ESPAÑOLA: pues eso.

EDUCACIÓN PARA LA CIUDADANÍA: en inglés.

MATEMÁTICAS: en griego clásico, por Pitágoras.

INGLÉS: en francés...oh, la la!!!!!! Dos por el precio de uno.

FRANCÉS: en inglés, para compensar.

FILOSOFÍA: en alemán. Es lo más práctico.

RELIGIÓN (ELIMINADA LA ÉTICA POR FALTA DE ÍDEM): en latín, como siempre fue.

BIOLOGÍA: para evitar problemas morales, queda anulada. No se da y punto.

GALLEGO: en español, que si no es un lío.

LITERATURA GALLEGA: se aplica lo expuesto para BIOLOGÍA.

CONOCIMIENTO DEL MEDIO: Como su nombre indica, la mitad en inglés y la otra en español.

FÍSICA: en inglés, of course.

QUÍMICA: en árabe clásico.

DIBUJO: no se habla, sólo se dibuja.

GIMNASIA: ésta sí que puede ser en vernáculo.

NENÉ: Socorrito, socorrito...una asignatura en gallego...así no hay quien apruebe el curso!!!!!!

En fin, delfín. Quedamos á espera de que este Decreto poida por fin poñer á nosa Galicia no lugar educativo que se merece........


My Generation: Trilingüelas de Galicia

Unha colaboración by Brevis Breve, traducida e adaptada ao katangueiro's style by Pacotrón

Non che vos é o Katangueiro personaxe sospeitoso de tirria desmedida contra o imperio da lingua anglo-saxona. Máis ben ao contrario. O Katangueiro resúltanos un british do carallo, sobre todo en gustos musicais popeiros e depresivos. Trátase de Radiohead, Smiths, The Cure, Pulp, Oasis, Coldplay.....e toda esa ralea.

Por todo iso, non pensedes en absoluto que é un home contrario ao aumento da calidade, e mesmo da cantidade, do ensino da lingua de Tom Yorke ou dos Sex Pistols!!!!!!!

O que Katangueiro non pasa....ou non traga...é coa pretensión dos señoritos do PePé que nos gobernan de que SÓ as comunidades con lingua propia que eles gobernan -ou desgobernan- merecen ese esforzo educativo trilingue e NON ASÍ AS QUE NON TEÑEN LINGUA PROPIA EXCLUSIVA. Isto é: por qué ese emperre en que as nenas e nenos valencianos e galegos sexan TRILINGUES e non se aplique a mesma vara de medir libras e millas ás nenas e nenos de comunidades como Madrid, La Rioja ou Murcia -que tamén gobernan- para que estes rapazolos sexan BILINGUES???????????

Dito de outro modo: por qué precisan máis inglés os galegos que, por exemplo, os castellano-leoneses?????

Pois porque estes galegos irredentos se emperran en falar ese dialecto chungo galaico, so por fastidiar e merecen castigo. Os madrileñitos ou murcianitos xa teñen o IDIOMA CASTELLANO, que lles chega para moverse polo mundo todo, seica.....Bueno, para América latina......sen contar Brasil.....ou Haití......ou as Guaianas......

Mañá hai unha folga do ensino contra o decretazo do galego. Pacotrón pensa asistir. Eu, xa verei. En defensa do noso idioma, o único ameazado no seu propio país. Pero tamén en defensa do inglés, idioma que lle trae a Pacotrón algún dos seus mellores recordos relacionados con momentos musicais.....incluído os sexuais.....En defensa dun idioma que NON DEBE SER A EXCUSA para erradicar outros idiomas.

Postos a provocar, eu xa non sei se pasarme ao inglés e galego en exclusiva. Con ese bilinguísmo......SI QUE PODO VIAXAR POLO MUNDO ENTEIRO!!!!!!!!

Good save The Who, por amor de Radiohead!!!!!!!

TOM YORKE: My little mother....what a brown!!!!!! I don't want to be an Feijoo`s penous excuse!!!!! I was born in Corcubion!!!!!!!


DON ALBERTO: Ji, ji, ji, ji....pero qué picarón que me soy!!!!! Sólo sé hablar españó y voy y exijo a los demás que hablen tres idiomas.....Es bueno ser Presidente!!!!!!





Ai....Jesús, María y José!!!!!!! Abur, yogur!!!!!! Abur, Don Alberto!!!!!