Páginas

A Unión Europea de Consumo by Sarkozy

by Katangueiro, desde o borde mesmo...

O pasado domingo, en plena escalada mesiánico-apocalíptica do mestre, do profeta, do guía, do caudillo, do mesías, e de tantas e tantas cousas inútiles que pode ser o chungo Sarkozy, recibimos con ledicia extrema -iso si, contida- a súa clarividente aseveración mitineira-parisina (ou lá lá) que finiquita, por se alguén o dubidaba, aquilo que se dera en chamar pomposamente Estado do Benestar e que co tempo foi devindo en Estado de Estar, primeiro, e Estado de Malestar, agora.

Efectiviuonder, o pedorro apóstata da sensatez clamou desde o seu atril ante milleiros e milleiros de antropomórficos cidadáns/ás, agora transmutados/as en consumidores/as. Clamou ante millóns de familias francesas e, por extensións, europeas, poñendo fin a tal invento, ese do Benestar, pensado para enganar á pobre clase traballadora de occidente naqueles anos tolos en que tampouco se tiña moi claro se era preferible vivir aquí ou na URSS. Pobre ela, onde queira que repouse. Cantos crimes se cometeron no seu bendito nome!!!!!

O mamarracho hungárico amigo da Vanity Fair clamou como só el sabe, alentando ese espanto, ese medo irracional que nos está a levar a todos e todas, sen distinción xenérica algunha, ao mesmo borde do precipicio abisal. Ese borde tan profundo e demoníaco que pide, que suplica, por un pequeno paso adiante. Pequeno para ti. Xigante para os mercados. "Compra e morre, afórranos a túa xubilación". Clamou no oasis e no deserto. Na estepa e na tundra. Na selva e na planicie. Clamou. Sarkozy clamou e deixou todo claro. Todo iso que o implúmbeo Rajoy -e antes o chamado socialista- nin quixeron nin queren aclararnos.

 E clamou e dixo: "A construción dunha Europa do consumo é un erro se xunto a ela non hai unha Europa da produción". Bravo. Eu preferiría deixalo en "a construción dunha Europa do consumo é un erro", pero algo é algo. Non hai máis Europa que preocupe e ocupe nestes momentos aos nosos/seus gobernantes. Se non vendiches bonos a futuros de España, por poñer un exemplo, agardando o seu total desplome para sacarlles a túa boa comisión é que non estás no mundo. Coleguita. Non estás.

Dá ese paso ao abismo e afórranos máis sufrimento. O teu sufrimento. Polo ben do teu País. Por salvar o euro. Por tranquilizar os mercados. Compra e morre. Que máis queres?

5 comentarios:

  1. Preguntábase o sabio e lúcido Groucho Marx (en referencia á sublimación dos impulsos erótico-sexuais na arte popular): "Por que lle chaman amor cando queren dicir sexo?". E de seguro moitos de nós non pararemos de preguntarnos: "Por que lle chaman reforma cando en realidade son brutais recortes?" ou "Por que lle chaman agora Unión Europea cando hai menos de quince anos chamábanlle Mercado Común ou Unión Económica Europea?". Probablemente moitos e moitas estarán en estado de shock continuo coma no que eu me acho sen dar asimilado tal cúmulo de disparates e barbaridades como imos contemplando e como as que nos ofrecen os medios de comunicación (?) e información(?). A penúltima é esta: "El FMI pide bajar pensiones por "el riesgo de que la gente viva más de lo esperado".
    http://economia.elpais.com/economia/2012/04/11/actualidad/1334133453_457282.html
    Non, non é unha nova de "El Mundo Today", parece ser "unha noticia seria" publicada por un "xornal serio". O serio é que unha vez máis a realidade supera á ficción. Non sei vós pero eu, desde novembro, non dou feito. Por lapsos cada vez máis prolongados obrígome a desconectar do "mundanal ruido" que ofrecen os mass media histéricos ou os medios conspiranoicos para coller folgos e intentar informarme con máis sensatez e non acabar toleando definitivamente. Hai días ou noites nas que esperto e intento discernir se o que percibo é realidade ou soño.
    Tamén pregúntome que fixemos tan mal para vernos inmers@s nesta "rat race" (carreira de ratas): expresión coloquial que en inglés describe a vida que levamos (présas, traballar sen parar para ter cartos para poder gastar máis, etc...). Nesta carreira infernal de roedores estúpidos temos á cabeza (mangoneándonos) a seres inhumanos e infectos como Nicolas Sarkozy ("Le petit Nicolas", chamado así pola súa escasa estatura física e en referencia ó adorable personaxe infantil creado por René Goscinny) ou Angela Merkel (casada cun home apelidado Sauer, que significa "amargo", curioso dato), voces dos amos de FMI, BCE e quen sabe cantas siglas máis.

    ResponderEliminar
  2. E porque son máis das tres da madrugada, estou moi cansa e teño que intentar durmir algo pero, se teño tempo, mañá fago algún comentario da figura e da psique desta luminaria ou da luminaria teutona. Din que as carencias que cargamos do pasado lastran o noso futuro e enmerdan o noso presente. Semella que Nicolas Sarkozy chegou á presidencia para remediar os seus traumas ou obter respecto (ou medo) porque ninguén nunca o tomou en serio. O mesmo penso de Angelita Merkel e de tanto sátrapa de medio pelo. Por iso cada vez que chega unha nova vida humana a este mundo deséxolle que sexa amad@, protexid@ e ben educad@ para que non haxa máis Merkels nin Sarkozys. Esta convicción venme de terlle oído moitas veces ó meu avó: "Ai! se a Franco o deixaran ter sido polo menos patrón dunha chalana non estaríamos como estamos".

    ResponderEliminar
  3. Sabio ese avó que tiñas. Ai, se Sarkozy medise metro oitenta...e se Aznar fose simpático...

    ResponderEliminar
  4. Repasemos o pasado de Sarkozy: fillo dun exilado húngaro pertencente á pequena nobreza daquel país (que nunca lle ensinou a súa lingua ós fillos nin nada que tivese que ver co seu país de orixe) que casou cunha muller xudía de orixe sefardí. Impresionante logo o nivel de xenofobia que luciu sendo alcalde de Neuilly-sur-Seine, como ministro e como presidente da República (inesquecible a súa campaña de expulsión dos xitanos rumanos en Francia).
    O seu pai abandonou á muller e ós tres fillos, negoulles axuda económica e estivo ausente da súa vida. Trataba mellor ós outros irmáns, en apariencia mellor dotados e máis intelixentes que Nicolas. O pequeno Nicolas pasou por moitos malos tragos. Debeu ser un neno inseguro e atemorizado: pola escaseza de medios económicos en comparación con outros nenos do seu burgués e riquísimo barrio, pola súa estatura, pola súa falta de preparación, etc... Parece que tampouco superou que non o admitiran na prestixiosa École National d'Administration (de onde sae a elite da clase política francesa) e o de ser avogado non lle chegaba. Así ata o infinito e máis aló.
    Que se pode esperar dun home que pronuncia unha frase coma esta?: "o que me convertiu no que son agora é a suma de todas as humillacións sufridas na miña infancia". Esta frase aparece nunha biografia semioficial do personaxe escrita por Catherine Nay, non é unha invención miña.

    ResponderEliminar
  5. Angela Kasner, logo Angela Merkel e se seguise a tradición do país alemán adoptando o apelido do seu marido sería agora Angela Sauer (Amarga). Esta señora entrou oportunamente no mundo político en 1989, trala caída do muro de Berlín. Antes viviu nunha escura nebulosa na RDA adicada á investigación científica (é química de profesión). Curioso que o seu pai, pastor luterano, non fose molestado durante todos os anos de chumbo da Stasi and Company como si o foron molestadas (e aniquiladas) moitas persoas de ben e moi comprometidas contra a falta de dereitos e liberdades. E Angela Merkel viviu anos e anos "de placidez", igual que o ínclito Jaime Mayor Oreja. Cousas veredes...

    ResponderEliminar