Illuminati: as medidas de Don Mariano

by Katangueiro
Nada máis lonxe do paralelismo entre a vangarda Popular arriba exposta e a Orde dos Illuminati, acusados estes de ilustración e anticlericalismo na Europa do século XVIII, século de infausta lembranza para as "persoas de ben e orde" por canto o uso da razón deu lugar á construción dun modelo social máis xusto, solidario, fraternal e igualitario. Segundo o enlace que vos recomendamos, esta sociedade secreta tiña como meta "facer superfluo o dominio duns humanos sobre os outros mediante a ilustración e o prefeccionamento moral". Aí é nada a comparación!!!! Outra cousa ben distinta é que Don Mariano insista en presentarse -e presentar ao seu bizarro equipo Popular- como o único capaz de salvar España e sacarnos da crise "en dous anos" (polos deuses de Kobol, aínda en dous anos!!!). Capaz mesmo de amañar a economía...Difícil de crer, sobre todo isto último, por canto sería de admirar como milagriño de Santo dos Pobres, ou de Virxe das Angustias ou de Señora das Agonías que quen defende a desregulación da economía, quen defende a plena liberdade dos mercados, sexa precisamente quen veña poñela en cintura. Agora saíunos comunista, este Don Mariano!!!!

Fóra bromas, vivimos momentos históricos superlativamente penosos -e xa temos analizado por aquí e por alí quen son os auténticos responsables da desfeita- cun goberno que se di socialista en mans dos intereses dos mercados, e non falo dos de froitas e verduras!!!!

Pero fóra bromitas tamén se a alternativa á xente que actualmente goberna  este paupérrimo Estado de Estar -antes Estado de Benestar-son as rapazas e rapaces (aves) do Partido Popular. Hoxe, un dos seus diarios máis afectos publica unha reseña das principais medidas que Rajoy tomará en canto sexa escollido Presidente de Ex-paña. Para botarse a tremer...ou para botarse ao monte. Podesde lelo por vós mesmos/as neste enlaciño ponderoso, pero se andades mal de tempo, ou mal do estómago, seguídenos lendo, que algo iremos contando....

1. Hai que eliminar empresas e entes públicos, e tamén asesores e tal e pascual....Home, pois que comecen polas Deputacións -sinaladamente a de Ourense- e por aplicarse o conto cos familiares e amigotes copan as prazas públicas de Galicia!!!! Aínda nos lembramos daquilo dos "fillos dos ilustrados" que dixera Don Manuel para referirse aos fillos e fillas dos SEUS cargos públicos.

2. Ley de déficit cero para as administracións.....Ai, Mariano, se se tivese aplicado iso aos teus coleguis banqueiros, construtores e demais vividorcillos e vividorotes non estaríamos onde estamos, vedade???....Pero non estás ao tonto do que pasa en Tui??? E dos recortes de Don Alberto???

3.Os escandalosos gastos das Autonomías, como as "embaixadas" e as teles. Pero se, precisamente, foi a Galicia de Don Manuel, aplaudida por Don Mariano, a SEGUNDA autonomía do Estado en contar con embaixada propia...en Madrid...por un pequeno custe de mil millóns de pesetucas das de antes!!! Sobre as teles, non sexa bárbaro. Acaso descoñece a súa función pública que fai que, no caso da nosa queridísima Región, miles e miles de persoas de formación humilde, boa parte delas evidente electorado Popular, atopan na televisión pública de Galicia o único espello onde mirarse (mal que nos pese a outros)???? Para privadas xa temos o canal Gran Hermano....(ai, se polo menos tivesen lido o libro).

4. Rebaixar impostos a sociedades e a compradores de vivenda. Ole, ole e ole.....Será que son estas as persoas que se agolpan a diario fronte as oficinas do INEM.....Hai que ser BEN MISERABLE. Lembre, Don Mariano, que a menos impostos, menos cobertura pública, máis lei da selva. Entón, se imos xogar á lei da selva, eu tamén teño moito que dicir....

5. Prolongar a vida das nucleares e revisar as subvencións ás enerxías renovables. SEN PALABRAS, QUE ME PERDO.

6. Por último. Polo que se ve, o único contrato que lles ofrece Don Mariano aos inmigrantes é o de integración...cultural....ou así. Aceptar a Constitución, aprender o idioma -o español, o patrio, o Único- e respectar os nosos costumes....como a de torturar e asesinar touros en espectáculos públicos de pago para satisfacción e lucro duns poucos...dos seus coleguis. Verdade, eh, eh???

DON MARIANO, ASPIRANTE: Mire uxté, xeñor katanguixta o como le llamen xux amigox...Xi tuviera uxté que ganar unax eleccionex con la tropa que llevo yo detráx, ya veríamox xi max que hablar de "illuminati" no hablaríamox max bien de "caxtrati", que ex lo que yo a alguno le haría...aunque la tenga axí!!!!

EPÍLOGO: OS APRENDICES DE ILLUMINATI

Comunicado e comunicando: 
"Plataforma Membrillo Descojonamiento Penachorra NO querer asociaciones centro cívico Silva. NI asociaciones droga NI asociaciones NO droga. NO gustar tampoco NO invitar vecinos Membrillo, pero si acoger asociaciones NO barrio Membrillo. Exigir, por tanto, Ayuntamiento si asociación Plataforma Membrillo en centro Silva pero NO asociación vecinos Membrillo en centro Silva".

COMUNICADO URXENTE DE TELEKATANGA: Lamentamos...cuac...toda la...cuac...sarta de estupideces que...cuac...acaban de leer en este...cuac...informativo katanguista. Cualquier...cuac...parecido con la...cuac...realidad es mera...cuac...coincidencia....cuac...o eso espero......

Aburete, tribulete....

Todo para poucos, nada para o resto!!!!!

by Pacotrón

Habería que preguntarlle ao PSOE, PP ou CIU, tan preocupados eles porque se aprobe xa a Lei Sinde que permitirá a vividores como Teddy Bautista vivir de puta nai a conta nosa, que pensan deste vídeo aclarativo:

Menos dramática, máis gramática

by Katangueiro, entre o tratado de ética e a caligrafía Rubio

Pois en vaia enredo se nos meteron os veciños e veciñas da denominada Plataforma Ventorrillo Desmantelamento Penamoa a conta dun comunicado de prensa onde este colectivo anunciaba que non consentiría "bajo ningún concepto" que a ONG Proyecto Hombre se instalase no Centro Cívico da Silva. Fóra de que se presuma de "contactos" no Concello e fóra de que se confunda Tierra de Hombres con Proyecto Hombre, seica provocou moito malestar a forma en que se desprezou o traballo intenso de prevención, tratamento e rehabilitación de drogodependentes que realiza esta asociación. Ata hai unha frase onde se acusa ao Concello de "querer instalar ahí, una asociación dedicada a la droga" ( a coma demencial está no texto orixinal). Fea forma de expresarse, creo.

Nin que dicir ten que compartimos con estes veciños a necesidade de que o poboado chabolista de Penamoa, igual que calquera outro poboado chabolista, desapareza para sempre, así como temos denunciado as políticas do pasado relativas tanto ao chabolismo na nosa cidade como ao tratamento dun problema como é o da drogoadicción. Destas críticas non salvábamos nin á administración local, nin á autonómica nin á estatal. Ata aquí, vale.

O que non compartimos en absoluto é o ton dramático, catastrofista, que vén amosando esta plataforma xusto cando, de certo, existe na nosa cidade un Plan de Erradicación do Chabolismo avalado e apoiado pola Xunta de Galicia. Non é de recibo criticar agora o que antes non se criticaba. Non é de recibo maltratar semanticamente a unha ONG como Proyecto Hombre que levan moitísimos e moitísimos anos traballando con persoas que loitan por deixar atrás as súas drogodependencias nun mundo, o noso, as máis das veces insolidario cos humildes e acobardado ante os poderosos.

Pero non podo reprimir tampouco o meu asombro ante as graves carencias gramaticais de quen redacta este comunicado. Se xa chama a atención o nome dunha plataforma que semella pronunciado por Tarzán -Plataforma Ventorrillo Desmantelamento Penamoa é unha absurda versión "sincopada" de Plataforma do Ventorrillo para o Desmantelamento do Poboado Chabolista de Penamoa-, non é menos rechamante o demencial uso signos de puntuación, nomeadamente da coma, incorrección que recoñecemos en non poucos "comentaristas" de certo foro veciñal. Tampouco está moi ben comezar o comunicado cunha oración subordinada de tempo que non ten predicado algún ao que subordinarse...En fin, que aquí tedes o comunicado para que extraiades as vosas propias conclusións:

Comunicado de Prensa Plataforma Ventorrillo:. Proyecto Hombre

E preguntarédesvos: pero isto é realmente importante? Pois si, xa que quen presenta un documento para o seu uso público e descoida as normas máis elementais de ortografía e sintaxe, non é de admirar que tamén descoide un pouco os contidos que transmite, convertindo o rumor en noticia, confundindo demagoxia con información. E haberá quen diga que esa plataforma esta formada por veciñas e veciños hunildes, que igual non tiveron o acceso a educación que outros puidemos ter e bla bla e bla bla, pero o certo é que quen escribiu este texto si que tivo acceso á educación, outra cousa é que o demostre ou que esta lle aproveitase en algo.

Hai quen se queixa do tratamento que diferentes medios de comunicación deron a este comunicado, nomeadamente a Opinión. Non deberían queixarse. De certo que puido ser peor. Quen acusa, quen apunta con superioridade moral a institucións públicas, a ONG's que tratan directamente con drogodependentes -ben sexa para animalos á rehabilitación, ben sexa fornecéndolles xeringas limpas para que non agraven a súa circustancia- e mesmo fai burla de circustancias e situacións persoais terribles debe agora ser humilde, debe aceptar a merecida reprimenda pública e debe inmediatamente desculparse ante Proyecto Hombre e ante a sociedade, porque se un é valente para sinalar culpabilidades, debe tamén selo para recoñecer as propias. É a miña opinión. Espero non ofender.

BERLUSCONI: Hahahahahahaha.....veramente, la plataforma a errato de vulto, mai...qui é il primo inocente in questa vita??????



PACOTRÓN: Joderito, Katanguista, joderito....que xa me tes máis que farto!!!! É meter os teus fuciños en determinados asuntos e, acto seguido, colapsarse as nosas liñas telefónicas!!!! Non podo...non podo....non pooodoooo......

Eu tampouco. Abur, yogur!!!!

Os Estados Unidos teñen collido polo pescozo aos PIGS por máis de 350.000 millóns de dólares!!!!!


A amiga Siobhan envíanos un enlace para que nos vaiamos enteirando por aquí de como están as contas e a débeda de Portugal, Grecia, Irlanda e España....agora que o IBEX sube e eu non paro de tocarme pensando niso....agora que colocamos bonos como quen vende bugas a conta do plan Renove...agora que Portugal inspira máis confianza, pero aspira a...??????

ADVERTENCIA: hai que saber algo de inglis para coscarse de algo. Se empregades tradutores, veredes que lío. En fin, gráficos molonis, texto a rabear e moita, moita información!!!!!

Cylons en Katanga!!!!

by Pacotrón

Síntome suxo, como só se sinte un traidor a si mesmo. Contraditoriamente, síntome sen embargo ben. Que por que unha e outra cousa???? Por que son profundamente republicano, pero non podo -non me sinto capaz- desprezar os agasallos dos putos Reis Magos, onde queira que estean.....Para máis INRI, grazas a estes monicreques puiden soñar esta noite con Starbuck e cos Cylon. Paseándose por Katanga. Disparando a tutiplé. Pavoneándose todos rufos eles. Invadindo a nosa intimidade e os nosos soños. Extirpando a esperanza. Pisoteando os nosos dereitos. Como debe ser. Como os banqueiros. Como os especuladores -non era o mesmo???-. Como os mercados, e non falo do de froitas. Como os ianquis en Iraq. Como Aznar de salvapatrias. Como Cascos de salvaprincipados. Como Florentino, Botín ou os novocaixas. Como toda a xentuza que ve incrementar o seu patrimonio a conta dos sacrificios da maioría -e máis duras que virán, Durao Barroso dixit-. Como Gerardo Díaz Ferrán (pobre neno rico). Como o Papa cruzado. Como Dona Espe pasando apoupos para chegar a fin de mes. Como os do FMI ou os do BCE ou os do BM (Banco Mundial). Como os que permiten que nos suban o recibo da luz os que están gañando fortunas á nosa conta. O dito. Como os Cylon.

Eu...soñando con Kara....

kARA-STARBUCK: Pero mira que serás katanguista...pero mira que lle botas "guevazos", chorbo...A quen se lle ocorre meterme en politicadas. Verás cando te agarre por onde máis doe....en canto se me pase a resaca....

En fin, delfín.....