Páginas

Sabemos de ti...

by Katangueiro

Hai ben de tempo que este noso/voso querido blog katanguista sumouse de motu proprio á rede irmandiña de blogs atrvés da denominada rolda de rebeldía e a instancias dun dos nosos principais colabordores. no seu caso trátase dun compromiso persoal. No meu caso, dunha promesa. En todo caso, valla a redundancia, nós nunca pedimos nin pediremos o voto para ninguén. Non é a nosa función. Si meditar e tentar abrir debates sobre o modelo social para a nosa sociedade. Dáme igual se é para un barrio, unha vila, unha cidade, un país ou o mundo. A nosa soberanía está en perigo. Tanto ten nestas alturas se amas Galicia, España, Europa ou es desas persoas que fan patria de cada lugar onde se encontran. Non temos soberanía porque xa non somos donos do noso destino. Ou si?

En fin, que lle saquedes proveito a isto que vos deixo, unha campaña do Encontro Irmandiño para estender o seu coñecemento e propociar achegas con todo@s @s que estamos/estades fartos. Pero se non vos sirve de moito, tampouco pasa nada...ok?


2 comentarios:

  1. Neste país dos ananos (mentais)cómpre, hoxe máis que nunca, reler algún poema do gran Celso Emilio Ferreiro. Como por exemplo este titulado "Non":

    Si dixese que sí,
    que todo está moi ben,
    que o mundo está moi bon,
    que cada quén é quén...
    Conformidá.
    Ademiración.
    Calar, calar, calar,
    e moita precaución.
    Si dixese que acaso
    as cousas son esí,
    porque sí,
    veleí,
    e non lle demos voltas.
    (Si aquíl está enriba
    i aquil outro debaixo
    é por culpa da vida.
    Si algunhos van de porta en porta
    cun saco de cinza ás costas
    é porque son unhos docas).
    Si dixera que sí...
    Entón sería o intre
    de falar seriamente
    da batalla de froles
    nas festas do patrón.
    Pero non.

    Porque non creo eu que o conformismo sexa a reacción máis axeitada para os tempos que corren ou que sexa sinónimo de "días felices". Podería calar pero prefiro responder que NON. Non estou dacordo e dígoo con convicción serea e firme, dende a miña posición de sempre(liberdade de opinión e pensamento), sen ataduras nin obrigas. NON.

    ResponderEliminar
  2. Moita sorte neste camiño. Espero que vos acheguedes á sociedade e fagades chegar ás vosas ideas. E que escoitedes á outra parte: o pobo soberano. Haberíamos resucitar o espíritu de Celso Emilio.

    ResponderEliminar