Páginas

Eurovisión desde Katanga: o que avisa non é traidor ( ou traidora ) !!!!!!!!!!!!



Home home home por Dios!!!!!!!! Outro ano máis e outra Eurodecepción máis para o colectivo das e dos euovisionadictos....un colectivo sacrificado onde os haxa, porque fai falta valor para pensar, a estas alturas da vida, que a representación española, entendida en exclusiva como latino-flamenca, ten ou terá opcións de calquera cousa que non sexa fracaso absoluto e indigna representación, especialmente gravosa se pensamos que vivimos nun estado multicultural e, por tanto, rico dabondo como para sorprender cada ano cunha tendencia, estilo ou LINGUA diferente.......pois iso, que pensar a estas alturas que o modelo VIVA LA NOCHE é o que se espera e desexa e, por pura lóxica, o que se debe presentar en METONIMIA das cualidade musicais dun estado europeo como o Reino de España......cando o que realmente representa é o concepto RANCIO RANCIO RANCIO QUE ULE A REQUESÓN que se ten da cultura e das súas manifestacións desde amplas capas sociais españolas. E aínda hai quen se burla da aparición de DITA VON TEESE.......quen me dera compartir cadaleito con ela por unha soa noite!!!!!!


Igual a "solución española" pasa por embutir a Verónica Codesal ou Mercedes Peón en látex neghro mentras lles canta "We Shall Meet Again in Europe....." aos aguerridos coidadores dun dos múltiples Campos de Concentración tan prototípicos da vella Europa.....desde Figueirido-Pontevedra ( si, si, si, Pontevedra: podedes ver a continuación algo de INFO sobre o Campo de Figueirido ) ata Treblinka.......


....ou desde a Illa de San Simón.......outro bonito Campo de Concentración Franquista.....


.......ata Trnopolje.....


E sacamos todo isto a colación porque...o máis sorprendente de todo este patético eurofestival non é a penosa imaxe que dá ( como se dunha tradición máis se tratase ) a Delegación do Reino de España ano tras ano.......se non a manía que teñen os pobos e Estados, involucrados no pasado en guerras de máis ou menos mutuo exterminio, de votar e votar e votar aos seus antigos exterminados ou exterminadores!!!!!!!! Qué bonita é Europa, qué carallo!!!!!!!!!
Pois si, amiguetes, nesta alianza do exterminio España pinta ben pouco: ou cebouse con inditos nas américa...e claro....eses non votan nin participan en Eurovisión a non ser que veñan de inmigrantes, legais ou non pero con móbil......ou cebouse coa propia paisanaxe durante e despois da Guerra Civil....e claro....os españois non poden votarse a si mesmos..........

......pero de todo isto non tiña nin puta idea a pobre Soraya........aparte do moito que desafinou....que tamén conta, non creades......en Eurovisión perdoamos todo menos os desafines!!!!!!!!!


Total, fatal.......que ghañou un noruegho ( ou norueghés, que vén sendo o mesmo ), e iso que pola Escandinavia só practicaron algo de exterminio cos enfermos mentais, disminuídos físicos e de toda condición.......en fin, delfín, que non sei eu se iso tamén influíu nas votacións de onte!!!!!


.....Tampouco quedou moi claro de onde sacou o violín.......que en Europa son todo un símbolo!!!!!

E non falamos dos gregos, turcos, chipriotas, albaneses ou macedonios......que como ben sabedes levan TODA A VIDA dándosede bofetóns, violándose e masacrándose mutuamente e que agora.....nesta modernidá globalizante que nos tocou sufrir.....poden perdoarse os pecadiños votándose e votándose sen consideración para cos pobos cos que non se cruzaron a cara!!!!!!!

...e se non mo credes....aquí tedes ao representante grego coidándose moi moito de manter os seus xenitais a salvo dalgunha alianza turo-albanesa......que tamén andan por Eurovisión!!!!!!!! Ao final, recibiu votos de ámbolosdous!!!!!!

E iremos terminando xa por hoxe.....porque se me tirades da lingua acabo por dicirvos a onde levaba eu a todos os que inventaron ou promocionaron ese festivalito.......A un sitio tamén moi moi moi tradicional en Europa:



Abur, yogur......

No hay comentarios:

Publicar un comentario