Divina Pastora de Katanga: dános forzas e ánimo nestas circustancias que nos aflixen, porque os tempos que vivimos e os tempos que virán son crueis co noso querido barrio e coa nosa querida xente. Porque cada semana sabemos dun novo peche ou liquidación dalgún dos negocios que sempre deron carisma, alegría e balbordo ao noso barrio. Porque a xente humilde, que a hai e moita, esta pasándoas putas mentras os grandes Bancos e Caixas quéixanse porque gañan menos.......que o ano pasado, pero que non din que siguen gañando máis que hai catro ou cinco anos. Porque hai xente que se aproveita desta crise e os seus terribles efectos para sacar o peor de nós: a insolidaridade, o medo e a desconfianza. Porque necesitamos ESPERANZA. Porque necesitamos confiar nos políticos que se preocupan realmente polo que está pasando e as súas consecuencias, non naqueles que procuran sacar partido ou tajada criticando por criticar, mentindo e negándose a presentar proxectos ou ideas que signifiquen algo para nós.
Porque non estamos todo o día chupándonos o dedo xogando á videoconsola....que está moi ben, que é divertida, pero que non nos fai esquecer en qué clase de mundo vivimos hoxe en día. Como di Coldplay.........Viva la Vida!!!!!!!!!....e xa está.
ANTES DE DARLLE AO PLAY DESTE VÍDEO, NON ESQUEZAS "PAUSAR" O REPRODUCTOR DE MÚSICA QUE TES Á TÚA DEREITA...SE É QUE O TES PRENDIDO, QUE DEPENDE!!!!!!!
ANTES DE DARLLE AO PLAY DESTE VÍDEO, NON ESQUEZAS "PAUSAR" O REPRODUCTOR DE MÚSICA QUE TES Á TÚA DEREITA...SE É QUE O TES PRENDIDO, QUE DEPENDE!!!!!!!
Si......esperanza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario